De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 16 de abril de 2001 (BOE do 9 de maio de 2001) para a provisión da praza de titular de universidade, da área de coñecemento de anatomía e anatomía patolóxica comparadas (Lugo), do departamento de Anatomía e Producción Animal da Universidade de Santiago de Compostela, a Pablo Sánchez Quinteiro, tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o número 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Pablo Sánchez Quinteiro, titular de universidade da área de coñe
cemento de anatomía e anatomía patolóxica comparadas (Lugo), do departamento de Anatomía e Producción Animal da Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2002.
F. Darío Villanueva Prieto
Rector da Universidade de Santiago de Compostela