Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2002 Páx. 5.634

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 134/2002, do 4 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O Decreto 38/1999, do 5 de febreiro, establecía a estructura orgánica da consellería. Este decreto foi obxecto de dúas modificacións: a primeira, operada polo Decreto 163/1999, do 14 de maio; e a segunda, polo Decreto 74/2000, do 23 de marzo.

Posteriormente, o Decreto 310/2001, do 17 de decembro, estableceu a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, dispoñéndose no seu artigo 12 que o organismo autónomo Augas de Galicia, ata entón dependente desta consellería, quede agora adscrito á Consellería de Medio Ambiente.

A citada modificación orgánica e a necesidade de reforzamento de determinadas áreas dalgúns centros directivos aconsellan o establecemento dunha nova estructura orgánica que responda no seu conxunto ós principios de racionalidade e eficacia no ámbito competencial e de xestión atribuído á consellería.

En materia de ordenación do territorio e urbanismo cómpre levar a cabo unha mellor delimitación das funcións da Dirección Xeral de Urbanismo, mediante a inclusión de referencias máis precisas das competencias que lle atribúe a Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia. Esta determinación leva consigo a creación dun novo Servicio de Ordenación do Territorio. Así mesmo, e coa finalidade de reforza-lo labor que a consellería exerce en materia de disciplina urbanística, créanse dous novos servicios de Inspección e Vixilancia Urbanística.

No que se refire ás funcións da Dirección Xeral de Obras Públicas, este decreto leva a cabo unha reestructuración destas, tomando en consideración o cambio de adscrición de Augas de Galicia e a nova configuración do ente público Obras e Servicios Hidráulicos. Ademais, neste centro directivo créase unha nova subdirección xeral, que terá como misión a planificación e programación así como a xestión económica e orzamentaria da dirección xeral. Conseguintemente, procédese a unha nova distribución das unidades que anteriormente dependían da Subdirección Xeral de Estradas.

Por último, na Dirección Xeral de Transportes realízase un reaxuste dos servicios, integrándose todos nas dúas subdireccións xerais.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, logo do informe das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e de

Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de abril de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ó que corresponden as competencias e funcións en materia de política territorial, urbanismo, vivenda e solo, patrimonio arquitectónico, portos, estradas, transportes e comunicacións, e demais obras públicas en xeral, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia nos termos sinalados na Constitución española.

Artigo 2º

1. A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, baixo a superior dirección do seu titular, terá a seguinte estructura orgánica:

I. O conselleiro.

II. A Secretaría Xeral.

III. A Dirección Xeral de Urbanismo.

IV. A Dirección Xeral de Obras Públicas.

V. A Dirección Xeral de Transportes.

VI. As delegacións provinciais.

VII. Os órganos colexiados.

2.1. Adscríbese á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o Instituto Galego da Vivenda e Solo, creado pola Lei 3/1988, do 27 de abril, constituído en organismo autónomo de carácter comercial e financeiro.

2.2. Adscríbense, así mesmo, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda os entes públicos Portos de Galicia, creado pola Lei 5/1994, do 29 de novembro, e Obras e Servicios Hidráulicos, creado pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, da Administración hidráulica de Galicia.

I. O conselleiro

Artigo 3º

O conselleiro é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente.

II. A Secretaría Xeral

Artigo 4º

A Secretaría Xeral exercerá as funcións e competencias establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, así como aquelas que lle sexan delegadas polo titular da consellería.

Artigo 5º

Baixo a dependencia directa do secretario xeral existirán as seguintes unidades:

1. Servicio de Coordinación Técnica e Inspección.

Terá como obxectivo velar polo correcto funcionamento dos diferentes servicios e obras da con

sellería, tanto na súa esfera central coma periférica, informando sobre o grao de cumprimento e eficacia na súa prestación, e o adecuado emprego dos medios, tanto persoais como materiais.

Proporá, se é o caso, as medidas para a corrección das deficiencias que se observen.

2. Servicio Técnico-Xurídico

Correspóndenlle a este servicio as seguintes funcións:

a) O estudio e tramitación de tódolos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral que elaboren os distintos centros directivos da consellería.

b) O estudio, tramitación e proposta de resolución das reclamacións e recursos formulados contra os actos e resolucións dictados polos distintos órganos da consellería cando non lle estean atribuídos a outros órganos desta.

c) A coordinación para a súa remisión e correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia das disposicións e dos actos administrativos dictados polos órganos da consellería.

d) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia, polo secretario xeral.

3. Servicio de Apoio Técnico Administrativo.

Correspóndenlle a este servicio as seguintes funcións:

a) Efectua-los estudios e informes que lle sexan encomendados polo secretario xeral, ademais do estudio, preparación e informe dos asuntos que teñan que elevarse ó Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais, así como o traslado dos seus acordos.

b) A coordinación das publicacións editadas pola consellería, así como as funcións relativas á representación desta na Comisión de Publicacións da Xunta de Galicia.

c) O rexistro, arquivo e custodia das disposicións legais emanadas da consellería, así como levar a cabo as compilacións e refundicións das normas emanadas desta.

d) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia, polo secretario xeral.

4. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario.

Exercerá as funcións de xestión do persoal, coordinación da confección do anteproxecto de orzamento, o seu seguimento e control interno, así como a organización do rexistro, arquivo e demais aspectos relacionados co réxime interior.

Encargarase do sistema de informatización e proceso de datos, así como da racionalización administrativa de tódolos servicios da consellería.

Contará cos seguintes servicios:

4.1. Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario.

4.2. Servicio de Persoal e Réxime Interior.

Dependendo organicamente da Secretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades:

5. Asesoría Xurídica.

6. Intervención Delegada.

III. A Dirección Xeral de Urbanismo

Artigo 6º

Correspóndelle á Dirección Xeral de Urbanismo a dirección e coordinación das actuacións que sexan competencia da consellería en materia de ordenación do territorio e urbanismo, exercendo especialmente as seguintes funcións:

a) A definición, programación e execución da política de ordenación do territorio e urbanismo da Xunta de Galicia, así como a elaboración das disposicións que procedan.

b) A elaboración de plans, proxectos, estudios e instrumentos de ordenación do territorio e urbanismo.

c) A tramitación administrativa, elaboración de informes e propostas de resolución sobre os expedientes de planeamento e xestión urbanística regulados pola Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

d) A tramitación administrativa, elaboración de informes e propostas de resolución sobre os instrumentos de ordenación do territorio regulados pola Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e o Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

e) O exercicio das competencias previstas no artigo 5 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, e no artigo 193 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

f) O fomento do planeamento e da actividade urbanística.

g) A execución de cartografía precisa para o desenvolvemento das competencias en materia de ordenación do territorio e urbanismo.

h) A inspección e vixilancia urbanística no ámbito das competencias da Xunta de Galicia.

i) Resolve-los expedientes de reposición da legalidade urbanística, nos supostos establecidos polo artigo 180 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e resolve-los expedientes sancionadores por infraccións urbanísticas moi graves cando a con

tía da multa non sexa superior a dez millóns de pesetas.

j) O outorgamento de autorizacións en materia de habitabilidade ó abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 311/1992, do 12 de novembro.

k) A coordinación co Instituto Galego da Vivenda e Solo, co ente público Portos de Galicia e con outros órganos das administracións estatal, autonómica e local, cando as súas actuacións incidan no territorio.

l) As actuacións de mellora de contornos urbanos, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de grandes equipamentos urbanos.

m) A emisión de informes sobre ordenación do territorio e urbanismo que veñan esixidos na lexislación sectorial de aplicación.

n) A tramitación dos expedientes de contratación e de expropiación forzosa no ámbito das súas competencias.

ñ) A instrucción, tramitación e proposta de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial no ámbito das súas competencias.

Artigo 7º

A Dirección Xeral de Urbanismo estructúrase nas seguintes unidades administrativas:

1. Subdirección Xeral de Urbanismo, coas seguintes funcións: a execución dos obxectivos, a tramitación de expedientes e a xestión dos asuntos da competencia da dirección xeral en materia de ordenación do territorio e urbanismo.

Contará cos seguintes servicios:

1.1. Servicio de Planificación Urbanística.

1.2. Servicio de Xestión Urbanística.

1.3. Servicio de Ordenación do Territorio.

2. Subdirección Xeral de Disciplina e Informes, coas seguintes funcións:

a) Coordina-la inspección e vixilancia urbanística.

b) Acorda-la iniciación dos expedientes sancionadores por infraccións urbanísticas moi graves e nomea-lo seu instructor.

c) Elevarlle ó director xeral a proposta de resolución dos expedientes de reposición da legalidade urbanística nos supostos establecidos polo artigo 180 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

d) Elaborar informes e dictames encomendados polo director xeral.

Contará cos seguintes servicios:

2.1. Servicio de Inspección e Vixilancia Urbanística I.

2.2. Servicio de Inspección e Vixilancia Urbanística II.

2.3. Servicio de Inspección e Vixilancia Urbanística III.

2.4. Servicio de Inspección e Vixilancia Urbanística IV.

2.5. Servicio de Dictames e Informes.

3. Baixo a dependencia directa do director xeral existirá a seguinte unidade:

3.1. Servicio de Xestión Económica, que terá por función a xestión económica e a tramitación dos expedientes de contratación.

IV. A Dirección Xeral de Obras Públicas

Artigo 8º

Correspóndelle á Dirección Xeral de Obras Públicas o exercicio das seguintes funcións:

1. En materia de estradas:

a) A elaboración dos plans, programas de actuacións e orzamentos e o control e axuste destes, en relación coas estradas que sexan competencia da consellería.

b) A elaboración da planificación operativa, así como os estudios, anteproxectos e proxectos correspondentes, e as actuacións relativas a redes arteriais, así como a tecnoloxía de estradas.

c) O estudio, coordinación e control do desenvolvemento e incidencia das obras ó seu cargo.

d) O inventario, conservación e sinalización das estradas e os servicios complementarios nas zonas de dominio público, de servidume e de afección das estradas, sen prexuízo das competencias que correspondan á Consellería de Economía e Facenda en materia de patrimonio.

e) A tramitación e resolución, se procede, de tódalas autorizacións e concesións que de acordo coa lexislación específica sexan da súa competencia.

f) A tramitación e, se é o caso, resolución de expedientes sancionadores en materia de estradas.

g) Informe, proposta e, se é o caso, resolución dos recursos interpostos en materia de estradas.

h) A tramitación dos expedientes de contratación e de expropiación forzosa no ámbito das súas competencias.

i) A instrucción, tramitación e proposta de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial no ámbito das súas competencias.

2. En materia de portos, a coordinación e a cooperación co ente público Portos de Galicia na tramitación dos expedientes de expropiación forzosa para a execución de obras portuarias.

3. En materia de obras hidráulicas, a coordinación e cooperación da consellería coa empresa pública Obras e Servicios Hidráulicos.

Artigo 9º

Baixo a dependencia directa do director xeral de Obras Públicas existirán as seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Estradas.

Terá como función o seguimento das actuacións que lle competen á Dirección Xeral de Obras Públi

cas en materia de expropiacións e da construcción, conservación e explotación das estradas.

Contará cos seguintes servicios:

1.1. Servicio de Supervisión de Proxectos.

1.4 Servicio de Proxectos.

1.3. Servicio de Obras.

1.4. Servicio de Conservación e Explotación.

2. Subdirección Xeral de Xestión.

Terá como función o seguimento das actuacións que lle competan á Dirección Xeral de Obras Públicas en materia de planificación e programación, xestión económico-administrativa e xestión orzamentaria, así como daqueloutros asuntos xerais que lle sexan encomendados polo seu titular, e a elaboración de informes ou dictames relacionados coas devanditas funcións.

Contará cos seguintes servicios:

2.1. Servicio de Apoio Técnico.

2.2. Servicio de Xestión Económico-Administrativa.

2.3. Servicio de Programación e Planificación.

3. Servicio de Xestión Xurídico-Administrativa.

Corresponderalle a xestión, coordinación e seguimento das actuacións xurídico-administrativas da dirección xeral en materia de obras públicas, así como daqueloutros asuntos xerais que lle sexan encomendados polo seu titular, e a elaboración de informes ou dictames relacionados coas devanditas funcións.

V. A Dirección Xeral de Transportes

Artigo 10º

A Dirección Xeral de Transportes terá as seguintes funcións:

a) A ordenación, o control e a inspección dos transportes mecánicos por estrada, ferrocarril e cable; o rexistro de empresas, vehículos, custos e tarifas; outorgamento de autorizacións de transporte público regular de viaxeiros de uso especial ou temporal; a proposta de outorgamento de concesións de servicio público regular de viaxeiros permanente de uso xeral; e todas aquelas que lle estean conferidas pola disposicións vixentes na materia.

b) O outorgamento de autorizacións para servicios discrecionais e privados de viaxeiros, mercadorías e mixtos de raio de acción autonómica, comarcal, provincial e local.

c) A programación e planificación da evolución e desenvolvemento dos distintos tipos de transportes terrestres, mecánicos por estrada, ferrocarril ou por cable, co fin de facilita-lo seu desenvolvemento equilibrado e harmónico.

d) A coordinación dos transportes urbanos cos interurbanos e a planificación e, se é o caso, a proposta

de adxudicación e explotación das terminais de transportes de viaxeiros e mercadorías por estrada.

e) A ordenación, o control e a inspección dos servicios relativos a actividades de transporte marítimo que se leven a cabo exclusivamente entre portos ou puntos da Comunidade Autónoma, sen conexión con portos ou puntos doutros ámbitos territoriais.

f) O control das actividades de transportes en portos, aeroportos e heliportos, non cualificados de interese xeral polo Estado.

g) A programación de investimentos, obras e instalacións de transportes por estrada, ferrocarril, aéreo e por cable e o réxime administrativo, dirección, inspección e control delas; o estudio, elaboración e informe dos anteproxectos e proxectos de disposicións legais; e a investigación e asesoramento ó departamento, en materia de transportes terrestres, por ferrocarril, aéreo e por cable.

h) A resolución de expedientes sancionadores en materia de transporte derivados de infraccións moi graves, mesmo aquelas que levan aparellado o precinto de vehículos ou a clausura de locais.

i) Estudios en materia de comunicacións.

j) Informe-proposta e, se é o caso, resolución dos recursos interpostos dentro do ámbito da súa competencia.

k) A tramitación dos expedientes de contratación e de expropiación forzosa no ámbito das súas competencias.

l) A instrucción, tramitación e proposta de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial no ámbito das súas competencias.

m) A aplicación e proposta de modificación, se é o caso, dos regulamentos sancionadores e de policía en materia da súa competencia.

Artigo 11º

Baixo a dependencia do director xeral de Transportes existirán as seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte, coas seguintes funcións:

a) A coordinación da xestión administrativa en relación cos servicios adscritos, así como cos servicios provinciais, en materia de ordenación do transporte.

b) A proposta de planificación e elaboración de estudios e proxectos en materia de infraestructuras de transporte.

c) O estudio e proposta de resolución en materia de concesións e autorizacións.

d) O apoio e asistencia á dirección xeral en materia de estudio, elaboración de proxectos e informes sobre textos legais ou sobre materias que a propia dirección xeral lle encomende, coordinación do transporte, asistencia na coordinación con outras administra

cións ou entidades en actuacións referentes ó transporte, e control e avaliación da xestión encomendada á dirección xeral.

e) A coordinación da Xunta Arbitral de Transportes.

Contará coas seguintes unidades:

1.1. Servicio de Concesións.

1.2. Servicio de Programación e Actuación Económica.

1.3. Servicio de Apoio Xurídico.

1.4. Servicio de Autorizacións, Informes e Xunta Arbitral.

1.5. Servicio de Transporte Ferroviario.

2. Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, coas seguintes funcións:

a) A coordinación da xestión administrativa en relación cos servicios adscritos, e os servicios provinciais, en materia de inspección e sancións.

b) A programación, control e avaliación da actuación da inspección sobre a vixilancia do cumprimento das normas reguladoras do transporte.

c) A tramitación de expedientes sancionadores nos que a resolución sexa competencia do director xeral. E a resolución de expedientes sancionadores en materia de transportes derivados de infraccións graves.

Contará cos seguintes servicios:

2.1. Servicio de Inspección.

2.2. Servicio de Informes e Recursos.

VI. As delegacións provinciais

Artigo 12º

En cada unha das provincias da Comunidade Autónoma existirá unha delegación da consellería na que se integrarán tódalas unidades de carácter provincial ou territorial, situadas no seu ámbito.

Artigo 13º

Á fronte de cada delegación provincial existirá un delegado, que terá, ademais das competencias e funcións previstas no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, as derivadas da desconcentración efectuada en virtude do Decreto 87/1990, do 15 de febreiro.

Do delegado provincial dependerán tódolos servicios, unidades ou centros da consellería que estean no ámbito da súa competencia territorial. O delegado provincial da consellería éo tamén do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e correspóndelle a dirección no ámbito provincial das funcións que lle competen.

Artigo 14º

Para o cumprimento dos seus cometidos, a delegación provincial contará coas seguintes unidades con rango de servicio:

1. Secretaría.

Baixo a autoridade e supervisión do delegado, correspóndelle o exercicio das funcións relativas ó

réxime interior, a tramitación administrativa, xestión de persoal, parque móbil da consellería; información ó público; elaboración do anteproxecto de orzamentos da delegación; a administración, control contable e xustificación dos créditos que se lle asignen; elaboración de estatísticas dos demais servicios da delegación provincial, sen prexuízo das competencias que, de acordo coa Lei 9/1988, do 10 de xullo, modificada pola Lei 7/1993, do 24 de maio, de estatística de Galicia, lle correspondan ó Instituto Galego de Estatística; e, en xeral, prestarlle asesoramento e asistencia técnica e administrativa ó delegado e substituílo nos casos de enfermidade, ausencia e vacante.

2. Servicio de Contratación.

3. Servicio de Supervisión de Proxectos.

4. Servicio de Urbanismo e Inspección Territorial.

5. Servicio de Estradas.

6. Servicio de Transportes.

VII. Os órganos colexiados

Artigo 15º

Co carácter, cometido e funcións establecidas nas súas respectivas normas reguladoras, están constituídos os seguintes órganos colexiados:

-A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, prevista no artigo 189.1º c) da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e no Decreto 191/1998, do 16 de abril.

-O Consello Galego de Transportes, regulado polo Decreto 230/1986, do 10 de xullo, modificado polo Decreto 74/1994, do 25 de marzo, e polo Decreto 266/1998, do 24 de setembro.

Disposición adicional

As competencias atribuídas neste decreto ás direccións xerais en materia de contratación, considéranse conferidas sen prexuízo daquelas que foron obxecto de desconcentración nos delegados provinciais en virtude do Decreto 87/1990, do 15 de febreiro.

Disposición transitoria

Cando, como consecuencia da estructura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido das subdireccións ou servicios existentes con anterioridade ou se supriman algunhas das citadas unidades, autorízase o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por proposta do secretario xeral, a readscribi-lo persoal afectado a postos do mesmo nivel ou inferior, sempre que sexan postos de libre designación, ou adscribilo con carácter temporal, sempre que non exista posto de igual nivel, a outros de inferior nivel se se trata de postos de provisión por concurso ata que, neste último caso, tales postos sexan cubertos na forma establecida regulamentariamente, sen que, en ningún caso, supoña a readscrición ou adscrición

cambio de residencia. Todo isto sen prexuízo do disposto no artigo 62.4º da Lei da función pública e na Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, así como das competencias que poida ter atribuídas nesta materia a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogados o Decreto 38/1999, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e os decretos 163/1999, do 14 de maio, e 74/2000, do 23 de marzo, polos que se modificou aquel; así como cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para dictar normas complementarias para o desenvolvemento e aplicación deste decreto.

Segunda.-Esta disposición entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catro de abril de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda