Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación da U.E. C-SU-UA 6 Galindra (expediente 4333/401).

Con data do 28 de decembro de 2001, o representante da entidade mercantil Cysugal, S.A. presentou nesta Administración municipal un escrito no que se solicita a tramitación e aprobación do proxecto de compensación da U.E. C-SU-UA6 Galindra, de propietario único. Achegou para o efecto

o correspondente proxecto, redactado polos arquitectos Emilio Estévez Fernández e José Antonio González González, visado polo COAG o 19 de decembro de 2001.

De conformidade co disposto nos artigos 133.8º e 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG), procede somete-lo expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días hábiles, mediante publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, e notificación individualizada ós directamente interesados, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que se presenten cantas alegacións ou documentos se consideren convenientes.

O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

Vigo, 12 de abril de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo