Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: C.T. As Barxas I-urbanización O Rosal.
Situación: concello de Moaña.
Características técnicas: centro de transformación con dous trafos de 630 kVA cada un, situado na urbanización O Rosal, no concello de Moaña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 7 de marzo de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra