Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2002 Páx. 5.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOQUEIXÓN

ANUNCIO de contratación mediante poxa con procedemento aberto.

1. Obxecto do contrato: mellora e acondicionamento do edificio para centro de protección civil e construcción de almacén.

2. Tramitación e procedemento: tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: poxa, de acordo co prego de cláusulas administrativas aprobado pola deputación provincial.

3. Orzamento: 93.156,88 A.

4. Clasificación empresarial: non se esixe.

5. Garantía: provisional: non se esixe. Definitiva: o 4% do prezo da adxudicación.

6. Presentación de proposicións: durante os 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, das 9 ás 14 horas, nas oficinas municipais.

7. Apertura das proposicións: o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas, na Casa do Concello de Boqueixón. Se coincide en sábado, prorrogarase ó inmediato día hábil seguinte.

8. Obtención de documentación e información: Concello de Boqueixón. Teléfono: 981 51 30 52.

9. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Boqueixón, 18 de marzo de 2002.

Adolfo Gacio Vázquez

Alcalde-presidente