Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2002 Páx. 5.793

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de abril de 2002 pola que se levanta a suspensión da eficacia e se modifica a do 29 de novembro de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira.

No Diario Oficial de Galicia nº 239, do 12 de decembro de 2001, publicouse a convocatoria do proceso selectivo correspondente ó corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira.

Por Orde do 8 de febreiro de 2002 faise pública a suspensión da eficacia das ordes do 29 de novembro de 2001, polas que se convocan diversos procesos selectivos, entre eles, o proceso selectivo ó que se refire o parágrafo anterior.

De conformidade co disposto na Orde do 8 de febreiro anteriormente indicada, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 4/1988, do 26 de maio, segundo a redacción que lle deu a Lei 5/1995, do 10 de abril,

DISPÓN:

Primeiro.-Deixar sen efecto a suspensión da eficacia da Orde do 29 de novembro de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, publicada pola Orde do 8 de febreiro de 2002.

Segundo.-Modifica-lo primeiro parágrafo da base II.2.1 a), da Orde do 29 de novembro de 2001, que terá a seguinte redacción:

a) «Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 80 preguntas tipo test con 4 respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo de entre tres cuestionarios elaborados previamente por este e correspondentes ó contido do programa, agás para os aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna que quedarán exentos dos temas 1 ó 7, ambos inclusive, da parte común do dito programa. O tempo máximo de duración será de dúas horas e trinta minutos».

Terceiro.-Suprimi-lo cuarto parágrafo da base II.2.1 a) da Orde do 29 de novembro de 2001.

Cuarto.-Abrir un novo prazo de presentación de instancias previsto na base I.3.2 da Orde do 29 de novembro de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira (DOG nº 239, do 12 de decembro) para aqueles interesados, que reunindo os requisitos esixidos para a participación, non presentasen instancia con anterioridade, podendo presenta-las solicitudes nos lugares indicados na base, no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e dirixida á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Os requisitos de participación deberán posuírse o día 2 de xaneiro de 2002 e os méritos admisibles e valorables serán unicamente os causados ata o 12 de decembro de 2001.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública