Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.683

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2002 pola que se convocan cursos de formación para persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma galega.

Dentro do plan de actividades da EGAP para 2002, e ó abeiro do convenio susbcrito con data do 15 de xaneiro de 2002, para a creación do Centro de Estudios Locais de Galicia, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos que figuran no anexo I, dirixidos ó persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma galega, que deberán desenvolverse de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar nos cursos programados no anexo I deberá solicitalo coa presentación da instancia segundo modelo oficial, que figura como anexo II desta resolución, e cubrila en tódolos seus epígrafes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP, e presentaranse no Rexistro da Escola Galega de Administración Pública; r/ Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30, sen prexuízo da necesidade de remisión da solicitude orixinal por correo ordinario.

O persoal que desexe participar nos cursos que se van realizar en Ourense deberá presenta-la súa solicitude no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Ourense; r/ Progreso, 32, 32003 Ourense. O prazo de presentación de solicitudes rematará dez días naturais antes da data de comezo de cada curso.

Seguidamente, efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente ós admitidos e publicarase na páxina web: www.egap.xunta.es

Segunda.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da Egap (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Terceira.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de anulalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso, e é obrigatoria a asistencia a tódalas sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ó 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

Curso: introducción á Unión Europea.

1. Obxectivos.

Atinxir un achegamento básico dos empregados públicos locais ás institucións e ó dereito comunitario. Familiarización co vocabulario e conceptos elementais de acervo comunitario para a súa posterior aplicación ós administrados. Coñecemento da estructura institucional europeo o seu funcionamento. Aprendizaxe do manexo de ferramentas, bases de datos e recursos que faciliten a busca de información comunitaria complementaria.

2. Destinatarios.

Persoal das corporacións locais dos grupos C, D ou asimilados.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas cada edición.

3.2. Lugares e datas:

Santiago de Compostela: 2, 3, 4, 5, 9, 10, 11 e 12 de setembro de 2002.

A Coruña: 16, 17, 18, 19, 23, 24, 25 e 26 de setembro de 2002.

Lugo: 20, 21, 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de maio de 2002.

Pontevedra: 17, 18, 19, 20, 24, 25, 26 e 27 de xuño de 2002.

3.3. Horarios: das 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido.

Historia da construcción europea e institucións. Sistema xurídico: dereito orixinario e derivado. Liberdades e dereitos individuais. Políticas sectoriais comúns. Políticas económicas. Defensa do ambiente e protección do consumidor. Incidencia do dereito comunitario en institucións de dereito administrativo. Fontes de información europeas.

Curso:incidencia das normas comunitarias europeas nas entidades locais.

1. Obxectivos.

Conseguir unha aproximación inicial á incidencia do dereito comunitario nas actividades dos entes locais. Capacita-lo persoal da Administración local para responder a requirimentos da Comisión Europea motivados por denuncias de particulares. Mellora-las técnicas de pescuda, interpretación e aplicación directa e inmediata das normas europeas de obrigado cumprimento.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e persoal laboral con titulación análoga dos entes locais de Galicia.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela. Escola Galega de Administración Pública.

3.3. Datas: 3, 5, 6, 10, 12, 13, 17, 19, 24 e 26 de xuño de 2002.

3.4. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido.

Introducción ó dereito comunitario: sistema de fontes e principios básicos. Primacía e efecto directo como fundamentos da aplicación administrativa do dereito comunitario. Competencias dos entes locais afectadas por políticas e normas comunitarias: xestión ambiental: residuos urbanos, contaminación acústica, polución atmosférica e acuática. Xestión territorial. Policía administrativa. Fomento e localización empresarial. Contratación administrativa. Procedemento por infracción comunitaria: rol das entidades locais. Responsabilidades por incumprimento do acervo comunitario.

Curso: prevención de riscos laborais.

1. Obxectivos.

Dota-los participantes dos coñecementos técnicos necesarios para o desenvolvemento das funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais. Proporcionarlles ós participantes uns coñecementos xerais e básicos sobre toda a normativa legal aplicable en materia de prevención de riscos laborais. Analizar cales son os principais riscos que se presentan nas diferentes tarefas e actividades profesionais que desenvolven os traballadores da Administración local e afondar nas medidas para a súa prevención. Coñecer tódolos factores involucrados na protección fronte ós riscos laborais, ós elementos básicos de xestión da prevención de riscos e ós órganos específicos de participación dos traballadores nesta materia.

2. Destinatarios.

Funcionarios e empregados das corporacións locais con funcións técnicas ou administrativas. Persoal da Administración local en xeral, interesado na materia do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas cada edición.

3.2. Lugares e datas:

Santiago de Compostela: 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12, 13, 14 e 15 de novembro de 2002.

A Coruña: 18, 19, 20, 21, 22, 25, 26, 27, 28 e 29 de novembro de 2002.

Lugo: 14, 15, 16, 17, 18, 21, 22, 23, 24 e 25 de outubro de 2002.

Ourense: 20, 21, 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de maio de 2002.

Pontevedra: 10, 11, 12, 13, 14, 17, 18, 19, 20 e 21 de xuño de 2002.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

Conceptos básicos sobre a seguridade e a saúde no traballo. Riscos xerais e a súa prevención. Riscos específicos nas diferentes actividades das entidades locais e a súa prevención. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos. Primeiros auxilios.

Curso: réxime de funcionamento dos órganos locais.

1. Obxectivos.

Proporcionarlles ós participantes un maior coñecemento do réxime de funcionamento dos órganos locais.

2. Destinatarios.

Cargos electos das entidades locais de Galicia.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 10 horas cada edición.

3.2. Lugares e datas:

Santiago de Compostela: 3, 5 e 6 de xuño de 2002.

Lugo: 4, 5 e 6 de xuño de 2002.

Ourense: 10, 12 e 13 de xuño de 2002.

Pontevedra: 3, 5 e 6 de xuño de 2002.

3.3. Horarios: das 17 ás 20.30 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido.

Composición e funcionamento dos órganos locais. Competencias e réxime de delegacións. Réxime de convocatoria e desenvolvemento de sesións. Información e acceso á documentación. Grupos municipais.