Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2002 Páx. 5.611

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (99/2001).

Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Instrucción número dous de Noia, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 99/2001 se acordou citar a Óscar Santos Santamaría, co fin de que o vindeiro día 21 de maio, ás 11.30 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado co obxecto de asistir, en calidade de denunciado, ó xuízo verbal de faltas que se segue por unha falta de ameazas, debendo comparecer no acto de xuízo cos medios de proba de que intente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a Óscar Santos Santamaría, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Noia, 22 de marzo de 2002.

A secretaria

Rubricado