Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2002 Páx. 5.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/51-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T e C.T. Ausil-Moreira.

Situación: concello de Soutomaior.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 285 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio, proxectado tipo H.V.H.-1600/13 que se vai colocar en substitución dun rail sen numerar da L.M.T. Pontesampaio-Soutomaior, ata o C.T. que se proxecta en Ausil-Moreira, no concello de Soutomaior, de 50 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 7 de marzo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra