Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2002 Páx. 5.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de equipamento electromédico e mobiliario clínico con destino ó edificio de radioterapia do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (SCS-08/2002) (12 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de equipamento electromédico e mobiliario clínico con destino ó edificio de radioterapia do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (12 lotes).

Orzamento: douscentos once mil oitocentos trinta e dous con oitenta e oito euros, con IVE incluído (211.832,88 euros).

LoteDescriciónImporte dos lotes

1Monitor hemodiálise hemodiafiltración137.932,29 A

2Monitor ECG. PNI6.611,13 A

3Guindastre-pesa mobilización de doentes43.207,08 A

4Desfibrilador10.818,22 A

5Báscula pesacamas8.113,66 A

6Equipamento electromédico diversos servicios14.856,94 A

7Electrocardiógrafo3.005,06 A

8Monitor de dinámica de fluxos para hemodiálise6.611,13 A

9Angarellas e sistema mobilización doentes4.639,84 A

10Carros diversos servicios6.641,21 A

11Mobiliario clínico para diversos servicios7.194,30 A

12Cadeira de brazos de extraccións1.202,02 A

Garantía provisional: é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: desde a petición máximo 30 días.

Admisión de variantes: cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis dúas variantes) proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

Solvencia económico-financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de claúsulas administrativas.

Documento de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de

manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, nos servicios centrais da División de Recursos Económicos; edificio administrativo de San Lázaro, 2º andar, en Santiago de Compostela (CP 15703), tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas, e tamén no enderezo da Internet www.sergas.es/contratación. Ou chamar ós teléfonos 981 54 27 66, 54 27 68, 54 18 48, 54 73 87, e na copistería Tórculom praza de Mazarelos, 14-baixo, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 54 55.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Sergas, antes das 14 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade/Sergas; edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios desta contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos