Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva do PERI C-SU-UA 6 Galindra (expediente 4964/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 25 de marzo de 2002, acordou aprobar definitivamente o Plan Especial de Reforma Interior C-SU-UA6 Galindra, promovido pola entidade mercantil Cysugal, S.A. , segundo planos e proxecto redactados polos arquitectos Emilio Estévez Fernández e José Antonio González González, visado polo COAG con datas, respectivamente, do 29-3-2001, 30-5-2001, 3-12-2001 e 8-3-2002.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos/as propietarios/as afectados/as descoñecidos/as, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativo, poderá interpoñerse o seguinte recurso:

a) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 11 de abril de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo