Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2002 Páx. 5.490

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, pola que se dispón a publicación do Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 27 de setembro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aproba-lo Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia.

Segundo.-Publica-lo acordo da Xunta de Galicia no Diario Oficial de Galicia.

Para dar cumprimento ó devandito acordo, publícase como anexo o Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia, que foi homologado pola Comisión Nacional de Protección Civil o 21 de febreiro de 2002.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2002.

José Benito Suárez Costa

Director xeral de Interior e Protección Civil

ANEXO

Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia

1. Fundamentos.

1.1. Introducción.

As inundacións constitúen en Galicia, polas súas características orográficas e singulares, un fenómeno natural que se manifesta con relativa frecuencia, orixinando situacións de grave risco colectivo ou catástrofe contempladas na Lei 2/1985, do 21 de xaneiro, de protección civil.

As inundacións, conforme a Norma Básica de Protección Civil, son obxecto de planificación especial. Así considéranse na Norma Básica de Protección Civil, aprobada polo Real decreto 407/1992, do 24 de abril, na que determina no seu punto 6 que o risco de inundacións será obxecto de plans especiais naqueles ámbitos territoriais que o requiran.

Posteriormente promulgouse unha norma específica en tal sentido (Resolución do 31 de xaneiro de 1995), na que se aproba a Directriz básica de planificación de protección civil ante o risco de inundacións (BOE número 38, do 14 de febreiro).

Para cumpri-lo imperativo legal que se indica na Norma Básica de Protección Civil, a Comunidade Autónoma de Galicia no ano 1994 elaborou o Plan Territorial de Protección Civil de Galicia (Platerga).

O Platerga aprobouse no Consello da Xunta de Galicia no mes de xullo do ano 1994, unha vez que recibiu informe favorable emitido pola Comisión Galega de Protección Civil, e foi homologado posteriormente o 30 de setembro de 1994 pola Comisión Nacional de Protección Civil, sendo publicado inicialmente no DOG nº 236, do 9 de decembro. Recentemente por refundición normativa en materia de protección civil da Xunta de Galicia publicouse como anexo I do Decreto 56/2000, do 3 de marzo, (DOG nº 62, do 29 de marzo).

No capítulo primeiro do Platerga contémplase que os plans de ámbito inferior ó Platerga, para integrarse neste, deberán ser aprobados ou homologados, se é o caso, polo órgano competente que regulamentariamente se determine, e publicada a aprobación ou homologación no Diario Oficial de Galicia.

O presente Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia cumpre cos requisitos mínimos para a súa aprobación e homologación como plan especial, segundo se establece na Directriz básica de planificación fronte ó risco de inundacións.

A inclusión dos plans de emerxencia de encoros que se encontren no ámbito territorial de Galicia conforme se vaian elaborando e aprobando, así como a actualización ou incorporación de datos referentes á análise do risco, e puntos conflictivos posteriores á aprobación e homologación do presente plan, serán efectivas co único requisito favorable da Comisión Galega de Protección Civil, logo do informe da Comisión Galega para o Risco de Inundacións e Situacións de Seca.

Quedarán integrados neste Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia os plans de actuación municipal/comarcais que se deberán elaborar, así como os plans de emerxencia de encoros que deben realiza-los titulares destas, que se encontren no ámbito territorial de Galicia, unha vez aprobados e homologados conforme a normativa vixente.

1.2. Obxecto e ámbito.

1.2.1. Obxecto.

O Plan de Protección Civil ante os Riscos de Inundacións en Galicia é un instrumento técnico que establece a organización e procedementos de actuación dos recursos e servicios a titularidade dos cales corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia, e os que poden ser asignados a el por outras administracións públicas e doutros pertencentes a actividades públicas ou privadas. Comprende un conxunto de normas que constitúen o sistema e dispositivo de resposta e actuación fronte a calquera situación de emerxencia provocada por inundacións.

1.2.2. Ámbito.

Este plan especial aplicarase a calquera situación de emerxencia producida por inundacións no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

1.3. Marco legal e competencial.

1.3.1. Marco legal.

Para a elaboración deste plan especial tívose en conta a lexislación estatal e da Comunidade Autónoma de Galicia vixente.

O marco regulamentario do Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións na Comunidade Autónoma de Galicia é o seguinte:

A) Administración xeral do Estado:

-Lei 2/1985, do 21 de xaneiro, sobre protección civil.

-Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

-Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas.

-Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

-Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, que desenvolve os títulos Preliminar, I, IV, V, VI e VII da Lei de augas. No seu artigo 14 define as zonas que se inundan, e as atribucións do Goberno para establece-las limitacións no uso delas que garantan a seguridade das persoas e bens.

-Real decreto lexislativo do 18 de abril de 1986, que aproba o texto refundido das disposicións legais en materia de réxime local.

-Real decreto 927/1988, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Administración pública da auga e da planificación hidrolóxica, en desenvolvemento dos títulos II e III da Lei de augas.

-Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño.

-Real decreto 407/1992, do 24 de abril, polo que se aproba a Norma Básica de Protección Civil.

-Resolución do 4 de xullo de 1994, da Secretaría do Estado de Interior, pola que se dispón a publicación do Acordo do Consello de Ministros sobre

criterios de asignación de medios e recursos de titularidade estatal ós plans territoriais de protección civil.

-Resolución do 31 de xaneiro de 1995 da Secretaría de Estado de Interior, pola que se dispón a publicación do Acordo do Consello de Ministros polo que se aproba a Directriz básica de planificación de protección civil ante o risco de inundacións.

-Orde do 12 de marzo de 1996 pola que se aproba o Regulamento técnico sobre seguridade de presas e encoros.

-Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do solo e valoracións.

-Lei 46/1999, de modificación da Lei de augas.

B) Comunidade Autónoma de Galicia:

-Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril. Estatuto de autonomía da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro.

-Lei 8/1993, do 23 de xuño. Administración hidráulica de Galicia.

-Decreto 54/1996, do 12 de xaneiro, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sobre asignación de funcións ante emerxencias motivadas por variacións extraordinarias no réxime hidrolóxico.

-Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

-Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia (DOG nº 149, do 5 de agosto).

-Decreto 56/2000, do 3 de marzo (DOG nº 62, do 29 de marzo). Plan Territorial de Protección Civil de Galicia (Platerga).

-Decreto 160/2000, do 29 de xuño, (DOG nº 128, do 3 de xullo) polo que se modifica o Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

1.3.2. Marco competencial.

1.3.2.1. Do Plan Especial ante o Risco de Inundacións en Galicia.

Conforme coa Lei de protección civil e a Norma Básica de Protección Civil (artigo 8, 2), corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a responsabilidade de elaborar e aproba-lo Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia, logo do informe da Comisión Galega de Protección Civil (Decreto 56/2000. Capítulo III, artigos 74, 75, 76 e 77).

1.3.2.2. Dos plans de actuación municipais ante o risco de inundacións.

Este plan especial será o director da planificación territorial de ámbito inferior ante ese risco, e establecerá tanto as funcións básicas como o contido mínimo dos plans de actuación municipais, así como o marco de organización que posibilite a plena inte

gración no Plan Especial da Comunidade Autónoma Galega.

Os plans de actuación municipais integraranse na operativa por bacías previstas neste plan.

1.3.2.3. Os plans de emerxencias de encoros.

A elaboración dos plans de emerxencias de encoros é responsabilidade dos seus titulares.

A súa aprobación correspóndelle á Dirección Xeral de Obras Hidráulicas, logo do informe da Comisión Nacional de Protección Civil, para as situadas nas bacías Miño, Sil, Eo, Navia e as do Limia, Mente e Támega.

As situadas nas concas de Galicia-Costa corresponde ó organismo Autónomo Augas de Galicia, logo do informe da Comisión Galega de Protección Civil.

1.4. Os plans de actuación municipal/comarcal.

1.4.1. Concepto.

Os plans de actuación municipal/comarcal ante o risco de inundacións, establecerán a organización e actuacións dos recursos e servicios propios, con obxecto de facer fronte ás emerxencias por inundacións dentro do seu ámbito territorial.

A súa elaboración e aprobación correspóndelle ó órgano de goberno municipal/comarcal. A súa homologación será realizada pola Comisión Galega de Protección Civil.

No anexo 1 cítanse os municipios da Comunidade Autónoma de Galicia que se considera que teñen risco de inundacións (zonas que se inundan descritas neste plan especial); nos municipios con risco medio e alto debe elaborarse o plan de actuación municipal/comarcal correspondente, sen prexuízo de que posteriores estudios ou modificacións na defensa contra inundacións impliquen variacións, e sen menoscabo da capacidade doutros municipios para elaborar e dispoñer de plans para o efecto.

Os plans de emerxencia de encoros establecerán, na análise de risco, os concellos afectados por risco de rotura de encoros, que deberán así mesmo elabora-lo plan de actuación municipal/comarcal para o efecto.

1.4.2. Funcións.

As funcións básicas dos plans de actuación municipal/comarcal son as seguintes:

A) Preve-la estructura de organización e os procedementos para a intervención en emerxencias por inundacións, dentro do territorio municipal/comarcal.

B) Catalogar elementos vulnerables e zonifica-lo territorio en función do risco, en concordancia co establecido neste plan especial, así como delimitar áreas segundo os posibles requirimentos de intervención ou actuacións para a protección de persoas ou bens.

C) Especificar procedementos de información e alerta á poboación.

D) Cataloga-los medios e recursos específicos para a posta en práctica das actividades previstas.

Nos plans de actuación daqueles concellos afectados por un plan de emerxencia de encoro de ámbito territorial que pode verse afectado nun intervalo de tempo de dúas horas ou inferior, contado desde o momento hipotético da rotura, deberán contemplarse os seguintes aspectos:

a) Delimitación de zonas de inundación, de acordo co establecido no correspondente plan de emerxencia de encoro.

b) Previsión dos medios e procedementos de alerta e alarma á poboación e de comunicación co Centro de Coordinación Operativa de Galicia (Cecop-Galicia: 112).

c) Previsión das vías e medios que serán empregados pola poboación para o seu afastamento inmediato das áreas de perigo.

1.4.3. Contido mínimo.

O contido mínimo dos plans de actuación de ámbito local (municipal ou comarcal) será o establecido no anexo 2.

1.5. Os plans de emerxencia de encoros.

1.5.1. Concepto.

A directriz básica establece a figura dos plans de emerxencia de encoros, para a previsión de emerxencias producidas por rotura ou avaría de encoros.

Os ditos plans serán elaborados e implantados polos titulares dos encoros, e establecerán a organización dos recursos humanos e materiais necesarios para o control dos factores de risco que poidan compromete-la seguridade do encoro de que se trate. Así mesmo, estableceranse os sistemas de información, alerta e alarma dos servicios e recursos que vaian intervir para a protección da poboación en caso de rotura ou avaría grave do encoro, e posibilitar que a poboación potencialmente afectada adopte as medidas de autoprotección necesarias.

Os encoros clasifícanse en tres categorías (A, B e C) en función da gravidade dos danos que poidan producir en caso de accidente (descríbese posteriormente neste plan).

Os plans de emerxencia de encoros de Galicia, para as bacías do Miño-Sil, do Limia e do Támega, serán aprobados pola Dirección Xeral de Obras Hidráulicas, logo do informe da Comisión Nacional de Protección Civil, para as bacías de Galicia-Costa serán aprobados polo organismo autónomo de Augas de Galicia, logo do informe da Comisión Galega de Protección Civil.

Os plans de emerxencia de encoros que afecten o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia quedarán integrados no presente plan especial e, en caso de emerxencia de interese nacional, no plan estatal.

1.5.2. Clasificación dos encoros en función do risco potencial. Encoros que teñen que dispoñer de plan de emerxencia.

1.5.2.1. Clasificación dos encoros en función do risco potencial.

A directriz básica establece tres categorías de encoros en función da gravidade dos danos que poden producir en caso de rotura ou funcionamento incorrecto:

-Categoría A: encoros dos que as súas roturas ou funcionamento incorrecto poidan afectar gravemente a núcleos urbanos ou servicios esenciais, ou producir danos materiais ou ambientais moi importantes.

-Categoría B: encoros que poden ocasionar danos materiais ou ambientais.

-Categoría C: encoros que poden producir danos materiais de moderada importancia e só incidentalmente perda de vidas humanas. En todo caso, a esta categoría pertencerán tódolos encoros non incluídos nas categorías A ou B.

A clasificación efectuarase mediante resolución da Dirección Xeral de Obras Hidráulicas, ou do organismo autónomo Augas de Galicia que informarán respectivamente a Comisión Nacional de Protección Civil ou a Comisión Galega de Protección Civil.

1.5.2.2. Encoros que teñen que dispoñer de plan de emerxencia.

Deberán dispoñer do seu plan de emerxencia de encoros tódolos que foron clasificados nas categorías A ou B.

Os ditos plans incorpóranse ó plan especial logo do informe da Comisión Galega de Protección Civil.

A súa clasificación actualizada na data de aprobación deste plan indícase no anexo 3.

1.5.3. Funcións.

As funcións básicas dos referidos plans establecidas na directriz son as seguintes:

a) Determinar, trala correspondente análise de seguridade, as estratexias de intervención para o control de situacións que poidan implicar riscos de rotura ou de avaría grave do encoro e establece-la organización axeitada para o seu desenvolvemento.

b) Determina-la zona que se inunda en caso de rotura, indicando os tempos de propagación da onda de enchente e efectua-la correspondente análise de riscos.

c) Dispoñe-la organización e medios adecuados para obter e comunica-la información sobre incidentes, a comunicación de alertas e a posta en funcionamento, en caso necesario, dos sistemas de alarma que se establezan.

1.5.4. Contido mínimo.

A directriz básica establece como contido mínimo dos plans do encoro:

a) Análise de seguridade do encoro: estudio dos fenómenos que poidan producir unha emerxencia.

b) Zonificación territorial e análise dos riscos xerados pola rotura do encoro.

c) Normas de actuación adecuadas para a reducción ou eliminación do risco.

d) Organización dos recursos humanos e materiais necesarios para a posta en práctica das actuacións previstas.

e) Medios e recursos de que dispón o plan e medios técnicos necesarios.

1.6. Definicións e glosario de termos.

Neste plan considéranse as seguintes definicións:

Cartografía oficial: a realizada de acordo coas prescricións da Lei 7/1986, de ordenamento da cartografía, polas administracións públicas ou baixo a súa dirección e control.

Cecop-Galicia: Central de Coordinación para Operativos da Comunidade Autónoma de Galicia. A Central de Emerxencias 112 SOS-Galicia, transfórmase no Cecop-Galicia.

Cecop: Centro de Coordinación Operativo. Está composto polo Comité de Dirección, Comité Asesor e os medios técnicos do Cetra, o Sacop e o Cin.

Cecopi: Centro de Coordinación Operativo Integrado.

Cetra: Centro de Transmisións.

Cin: Centro de Información.

CPTOPV: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Elementos de risco: poboación, edificacións, obras de enxeñería civil, actividades económicas, servicios públicos, elementos ambientais e outros usos do territorio que se encontren en perigo nunha zona determinada.

Enchente: aumento inusual do caudal de auga no leito que pode ou non producir desbordamento ou inundacións.

Inundacións: anegación temporal de terreos normalmente secos como consecuencia da achega inusual e máis ou menos repentina dunha cantidade de auga superior á que é normal nunha zona determinada.

Mobilización: conxunto de operacións e tarefas para poñer en actividade os medios, recursos e servicios que teñan que intervir nas emerxencias por inundacións.

Perigosidade: probabilidade de ocorrencia dunha inundación, dentro dun período de tempo determinado e unha área dada.

Período estatístico de retorno: inverso da probabilidade de que nun ano se presente unha enchente superior a un valor dado.

Risco: número esperado de víctimas, danos materiais e desorganización da actividade económica subseguinte a unha inundación.

Un, un, dous (112): Central de Emerxencias de Galicia.

Vulnerabilidade: grao de probabilidade de perda dun elemento en risco dado, expresado nunha escala de 0 (sen dano) a 1 (perda total), que resulta dunha inundación de características determinadas.

2. Principios básicos para a planificación de protección civil ante o risco de inundacións en Galicia.

2.1. Obxecto e ámbito.

O obxectivo principal do Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia é dar unha resposta rápida, consensuada e eficaz naqueles lugares da Comunidade Autónoma de Galicia afectados por unha inundación e de fixa-lo marco de organización e de competencias deste.

Preténdese con este plan especial que as actuacións en emerxencias producidas por inundacións, non sexan froito da improvisación e que os procedementos de actuación e mobilización dos recursos de titularidade da Comunidade Autónoma, así como os de titularidade doutras administracións públicas e entidades públicas e privadas, que poidan ser asignados a este, estean preestablecidos.

2.1.1. Obxectivos específicos.

Coa realización deste plan preténdese principalmente:

a) Minimiza-los riscos nas zonas inundadas.

b) Prever e reducir no posible os accidentes e os danos acontecidos.

c) Dispoñer de medios de evacuación e de lugares de aloxamento para os evacuados.

d) Dispoñer de medios de asistencia sanitaria.

e) Dispoñer de medios e mecanismos de restauración das vías de comunicación afectadas.

f) Establecer vías alternativas de comunicación.

g) Manter e restablecer no menor tempo posible os servicios básicos: alimentación, teléfono, luz, auga.

h) Reducir no posible as perturbacións por modificacións na vida cotiá, tales como paralización da vida escolar, de comunicacións, etc.

i) Manter informada a poboación.

2.1.2. Ámbito.

O ámbito de competencias deste plan especial abarca todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.2. Información territorial.

2.2.1. Localización.

Co Norte de Portugal ata o río Douro, forma Galicia unha soa rexión natural claramente definida polos

seus carácteres xeolóxicos e xeográficos. Aínda se podería considerar ampliada esta rexión natural por parte do territorio asturiano, ó oeste da serra do Rañadoiro (de constitución análoga á galega), e polo país de transición do Bierzo, que ofrece nos seus vales e montañas trazos do solo e ambiente que se identifican en boa parte cos de Galicia.

A organización político-administrativa vixente obriga, sen embargo, a considerar Galicia comprendendo estrictamente o territorio das catro provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e, así, aparece encadrada polos paralelos de 41º 50' (confluencia do Támega co río do Porto en Feces) e 43º 47' 25'' de latitude norte (Estaca de Bares) e os meridianos de 9º 18' 18'' (Cabo Touriñán) e de 6º 51' lonxitude oeste de Greenwich (Cuña da serra do Eixe xunto ós confíns das provincias de Zamora, León e Ourense).

Galicia limita ó Norte co mar Cantábrico e o Océano Atlántico, nos que se acordou que a divisoria sexa o cabo de Estaca de Bares; ó oeste polo Atlántico; ó sur polo curso do Miño e a raia seca de Portugal; e ó leste por Asturias e as provincias de León e Zamora.

2.2.2. Superficie.

A extensión superficial de Galicia cífrase en 29.154 km repartida así entre as catro provincias: A Coruña 7.903, Lugo 9.881, Ourense 6.979 e Pontevedra 4.391 km respectivamente.

Galicia representa, pola súa extensión, o 5'78% da superficie total de España.

A poboación en Galicia é de 2.727.337 habitantes repartidos da seguinte maneira nas catro provincias galegas: A Coruña 1.108.980, Lugo 366.934, Ourense 345.620 e Pontevedra 908.803 (Censo de 1999).

2.2.3. Relevo.

En Galicia a gama de formas do seu relevo é moi ampla. A superficie xeográfica galega presenta unha gran variedade de formas e altitudes, podéndose resumir en cinco grandes unidades morfolóxicas: o litoral, as superficies de aplanamento, as depresións tectónicas, as serras e, como nexo de unión entre elas, os vales.

O relevo actual de Galicia é o resultado da interrelación da litoloxía tectónica, sistemas morfoxenéticos (sucesión climática) e a acción humana a través do tempo.

As unidades morfolóxicas de Galicia (ou áreas que teñen certas características semellantes) son as seguintes (indícanse no mapa 1):

A costa (engadindo nela o litoral, as áreas que aparecen entre o litoral e as serras occidentais ou setentrionais).

As serras occidentais (Suído; Faro de Avión) e setentrionais (Xistral).

Superficies de aplanamento e as depresións tectónicas de Galicia interior (Terra Chá; Monforte; A Limia; Bergantiños; Val do Dubra; Maceda...).

Serras orientais e sudorientais (Os Ancares; O Courel; Eixo; Macizo de Manzaneda).

A disposición das unidades orográficas, cunha orla montañosa e occidental discorrendo próxima ó litoral desde a serra do Xistral ata a do Faro de Avión, e un máis destacado conxunto oriental e sudoriental, desde a serra de Meira ata a do Xurés, facilita a configuración de abundantes centros dispersores de augas, que envían en tódalas direccións multitude de cursos fluviais, aínda que de curto percorrido, agás o río Miño.

2.2.3.1. Litoral e rías.

A costa do litoral galego presenta toda unha serie de formas e microformas realmente grande. Tramos acantilados, zonas areosas ou lacustres, rías amplas ou pequenas. Estudiado a grande escala, o litoral ofrécesenos moito máis variado do que a primeira vista poida parecer.

Comprende dúas zonas con diferentes características, a das Rías Altas, que vai desde Ribadeo ata Fisterra, e as Rías Baixas, que se prolonga ata a desembocadura do río Miño. A lonxitude total da Costa Galega é de 1.195 quilómetros.

A) Arco Cantábrico: esténdese desde a ría de Ribadeo ata Estaca de Bares. Altérnanse rías, calas, acantilados e 25 km de area de praias. As rías máis sobresaíntes son as de Viveiro e Ribadeo.

B) Arco Ártabro: abarca desde Estaca de Bares ata o Cabo de Santo Adrián e as illas Sisargas. As rías máis sobresaíntes son as de Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña.

C) Arco de Fisterra e Costa da Morte: comeza no cabo de Santo Adrián e chega ata Fisterra, punto máis occidental da Península Ibérica. Caracterízase polo litoral alto e rochoso. As penetracións máis pronunciadas son as rías de Laxe, Camariñas e Corcubión.

D) Rías baixas: comprenden desde o cabo Fisterra ata o cabo Silleiro. Sobresaen as rías de Muros e Noia na provincia da Coruña, e as de Arousa, Pontevedra e Vigo en Pontevedra.

Todo o litoral galego, moi preto da súa costa, está salpicado de pequenas illas e illotes. Destacan as illas de Coelleira e Lobeira (entrada da ría de Ares e Viveiro respectivamente); Os Farallóns (San Cibrao); illa de San Martiño (esteiro do río Sor) e Illa de San Vicente (ría de Ortigueira); illas Sisargas; Cortegada, A Toxa e A Illa de Arousa (ría de Arousa); Tambo (ría de Pontevedra); San Simón e Toralla (ría de Vigo); e illas de Sálvora, Ons e Cíes.

En Galicia hai 774 praias marítimas, repartidas da seguinte maneira: 294 na provincia de Pontevedra, 409 na provincia da Coruña e 71 na provincia de Lugo, que corresponden respectivamente a 94, 155 e 24 quilómetros, que fan un total de 273 qui

lómetros de praia en relación ós 1.195 quilómetros de litoral galego.

2.2.3.2. Superficies de aplanamento.

Entre o litoral e as serras centro-occidentais, ou na Galicia interior, unha unidade destaca sobre as demais: son as superficies aplanadas (as grandes planicies galegas, que se gradúan desde os 100 ós 700 m). A horizontalidade, máis ou menos cortada pola incisión das bacías de auga, é a súa nota máis característica.

Cerca do litoral, o encaixonamento da rede fluvial enxendra un relevo movido de vales e outros encadeados. Exemplos desta horizontalidade son: A Terra Chá, extensas zonas de Bergantiños, Curtis, Ordes, A Estrada, Lalín, Monterroso, Palas, Friol, Celanova, O Carballiño e Montederramo, entre outras.

Galicia é unha terra de ríos. A abundancia de precipitacións en boa parte do seu territorio xera unha gran cantidade de regatos e ríos que ó longo da historia foron desecando o espacio, labrando vales de tódalas formas.

As características tectónicas e morfolóxicas do país galego e os seus trazados climáticos, pluviométricos en particular, son os dous grandes factores que condicionan o dispositivo hídrico da nosa rexión.

As precipitacións abundantes e, polo xeral, ben distribuídas ó longo do ano, son a circunstancia que posibilita a existencia dunha ampla e densa rede fluvial.

Ademais, ó se-las choivas as que normalmente constitúen a única fonte de alimentación dos ríos estes amosan un réxime de tipo pluvial atlántico ou oceánico, caracterizado pola abundancia e regularidade dos caudais, con augas altas no inverno e moderada estiaxe nos meses de verán. Tan só nos cursos fluviais procedentes das serras orientais e sudorientais, cunha nubosidade importante nos meses máis fríos do ano, aparece un factor de alimentación engadido, de carácter nival que proporciona a estes ríos un réxime de tipo pluvionival, con augas altas invernais provocadas polas choivas, que se continúan durante a primavera debido á incorporación a tales canles fluviais de auga procedente da fusión das neves.

Así mesmo, hai en Galicia moitas lagoas que son invernais e desaparecen no verán, e outras son cabeceiras de regatos, praderías e terreos pantanosos, destacando como as máis significativas as seguintes:

Antela, Maside, Sobrado dos Monxes, Fonmiñá (no comezo do Miño), Gándara (no Valadouro), Bendiá (en Castro de Rei), Ollo (en Gaioso), Estebañón (cerca de Viveiro), Fonteo (en Baleira), Samesugos (río Anllóns), Alcaián (na serra de Coristanco), Baroña (en Porto do Son), Carregal (en Ribeira), Louro, Doniños e A Frouxeira.

Os nosos ríos constitúen unha expresión dos carácteres climáticos de Galicia e traducen directamente nos seus réximes esas mesmas variables climáticas,

existindo bacías fluviais importantes con características ben definidas.

2.2.3.3. Depresións tectónicas.

A horizontalidade é tamén a característica común ás depresións tectónicas. Sen embargo, mentres nas superficies aplanadas o que sobresae é a erosión, a acción de lixa e posterior levantamento, nas depresións o que hai son bloques fundidos e recheos de materiais do Terciario e o Cuaternario. Así pois, atopámonos con dúas formas semellantes que teñen unha orixe diferente.

As depresións tectónicas que hai en Galicia son: a depresión Meridiana, que se alonga desde Baldaio (ó norte de Carballo) ata Tui, formando unha cadea de áreas fundidas, sucadas entre outros polos ríos Anllóns, Dubra, Sar, Ulla, Lérez e Louro. Paralelas á gran depresión Meridiana atópanse outras máis pequenas, como as do Toxa e do Tea; ó leste as depresións tectónicas da Terra Chá, Monforte, Maceda, Limia, Monterrei, Valdeorras e Quiroga, e no noroeste as das Pontes e Meirama.

A orixe das depresións entróncase cos basculamentos producidos en Galicia desde mediados do Terciario ata o Cuaternario.

2.2.3.4. Serras.

Os bloques máis altos de Galicia constitúen as serras, situadas en xeral por riba dos 700 metros, e como cota máxima chega ós 2.124 metros, en Pena Trevinca; por riba dos dous mil metros están tamén Pena Rubia e Cuíña.

Hai pequenas serras por debaixo desta altitude, diferenciándose as serras centrooccidentais, as setentrionais e as orientais e sudorientais.

As serras centro-occidentais esténdense de norte a sur, desde A Faladoira ata o Faro de Avión, pasando por Serra da Loba, Cova da Serpe, O Careón, O Farelo, O Faro, O Suído e Montes de Testeiro.

Nas serras setentrionais destaca o macizo do Xistral, e nas orientais, tanto polo seu volume como pola súa altitude, a Serra dos Ancares, O Courel, O Eixe, o macizo de Manzaneda, o macizo de Trevinca, a Serra de Queixa, a Serra de San Mamede, O Burgo, As Corzas e o monte do Invernadeiro.

En conxunto, nas serras, especialmente nas orientais e nas sudorientais, atópanse as condicións máis duras de vida. O clima frío, a abundancia de precipitacións, as fortes pendentes e as malas comunicacións condicionan fortemente a actividade humana.

Os núcleos orográficos máis destacables de Galicia son:

A) As serras orientais e sudorientais:

Polo oeste os límites veñen marcados pola serra de Meira, serra do Puñago, Pena do Pico, montes de Albela, serra A Trapa, depresión de Maceda, depresión do Limia e altas terras do río Salas, Lobeira e Entrimo. Polo leste, terras de Asturias, León e

Zamora. Polo norte o río Eo e o Cantábrico; polo sur terras de Portugal.

As serras, montes e macizos máis destacables son: serras de Meira, Monciro, Mirador, Puñago, Oribio, montes de Albela, Lóuzara e A Trapa; serras do Courel, do Xurés, Leboreiro, Pazo, Portelo, Pedruñales, Foncuberta, Calamouco, Os Ancares, O Piornal, Rañadoiro, Cabalos e O Courel; macizo de Manzaneda (serra de Queixa, serra de San Mamede, Burgo, Corzas e os montes do Invernadeiro); serras do Eixe e A Carba que forman parte do macizo de Trevinca; serras de Penas Libres, Larouco e Xurés.

B) As serras setentrionais e centroccidentais.

Ó sur do prelitoral Cantábrico e ó leste do Atlántico levántase un volume de serras que marcan con claridade o tránsito entre a Galicia costeira e a Galicia interior.

B.1) As serras setentrionais.

Montes Guriscado, O Xistral e Cordal de Neda.

B.2) As serras centro-occidentais: a Dorsal galega.

Serras da Faladoira, Curiscada, A Loba, O Cordal de Montouto, A Cova da Serpe e O Careón, do Farelo, O Faro, Martiñá; Montes do Testeiro, Canduán, Faro de Avión, O Suído, Cando, O Seixo e A Paradanta.

2.2.3.5. Vales.

En Galicia son numerosísimos os vales fluviais, con multitude de formas: amplos, pechados, con lenes ladeiras ou con fortes pendentes.

Os vales galegos, pola súa disposición respecto ó mar, representan un medio natural de penetración da influencia oceánica no interior; acostuman a se-la continuación das rías que achegan os ventos atlánticos e cantábricos. Pero os vales poden traer outras influencias distintas ás mariñas e, así, os vales do Sil e do Támega permiten o paso dos caracteres mediterráneos ata a depresión do Lemos.

A influencia oceánica déixase notar moito máis nos grandes vales con orientación O-E, como o Tambre, o Ulla e o Miño, e mostra diso é a suavidade do clima do baixo Deza ou do Mandeo.

Nos vales sudorientais a sequidade do verán únese ás elevadas temperaturas, mentres no inverno son moi frecuentes as inversións térmicas e por isto as néboas persistentes, de forma que son habituais os días nos que o val está cuberto, e uns 300 metros máis arriba loce o sol en todo o seu esplendor.

2.2.4. Caracteres xeolóxicos e xeomorfolóxicos.

A extraordinaria variedade de rochas, con grandes diferencias na súa textura, e sobre todo na súa composición química e mineralóxica, constitúe un factor importante da diversidade de tipoloxía e propiedades edáficas existentes en Galicia. As máis significativas son: granitos e gneises, xistos, lousas, peridotitas, piroxenitas, gabros, anfibolitas, granulitas, ecloxitas, serpentinas, filitas, cuarcitas, areniscas, calcarias, dolomías e un gran número de sedimentos de distinta textura, composición e idade.

Os materiais xeolóxicos máis abundantes en Galicia son: as rochas metamórficas pobres en cuarzo; rochas metamórficas ricas en cuarzo; rochas graníticas; rochas básicas e sedimentos.

As rochas graníticas representan o 45% da superficie, porcentaxe semellante ó das rochas metamórficas de baixo grao (xistos, lousas, filitas...).

Na distribución:

-Solos formados sobre rochas graníticas.

-Solos sobre rochas básicas e ultrabásicas.

-Solos sobre xistos e lousas.

-Solos sobre areniscas e cuarcitas.

-Solos sobre sedimentos.

A distribución dos solos en Galicia é aproximadamente coincidente coa da vexetación e ligada ós tipos de climas. A natureza da rocha madre é o principal factor de diferenciación das propiedades dos solos.

Os principais solos existentes en Galicia son:

Litosol; ranker; histosol; vertisol; fluvisol; xelisol; andosol; arenosol; regosol; podsol; luvisol; acrisol e cambisol.

A evolución xeomorfolóxica de Galicia está vinculada a factores derivados da xeomorfoloxía estructural e xeomorfoloxía climática.

O actual relevo de Galicia caracterízase por unha graduación de superficies aplanadas e pola profunda incisión dos leitos de auga. Esta graduación materialízase en:

Áreas afundidas (depresións).

Elevacións (serras ou áreas aplanadas) cortadas por gran número de vales.

Litoral: variada gama (acantilados, areais, lagoas, rías).

Os primeiros momentos da evolución de Galicia hai que situalos hai case 200 millóns de anos. De maneira resumida a evolución foi a seguinte:

Hercínico (1.000 millóns de anos). Os materiais rochosos son desta etapa.

Finais do Precámbrico: 650 millóns de anos. Aparecen dúas canles. Deposítanse miles de metros de sedimentos xisto-areosos.

Cámbrico: 650-550 millóns de anos. Iníciase o xeosinclinal galego.

Finais do Precámbrico. Hai un pequeno pregamento. Aparece o complexo xisto-gramáquico.

Durante o Ordovícico inferior (500 millóns de anos), o mar cubriuno todo.

Silúrico: (400 millóns de anos). Series xistosas moi finas con graptolitos.

Devónico: materiais devónico-dinantienses.

O relevo actual galego é pois o resultado da intercalación litolóxica tectónica -sistemas morfoxenéticos sucesión climática- acción humana ó longo do tempo.

2.2.5. Cuberta vexetal.

A cuberta vexetal en Galicia é consecuencia da evolución tanto xeolóxica como climática ó longo dos tempos presentando marcadas diferencias en función dos ditos factores e das distintas composicións da rocha madre.

Na actualidade asistimos a unha regresión da acción do home sobre o terreo, que marcou durante séculos unha evolución tanto na flora como na fauna e que contribuíu a unha biodiversidade moi elevada tanto nas zonas altas de montaña como nos vales de aluvión.

Pode dicirse que a maioría dos ecosistemas da península atópanse representados na nosa Comunidade Autónoma, desde zonas de altitude superior ós 1.000 m cunha flora específica adaptada a solos de pouca profundidade, a maioría graníticos, e que sofren períodos de seca estival en canto pasan dous meses sen choiva, ata zonas lacustres cunha ampla rede de humidades de augas permanentes ó longo do ano. Dende zonas expostas ó sur de altas pendentes e que o home foi modelando para cultivalas evitando ó mesmo tempo a súa erosión, perigosa por outra parte dada a escasa profundidade do seu solo, ata zonas chás con problemas de inundacións periódicas invernais ou de primavera, pasando por vales con terreos de aluvión e climatoloxía cálida máis propia doutras rexións e que permiten cultivos tropicais.

En cada unha desas zonas a vexetación espontánea ou inducida foise adaptando dando lugar a comunidades vexetais específicas: pradeiras e frondosas nas zonas baixas, chás ou de pouca pendente na metade norte de Galicia; cultivos de vide, piñeirais, masas de acacias na metade sur; zonas sen arboredo con vexetación arbustiva de toxos, uces e xestas nas zonas altas ou de pendente, carballeiras en zonas de terreos profundos en toda a superficie galega, masas de castiñeiros nas vertentes norte e noroeste das zonas montañosas.

A todo isto hai que engadirlle a acción do home, de novo, na formación da cuberta aérea; é dicir, nas masas arboradas con piñeirais nas zonas de interior e, sobre todo, na franxa litoral, a que cada vez máis vai sendo desprazada polas repoboacións de eucaliptos ata altitudes aproximadas ós 400 metros.

Esta gran diversidade compleméntase con frondosas nas marxes dos ríos e incluso con faiedos nas escasas zonas calcarias que existen en Galicia.

Por último, cabe sinalar unha vexetación costeira propia e moi variada se se comparan zonas baixas e de dunas con acantilados expostos a fortes temporais unha boa parte do ano.

Todo este conxunto de ecosistemas vexetais ten unha importancia transcendental como elemento amortecedor das abundantes choivas, tanto no seu aspecto de retención da auga e consecuente alimentación de acuíferos subterráneos, non de alto caudal pero si moi abundantes, como no control da posible erosión que as ditas choivas, poucas veces torrenciais, poderían causar na superficie do terreo. Cando a dita vexetación desaparece, como consecuencia de incendios xeralmente, o proceso de erosión acentúase deixando a rocha ó descuberto e producindo arrastres que colmatan os pantanos e encoros dos nosos ríos.

2.2.6. Usos do territorio.

A distribución da superficie ou do solo en Galicia indícase no cadro seguinte, no que se pode observar que máis do 70% o representa o forestal (arborado e non arborado). O solo ocupado por auga representa unicamente o 0,59% do total (ver mapa 1.1).

Uso do solo en Galicia

UsoSuperficie total

Galicia (hectáreas)

% Respecto total

comunidade

Poboación, industrial, comercial e minas56.408,241,91

SAU (solo agrario útil)958.067,6832,39

Forestal arborado1.170.548,4139,58

Forestal desarborado745.872,3525,22

Praias, dunas, areais e marismas9.296,600,31

Ríos, encoros, lagos e lagoas17.451,440,59

Total2.957.644,72100

UsoA CoruñaLugoOurensePontevedra

Superficie% Total GaliciaSuperficie% Total GaliciaSuperficie% Total GaliciaSuperficie% Total Galicia

Poboación industrial, comercial e minas27.1580,926.0190,205.9500,2017.2800,58

SAU (solo agrario)289.8759,80344.39211,64181.3106,13142.4904,82

Forestal arborado355.98012,04401.27613,57230.8337,80182.4586,17

Forestal desarborado112.6843,81228.6577,73300.94410,18103.5373,50

Praias, dunas, areais e marismas6.1740,211.0900,04--2.0320,07

Ríos, encoros, lagos e lagoas4.4630,153.5740,127.4150,251.9970,07

Totais796.33426,93985.00833,30726.45224,56449.79415,21

2.2.7. Actividades económicas.

Agricultura:

O clima de Galicia, pola súa temperatura e humidade é favorable ó desenvolvemento da agricultura e gandería, aínda que existen grandes diferencias entre bisbarras, determinadas principalmente polo relevo.

A agricultura galega é intensiva e de policultivos. Diferéncianse diversas bisbarras agrícolas:

Costa norte, entre a meseta central e o Cantábrico (lácteos); costa atlántica (vide); meseta central (leite, vacún); montaña nororiental (autoconsumo; vacún e caprino); montaña surocidental (vacún); depresións interiores (Támega e Viana: viticultura; cereais; pataca...); media montaña e montaña sudoriental (policultivo, centeo...).

Gandería:

Vacún principalmente (leite e carne), porcino (representa o 5% do gando nacional), aves (polos; representa o 12% da nacional), ovino e caprino, como as máis importantes.

Pesca, marisqueo e acuicultura:

Galicia é a primeira zona pesqueira española.

Sector extractivo e mineiro:

Galicia ten reservas de ferro, chumbo, magnesita, titanio e volframio como os máis importantes.

Industria agroalimentaria; cárnica; láctea; vinícola; conserveira; da madeira; granito e lousa; e téxtil.

2.3. Rede hidrográfica de Galicia e réxime hidrolóxico.

En Galicia hai unha marcada diferencia entre os sectores costeiros e do interior tanto polos caudais de auga como pola densidade da súa rede fluvial.

Algúns trazos significativos da rede fluvial de Galicia son a estreita relación que teñen as canles de auga coa fracturación do terreo, o seu curto percorrido (agás o Miño), e a bipolaridade costa/interior.

A presencia das serras formando unha orla continua entre a costa e o interior propicia a existencia de ríos de corto percorrido: Eo, Masma, Ouro, Landro, Mera, Grande de Xubia, Anllóns, Xallas, Lérez, Verdugo-Oitavén (estes non exceden raramente os 50 km). Soamente o Tambre e o Ulla superan estas distancias.

No interior, o Miño ten un percorrido por riba dos 300 km, cunha clara morfoloxía na súa bacía, que fai doada a acumulación de auga nunha canle única.

As características morfolóxicas de Galicia central son bastante diferentes (aparecen con maior asiduidade as terras chás rodeadas de serras). Un exemplo ocorre co Miño, desde A Terra Chá recolle as augas que baixan das serras; O Ladra e o Parga recollen da Serra da Loba; o Anllóns dos somontes do Xistral, o Ferreira, o Neira... todos achegan o seu caudal para ir formando a gran arteria galega. O Sil realiza idéntica función coas augas dalgunhas depresións e serras sudorientais, posteriormente chéganlle as augas dos ríos Avia e Arnoia, que tamén nacen no corazón da Galicia central.

Un factor importante dos ríos galegos é o seu réxime:

Os ríos costeiros (os que nacen na unidade denominada costa), teñen un clásico réxime pluvial cun máximo no outono e no inverno.

Os ríos do interior, que nacen nas serras occidentais e setentrionais (nas áreas do interior), teñen semellantes características que os costeiros.

Os ríos que nacen nas serras orientais e sudorientais ofrecen un réxime pluvio-nival caracterizado por dous máximos, un no outono-inverno, que é o máis importante, e outro na primavera.

Existen en Galicia varias bacías fluviais cun gran número de ríos, (ver mapas 2, 3 e 4) que para os efectos hidrolóxicos poden dividirse en dúas zonas, con características distintas.

2.3.1. Galicia-Costa.

Constituída por tódalas bacías hidrográficas dos ríos que discorren integramente polo territorio da Comunidade Autónoma e que desembocan nas costas galegas, sen ser fronteirizos con Portugal.

Son as setentrionais ou cantábricas, e as occidentais ou atlánticas.

Os materiais xeolóxicos das bacías destes ríos son principalmente as rochas graníticas e xistos, aínda que os da parte máis oriental están constituídos por un conxunto de materiais de lousa, xistos e cuarcitas.

A climatoloxía destas bacías pode considerarse englobada dentro da denominada Iberia Verde, que se caracteriza polos seus invernos suaves, veráns frescos, aire húmido, abundante nubosidade e precipitacións frecuentes durante todo o ano, agás nos meses de xullo e agosto, sobre todo na parte occidental e sur da zona.

As temperaturas caracterízanse pola súa suavidade e por manter pequenas oscilacións ó longo do ano. Así, a temperatura media oscila entre os 10,2º C en Abadín e os 14,9º C en Pontevedra e Vigo, cunha amplitude térmica anual entre os 6º C e 15º C.

A precipitación media anual oscila entre os 781 mm da estación pluviométrica de Foz, e os 3.045 mm en Dodro. Os valores máis baixos (800-1.300 mm) alcánzanse naquelas zonas onde se producen fenómenos de abrigo, puntos costeiros como Estaca de Bares, cabos Fisterra e Corrubedo, etc., e os máis altos rexístranse particularmente na serra de Avión e demais altitudes da franxa montañosa da costa oeste que actúa como barreira fronte ás depresións procedentes do oeste-sudoeste, productoras de abundantes choivas.

O núcleo de altas precipitacións máis importante, con valores superiores na isohieta media anual ós 2.600 mm, atópase ó leste de Pontevedra, desde a cabeceira do Lérez, ó norte, ata o Oitavén, ó sur. Un segundo núcleo, con alturas de isohieta superiores ós 2.400 mm, atópase na parte máis occidental da Coruña, entre os ríos Grande e Xallas. Un terceiro núcleo máis concentrado, con valores superiores ós 2.600 mm, está situado na desembocadura do Ulla e península do Barbanza.

No borde litoral lucense, desde Ribadeo ata Cervo, a precipitación chega a descender por debaixo dos 800 mm. Tamén na zona de Betanzos se alcanzan valores inferiores ós 900 mm.

O clima en Galicia-Costa dá orixe a solos e sedimentos que evolucionan rapidamente cara a condicións de pH ácido, elevado contido de formas de Al activo e pobreza de nutrientes.

As actividades agrícolas principais son as praderías, cultivo de millo, lúpulo, trigo, centeo, cultivos hortícolas e silvicultura (basicamente o pino). Así mesmo, o sector agropecuario ten unha importancia elevada na economía desta zona.

Pola súa vez, a zona de Galicia-Costa pode dividirse nas seguintes bacías.

2.3.1.1. Bacías da vertente cantábrica.

Son as comprendidas entre Ribadeo e Cabo Ortegal. Mostran o clima máis puramente oceánico de Galicia ofrecendo, polo tanto, a maior regularidade térmica e pluviométrica, e os ríos responden perfectamente a estas condicións.

En efecto, estas correntes fluviais presentan un caudal relativo medio anual cun termo medio de 26 l/seg/km, en canto que a medida dos seus coeficientes mensuais de caudal correspondentes á estiaxe é de 0,28. Comprende os seguintes ríos:

* Navia (sector galego).

* Eo (sector galego).

* Masma.

* Ouro.

* Landro.

* Sor.

* Baleo.

* Mera.

As súas bacías esténdense entre as serras nororientais e setentrionais e o mar. Os Ancares (2.000 m), Xistral (1.000 m) e Faladoira (700 m) son os lugares desde os que as augas se esparexen cara á vertente norte.

2.3.1.2. Bacías do Arco Ártabro, Fisterrán.

Son as comprendidas entre os cabos Ortegal e Fisterra. Como era de esperar, os ríos do Arco Ártabro-Fisterrán manteñen unha posición intermedia: o seu caudal relativo anual permítenos obter un termo medio de 29 l/seg/km, mentres que os coeficientes mensuais de caudal correspondentes ás respectivas estiaxes proporciónnanos unha media de 0,20. Comprende os seguintes ríos:

* Río Grande de Xubia.

* Eume.

* Lambre.

* Mandeo.

* Mendo.

* Mero.

* Anllóns.

* Grande.

* Castro.

2.3.1.3. Bacías das rías baixas.

Pola contra, os ríos que desembocan nas Rías Baixas (desde o cabo de Fisterra ata A Guarda), sometidos xa a notables influencias mediterráneas a pesar de recibir de cheo as depresións atlánticas, acusan apreciables estiaxes. Desta forma, o termo medio dos coeficientes mensuais de caudal no período de augas máis baixas é nestes cursos fluviais de tan só 0,13, cando os seus caudais relativos medios anuais ofrecen unha media duns 40 l/seg/km. Comprende os seguintes ríos:

* Xallas.

* Tambre.

* Ulla.

* Umia.

* Lérez.

* Verdugo-Oitavén.

* Miñor.

2.3.2. Galicia-interior.

Nela englóbanse os ríos de maior lonxitude de Galicia. Esta bacía localízase na súa totalidade sobre terreos hercínicos do Macizo Hespérico e, polo tanto, a maior parte dos seus afloramentos corresponden a formacións precámbricas, paleozoicas e cristalinas, agás dalgúns recubrimentos miocenos e cuaternarios, que afloran dunha forma descontinua.

A xénese destes ríos e o seu forte labor erosivo sobre materiais en xeral moi resistentes determinaron a formación de vales profundos, estreitos e pendentes, que só se abren e suavizan cando enfilan algunha depresión intramontañosa. É o caso do Miño ó cruza-la lucense Terra Chá ou o do seu afluente, o Sarria, cando recolle as augas de escorrentía da bacía deste nome. Ocorre o mesmo co Sil cando atravesa a depresión do Bierzo, así coma o seu tributario dereito, o Cabe, ó face-lo propio na de Monforte.

Deste modo as bacías do Miño, o Sil e a pequena parte española do Limia teñen unha ordenación basicamente lineal, co río principal relativamente centrado en cada unha delas e numerosos tributarios -moitos deles de orde menor- que aflúen por ambas marxes.

Dentro dunha clasificación moi xeral o ámbito que nos ocupa situaríase na Iberia Verde, onde o clima, a grandes trazos, está caracterizado por invernos suaves e veráns frescos, aire húmido, abundante nubosidade e precipitacións frecuentes entre outubro e xuño. Un maior detalle nesta primeira aproximación conduce á individualización de áreas de características diferentes, xa que, en definitiva, son diferentes os parámetros que guían o clima das distintas comar

cas que constitúen as bacías dos ríos Miño, Sil e Limia.

A pluviometría ten un amplo rango de variación, oscilando entre 700 e 1.900 mm/ano. Os valores máximos alcánzanse en Cabeza de Manzaneda (1.778 m), entre o Navea e o Bibei, na serra dos Ancares (2.214 m) e no val inferior do Miño. Reciben tamén altas precipitacións as serras de San Mamede (1.618 m) e Queixa (1.707 m), onde se forman as cabeceiras do xa citado Navea, do Camba e do Arnoia, e tamén algo máis ó Sur na zona alta da bacía do Limia. No outro extremo -entre 700 e 900 mm de choiva anualsitúanse as depresións de Monforte e a área de Ourense.

A distribución anual destas precipitacións é a normal nestes ámbitos norteños da península, cun máximo en decembro-xaneiro, que se amplía ata novembro e febreiro, e un mínimo en xullo, seguido de agosto. Adoita producirse, ademais, outro máximo relativo en primavera. Pásase dun réxime temperado-cálido no litoral ata un marítimo fresco terra dentro, acadándose un pirenaico frío nas áreas montañosas de maior altitude da cabeceira do Sil.

A evapotranspiración potencial oscila entre preto de 600 mm e algo máis de 750, sendo máxima nas depresións intramontañosas e no sector inferior do val do Miño.

O factor neve, aínda que importante en case tódalas áreas montañosas por riba dos 1.000 m de altitude, ten incidencia máxima, polos volumes recibidos e a súa persistencia, nos macizos máis elevados, en particular, aqueles abertos ós ventos dos cuadrantes terceiro e cuarto. É o caso do nó de Pena Trevinca, Cabeza de Manzaneda, a serra de Queixa, Os Ancares e, sobre todo, na cabeceira do Sil, ó longo da cordilleira cantábrica.

En Lugo a actividade case exclusiva é a agropecuaria. A poboación está moi diseminada; destacan unicamente dous núcleos, ademais da capital, que son Sarria e Monforte. Serve de soporte ós encoros de Belesar (655 hm) e Os Peares (182 hm) que regulan o río Miño.

En Ourense, coma en Lugo, a actividade fundamental é a agropecuaria. Serve de soporte o aproveitamento hidroeléctrico de varios ríos, cunha producción significativa. Pódese dicir que tódolos seus ríos están regulados. A poboación está moi diseminada destacando, xunto coa capital, os núcleos do Carballiño, A Rúa e O Barco de Valdeorras.

En Pontevedra, aínda que a actividade fundamental é a agropecuaria, é a máis activa das áreas galegas cun importante polígono industrial no Porriño. A poboación está moi diseminada destacando os núcleos de Ponteareas, Salvaterra de Miño, A Guarda, Tui e O Porriño.

As principais infraestructuras hidráulicas públicas corresponden ós sistemas de regadío xestionados pola Confederación Hidrográfica do Norte no Val de Lemos.

Os regadíos do Val de Lemos empregan auga do río Cabe fluentes e do río Mao reguladas no encoro de Vilasouto.

As tres canles: Bóveda de 31,5 km e capacidades desde 5,5 m/s no seu tramo inicial ata 1,1 m/s no seu tramo final; marxe esquerdo de 25 km e entre 2 e 1,6 m/s; e marxe dereita de 22 km e entre 2,1 e 0,2 m/s, dominan unha superficie de 4.700 ha, regándose 1.700 ha. A rede de quenllas secundarias realizada aproxímase ós 150 km de lonxitude.

2.3.3. Limia, Támega e Mente.

O Limia nace na depresión do seu nome para ir recollendo as augas do Limia alto e baixo antes de chegar a Portugal e desembocar en Viana do Castelo.

O Támega nace na serra de Mamede, e drena na depresión de Monterrei recibindo a achega do Bubal e do Porto. As súas augas desembocan no Douro.

O Mente recolle as augas do sudoeste para levalas ó Douro.

2.3.4. As Lagoas.

Non son abundantes e as poucas que existían foron desaparecendo. As máis importantes son a lagoa de Antela (Xinzo de Limia, Ourense) e a de Cospeito (Cospeito, Lugo), actualmente case desecadas.

Pequenas lagoas costeiras: A Frouxeira (Valdoviño, A Coruña); Doniños (Ferrol, A Coruña); Louro (Muros, A Coruña) e Xuño en Corrubedo (Ribeira, A Coruña).

2.3.5. Vales fluviais.

Os vales galegos aparecen enmarcados por superficies de aplanamento e polas serras, ofrecendo no seu percorrido cambios bruscos de dirección, propios dos macizos cristalinos.

O Miño, no Ribeiro.

O Castro nas proximidades das Pontes de García Rodríguez.

Arenteiro.

Bibei.

Lérez.

Ulla.

2.3.6. Bacía do río Miño.

É a bacía máis extensa de tódalas que drenan o territorio galego. Os ríos principais son:

* Río Miño (do nacemento a Lugo).

* Río Miño (de Lugo ós Peares).

* Sil.

* Río Miño (dos Peares a Frieira).

* Río Miño (de Frieira á desembocadura).

O curso alto do río Miño caracterízase pola súa amplitude morfolóxica e pola gran densidade da rede fluvial. En todo o sector situado ó norte de Lugo predomina a morfoloxía aplanada situada entre 400 e 500 m, característica da Terra Chá; o Miño e os seus afluentes deambulan sen a penas encaixarse, sendo

frecuentes as canles de auga que se parten en varios brazos e as zonas anegadas.

Augas abaixo de Lugo o relevo comeza a ser diferente. Desaparecen as grandes superficies aplanadas, combinándose as áreas chás con zonas montañosas e depresións tectónicas. É a partir de Portomarín cando o Miño empeza a encaixarse a medida que se acerca ós Peares, estreitándose a súa bacía, sendo os bancais un elemento característico dela.

Desde Os Peares o Miño baixa coas augas do seu afluente Sil. Así, ata Ribadavia o Val do Miño ofrece características cambiantes desde o punto de vista morfolóxico; os sectores de morfoloxía pechada encadéanse con outros nos que domina a amplitude. Os materiais graníticos dominantes favorecen a aparición de ladeiras descarnadas xunto a zonas cultivadas, principalmente dedicadas á vide.

Entre O Ribeiro e a súa desembocadura a bacía do Miño vaise estreitando, con intensa fracturación do terreo, o que facilita a chegada de augas de pequenos afluentes. Un afluente importante nesta zona é o río Arnoia. Isto fai que neste sector apareza un claro contraste entre os vales, en moitos casos de fondo plano, e os interfluvios, caracterizados por vertentes desgastadas e cumios aplanados. Xa preto da súa desembocadura, o enganche entre as diferentes depresións tectónicas orixina no Val do Miño unha apertura morfolóxica que chega ata o treito final do seu percorrido.

2.3.7. Bacía do río Sil.

O outro río importante, o Sil, caracterízase por ter na bacía unha sucesión de vales encaixados entre os que se introduce, ocasionalmente, a horizontalidade de diferentes depresións tectónicas. Isto fai que, desde Montefurado ata Os Peares, principalmente a partir da desembocadura do seu afluente Lor, se observen os canóns máis impresionantes do espacio xeográfico galego. O encaixoamento do Sil enxendrou un val fondo e estreito con ladeiras fortemente inclinadas (en ocasións chegan ata o 70% de pendente) o que dificulta a ocupación humana e o desenvolvemento agrícola, aínda que nos bancais das ladeiras se cultiva baixo condicións heroicas a vide.

2.3.8. Ríos meridionais da bacía do Douro.

Son ríos que a pesar de nacer en Galicia desembocan no veciño Portugal, sendo os seguintes:

* Támega.

* Mente.

As bacías do Támega, que descende encaixado ata Laza para abrirse posteriormente (por Verín, Oímbra, Monterrei), e o Mente, que forma amplos vales na zona de Riós, indican que hai un claro contraste entre as altas terras montañosas e os vales aplanados que dominan o percorrido por territorio español ata a súa penetración en Portugal.

2.3.9. Bacía do Limia.

A bacía do Limia, no seu percorrido por Galicia, ofrece dous treitos moi diferenciados. A bacía alta,

que discorre pola depresión da Limia, de gran horizontalidade e a bacía máis próxima a Portugal, a cal se vai estreitando paulatinamente.

Os caudais e superficies aforadas das bacías descritas anteriormente recóllense no anexo 3.

Unha descrición detallada das bacías hidrográficas de Galicia indícase no anexo 4.

2.4. Aproveitamento hidrolóxico:

Encoros e minicentrais hidroeléctricas.

Debido á peculiar orografía galega construíronse nun número importante de bacías un gran número de encoros e de minicentrais hidroeléctricas distribuídas por toda Galicia.

2.4.1. Encoros.

Os encoros máis importantes son os seguintes:

Bacía Galicia-Costa: Cecebre, Eiras, A Fervenza, Santa Uxía, Eume, A Ribeira, As Forcadas, Zamáns, Portodemouros, Barrié de la Maza, Vilagudín. A distribución dos encoros máis importantes en función dos ríos é a seguinte:

RíoEncoroTitular

CovoRío covoAlúmina-Aluminio

MeroCecebreAbastec. A Coruña

MeicendeMeicendeInespal Metal

OitavénEirasAbastec. Vigo

XallasA FervenzaFerroatlántica

XallasCastreloFerroatlántica

XallasSanta UxíaFerroatlántica

XallasPonte OlveiraFerroatlántica

EumeEumeEndesa

EumeA RibeiraEndesa

ForcadasAs ForcadasAbastec. Ferrol

ConConAbastec. Vilagarcía

LérezPontillón de CastroAbastec. Pontevedra

ZamánsZamánsAbastec. Vigo

UllaPortodemourosUnión Fenosa

TambreBarrié de la MazaUnión Fenosa

ViduídoVilagudínUnión Fenosa

PórtigoS. Cosmade (Vilasenín)Unión Fenosa

UmiaCaldas de ReisXunta de Galicia

Bacía do Sil: Penarrubia, Pumares, Sobradelo, Santiago Sil, San Martiño, Sequeiros, Santo Estevo e San Pedro.

EncoroTitular

PenarrubiaEndesa

Pumares-SobradeloIberdrola

Santiago-SilIberdrola

San MartiñoIberdrola

SequeirosIberdrola

Santo EstevoIberdrola

San PedroIberdrola

Bacía do Miño: Belesar, Os Peares, Velle, Castrelo e Frieira.

EncoroTitular

BelesarUnión Fenosa

Os PearesUnión Fenosa

VelleUnión Fenosa

CastreloUnión Fenosa

FrieiraUnión Fenosa

Bacías que achegan ó Sil e ó Miño:

RíoEncoroTitular

NaveaChandrexaIberdrola

GuístolasIberdrola

GaiolaCachamuíñaAbastec. de Ourense

CenzaCenzaIberdrola

CambaPortas-ConsoIberdrola

BibeiMontefuradoIberdrola

BibeiS. MiguelIberdrola

PiasEndesa

Vao-BibeiIberdrola

San SebastiánIberdrola

XaresSanta EulaliaIberdrola

Prada BaiaEndesa

Avia-ViñaoAlbarellosUnión Fenosa

MaoLeboreiroUnión Fenosa

MaoVilasouto-MaoUnión Fenosa

EdradaEdradaUnión Fenosa

CasaioCasaioEndesa

Bacía do Limia: As Conchas e Salas.

Bacía do Navia: Salime.

Unha relación máis completa e ampliada de encoros, coas súas características máis sobresaíntes indícanse no anexo 5 e identifícanse no mapa 5.

2.4.2. Minicentrais hidroeléctricas.

O número de minicentrais hidroeléctricas de Galicia é importante, estando distribuídas en diferentes ba-

cías, sendo as máis numerosas nas do Miño-Sil e nal-

gúns ríos de Galicia-Costa.

As características que diferencian os encoros das minicentrais desde o punto de vista de riscos potenciais e de planificación de protección son a capacidade de encoramento, a altura do azude e a situación xeográfica.

As minicentrais atópanse situadas nos ríos de pequeno caudal e en zonas de difícil acceso, que minimizan o risco en caso de accidente de rotura de azude ou mal funcionamento dela.

Tamén as zonas habitables ou transitables augas abaixo da localización das minicentrais son dunhas características singulares, de tal xeito que, practicamente nunha zona de varios quilómetros augas abaixo delas non se atopan zonas de poboación e estas, se aparecen, son núcleos illados no medio rural.

O risco maior que poden presentar é o aumento brusco do caudal do río debido a que se estea turbinando para a producción de enerxía, coincidente coa presencia nas súas marxes de persoas que realicen actividades recreativas (pesca fluvial, deportes que precisen o uso de embarcacións, natación...).

A Comunidade Autónoma de Galicia promulgou unha normativa legal, pola que o titular da minicentral hidroeléctrica debe dispoñer de medios ou sistemas de aviso ós posibles usuarios no leito augas abaixo da localización da minicentral, indicando e informando dos posibles aumentos do caudal debido ás circunstancias anteriormente indicadas.

Nos anexos 6 y 7 indícanse as minicentrais hidroeléctricas existentes respectivamente en Galicia Costa e na bacía do Miño-Sil.

2.5. Caracterización xeral do clima.

2.5.1. Trazos climáticos xerais.

A Comunidade Autónoma de Galicia ocupa, como é sabido, o extremo noroccidental da Península Ibérica. Esta situación xeográfica fai que se atope sometida, polo oeste, á influencia do Océano Atlántico e, polo norte, á do Mar Cantábrico, dobre influencia que condiciona moi notablemente o clima da rexión, facendo que esta estea plenamente inserido dentro do que deu en chamarse a España húmida.

De acordo coa división da Península Ibérica en rexións climáticas establecida por I. Font, Galicia pertence enteiramente á denominada zona verde (caracterizada por un clima de tipo europeo occidental), estando atravesada pola divisoria entre as denominadas rexións marítima e semimarítima, que veñen a corresponder, respectivamente, á zona relativamente próxima ó litoral (tanto atlántico como cantábrico) e á zona interior da rexión que nos ocupa. Máis concretamente, á rexión marítima pertencen a provincia da Coruña, metade norte da de Lugo e a de Pontevedra na súa maior parte, mentres que o resto da comunidade galega pertence xa á rexión semimarítima. (A mencionada división climático-rexional da nosa península baséase fundamentalmente nos índices de continentalidade de Gorezynski e hídrico anual de Thornthwaite, así como no réxime pluviométrico).

A diferencia do que ocorre no resto da península, a rexión marítima, en Galicia, esténdese considerablemente cara ó interior, debido á orientación das Rías Baixas na fachada atlántica, que facilita a penetración dos ventos cálidos e húmidos do sudoeste, os que, á vez que achegan abundantes choivas, contribúen a amortece-las oscilacións térmicas. Pola contra, na rexión semimarítima, é maior a amplitude das oscilacións anual e diúrna da temperatura, sendo máxima a continentalidade na meseta lucense e nas terras altas de Ourense.

Por outra banda, e segundo a clasificación climática de Köppen, toda a rexión galaica caracterízase por un clima de tipo C (clima temperado-cálido), predominando, dentro del, a variedade Cfb (clima temperado húmido con verán cálido e sen estación seca), se ben algunhas áreas máis reducidas -de maior extensión nas provincias de Ourense e Pontevedra- responden á variedade Csb (clima temperado chuvioso con verán seco e cálido).

Con referencia ás características termométricas de Galicia e á vista dos mapas que figuran no Atlas Nacional de España (A.N.E., Climatoloxía; I.G.N., 1992), confeccionados a partir dos valores medios do período 1956/1985, na maior parte de Galicia a temperatura media anual presenta valores comprendidos entre 10º C e 15º C. Non obstante, este último valor é

superado nunha franxa próxima ó litoral occidental da rexión, mentres que nas zonas máis montañosas das provincias de Lugo (serras dos Ancares e do Courel) e Ourense (serras de Queixa, San Mamede, O Eixe e Segundeira), os valores do mencionado parámetro permanecen por debaixo dos 10º C (e incluso, en torno a Cabeza de Manzaneda, dentro da Serra de Queixa, os ditos valores son inferiores a 7,5º C).

O mes máis frío do ano é, xeralmente, xaneiro, no que a temperatura media -acusando os efectos da relativa continentalidade e altitude- presenta valores inferiores a 7,5º C en toda a Galicia interior, valores que descenden por debaixo dos 5º C nas súas zonas máis elevadas (acercándose xa ós 0º C nas serras de Queixa e dos Ancares). En cambio, nas zonas prelitorais da rexión o citado mes invernal presenta temperaturas máis suaves -con valores medios superiores a 7,5º C-, especialmente nas Rías Baixas, onde as medias correspondentes chegan a supera-los 10º C.

Pola súa parte, o mes máis caloroso adoita ser xullo (aínda que, nalgúns lugares, pode ser agosto), no que a temperatura media presenta os seus valores máis elevados -por riba dos 20º C- en torno ás Rías Baixas, bacía inferior do Miño e val do Sil, mentres que nas terras altas do interior da rexión (meseta luguesa e zonas montañosas de Ourense) as medias termométricas do citado mes estival mantéñense entre 15º C e 17,5º C.

Por outro lado, a amplitude media anual da oscilación térmica diaria presenta valores que van desde os inferiores a 8º C que encontramos nas zonas costeiras das provincias de Lugo e A Coruña, ata os superiores a 12º C que se dan na maior parte da provincia de Ourense (aínda que no seu tercio oriental, é dicir, na súa parte máis montañosa, os valores son algo inferiores ó último sinalado) e no bordo meridional da de Lugo.

A abundancia da nubosidade e a frecuencia das néboas fan que, en Galicia, os índices de insolación efectiva sexan relativamente baixos. Así, na maior parte da rexión, as medias de insolación están comprendidas entre as 1.800 e 2.200 horas de sol anuais. Sen embargo, non se acada o primeiro deses valores nos tercios setentrionais das provincias de Lugo e A Coruña e, en cambio, supérase a segunda cifra sinalada en torno ás rías de Pontevedra e Vigo e na bacía inferior do Miño.

Ten carácter especialmente ventoso a zona litoral comprendida entre Estaca de Bares e Fisterra, na que son frecuentes os temporais con refachos de vento que superan os 100 km/h e onde a velocidade media anual deste chega a ser de 25 km/h.

No mapa 6 indícanse os dominios climáticos de Galicia: os climas de fachada do litoral, do interior e finalmente de montaña.

Nos mapas 7.1, 7.2, 7.3 e 7.4 indícanse as precipitacións máximas nun período de retorno de 5, 25, 50, 100 e 250 anos, respectivamente.

No mapa 8 indícanse as xeadas de Galicia.

As precipitacións anuais (pluviométrico), indícanse no mapa 9, e as temperaturas medias anuais de Galicia, no mapa 10.

2.5.2. Trazos pluviométricos.

A frecuencia e abundancia das precipitacións que recibe fan que, como é ben sabido, Galicia sexa unha das rexións máis chuviosas do noso país. As ditas precipitacións distribúense de modo sensiblemente uniforme ó longo do ano, non habendo unha estación propiamente seca, pero cun mínimo ben acusado nos meses centrais do verán. Na maior parte da rexión, a precipitación anual media supera os 1.400 mm, chegando a rebordarse ós 2.000 mm nalgunhas áreas das zonas máis expostas ós ventos húmidos.

Aínda que predominan, en xeral, as choivas de carácter continuo e persistente, tamén se rexistran, con relativa frecuencia, precipitacións de carácter tormentoso, as cales -en canto á orixe das tormentas e as zonas afectadas- distribúense desigualmente, segundo a época do ano. Así, durante o verán, as tormentas adoitan ser de tipo convectivo local (tormentas de calor), sendo máis frecuentes en zonas do interior da rexión, principalmente en áreas montañosas nas que o efecto orográfico vén reforza-los ascensos convectivos. En cambio, no inverno e na primavera predominan as tormentas de tipo frontal, fenómenos que se producen con maior frecuencia en áreas próximas ás Rías Baixas e ó litoral noroccidental da rexión. É, curiosamente, nestas zonas onde, dentro de España, se rexistra o maior número anual medio de días de pedrazo (nalgúns lugares ata 15 días).

Examinando o mapa da precipitación anual media referida ó período 1956-1985 que figura no Atlas Nacional de España (A.N.E., Climatoloxía; I.G.N. 1992), podemos apreciar algúns dos trazos pluviométricos que caracterizan a rexión galega. Así, no dito mapa obsérvase que -como parte da denominada España húmida- toda Galicia está incluída dentro dunha área limitada pola isohieta de 800 mm, superándose amplamente o dito valor en case toda a rexión.

Así mesmo, podemos ver que os maiores valores de precipitación anual media se acadan dentro das zonas seguintes:

a) Zona sudoccidental da provincia da Coruña, Rías Baixas e serras prelitorais próximas a elas, onde, dentro dunha área relativamente estensa, se superan os 1.800 mm, destacando a presencia dun núcleo con máis de 2.000 mm.

A orientación de cara ó SW que esta zona presenta facilita a penetración dos eficaces sistemas frontais procedentes desa dirección, a actividade dos cales se ve reforzada pola presencia da barreira montañosa prelitoral.

b) Serra de Queixa, onde, nunha área máis reducida cá anterior, se superan, así mesmo, os 1.800 mm e, incluso, nalgúns núcleos os 2.000 mm.

c) Serra Segundeira, cunha área na que encontramos valores superiores ós 1.600 mm, que van aumentando coa altitude ata reborda-los 2.000 mm nos puntos máis elevados.

d) Serra dos Ancares, onde aparece unha área na que se superan os 1.600 mm, incluíndo un núcleo con máis de 1.800 mm, cerca do límite entre as provincias de Lugo, Asturias e León.

Estas tres últimas áreas sitúanse en zonas montañosas, con altitude superior a 1.400 m, acadándose a máxima cota (2.124 m) en Pena Trevinca (confluencia entre os límites provinciais de Ourense, León e Zamora), dentro da Serra Segundeira.

Por outra parte os valores inferiores da precipitación anual media, dentro da rexión galega, localízanse nas zonas que a continuación se indican:

1. Os valores máis baixos do mencionado parámetro -inferiores a 1.000 mm- localízanse en torno ó curso medio do río Sil, ó seu paso pola comarca de Valdeorras, así como na bacía do río Limia (sudoeste da provincia de Ourense), aparecendo tamén valores da mesma orde en parte da meseta lucense.

2. En torno ás rías de Ferrol, Betanzos e A Coruña, por una parte, así como, por outra, nas proximidades do litoral máis setentrional da rexión, encontramos sendas áreas onde a precipitación anual media presenta valores comprendidos entre 1.000 e 1.200 mm.

Estas dúas últimas áreas sitúanse dentro de zonas relativamente pouco expostas ás situacións do SW (en contraposición ó caso das Rías Baixas, ás que os ventos húmidos desa procedencia achegan gran abundancia de precipitacións), mentres que as primeiras corresponden a vales rodeados por cadeas montañosas máis ou menos notables (efectos de sombra pluviométrica).

Os datos pluviométricos de Galicia dos últimos anos, así coma as precipitacións intensas e frecuentes rexistradas nos últimos meses do ano 2000 e primeiros días de 2001 indícanse no anexo 8.

2.6. Identificación e clasificación das inundacións.

O risco é o resultado da composición da función frecuencia de que se produza unha inundación coa función vulnerabilidade e os elementos expostos ó risco.

A definición de risco debe ter en conta tanto a probabilidade de ocorrencia da inundación, coma os niveis alcanzados.

En canto ós niveis de frecuencia, seguíronse os establecidos na directriz básica:

-Zonas de inundación frecuente. Correspóndese con zonas sometidas a inundacións de período de retorno inferior a 50 anos, ou o que é o mesmo, probabilidade de sufrir unha inundación un ano calquera igual ou superior ó 2%.

-Zonas de inundación ocasional. Son aquelas zonas que sofren inundacións entre 50 e 100 anos de período de retorno, é dicir, probabilidade de inundación entre o 2% e o 1%.

-Zonas de inundación excepcional. Correspóndense con zonas inundadas con crecidas de 100 ata 500 anos de período de retorno. En termos de probabilidade de inundación, entre o 1% e 0,2%.

Cando se clasifican as inundacións hai que ter en conta sempre o período estatístico de retorno ou intervalo medio de tempo, número de anos, ó cabo do que é previsible que se produza un suceso de características dadas. En función deste criterio, tendo en conta os datos dos últimos 500 anos, as zonas que se inundan en Galicia pódense clasificar, por razóns de risco, baixo tres formas ben diferenciadas e delimitadas (ver mapa 11):

Zonas de inundación frecuente: son zonas que se inundan para enchentes de período de retorno de 50 anos. Destacan as seguintes:

A Coruña:

* As zonas ribeirás do río Sar desde o seu nacemento ata a súa desembocadura no río Ulla, con especial incidencia no concello de Santiago de Compostela.

* As ribeiras do Ulla, especialmente na súa desembocadura en Padrón.

* As ribeiras do Tambre ó seu paso polo Val do Dubra.

Lugo:

* A comarca da Terra Chá (Lachá e Fabilos), Vilalba e Begonte.

Pontevedra:

* As ribeiras do Umia, con especial importancia na zona de Caldas de Reis.

Zonas de inundación ocasional: son zonas inundables para enchentes de período de retorno entre 50 e 100 anos. Hai que destacar:

A Coruña:

* A zona da ría de Ferrol que comprende o contorno de Ferrol e o termo municipal de Neda no río Belelle.

* Ámbalas marxes do curso baixo do Mandeo, incluíndo o termo municipal de Betanzos na súa desembocadura na ría do mesmo nome.

* Curso do río Anllóns ó seu paso por Carballo e Ponteceso.

* As zonas ribeirá dos cursos baixos do Tines e o Donas no contorno municipal de Serra de Outes.

Lugo:

* As zonas ribeirá do Miño ó seu paso pola cidade de Lugo.

* O río Támega ó seu paso polo termo municipal de Cospeito.

* O río Azúmara nos termos municipais de Castro de Rei e Pol.

* Os ríos Miño, Pequeno e Madanela na zona de Pastoriza e Castro de Ribeiras de Lea.

* O río Landro no termo de Viveiro, especialmente na localidade de Landrove.

* O río Eo ó seu paso pola Pontenova.

* O río Cabe ó seu paso por Monforte de Lemos.

Ourense:

* Ámbalas marxes do río Avia desde o encoro de Albarellos ata a súa desembocadura no Miño, especialmente nos termos municipais de Leiro e Ribadavia.

* O río Sil na confluencia co Casoio, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras.

* As marxes do Támega no seu paso polos termos municipais de Monterrei, Castrelo do Val, Verín e Laza.

* As marxes do Limia ó seu paso polos termos municipais de Xinzo de Limia e Sandiás.

Pontevedra:

* As zonas ribeirás do Umia, agás Caldas de Reis.

* Ámbalas marxes dos cursos dos ríos Verdugo e Oitavén, nos contornos de Ponte Caldelas e Fornelos de Montes ata a desembocadura en Arcade.

* O contorno do río Lagares en Vigo.

* Ambas ribeiras do río Tea ó seu paso polo termo municipal de Ponteareas.

* Augas abaixo do río Zamáns despois do encoro do mesmo nome ata o núcleo de Gondomar.

Zonas de inundación excepcional: son aquelas zonas inundables para enchentes de período de retorno entre 100 e 500 anos. Hai que destacar:

A Coruña:

* As zonas ribeirás do río Forcadas, desde o encoro das Forcadas ata a súa desembocadura na ría de Cedeira.

* O curso medio do Eume entre os encoros da Ribeira e do Eume.

* Ámbalas marxes do río Eume entre o encoro do mesmo nome ata a súa desembocadura en Pontedeume.

* As dúas ribeiras do curso baixo do Mero, desde Cambre ata a súa desembocadura no Atlántico.

* Ámbalas marxes do Seixedo, desde augas abaixo do encoro do Rosadoiro ata a desembocadura no Atlántico (Arteixo).

* Ámbalas marxes do Xallas, desde o encoro de Fervenza ata a súa desembocadura.

* O río Tállara no termo municipal de Noia ata a súa desembocadura na ría de Muros e Noia.

* Ambas ribeiras do curso baixo do Tambre, desde o encoro de Barrié da Maza ata a súa desembocadura na ría de Muros e Noia.

* As ribeiras do curso medio do Ulla, desde o encoro de Portodemouros ata o río Pereiro (Vedra).

Lugo:

* Ambas ribeiras do río Sarria, entre Samos e Sarria.

* O río Miño no tramo comprendido entre os encoros de Velle e Belesar.

* Os ríos Mao e Cabe desde o encoro de Vilasouto ata a súa desembocadura no Sil.

Ourense:

* As ribeiras do Sil entre os encoros de Santiago e Santo Estevo, incluíndo o río Bibei.

* O río Edo ó seu paso polo termo municipal de Castro Caldelas.

* As ribeiras do Miño, entre os encoros de Velle e A Frieira, así como o curso desde o encoro de Cachamuíña ata a súa chegada en Ourense.

* As ribeiras do Arenteiro no seu paso polo termo municipal do Carballiño.

* As ribeiras do Limia desde o seu paso por Xinzo de Limia.

* O río Arnoia ó seu paso por Baños de Molgas, Allariz e Celanova.

Pontevedra:

* As ribeiras do Lérez no seu curso baixo.

* As ribeiras do Oitavén, desde o encoro das Eiras ata a súa unión co Verdugo, ata a desembocadura.

* As zonas ribeirás do Louro, desde Mos ó Porriño.

* As zonas ribeirás do Miño augas abaixo do encoro da Frieira ata a súa desembocadura.

Na década dos anos 1990-2000 (últimos 10 anos) tiveron lugar diversos episodios de inundacións; os máis significativos e recentes tiveron lugar a finais do ano 2000 (decembro) e principios do ano 2001 (xaneiro).

Seguidamente, indícanse os concellos que tiveron ultimamente inundacións en Galicia. (Ver mapa 12).

Galicia-Costa:

Provincia de Lugo:

Viveiro: desbordamento na desembocadura do río Masma.

Provincia da Coruña:

Betanzos: zonas próximas ó río Mandeo; Cambre: augas abaixo do encoro de Cecebre; Val do Dubra, desbordamento dos ríos Dubra e Tambre ó seu paso polo concello; Oroso (Sigüeiro); concellos de Carnota, Muros, Noia, A Pobra do Caramiñal (e en xeral os da comarca do Barbanza). Desbordamento do río Sar: concellos de Padrón, Rois, Brión, Ames e Bertamiráns; anegamentos nos concellos de Negreira, Carballo, Tordoia, Zas, Dodro e Arzúa; desbordamento do río Ulla: concellos de Teo, Vedra, A Estrada e Padrón.

Provincia de Pontevedra:

Pontecesures: desbordamento do río Ulla; Valga: desbordamento do río Valga; Cuntis e Caldas de Reis: desbordamento do río Umia e os seus afluentes; anegamentos na comarca do Salnés; río Lerez (ó seu paso por Pontevedra); anegamentos no concello de Redondela; Vigo: desbordamento do río Lagares; anegamentos no concello de Gondomar.

Miño-Sil:

Provincia de Lugo:

Desbordamento do Miño en Lugo capital; o río Eo ó seu paso pola Pontenova; anegamentos na Terra Chá; río Sarria (Sarria e Samos); río Cabe ó seu paso por Monforte de Lemos.

Provincia de Ourense:

Ourense cidade: desbordamento do Miño; comarca do Ribeiro: desbordamento do Avia (desde o encoro de Albarellos ata o Miño); O Carballiño (río Arenteiro).

Provincia de Pontevedra:

Ponteareas: desbordamento do Tea; Salvaterra do Miño e Tui: desbordamento do Miño.

Támega:

Desbordamento na comarca de Verín: concellos de Laza, Verín, Oímbra e Monterrei.

Limia:

Desbordamento na comarca do Limia (Xinzo de Limia principalmente).

2.7. Tipoloxía das inundacións.

Ó se-los plans de protección civil documentos continuamente revisables, os estudios que se elaboren sobre zonas inundables deberán ir conformando, completando e, nalgúns casos, modificando a base teórico-práctica sobre a que hoxe en día se apoia o estudio da análise de risco deste plan.

A incorporación de datos resultantes de novos estudios sobre a inundabilidade do territorio, así como para a actualización dos datos existentes sobre zonas inundables e a vulnerabilidade territorial, farase no seo da Comisión Galega para o Risco de Inundacións e Situacións de Seca (Decreto 56/2000, artigo 46 e seguintes), que colaborou activamente na elaboración deste plan especial, e posteriormente emitirá informe sobre a Comisión Galega de Protección Civil (CGPC).

A información territorial básica para a análise de risco está dispoñible no Centro de Coordinación Operativa: Cecop: Cecop-Galicia (Centro de Emerxencias 112 SOS-Galicia), onde se especifican o asentamento, litoloxía, principais usos do solo e datos básicos da bacía. Tamén se dispón da análise hidráulica que determina as capacidades dos leitos e, en consecuencia, os puntos de desbordamento e as áreas inundables, todo iso para cada período de retorno (50, 100 e 500 anos). Os ditos datos son os utilizados en caso necesario polo Cecop-Galicia para a mellor operatividade do plan especial.

Polo que respecta ós puntos de información foronómica e pluviométrica, están contidos na base de datos para a xestión de emerxencias por inundacións dispoñible no Cecop-Galicia (112).

Unha inundación prodúcese cando a capacidade de desaugamento do territorio é insuficiente (ou incluso nula) fronte a unhas precipitacións importantes sobre a bacía de drenaxe. Esta menor capacidade de desaugamento pode ter motivos naturais, ou ser causada por accidentes con orixe independente da actividade

antrópica, ou estar inducida polo home mediante a ocupación parcial ou total do leito fluvial.

Nunha inundación os elementos de risco son as poboacións ou núcleos habitados, as edificacións, obras de enxeñería civil, actividades económicas e servicios públicos que se atopan en perigo nunha determinada zona xeográfica.

As inundacións poden ter diferente orixe:

a) Inundacións debidas a choivas in situ.

b) Inundacións producidas polos desbordamentos dos ríos, potenciados por:

* Precipitacións: intensas en curto período de tempo; prolongadas durante un certo tempo; acumulativas nun determinado espacio de tempo.

* Fusión da neve ou desxeo.

* Obstruccións dos leitos naturais ou artificiais.

* Invasión dos leitos, aterramentos ou dificultade de drenaxe.

* Acción das mareas.

c) Inundacións ocasionadas pola rotura de presas ou a incorrecta manipulación da infraestructura hidráulica.

Para efectos da planificación de Protección Civil ante este tipo de sucesos, hai que considerar como áreas de perigo de inundacións aquelas zonas que ó longo do rexistro histórico se viron afectadas por este fenómeno, así como outras que aínda que non suxerisen nunca unha inundación, están potencialmente expostas a este risco, de acordo cos estudios técnicos realizados.

Os períodos de retorno das inundacións teñen un valor relativo, nalgúns casos non se volveron producir debido á realización de obras de infraestructura que tiveron como efecto que non volveran acontecer en determinados lugares este tipo de episodios.

Como exemplo podemos citar a canle de derivación feita en Padrón (A Coruña) onde o río Sar producía inundacións que tiñan como consecuencia perdas materiais. Desde o ano 1991 en que entrou en funcionamento a citada canle de derivación non se volveu producir ningún episodio de inundacións no núcleo urbano de Padrón.

Da mesma forma a construcción de determinadas presas permite controla-las enchentes dalgúns ríos.

Por outro lado hai outras que poden interferir na ocorrencia de inundacións, como son: construccións en canles, travesía de ríos, etc.

Tamén en Galicia se producen inundacións puntuais en determinadas zonas costeiras motivadas polas mareas debido a que se cegaron ou derivaron pequenos regatos ou efluentes que vertían ó mar, ó realizar obras de infraestructura e edificacións ou canalizacións.

Indicar tamén que a mediados da década dos anos 90 tivo lugar un episodio de gota fría na comarca de Muros (A Coruña), cunha crecida rápida dos pequenos ríos e efluentes que finalizaban no mar. As inun

dacións foron importantes en toda a comarca con especial incidencia no núcleo urbano de Muros, motivadas polas fortes precipitacións en moi curto espacio de tempo e a achega rápida de auga recollida en zonas altas das montañas próximas.

Salvo algún caso de inundación puntual por unha precipitación intensa moi forte en curto período de tempo, as inundacións que teñen lugar en Galicia sempre van precedidas de períodos de choiva continua en períodos de tempo longos e un ou varios días a continuación con fortes precipitacións en períodos de tempo curtos.

Polo que neste plan especial se van ter en conta as inundacións dos últimos anos, zonas potencialmente inundables, co obxecto de establece-lo sistema de aviso, prevención, organización e coordinación en casos de emerxencia.

2.8. Zonas e mapa de risco histórico de inundacións.

As zonas de risco histórico de inundacións considéranse para un período de retorno de 500 anos. A análise é basicamente unha síntese do traballo realizado pola Comisión Técnica de Inundacións (CTEI 1983) para a Comunidade Autónoma de Galicia. O resumo de inundacións de Galicia neste período de retorno indícase seguidamente, e con máis detalle indícase no anexo 9.

AnoMesRíoLocalidades afectadas

1584InvernoMandeoBetanzos

1595AbrilEumePontedeume

1656SetembroMiñoVentosela, Castrelo

1683MarzoEumePontedeume

1684NovembroMareaA Coruña

1724DecembroTemporal MariñoA Coruña

1782XaneiroEumePontedeume

1804MaioEumePontedeume

1811MaioEumePontedeume

1870XaneiroEumePontedeume

1909DecembroMiño, Sil, UllaLugo, Tui, Sobradelo, Padrón

1909DecembroMareaA Coruña

1914DecembroLagaresVigo

1914DecembroUlla, Sar, TeaPadrón, Ponteareas

1935FebreiroSilSobradelo e zonas próximas

1939XaneiroSil, Lérez, Ulla, Alvedosa, Miño, LagaresSobradelo, O Burgo, Redondela, Tui, Vigo, Padrón

1947FebreiroMiño, Ulla, SilSantiago de Compostela, Padrón, Pontevea, Sobradelo

1959DecembroSil, Sar, Ulla, Mazuzo, Verdugo, MiñoOs Peares, Padrón, Pontecesures, Arzúa, Ponte Caldelas, Salvaterra, Porto

1962MarzoSil, CasoioSobradelo, Casoio, Lardeiras

1970XaneiroTea, Miño, UllaPonteareas, Vigo, Padrón

1972FebreiroLouro, Lagares, TeaO Porriño, Vigo, Ponteareas

1976DecembroLagaresVigo

AnoMesRíoLocalidades afectadas

1978DecembroParada, Chaín, Miño, Sarria, Arenteiro, AviaFornelos de Montes, Portas, Lugo, Sarria, O Carballiño, Leiro, Ribadavia

1978DecembroTambre, Sar, Lagares, LérezPadrón; Rois; Dodro; Santiago; Vigo; Pontevedra; Redondela

1989DecembroCambre; Mero; Tambre; Dubra; Anllóns; Ulla; Umia; Zamáns; Ladra.O Vicedo; Betanzos; Cambre; Carballo; Brión; Ames; Tordoia; Negreira; Noia; Padrón; Caldas De Reis; Vigo; Gondomar e outros.

1994NovembroRíos e regatos que desembocan nos concellos afectados.Carnota, Muros, Outes, Mazaricos

1995DecembroLadra; Miño; Sar; Támega; Arnoia.Terra Chá; Lugo; Caldas De Reis; Barbanza; Ribadavia; Verín; Padrón; Mazaricos; Outes; O Barco De Valdeorras; Tui.

2000Novembro e decembroBacías de Galicia Costa (Sar, Ulla, Umia, Tambre, Mero); Miño-Sil; Támega; Ladra; Zamáns...Numerosísimas nas catro provincias galegas.

2001XaneiroBacías Galicia-Costa (Sar; Ulla; Umia; Tambre; Mero; Limia; Tea...); Miño-Sil; Arnoia.Numerosísimas nas catro provincias galegas.

Mapa de risco histórico de inundacións. O mapa de risco histórico de inundacións (mapa 13) confecciónase a partir dos datos indicados anteriormente, sinalando nel as situacións nas que se produciron víctimas e os puntos nos que tiveron lugar polo menos dúas inundacións importantes.

2.9. O risco de inundacións en Galicia.

2.9.1. Antecedentes.

As inundacións son un aspecto importante nas relacións clima-auga e territorio e un problema importante na xestión dun recurso que ocasionalmente pode dar lugar a sucesos catastróficos.

En Galicia desencadéanse inundacións en áreas cunhas particularidades xeomorfolóxicas, xeolóxicas e edáficas (substratos permeables) que as fan especialmente susceptibles.

A pesar da frecuencia de precipitación na fachada atlántica (a terceira parte dos días do ano poden considerarse como chuviosos) e dunha certa homoxeneidade nos mecanismos atmosféricos implicados, algúns períodos chuviosos teñen que considerarse como de elevada precipitación. Esta situación débese a unha alta intensidade pluviométrica en períodos curtos de tempo, ou a unha duración prolongada do período chuvioso que comporta unha alta achega global.

Dos diferentes tipos nos que se pode clasifica-la orixe das precipitacións, os que en Galicia poden dar lugar a precipitacións intensas son:

a) Precipitacións ó paso de borrascas -tipo ciclónico.

b) Precipitacións convectivas.

Sen entrar en detalle, podemos asegurar que arredor do 85 ó 90% da precipitación que se rexistra en Galicia é de tipo ciclónico e a maior parte ocorre ó paso dos sistemas frontais asociados ás borrascas que ó longo de case todo o ano cruzan Galicia, sobre todo entre os meses de outubro a marzo.

A precipitación debida a núcleos convectivos, que non estean asociados á circulación ciclónica, é soamente significativa durante o verán e máis nas zonas do interior que nas costeiras.

En Galicia, as inundacións desencadéanse por razóns puramente climáticas; requiren unha cuantiosa achega de precipitación. A partir de aquí entran en xogo outra serie de factores (achegas hídricas en días anteriores, drenaxe, mareas vivas, como as máis notables e importantes). Exemplos típicos de precipitacións de alta intensidade poden ser de 120 litros metro cadrado en 24 horas.

A maior parte das inundacións en Galicia veñen precedidas dun período prolongado de chuvias anteriormente e fortes precipitacións nun ou varios días. As zonas nas que se producen inundacións repítense con relativa frecuencia.

2.9.2. Bacías. Criterios. Zonas de risco.

Para a avaliación do risco tense en conta:

Perda de vidas humanas.

Afectación de:

* Vías de comunicación.

* Infraestructuras de abastecemento e saneamento de augas.

* Infraestructura urbana.

* Infraestructura do abastecemento de enerxía.

* Redes de rego e drenaxe.

* Infraestructura de telecomunicacións.

* Industrias.

* Áreas agropecuarias.

O coeficiente empregado en cada zona seleccionouse, entre os valores que se indican posteriormente, en función da frecuencia observada nas inundacións históricas, cando este é o caso, e da propia probabilidade de que se produza o fenómeno, no resto das zonas, á vista dos datos dos parámetros hidrolóxicos. É evidente que, a fin de contas, o valor final elíxese cunha porcentaxe importante de subxectividade. Os catro valores utilizados son os que se indican a continuación:

Tipo de inundaciónCoeficiente

Normal; períodos de retorno da orde de 50 a 100 anos1

Extraordinaria; períodos de retorno superiores0,5

Frecuente; períodos de retorno inferiores1,5

Accidentes en encoros0,05

Os criterios, e os coeficientes de risco obtidos para cada bacía indícanse no anexo 10.

A continuación indícanse resumidamente os coeficientes de risco por conca.

Coeficientes de risco por bacía (c. risco).

BacíaC. riscoBacíaC. riscoBacíaC. risco

Medio do Eo0,5Medio/baixo Umia1,5Arnoia0,5

Curso do Masma0,5Alto Verdugo. Oitavén0,5Miño (Cast-Frie)0,5

Curso do Covo (Río Covo)0,05Baixo Oitavén. Eiras0,05Medio Avia (Albarellos)1,0

Curso do Landro0,5Vigo (Lagares)1,0Baixo Miño1,0

Curso do Sor0,5Encoro de Zamáns0,05Tea (Ponteareas)1,0

As Forcadas0,05Miño. Lugo1,0Louro (O Porriño)1,0

Ría de Ferrol1,0Sarria0,5Limia (Xinzo)1,0

Curso medio Eume0,05Ladra. Terra Chá1,0Limia e Salas0,05

Curso baixo Eume0,05Neira0,5Támega (Verín)1,0

Curso baixo Mandeo1,0Miño (Belesar-Velle)0,05

Curso baixo Mero0,05Sil (Penar-Pumar)0,05

Curso Seixedo0,05Casoio0,5

Curso Anllóns0,5Sil (Puma-Stgo)0,05

Curso Xallas0,5Sil (Stgo -S. Este)0,05

Baixo Tines/Donas0,5Cabe1,0

Medio Tambre1,5Edo0,5

Baixo Tambre0,05Sil (Seq-S. Este)0,05

Sar1,5Miño (Pear-S. Ped)0,05

Medio/baixo Ulla0,5Miño (Our-Velle)1,0

En función dos episodios que tiveron lugar nos últimos anos e da actual experiencia indícanse seguidamente as zonas de inundacións potenciais (ver mapa 14).

Galicia-Costa.

Curso dos ríos:

Provincia de Lugo: Landro (curso final).

Provincia da Coruña: Mandeo; Mero; Anllóns; Tambre; Sar e Ulla.

Provincia de Pontevedra: Umia, Lagares e Zamáns.

Miño-Sil.

Curso dos ríos:

Provincia de Lugo: Miño ó seu paso pola capital; Sarria; Ladra (Terra Chá).

Provincia de Ourense: Miño ó seu paso pola capital; Avia (Comarca de Ribadavia).

Provincia de Pontecedra: Tea (Ponteareas) e Louro (O Porriño).

Limia e Támega.

Ós seus pasos respectivos polas comarcas de Limia e de Verín.

2.9.3. Concellos/ríos. Criterios. Zonas de risco.

Clasificáronse como zonas de risco alto, significativo (risco medio) e risco baixo, tendo en conta o tipo de uso do solo ou os elementos en risco afectados.

Os datos obtidos clasificáronse por concellos presentándose as superficies afectadas por cada tipo de risco, todo isto para cada unha das zonas inun

dables en función da orixe da inundación que afecta o concello.

A presentación cartográfica realízase no nivel de Galicia e en mapas provinciais. (Mapas 15; 15.1; 15.2; 15.3 e 15.4), con diferente tipo de información.

Finalmente, e para avalia-lo grao de risco de cada concello, inclúese a análise do que se definiu como impacto: dano medio que potencialmente poden produci-las inundacións. O proceso de avaliación descríbese a continuación.

Categorías dos danos producidos pola inundación:

a) Danos directos:

* Danos sobre propiedades, infraestructuras e contidos almacenados que son afectados pola lámina de inundación.

* Custos de intervención no control da enchente, evacuación de poboacións afectadas, abastecementos de emerxencia, etc.

b) Danos indirectos, de difícil avaliación económica como:

* Danos producidos pola interrupción temporal do servicio de infraestructuras e servicios públicos sobre poboacións non directamente afectadas pola inundación.

* Danos secundarios producidos pola interrupción da actividade económica.

* Custo de incerteza asociado á frecuencia e repetición de fenómenos catastróficos sobre unha mesma zona.

c) Danos intanxibles non traducibles en termos monetarios ligados a aspectos sociais e culturais provocados pola alteración das condicións de vida nas zonas afectadas.

Estes danos por unidade de superficie son maiores ou menores en función da magnitude da inundación e da vulnerabilidade do territorio, de tal maneira que pode falarse de curvas de danos en función da magnitude.

Existen diversos aspectos relacionados coa magnitude que inciden nos danos finais como son a altura da auga acadada, a velocidade do fluxo, a duración da inundación, a maior ou menor presencia de sedimentos. Para o estudio de inundabilidade, só se ten en conta a altura da lámina de auga.

En canto á vulnerabilidade do territorio, esta depende fundamentalmente da tipoloxía de uso que teña e da súa intensidade, aínda que en realidade sempre existen particularidades que fan os danos moi distintos dentro dunha mesma categoría.

Avaliación da vulnerabilidade:

a) Usos residenciais. A porcentaxe de dano para cada tipoloxía de uso e calado da auga obtívose das curvas de vulnerabilidade utilizadas pola Federal Insurance Agency Norteamericana, mentres que o valor por metro cadrado adoptado é función da densidade de edificación.

b) Usos industriais. Mesmas consideracións pero distinguindo só alta e baixa densidade de uso.

c) Usos comerciais. Para o seu cálculo considerouse a oferta comercial de cada concello e que os comercios se reparten uniformemente no uso residencial. O resultado é un factor maior dos danos producidos nos usos residenciais e que depende do concello.

d) Usos agrícolas. A estimación de danos elaborouse tendo como referencia os valores das primas base establecidas nos seguros agrarios. Nos danos agrícolas non se fixo distinción en función do calado acadado.

e) Usos de acuicultura. A estimación de danos elaborouse tendo como referencia os valores dos cultivos.

Estes danos, que se avalían en termos monetarios, dimensionáronse entre os valores 0 e 1. Para a avaliación do risco en cada concello e para os efectos do presente plan especial, non se tomaron en conta os danos agrícolas, nin en acuicultura.

Factor de danos indirectos:

Para cada concello obtense un factor de danos indirectos (variable entre 1 e 1,55) en función dos seguintes factores:

a) Poboación total do termo municipal.

b) Porcentaxe da superficie afectada pola inundación.

c) Densidade de poboación.

d) Número de entidades de poboación.

e) Valor e composición do parque de vivendas.

f) Entidade dos sectores productivos localizados.

g) Porcentaxe de poboación activa ligada á agricultura.

Avaliación do impacto:

Con todo o anterior pódese avalia-lo dano producido por unha inundación concreta nunha parte do territorio. Sen embargo, en realidade o que se pretende é calcula-lo dano medio que provocan as inundacións ó longo do tempo, é dicir, o impacto de risco de inundación. Para iso hai que introduci-la frecuencia con que se producen as inundacións, de tal maneira que o impacto por unidade de superficie (D) obtense como o producto seguinte:

D= VxFxIxC

Onde:

V= vulnerabilidade en función do uso do solo e do risco de inundación (en realidade só da magnitude).

F= factor de frecuencia, que é función do risco de inundación (en realidade só da frecuencia).

I= factor de danos indirectos, que depende do concello.

C= factor de danos nos comercios, que depende do concello e só é distinto de I nos usos residenciais.

A partir dos datos obtidos, estableceuse o grao de risco municipal diferenciando alto, medio e baixo, en función dos danos esperados. Así mesmo, tivéronse en conta os datos dispoñibles sobre inundacións históricas para o establecemento do dito nivel de risco.

2.9.3.1. Zonas A, de risco alto.

Son aquelas nas que as crecidas de 50, 100 ou 500 anos producirán graves danos a núcleos de poboación importantes. Tamén se consideran incluídas aquelas nas que a crecida de 50 anos produciría danos a vivendas illadas ou a instalacións comerciais/industriais e ós servicios básicos.

Pola súa vez clasifícanse en tres subgrupos:

A1: risco alto frecuente: enchentes de 50 anos producirán graves danos a núcleos urbanos.

A2: risco alto ocasional: enchentes de 100 anos producirán graves danos a núcleos urbanos.

A3: riscos alto excepcionais: enchentes de 500 anos producirán graves danos a núcleos urbanos.

A1: risco alto frecuente:

Río Tambre (augas arriba da cola do encoro Barrié de la Maza, zona de Portomouros e o curso do río Dubra e os seus afluentes). Concello de Val do Dubra.

Río Sar (dende Santiago de Compostela ata Padrón). Concellos de Santiago de Compostela; Ames; Brión; Rois e Padrón.

Río Ulla (curso baixo desde o encoro de Portodemouros ata Pontecesures). Concellos de Vedra; Teo; A Estrada; Pontecesures; Padrón.

Río Umia (Caldas de Reis. Afluentes que verten ó Ulla en Caldas de Reis). Concello de Caldas de Reis.

A2: risco alto ocasional:

Río Cambre (augas abaixo do encoro de Cecebre). Concello de Cambre.

Río Avia e os seus afluentes. (Desde o encoro de Albarellos ata a desembocadura do Avia no Miño). Concellos de Ribadavia e Leiro.

Río Miño e os seus afluentes na zona próxima á desembocadura: Tui e Salvaterra do Miño.

A3: risco alto excepcional:

Lugo cidade (zonas pretas ó río Miño). Concello de Lugo.

Ourense cidade (zonas pretas ó río Miño). Concello de Ourense.

Río Mandeo (ó seu paso por Betanzos). Concello de Betanzos.

Río Tea (Ponteareas). Concello de Ponteareas.

Río Louro. Concello do Porriño e Mos.

Río Zamáns (desde o encoro de Zamáns ata Gondomar). Concello de Gondomar.

Río Cabe. Concello de Monforte de Lemos.

Río Támega. Concello de Verín.

Río Limia. Concello de Xinzo de Limia.

2.9.3.2. Zonas B, de risco significativo.

Son aquelas non coincidentes coas zonas A, nas que as crecidas dos 100 anos producirían impactos nas vivendas illadas e as crecidas de período de retorno superior ós 100 anos, danos significativos a instalacións comerciais, industriais e/ou servicios básicos. Destacan:

Río Anllóns (ó seu paso por Carballo e Ponteceso). Concellos de Carballo e Ponteceso.

Río Tambre (no seu curso medio-alto). Concellos de Frades, Oroso e Trazo.

Río Ulla (curso medio, antes de chegar a Caldas de Reis). Concellos de Silleda, A Estrada e Cuntis.

Río Ulla (curso baixo). Concellos de Portas e Ribadumia.

Río Lérez (curso baixo). Preto a Pontevedra. Concellos de Campo Lameiro e Pontevedra.

Río Verdugo e Oitavén (curso baixo). Concellos de Ponte-Caldelas, Soutomaior e Redondela.

Río Lagares. Concello de Vigo.

Río Ladra e os seus afluentes (Terra Chá). Concellos de Vilalba, Begonte e Cospeito.

Río Sarria. Concellos de Sarria e Samos.

Río Eo. Concello da Pontenova.

Río Arenteiro. Concellos de Piñor e O Carballiño.

Río Landro. Concello de Viveiro.

Río Támega (Comarca de Verín). Concellos de Monterrei, Oímbra, Castrelo do Val e Laza.

Río Cabe (Comarca de Lemos). Concellos de Pantón, Monforte de Lemos, Bóveda e A Pobra de Brollón.

Río Miño. Concellos de Ribas de Sil (Lugo) e Tui (Pontevedra).

Río Arnoia. Concellos de Allariz, Baños de Molgas e Vilar de Barrio.

Río Sil. Concellos do Barco de Valdeorras, A Rúa, Rubiá e Ribas de Sil.

2.9.3.4. Zonas C, de risco baixo.

Son aquelas non coincidentes coas zonas A e B, nas que as crecidas dos 500 anos producirían impactos nas vivendas illadas e as crecidas consideradas nos mapas de inundación, danos pequenos a ins

talacións comerciais, industriais e/ou servicios básicos. Destacan:

-Determinados ríos que desembocan na fachada Cantábrica e Atlántica (bacía Galicia-Costa) non incluídos anteriormente.

-Concellos de: Barreiros; Cervo; Ortigueira; Cedeira; Narón; Ferrol; Dumbría; Carnota; Muros; Serra de Outes; Noia; Ribeira; A Pobra do Caramiñal; Boiro; Rianxo; Valga; Vilagarcía de Arousa; Vilanova de Arousa; Meis; Meaño; Sanxenxo; Vilaboa; Nigrán e Baiona.

-Concellos interiores da provincia da Coruña: As Somozas; Cerdido; Coristanco; Santa Comba; A Baña; Mazaricos e Curtis.

-Concellos interiores da provincia de Pontevedra: A Lama.

-Bacías do Deza e curso alto do Ulla: concellos de Arzúa; Santiso; Melide; Toques; Vila de Cruces; Lalín e Agolada.

-Ríos que achegan á bacía do Miño-Sil (non incluídos anteriormente nos puntos 2.9.3.1. e 2.9.3.2.).

-Concellos de: Arbo; Crecente; As Neves; Cortegada; Arnoia; Piñor; Toén; Coles; Carballedo; Chantada; Monterroso; Guntín; Friol; Guitiriz; Castro de Rei; Rábade; Outeiro de Rei; Abadín; A Pastoriza; Pol, Baralla; Vilamartín de Valdeorras; Quiroga; Sober; Castro Caldelas e Viana do Bolo.

-Río Limia: concellos de Sandiás; Porqueira, Trasmiras e Lobios.

As zonas que sofren frecuentemente inundacións en Galicia son os seguintes núcleos de poboación, concellos e/ou comarcas.

Provincia de Lugo:

Terra Chá. (Concellos da comarca, con especial incidencia os de Vilalba, A Pastoriza, Meira, Castro de Rei e Cospeito).

Viveiro.

Lugo cidade, Outeiro de Rei e Begonte.

Sarria e Samos.

A Pontenova.

Monforte de Lemos.

Provincia da Coruña:

Concellos de: Betanzos, Cambre, Carballo, Val do Dubra, Oroso, Brión, Ames, Rois, Padrón, Teo, Vedra e Santiago de Compostela.

Provincia de Pontevedra:

Concellos de: Pontecesures, Valga, Cuntis, Caldas de Reis, Gondomar, O Porriño, Ponteareas, Ponte Caldelas, Salvaterra do Miño e Tui.

Provincia de Ourense:

Comarcas da Limia, de Verín e do Ribeiro.

Ourense capital.

2.9.4. Criterios para encoros.

Así mesmo, en función do risco potencial que poida derivarse da posible rotura ou funcionamento incorrecto de cada encoro, faise unha clasificación deste dentro de tres categorías mediante resolución do organismo competente en materia hidráulica. Xenericamente clasifícanse en:

Categoría A: correspóndelle a aqueles nos que unha rotura ou funcionamento incorrecto poida afectar gravemente os núcleos urbanos ou servicios esenciais, ou producir danos materiais ou ambientais moi importantes.

Categoría B: correspóndelle ós que unha rotura ou funcionamento incorrecto pode ocasionar danos materiais ou ambientais importantes ou afectar un reducido número de vivendas.

Categoría C: son aqueles encoros nos que unha rotura ou funcionamento incorrecto poida ocasionar danos materiais ou ambientais moderados e só ocasionalmente perdas de vidas humanas. En todo caso nesta categoría soamente os encoros non incluídos nas categorías A e B.

No mapa 16 indícanse as zonas de risco dos encoros de Galicia.

2.10. Risco de inundacións: superficie, usos solo e poboación afectada.

2.10.1. Superficie.

A superficie de Galicia para efectos de inundabilidade é de 29.576 quilómetros cadrados. Como resultado do estudio realizado a superficie inundable cun risco que hai que considerar desde a planificación de protección civil non supera o 0,20% do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste cálculo non se ten en conta nin a rede de leitos, nin a de encoros, nin a de minicentrais hidroeléctricas, as que tal como se indica neste plan especial son zonas unhas de alto risco e outras de risco significativo, as que aproximadamente poden supoñer un 0,59% adicional en relación á superficie total da comunidade.

A maior parte da superficie con risco de inundación sitúase no sur da provincia da Coruña, na fachada Atlántica da provincia de Pontevedra, no norte da provincia de Lugo e na zona sudoccidental da de Ourense.

A bacía do río Miño-Sil, xa pola súa extensa lonxitude e polos seus caudais representa a de maior risco, incluíndo na mesma algúns afluentes como o Avia, o Cabe, o Ladra, o Sarria, o Neira, o Lor, o Arnoia e o Tea.

Na bacía Galicia-Costa destacan sobre o resto como os de maior risco os leitos dos ríos Lagares, Lérez, Mandeo, Mero e fundamentalmente os do Umia, Ulla, Sar e Tambre.

Tendo en conta as condicións climatolóxicas de Galicia, as zonas de maior pluviosidade, o relevo da Comunidade Autónoma e as zonas de inundación frecuentes son as que coinciden coas de maior pro

babilidade de pluviosidade. As provincias costeiras da Coruña (con maior intensidade ó sur da provincia) e de Pontevedra son zonas máis facilmente inundables que as do interior de Ourense e de Lugo, agás as depresións e vales destas.

2.10.2. Usos do solo inundable en función do risco.

A superficie total de Galicia para efectos de inundabilidade é de 29.576 km, repartidos por provincias: A Coruña 7.964 (26,9%); Lugo 9.850 (33,3%); Ourense 7.265 (24,6%) e Pontevedra 4.498 (15,2%).

Delas aproximadamente o 19,19% está dedicada ó cultivo, o 13,20% a pastos e prados, o 65,80% a terreo forestal (39,58 ó forestal arborado e 25,22 ó desarborado) e o 2,81% é improductivo (entre os que se atopan ríos e lagos).

Os resultados aproximados de superficies inundables en función dos usos do solo, clasificados en tres grandes grupos: zonas urbanas, zonas agrícola-forestais e outras zonas non incluídas nos epígrafes anteriores (praias, dunas, areais, marismas, ríos, lagos e lagoas) indícanse a continuación:

Superficie total (km)Superficie inundable (km)

UrbanaAgr./gand./for.OutrasTotalUrbanaAgr./gand./for.OutrasTotal

A Coruña2727.5861067.9640,3914,150,1314,67

Lugo609.744469.8500,1812,200,0612,44

Ourense597.132747.2650,261,100,099,45

Pontevedra1733.280414.4980,3113,150,0813,54

Galicia56427.74226722.7561,1448,600,3650,10

%1,9197,21,90100

Do cadro dedúcese que as zonas máis inundables (as de maior vulnerabilidade) son as clasificadas como agrícola-forestais.

Por provincias obtense que as superficies de inundabilidade non son moi dispares, aínda tendo en conta a diferente proporción de superficie das catro.

2.10.3. Poboación afectada.

Para coñece-la poboación afectada por inundacións pártese do censo de 1999 e realízase o cálculo en función das zonas inundables en núcleos urbanos, así como no medio rural galego.

Habitantes.

GaliciaA CoruñaLugoOurensePontevedra

Poboación

1999

2.727.3371.108.980366.934345.620908.803

Poboación

afectada

130.50052.60014.20018.50045.200

% poboación

afectada

4,784,743,875,354,97

Os resultados aproximados do número de habitantes residentes en zonas inundables en Galicia é superior ós cen mil habitantes e representan o 4,78% de poboación que se atopa sometida a un risco apreciable por inundación.

2.10.4. Concellos con risco.

Dun total de 315 concellos de Galicia, resultaron con risco de inundacións aproximadamente a metade. O detalle pormenorizado dos concellos con risco alto, medio e baixo indícase no anexo I, e un resumo destes indícase de seguido.

Concellos con risco.

AltoMedioBaixoTotal% Total de Galicia

A Coruña97254113,01

Lugo2919309,52

Ourense512153210,16

Pontevedra811183711,75

Galicia243939150

% Total de Galicia7,6112,3812,847,62

2.11. Puntos conflictivos de inundacións.

Os puntos conflictivos de inundacións indicados neste epígrafe modificaranse ó longo do tempo en función dos novos datos dispoñibles. A adaptación destes novos puntos ou modificación dos anteriores no presente plan especial será realizada pola Comisión Galega para os Riscos de Inundacións e Situacións de Seca.

No presente plan especial, considéranse puntos conflictivos:

I. Tramos de vías de comunicación terrestre.

Tramos de vías de comunicación <> que poden verse afectados polo desbordamento dos ríos: autoestradas; rede estatal; corredores; vías rápidas; rede primaria básica; rede primaria complementaria e rede secundaria.

Tramos de vías de comunicación férrea (de ferrocarril ancho e de vía estreita) que poidan verse afectados por inundacións.

II. Zonas ou centros habitados/habitables.

II.1. Zonas de campamentos: aqueles que se encontran situados nas zonas próximas ós leitos dos

ríos, de encoros, ou doutras zonas que poidan quedar anegadas por enchentes, crecidas rápidas do seu leito, ou por variacións extraordinarias no réxime pluviométrico ou hidrolóxico.

II.2. Zonas escolares, educativas, centros de formación: aquelas que estean próximas ós leitos dos ríos e que potencialmente queden anegadas ou inundadas por enchentes ou subas dos leitos dos ríos.

II.3. Centros asistenciais: os centros asistenciais, tanto sanitarios como da terceira idade, que estando situados en zonas achegadas a leitos de ríos, en determinadas condicións poden quedar anegados ou inundados cando se produce unha suba importante do seu leito.

II.4. Centros de balneoterapia: estes polas súas singulares características e usos ós que se destinan algúns atópanse situados nas proximidades dos ríos.

II.5. Centros residenciais: en zonas pretas ós leitos que se construíron recentemente.

II.6. Centros de concorrencia pública: aqueles nos que polas súas características singulares en espacios de tempo prolongados se encontran habitados.

As zonas de campamentos, centros asistenciais, sanitarios, centros de balneoterapia, centros residenciais, centros de concorrencia pública definidos neste punto e que se encontran situados en zonas de dominio público hidráulico ou en zonas de risco de inundacións, deberán elaborar un plan de autoprotección, que quedará, se é o caso, integrado no plan de actuación municipal (PAM) e neste plan especial.

III. Outras instalacións.

-Estacións de abastecemento de augas potables de consumo público.

-Estacións de depuración de augas residuais.

-Centros de transformación de enerxía.

No anexo 14 identifícanse treitos inundables da rede de estradas de Galicia.

2.12. Riscos xeolóxicos asociados as precipitacións intensas: esvaramentos e desprendementos.

As situacións de precipitacións intensas poden acelerar, ou incluso desencadear, procesos de movementos de ladeiras e desprendementos.

Tendo en conta que na Comunidade Galega predomina a superficie montañosa -como indicativo cabe citar que aproximadamente o 65% da superficie total é zona forestal-, con pendentes nas que o risco de esvaramentos e desprendementos está presente nun amplo sector do territorio. A modo de exemplo, como zona de alto risco de desprendemento as ladeiras das bacías do río Miño na zona dos Peares.

A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, a través do Sitga (Sistema de Información Territorial de Galicia) elaborou unha cartografía a escala 1:250:000 (mapa 17), nas que se indica o risco de esvaramentos e desprendementos establecido a partir dos principais parámetros que os xeran:

litoloxía, composición petrográfica dela, pendentes topográficas, formas de relevos e pluviometría, así como a intervención humana do medio (cambios nas condicións de estabilidade das pendentes e cargas sobre o terreo).

A cartografía está dispoñible no Cecop-Galicia (112).

2.13. Rede de información meteorolóxica.

En xeral considérase fenómeno meteorolóxico adverso todo evento atmosférico capaz de producir directa ou indirectamente danos a persoas ou danos materiais de consideración. En sentido menos restrinxido, tamén pode considerarse como tal calquera fenómeno susceptible de altera-la actividade humana, de forma significativa, nun ámbito espacial determinado.

A medida que a actividade humana se tecnifica e adquire un maior grao de complexidade, faise tamén máis sensible ante as adversidades meteorolóxicas. Isto supuxo que a demanda de información meteorolóxica especializada, enfocada á adopción de medidas de prevención contra as ditas adversidades, estea en continuo aumento.

En Galicia disponse dunha ampla rede de estación meteorolóxicas distribuídas por todo o territorio galego, nas catro provincias.

A titularidade das estacións é diversa: da Xunta de Galicia (Servicio de Climatoloxía do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán «Pontevedra»), do INM (Centro Meteorolóxico Territorial da Coruña. Galicia); servicios de climatoloxía das centrais térmicas de Galicia; servicios de climatoloxía das centrais hidroeléctricas de Galicia; outros.

Rede de observación do INM (CMT-A Coruña)

Radar meteorolóxico, situado no monte Cedeira-Cerceda (A Coruña). Exploracións cada 10 minutos. Modo normal 200 km de raio; modo Doppler 100 km de raio.

14 estacións automáticas, enlazadas vía telefónica co Centro Meteorolóxico. Toma de datos cada 10 minutos; módulo de vixilancia de aviso en caso de superación do limiar definido. Acceso en tempo real. Situadas en:

-Estaca de Bares.

-Lugo-Rozas.

-A Coruña-CMT.

-Cabo Vilán.

-Fisterra.

-Corrubedo.

-Santiago-Astronómico.

-Padrón.

-Pontevedra.

-Vigo-Bouzas.

-O Carballiño.

-Ourense.

-A Pobra de Trives.

-Xinzo de Limia.

Rede de raios. Sensor situado en Santiago-aeroporto. Información en tempo real.

Observatorios sinópticos principais.

Situados na Coruña-CMT, A Coruña-Alvedro, Santiago-Aeroporto, Lugo-Rozas, Montefaro-Ferrol, Pontevedra, Vigo-Aeroporto, Marín e Ourense.

Información cada 3 horas ou en tempo real en caso de alerta meteorolóxica.

Rede pluviométrica secundaria.

200 estacións que no caso de que observen algún fenómeno adverso o poden comunicar ó grupo de vixilancia por medio de chamada telefónica de balde restrinxida.

Resumindo os limiares de choiva establecidos no Plan Rexional de Fenómenos Adversos son:

-Choiva acumulada en 1 hora: 30 litros por metro cadrado en toda Galicia.

-Choiva acumulada en 12 horas: 60 litros por metro cadrado en toda Galicia.

-Choiva acumulada en 36 horas: 130 litros por metro cadrado na metade sur da provincia da Coruña e en toda a provincia de Pontevedra. 90 litros por metro cadrado no resto de Galicia.

Léxico meteorolóxico.

Empregámo-lo léxico en vigor utilizado polo INM, así:

Para choiva:

-Intensidade:

* Moderadas: precipitación entre 2 e 15 mm/h.

* Fortes: precipitación entre 15 e 30 mm/h.

* Moi fortes: precipitación entre 30 e 60 mm/h.

* Torrenciais: precipitación superior a 60 mm/h.

-Distribución espacial:

* Illadas ou dispersas (para o caso de tormentas): cando o territorio afectado sexa entre 10 e 30%.

* Xeneralizadas: cando o territorio afectado sexa maior do 60%.

-Distribución temporal: defínese con relación ó tanto por cento de tempo no cal se van produci-las precipitacións respecto ó intervalo da predicción:

* Ocasionais: para unha duración inferior do 30%.

* Persistentes: se a duración é maior do 60%.

-Frecuencia do fenómeno:

* Frecuentes: que a presencia do fenómeno sexa superior á súa ausencia.

* Intermitentes: prodúcense de maneira case regular. Será aproximadamente do 50%.

Diariamente en Galicia emítense boletíns de información meteorolóxica a través do CTM-A Coruña

e a Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente) en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.

Na situación de fenómenos meteorolóxicos adversos, o CTM-A Coruña emite un boletín e segue o procedemento que se indica posteriormente neste plan.

No anexo XI indícanse os valores meteorolóxicos máis significativos de Galicia.

2.14. Puntos de observación foronómica.

A rede fluvial de Galicia é moi extensa nas súas diferentes vertentes e bacías. A maioría das bacías dispoñen dun ou varios puntos de observación foronómica.

Os puntos de observación foronómica indícanse no anexo XII e represéntanse no mapa XVIII.

Tamén o Ministerio de Medio Ambiente, a través da Secretaria Xeral de Augas, en Galicia, como o resto do Estado español, dispón dunha serie de estacións de mostraxe da Rede SAICA en diferentes ríos e bacías que permite coñecer a tempo real o caudal dos ríos e a súa evolución. Os puntos desta rede indícanse no anexo XII e represéntanse no mapa XVIII.

Finalmente indicar que se dispón en cada un dos encoros e en determinadas minicentrais hidroeléctricas de estacións de mostraxe que permiten tamén coñece-lo caudal dos ríos á entrada destes.

3. Estructura xeral e organización do plan.

3.1. Clasificación de emerxencias: fases de preemerxencia (alerta), emerxencia e normalización.

Seguindo a liña trazada no plan marco e director de Galicia (Platerga: Plan Territorial de Protección Civil de Galicia), a estructura de organización do plan especial debe enfocarse como unha estructura ascendente, isto é, aumentando os efectivos designados para unha actuación en función da magnitude da emerxencia.

Nas emerxencias por inundacións considéranse varias fases:

-Preemerxencia (alerta).

-Emerxencia.

-Volta a normalidade.

3.1.1. Fase de preemerxencia (alerta).

É a fase identificada cunha situación que, por evolución desfavorable, pode dar lugar a unha situación de emerxencia. O obxecto desta fase é alerta-las autoridades e servicios implicados, así como informa-la poboación potencialmente afectada.

Iníciase coa recepción no Cecop-Galicia (112) dun aviso de boletín de fenómenos meteorolóxicos adversos. Unha vez recibido este parte confírmase co Centro Meteorolóxico Territorial da Coruña, así como con outros medios e recursos dispoñibles a evolución do fenómeno meteorolóxico adverso, e se as previsións o confirman pasaríase a alerta-las institucións, organismos, e poboación previsiblemente

afectada, creando un estado de atención e vixilancia sobre as circunstancias que provocan a emerxencias e considerando as accións de previsión a levar a cabo co fin de diminuí-lo tempo de resposta.

Na Comunidade Autónoma de Galicia a principal causa que pode provocar inundacións son as precipitacións intensas, polo que neste punto se vai considerar unicamente este aspecto. Outra das causas que poden provocar inundacións (avaría, rotura de encoros ou desaugamento de encoros), desenvólvese posteriormente neste plan.

A preemerxencia (alerta) estructúrase en dúas situacións que obedecen á evolución habitual na xestión e control da situación:

-Alerta derivada de aviso meteorolóxico.

-Seguimento pluviohidrolóxico.

3.1.1.1. Alerta derivada de aviso meteorolóxico.

É a acción de transmitir mensaxes de prevención e protección á poboación potencialmente afectada, e instruccións a aqueles destinatarios que teñan algún tipo de responsabilidade preventiva ou operativa asignada neste plan especial, acompañados do propio aviso meteorolóxico que a xera.

3.1.1.2. Seguimento pluvihidrolóxico.

É a fase seguinte á alerta derivada do aviso meteorolóxico consistente no seguimento para confirmar ou non a situación de risco e a súa evolución. Esta fase pode ser activada, independentemente da alerta derivada do aviso meteorolóxico, no caso de producirse choivas intensas sen aviso meteorolóxico previo, así como podería se-lo caso do alivio dun encoro.

Unha segunda etapa da fase de alerta é a confirmación do comezo previsible do fenómeno meteorolóxico adverso, incidindo nos seguintes puntos: data e hora previsible do comezo, a súa duración, intensidade prevista, zonas ou comarcas posiblemente afectadas.

Nesta fase alértanse os medios humanos e materiais dispoñibles, estando estes dispostos para actuar.

Esta fase prolóngase ata que a inundación sexa inminente, polo que se pasará á fase de emerxencia, ou ben se produza a volta a normalidade.

3.1.2. Fase de emerxencia.

Esta fase iníciase cando, da análise dos parámetros meteorolóxicos e hidrolóxicos se conclúa que a inundación é inminente ou cando esta xa comezara. A emerxencia prolongarase ata que estean tomadas tódalas medidas necesarias de protección de persoas e bens e se restablezan os servicios básicos esenciais.

As diferentes situacións de emerxencia establécense en función da gravidade, da extensión territorial e dos recursos necesarios para o control da emerxencia.

A fase de emerxencia iníciase coa activación do plan polo seu director. Nesta fase adóptanse tódalas

medidas necesarias para a protección de persoas e bens e prolongarase ata que se restablezan os servicios esenciais.

A dirección do Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia correspóndelle ó director xeral con competencias na materia de protección civil da Xunta de Galicia.

De acordo coa directriz básica de planificación de protección civil ante o risco de inundacións establécense catro situacións de emerxencia:

3.1.2.1. Situación 0.

A emerxencia cualificarase como situación 0 cando os datos meteorolóxicos e hidrolóxicos permitan preve-la inminencia de inundacións, con perigo para persoas e bens.

Esta situación comporta a alerta hidrolóxica, que se realiza cando, polo seguimento pluviohidrolóxico, se detecten choivas moi fortes ou torrenciais e enchentes que fan previsible a inundación, con perigo para persoas e bens.

3.1.2.2. Situación 1.

Situación na que se produciron inundacións en zonas localizadas, a atención das cales pode quedar asegurada mediante o emprego dos medios e recursos dispoñibles nas zonas afectadas, e aquelas situacións que, indirectamente, introducen riscos coadxuvantes e poñen en perigo vidas ou bens.

3.1.2.3. Situación 2.

Situación na que se produciron inundacións que superan a capacidade de atención dos medios e recursos locais ou, aínda sen producirse esta última circunstancia, os datos pluviométricos e hidrolóxicos e as prediccións meteorolóxicas permiten prever unha extensión ou agravamento, e aquelas situacións que, indirectamente, introducen riscos coadxuvantes e poñen en perigo vidas e bens.

3.1.2.4. Situación 3.

Emerxencias que, considerando que está en xogo o interese nacional, así sexan declaradas polo ministro do Interior, conforme a normativa vixente. Nesta situación a dirección do plan corresponderá á persoa designada polo ministro do Interior, e aquelas situacións que, indirectamente, introducen riscos coadxuvantes e poñen en perigo vidas ou bens.

3.1.3. Fase de normalización.

É unha fase posterior á de emerxencia, que se prolonga ata o restablecemento das condicións mínimas imprescindibles para un retorno á normalidade nas zonas afectadas pola inundación.

Durante esta fase realizaranse as primeiras tarefas de rehabilitación nas ditas zonas, consistentes fundamentalmente na inspección do estado de edificios, a limpeza de vivendas e vías urbanas, a reparación dos danos máis relevantes e a rehabilitación dos servicios básicos fundamentais.

3.2. Estructura e organización do plan.

3.2.1. Director do plan. Comité de dirección.

O director do Plan Especial ante o Risco de Inundacións en Galicia é o director xeral con competencias en materia de protección civil da Xunta de Galicia.

En caso de ausencia, será substituído polo delegado provincial da consellería con competencias na materia de protección civil afectada, ou persoa en quen delegue.

A dirección do plan especial efectuarase en coordinación coa Administración xeral do Estado e a Administración local.

En caso de constitución do Cecopi, a dirección e coordinación do plan especial exerceraa o representante da Comunidade Autónoma (director do plan especial), dentro dun comité de dirección ó que se incorporará un representante do Ministerio de Interior (delegado do Goberno/subdelegado do Goberno) e os alcaldes (ou concelleiros nos que estes deleguen) das zonas afectadas.

A declaración de interese nacional será efectuada polo ministro de Interior cando se dean os supostos establecidos na Norma básica de protección civil (R.D. 407/1992), asumindo a dirección a persoa que designe o ministro.

3.2.2. Funcións do director do plan e do comité de dirección.

As funcións de dirección do plan serán asumidas polo director xeral da Xunta de Galicia con competencias en materia de protección civil, agás en caso de declaración de interese nacional, no que a dirección será asumida polo representante do Ministerio do Interior.

As funcións do director do plan son as que de seguido se indican:

-Decidi-la constitución do Cecop e, se é o caso, do Cecopi.

-Decidi-la alerta hidrolóxica nos ríos.

-Declara-las situacións de emerxencia.

-Activa-lo plan, determinando a estratexia xeral das actuacións.

-Activa-la estructura de organización do plan.

-Convoca-los compoñentes do comité asesor que considere.

-Decidir en cada momento, co consello do comité asesor, as actuacións máis convenientes para facer fronte á emerxencia e á aplicación das medidas de protección á poboación, ó ambiente, ós bens e ó persoal adscrito ó plan.

-Da-la orde de evacuación, en caso de considerarse necesaria esta medida.

-Determinar e coordina-la información á poboación, durante a emerxencia, a través dos medios propios do plan (gabinete de información) e dos de comunicación social. Inclúese aquí tanto a información destinada a adoptar medidas de protección, como a información xeral sobre o suceso.

-Asegura-lo mantemento da eficacia, a operatividade e actualización do plan.

-Declara-lo final da emerxencia e a volta á normalidade.

-Garanti-lo enlace co plan estatal.

3.3. Comité asesor.

Apoia e aconsella o comité de dirección nos distintos aspectos relacionados coa emerxencia.

3.3.1. Composición.

Está formado por tódolos compoñentes da Comisión Galega para os Riscos de Inundacións e Situacións de Seca (Decreto 56/2000, da Xunta de Galicia do 29 de marzo de 2000), que son:

Un representante por cada unha das consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria; Sanidade; Industria e Comercio e Medio Ambiente; un representante pola Federación Galega de Municipios e Provincias; dous representantes por parte dos titulares con maior número de encoros e capacidade destes de Galicia-Costa (un da Coruña e outro de Pontevedra); dous representantes dos titulares con maior número de encoros e capacidade destes, un do Baixo Miño e outro do Sil; dous representantes das empresas de abastecemento de augas máis significativas de Galicia e catro representantes da Administración xeral do Estado en Galicia.

Así como os responsables dos diferentes grupos operativos que forman parte do plan especial.

Ós que se poden unir, en función da magnitude da emerxencia, representantes de:

-Organismo autónomo Augas de Galicia.

-As Confederacións Hidrográficas do Norte de España e do Douro.

-Centro Meteorolóxico Territorial de Galicia (CMT de Galicia).

-Consellería de Medio Ambiente (Unidade de Vixilancia e Predicción Meteorolóxica)

-Da unidade adscrita do Corpo Nacional de Policía na Comunidade Autónoma de Galicia (UPA), ou persoa en quen delegue.

-Das Forzas Armadas.

-De cada un dos concellos afectados.

-Das distintas administracións (persoal técnico) ou outras persoas que o director do plan, ou, se é o caso, o comité de dirección, considere oportuno.

Normalmente estes representantes efectuarán as súas funcións desde o seu propio centro de traballo. No caso de considerarse necesaria a súa incorporación puntual sería no Cecop-Galicia (112).

3.3.2. Funcións.

Correspóndelle ó comité asesor:

-Asesora-lo director do plan durante a emerxencia.

-Analiza-las incidencias e a evolución da emerxencia.

-Valora-la situación en cada momento e propoñer ó comité de dirección as actuacións máis axeitadas.

-Avalia-la situación de risco e consegui-los datos pluviométricos e hidrolóxicos necesarios para efectua-lo seguimento.

-Coñecemento da situación de emerxencia na súa vertente de evolución meteorolóxico-pluviométrica en tempo real e acumulado.

-Evolución de caudais e situación de encoros en grandes ríos.

-Coñecemento das incidencias sobre o territorio por problemas nos servicios básicos e estradas.

-Aconsella-lo director do plan, e, se é o caso, ó comité de dirección, sobre as medidas de protección que se consideren necesarias.

-Apoio ós concellos das zonas afectadas. Información puntual sobre a situación de risco ós alcaldes, ou persoas que designen, dos concellos afectados.

-O representante de Augas de Galicia e os representantes das confederacións hidrográficas, no caso de activarse un Plan de Emerxencia de Encoro, teñen funcións concretas que serán levadas a cabo a medida que se incorporen os ditos plans.

-Análise e valoración da información recibida sobre o estado da rede viaria.

-Facilitar información sobre o estado das estradas para a súa difusión á poboación.

-Establecemento de rutas alternativas para os itinerarios inhabilitados, incluídas as alternativas para o traslado de pasaxeiros de Renfe e Feve.

-Mantemento das redes viarias expeditas e en condicións de uso, en coordinación co xefe do grupo de apoio loxístico.

-Dar cobertura das necesidades en materia de transporte.

-Evacuación de persoas.

-Transporte de recursos.

-O representante das Forzas Armadas informará o director do plan especial das axudas que poidan proporciona-las Forzas Armadas, tanto en persoal como en recursos materiais, transmitindo ós seus mandos respectivos as solicitudes de axuda.

Dirixirá as actuacións dos seus medios no terreo, en coordinación co xefe do grupo de apoio loxístico, no que se integrarán os medios desprazados ás zonas afectadas.

3.4. Gabinete de información.

Depende directamente do director do plan e é o único órgano autorizado para emiti-la información oficial nas tarefas de difusión da información en situación de emerxencia.

Constituirase no lugar que designe o director do plan e, no seu defecto, nunha sala do Cecop-Galicia (112), desde onde se tratará toda a información relacionada coa emerxencia e se difundirá ós medios de comunicación, organismos, autoridades e público en xeral.

3.4.1. Composición.

O gabinete de información estará composto por persoal dos gabinetes de prensa da:

-Consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de protección civil.

-Presidencia da Xunta de Galicia.

-Delegación do Goberno en Galicia (cando se declare o interese nacional).

Así como persoal asignado ó Servicio de Información e Formación de Protección Civil da Xunta de Galicia.

Estará ó seu cargo o xefe de prensa da consellería con competencia en materia de protección civil, e no caso de declararse interese nacional, o representante da Administración xeral do Estado.

Coa finalidade de conseguir coherencia informativa, considerarase información oficial, fidedigna e contrastada, aquela facilitada directamente polo gabinete de información, único órgano autorizado para emitila.

3.4.2. Funcións.

-Difundi-las ordes, consignas e recomendacións dictadas polo director do plan e, se é o caso, polo comité de dirección, a través dos medios de comunicación social previstos neste plan especial.

-Recibir e recoller toda a información que se consiga sobre o suceso e a súa evolución, en especial, localización exacta da emerxencia e a situación das zonas afectadas.

-Centralizar, coordinar e prepara-la información xeral sobre a emerxencia e facilitala ós medios de comunicación, de acordo co director do plan e, se é o caso, do comité de dirección.

-Obter, centralizar e facilitar toda a información relativa ós posibles afectados, permitindo os contactos familiares e a localización de persoas.

3.5. Centro de coordinación operativo (Cecop).

O Centro de Coordinación Operativo (Cecop) é o órgano onde se recibe toda a información da emerxencia e onde se determinan, dirixen e coordinan as accións que hai que executar.

3.5.1. Funcións.

É o órgano de traballo do director do plan e para isto debe dispoñer do equipamento necesario para exerce-las funcións que lle son propias.

A infraestructura do Cecop será a apropiada para:

-Se-lo centro permanente de información. Para isto debe dispoñer de terminais que poidan dispoñer: información meteorolóxica, caudais de ríos, estado de estradas e outros que permitan valorar continua

mente o posible risco da emerxencia por inundacións, activando, se é o caso, os mecanismos de alerta.

-Se-lo centro de recepción e emisión de alertas, alarmas e xestión de tódolos sistemas informáticos.

-Actuar de órgano de apoio ó director na toma de decisións e traslado de ordes, procesando a información recibida en relación coa emerxencia.

O Cecop está situado no edificio de usos múltiples de San Marcos, onde tamén está o 112. O Cecop é o Cecop-Galicia.

O Cecop-Galicia pódese transformar en CECOPI nas situacións previstas e indicadas no presente plan especial.

O Cecop-Galicia consta de:

-Sala de Control de Operativos (Sacop).

-Centro de Transmisións (Cetra).

-Centro de Información (Cin).

3.5.2. Cecopi (Centro de Coordinación Operativo integrado).

O Centro de Coordinación Operativo Integrado (Cecopi) é o órgano superior de xestión de emerxencias, que se constituirá, de acordo co establecido no presente plan, cando a situación da emerxencia o xustifique e, en todo caso, cando se declare o interese nacional.

Está composto polo comité de dirección, o comité asesor e un gabinete de información, todo isto situado no Cecop-Galicia.

O Cecopi constituirase no Cecop-Galicia, e alternativamente, se algún problema o inhabilitase ou ante calquera emerxencia que o requira, no Cecop de Protección Civil da Xunta de Galicia da provincia afectada.

3.6. Posto de mando avanzado (PMA).

O posto de mando avanzado é unha prolongación do Cecop-Galicia. É o órgano de traballo do director do plan in situ.

Segundo as características das inundacións e a tipoloxía destas poderase crear máis dun posto de mando avanzado.

O responsable do posto de mando avanzado será designado polo director do plan. Sempre que sexa posible será un responsable de Protección Civil da Administración autonómica ou, se é o caso, da Administración local.

O posto de mando avanzado disporá dun sistema de comunicación permanente co Cecop-Galicia e cos xefes dos diferentes grupos de acción.

3.6.1. Funcións do director técnico do PMA.

-Encargarase de transmitir e transforma-las directrices marcadas polo director do plan en accións concretas para desenvolver polos grupos de acción.

-Coordinará as funcións autónomas dos citados grupos, encargándose de evitar duplicidades.

-Como representante do director do plan in situ, é o responsable da seguridade das persoas e bens.

3.7. Grupos de acción.

Son os grupos encargados dos servicios operativos ordinarios e están deseñados para actuar coordinadamente e baixo unha dirección única, dentro do marco que establece o plan.

Os medios que serven de base para a constitución destes grupos son, entre outros:

-Os servicios municipais de protección civil.

-Os corpos de bombeiros e servicios contraincendios e salvamento; servicios de emerxencia.

-As policías locais.

-Outros servicios municipais e autonómicos.

-A UPA.

-Os servicios sanitarios da rede pública e privada de Galicia.

-Os corpos e forzas de seguridade do Estado (Garda Civil, Policía Nacional).

-As agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC).

Establécense estes grupos de acción:

-Grupo de intervención.

-Grupo sanitario.

-Grupo de transmisións.

-Grupo de seguridade.

-Grupo loxístico.

-Grupo de rehabilitación de servicios públicos.

3.7.1. Grupo de intervención.

Composición:

Unidades de bombeiros desprazadas ás zonas afectadas, unidades de emerxencia e de intervención dirixidas desde o Cecop-Galicia (112) a través dos seus centros de xestión respectivos e, se é o caso, desde o Cecopi cando este se constitúa.

O mando do servicio de bombeiros desprazado ó terreo, ou se é o caso un responsable de emerxencias, será o coordinador do grupo de intervención e nun primeiro momento dirixirá o PMA no caso de constituírse. Cando se despracen medios doutras provincias á zona afectada, será asumido polo mando da provincia afectada.

Este grupo executará as medidas de intervención necesarias para reducir e controla-los efectos da emerxencia, actuando naqueles puntos nos que se dean circunstancias que requiran unha acción inmediata.

-Salvamento e rescate de persoas.

-Eliminar, reducir e controlar no posible as causas e efectos sobre persoas e bens.

Desde o Cecop-Galicia solicitarase a actuación doutros grupos de acción (sanitario e seguridade) en relación co rescate e salvamento: o grupo sanitario será mobilizado desde o Servicio de Urxencias Sani

tarias 061, e o grupo de seguridade será dirixido desde os centros de xestión propios de seguridade de cada un deles (UPA, Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local), mantendo comunicación co Cecop-GaliciaA (112).

As súas funcións son:

-Valorar e informar sobre o estado, a tempo real, da situación das inundacións ó director do plan.

-Controlar, reducir ou neutraliza-los efectos da inundación.

-Busca, rescate e salvamento de persoas e bens.

-Recoñecemento e avaliación de riscos asociados.

-Determina-la área de intervención.

-Socorro de persoas illadas ou desaparecidas

-Impedi-lo colapso de estructuras.

Medios materiais que mobilizan:

Tódolos medios propios dos servicios que interveñen, como integrantes do grupo.

Medios especiais:

Equipos públicos e privados de intervención en xeral, incluíndo maquinaria pesada e de obras, equipos de rescate e salvamento.

3.7.2. Grupo sanitario.

O obxectivo deste grupo é garanti-la actuación coordinada e eficaz de tódolos recursos sanitarios existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Este grupo executará as medidas de protección á poboación no referente a primeiros auxilios, asistencia sanitaria e evacuación sanitaria e, se é o caso, as medidas de protección e prevención da saúde pública.

O médico do equipo do 061 (Servicio de Urxencias Médicas) será o coordinador do grupo sanitario; no caso de haber máis dun equipo, o 061 designará o médico que realizará as tarefas de coordinación do grupo sanitario.

Composición:

Subgrupo de actividades asistenciais:

-Equipo/s do 061.

-Recursos sanitarios de Atención Primaria. Estes recursos, por proximidade ó lugar afectado, serán os recursos de resposta inmediata.

-Recursos de transporte sanitario.

Subgrupo de actividades de saúde pública:

-Recursos de Saúde Pública.

Funcións:

Subgrupo de actividades asistenciais:

-Informar da situación real a nivel sanitario ó director do plan.

-Asistencia sanitaria in situ; traslado e evacuación sanitaria.

-Asistencia sanitaria primaria.

-Constituí-lo posto de asistencia sanitaria e o centro de evacuación se procede.

-Se fose o caso, identificación de cadáveres, en colaboración cos servicios correspondentes.

-Colaborar co grupo de intervención prestando os primeiros auxilios ás persoas illadas.

-Coordinar a través do 061 a evacuación das víctimas a centros hospitalarios.

Subgrupo de actividades de saúde pública:

-Control de abrochos epidemiolóxicos (contaminación da auga, alimentos, vacinación masiva).

-Cobertura de necesidades farmacéuticas.

-Vixilancia e control da potabilidade da auga e hixiene dos alimentos.

-Información necesaria para establecer actuacións en sanidade ambiental, saúde pública e calquera outro aspecto da actividade sanitaria.

Ante unha situación que así se requira e que afecte a poboación este subgrupo de saúde pública debe propoñer ó director do plan especial a declaración de Servicio de Alerta Epidemiolóxica de Galicia (SAEG).

Medios materiais que mobilizan:

-Servicios asistenciais dependentes do Sergas.

-Servicios hospitalarios dependentes do Sergas.

-Medios dependentes da Consellería de Sanidade.

-Medios e recursos de Saúde Pública

-Fundación de Urxencias Sanitarias 061.

-Medios asistenciais sanitarios públicos e privados.

3.7.3. Grupo de transmisións.

A misión do grupo de transmisións é dispoñe-los medios e equipos necesarios que permitan contar cunha comunicación continua e ininterrompida a tempo real entre a dirección do plan e os outros grupos de acción, co obxecto de coñecer e dispoñer de información da situación exacta da emerxencia, así como a súa evolución.

O responsable deste grupo é o responsable do Servicio de Sistemas de Información e Comunicacións de Protección Civil da Xunta de Galicia. Contará co apoio e a colaboración da unidade con competencias en materia de comunicacións da Xunta de Galicia, así como das empresas de comunicación de titularidade pública da Administración autonómica da Xunta de Galicia.

Os obxectivos son:

-Asegura-las comunicacións entre os diferentes grupos de acción, así como entre o posto de mando avanzado e o centro de coordinación operativa.

-Transmitir toda a información emitida polos diferentes grupos de acción.

-Establecer e implantar sistemas alternativos de transmisións onde sexan necesarios.

Medios materiais que mobilizan:

-Equipos móbiles e fixos, propios dos servicios integrantes do grupo, así como dos asignados ós diferentes grupos de acción.

-Redes de comunicacións e persoal adscrito a estas, de ámbito territorial na Comunidade Autónoma de Galicia, de titularidade pública e/ou privada.

3.7.4. Grupo de seguridade.

O coordinador deste grupo será un mando da UPA Cando a emerxencia é a nivel provincial, será o máximo responsable a nivel provincial, e cando afecte a varias provincias será o comisario xefe da UPA, ou persoa en quen delegue.

Este grupo é o responsable de garanti-la seguridade cidadá e a orde nas situacións de emerxencia producidas como consecuencia das inundacións.

Deberá tamén este grupo controla-los accesos e regula-lo tráfico naqueles puntos nos que, debido á emerxencia, se produza caos circulatorio.

Composición:

Persoal das Forzas e Corpos de Seguridade: UPA, Garda Civil, Corpo Nacional de Policía e Policía Local. Así mesmo, incorporaranse a este grupo as empresas e o persoal de seguridade privada que sexan mobilizados en caso necesario.

Funcións:

-Ordenación do tráfico para a evacuación.

-Avisos e información á poboación nunha primeira situación.

-Facilita-la evacuación urxente de persoas en perigo.

-Control de accesos e mantemento da orde nas áreas afectadas. Regulación do tráfico.

-Garanti-lo control e a seguridade cidadá.

-Balizamento da zona de intervención.

-Sinalización de tramos de estradas deterioradas ou inundadas.

-Establecer rutas alternativas para os itinerarios inhabilitados.

-Mantemento de redes viarias en condicións expeditivas para o seu uso durante a emerxencia.

-Protección de bens.

-E en xeral, cantos aspectos das catástrofes ou emerxencias que afecten á seguridade das persoas e os bens.

Medios materiais que mobilizan:

-Medios propios dos corpos e servicios integrantes do grupo.

3.7.5. Grupo loxístico.

A misión deste grupo é a provisión de equipamentos e abastecementos necesarios para os grupos de acción, así como todo o relacionado coa área loxística.

Executará, tamén, as medidas de protección da poboación en canto á evacuación, albergue de emerxencia e abastecemento de auga e alimentos.

O responsable deste grupo é un funcionario, con nivel directivo, con experiencia da Xunta de Galicia, designado polo director do plan especial.

Así mesmo, no caso de mobiliza-las Forzas Armadas, os medios desprazados integraranse neste grupo baixo o mando dos seus superiores e coordinados polo seu representante integrado no Cecop ou, se é o caso, no Cecopi.

Funcións:

-Levantamento de diques provisionais e outros obstáculos que eviten ou dificulten o paso das augas.

-Reparación de urxencia dos danos ocasionados en diques ou noutras obras de protección e, se é o caso, en elementos naturais ou ambientais.

-Eliminación de obstáculos e obstruccións en puntos críticos dos leitos ou apertura de vías alternativas de desaugamentos.

-Limpeza e saneamento das áreas afectadas.

-Restablecemento dos servicios básicos.

-Abastecemento. Recepción de solicitudes de axuda, e xestión e abastecemento de recursos (avituallamento e abastecemento en xeral).

-Habilitar locais susceptibles de albergar a toda a poboación afectada.

-Resolve-los problemas de abastecemento de auga potable e alimentos.

-Abastecemento de mantas e roupa.

-Establece-la zona de operacións e os centros de distribución que sexan necesarios.

-Organiza-los puntos de reunión de evacuados para o seu posterior traslado.

-Distribución de víveres á poboación en colaboración cos servicios municipais.

-Disposición de existencias mínimas de avituallamento.

-Transporte.

-Xestión e abastecemento de maquinaria para rehabilitación e reposición de servicios.

-Subministración de iluminación para traballos nocturnos.

-Proporcionarlles ós demais grupos de acción todo o apoio loxístico necesario, subministrándolles aqueles productos ou equipos necesarios para poder levar a cabo o seu cometido.

-Proporcionar asistencia social ás persoas afectadas.

-Proporcionar apoio psicolóxico ós afectados.

Medios:

-Medios propios dos concellos.

-Medios propios da/s deputación/s provincial/is.

-Medios propios da Xunta de Galicia.

-Medios privados de intendencia e albergue.

-Empresas de servicios privadas.

3.7.6. Grupo de rehabilitación de servicios públicos.

A misión deste grupo é a de rehabilita-los servicios públicos esenciais, no mínimo período de tempo, buscando, ata a súa rehabilitación, solucións alternativas.

Ocuparase tamén do estudio de determinadas obras que eviten riscos asociados, ou que minoren as súas consecuencias.

O responsable deste grupo é un funcionario con nivel directivo, con experiencia da Xunta de Galicia, designado polo director do plan especial.

As súas funcións son:

-Avalia-las medidas necesarias para a rehabilitación de servicios públicos.

-Restablece-los servicios públicos esenciais, como son: auga, luz, teléfono e gas.

-Propiciar solucións alternativas de carácter temporal.

Medios materiais que mobilizan:

-Medios propios dos concellos.

-Medios propios da deputación.

-Medios propios da Xunta de Galicia.

-Empresas de servicios de auga, luz, teléfono; así como outras, tales como combustibles, gas, alimentos.

-Medios de estradas da CPTOPV.

-Medios de estradas das deputacións provinciais.

-Medios de estradas do Ministerio de Fomento.

-Empresas de construcción e obras públicas privadas.

3.8. Coordinación dos grupos de acción no terreo.

As emerxencias por inundacións comportan, nos primeiros momentos, un gran número de actuacións no terreo. Así mesmo, son emerxencias que poden abarcar un ámbito territorial moi amplo (varios concellos ou unha ou varias comarcas, e incluso varias provincias).

Nun primeiro momento, o funcionamento dos servicios no terreo será coordinado desde o Cecop-Galicia. Cada servicio no terreo será xestionado desde os seus respectivos centros de xestión (centrais dos servicios de bombeiros e outros servicios de xestión de emerxencias), mobilizando os seus servicios por solicitude do Cecop-Galicia e, se é o caso, coordinado no terreo desde o Cecopal do concello ó que se trasladou, mentres o director do plan especial, por proposta do responsable do servicio desprazado ó lugar da emerxencia, non considere necesaria a constitución dun ou varios Pmas (postos de mando avanzados), nese caso o mando do responsable do servicio de emerxencia desprazado asumiría a súa dirección técnica. Cando se despracen servicios de emerxencias doutras provincias, a dirección do PMA efectuaraa o mando da provincia afectada.

O mando de cada grupo no PMA asumirá as funcións propias de coordinación do dito grupo.

O director do plan especial poderá decidir que a dirección dos Pmas sexa asumida por un técnico de emerxencias da Xunta de Galicia.

3.9. Os plans de actuación municipal. O Cecopal.

O Cecopal (Centro de Coordinación Municipal) desempeñará un papel fundamental na coordinación da emerxencia en cada concello.

Desde o Cecopal dirixiranse as actuacións dos servicios municipais, estableceranse as prioridades de actuación no concello e tomaranse as medidas necesarias de protección a persoas e bens. O director do Cecopal, ou a persoa por el designada, realizará as peticións de medios e recursos externos ó Cecop-Galicia. O Cecopal encargarase de que os medios mencionados e os recursos realicen as tarefas que o Cecop-Galicia lles asigne no concello.

A constitución do Cecopal producirase en situacións de emerxencia, ou durante a fase de alerta se o considera necesario o alcalde como director deste.

Posteriormente indícanse determinadas funcións que serán desenvolvidas polas autoridades locais tanto na fase de alerta como na de emerxencia.

3.10. Os plans de emerxencia de encoros.

3.10.1. Escenarios de seguridade e de perigo de rotura de encoros.

A directriz básica establece catro situacións definidas como escenarios de seguridade e de perigo de rotura de encoros, para o establecemento das normas e procedementos de comunicación e información cos organismos públicos implicados na xestión da emerxencia.

3.10.1.1. Escenario 0.

Escenario de control da seguridade.

As condicións existentes e as previsións aconsellan unha intensificación da vixilancia e control do encoro, non requiríndose a posta en práctica de medidas de intervención para a reducción do risco.

3.10.1.2. Escenario 1.

Escenario de aplicación de medidas correctoras.

Producíronse acontecementos que de non aplicarse medidas de corrección (técnicas, de explotación, desaugamento do encoro, outras), poderían ocasionar perigo de avaría grave ou de rotura do encoro, se ben a situación pode resolverse con seguridade mediante a aplicación das medidas previstas e os medios dispoñibles.

3.10.1.3. Escenario 2.

Escenario excepcional.

Existe perigo de rotura ou avaría grave do encoro e non pode asegurarse con certeza que poida ser controlado mediante a aplicación das medidas e os medios dispoñibles.

3.10.1.4. Escenario 3.

Escenario límite.

A probabilidade de rotura do encoro é elevada ou esta xa comezou, resultando practicamente inevitable que se produza a onda de enchente xerada pola dita rotura.

Cando se produza unha das situacións definidas como escenario 2 ou 3, o director do plan declarará a situación de emerxencia 2 e constituirá o Cecopi.

3.10.2. Dirección dos plans de emerxencias de encoros.

3.10.2.1. Director dos plans de emerxencia de encoros.

A dirección do plan estará a cargo da persoa á que lle corresponda a dirección da explotación desta.

3.10.2.2. Funcións.

As funcións básicas do director do plan serán as seguintes, tal como establece a directriz básica:

-Intensifica-la vixilancia da presa en caso de acontecemento extraordinario.

-Dispoñe-la execución das medidas técnicas ou de explotación necesarias para a diminución do risco.

-Manter permanentemente informados ós organismos públicos implicados na xestión da emerxencia.

-Da-la alarma, en caso de perigo inminente de rotura do encoro ou, se é o caso, da súa rotura, mediante comunicación ós organismos implicados na xestión da emerxencia.

3.10.3. Interfase co plan especial.

Desde o momento en que as circunstancias existentes no encoro requiran a aplicación de medidas correctoras (escenario 1), o director do Plan de

Emerxencia de Encoros comunicará ó Cecop-Galicia (112) o tipo de emerxencia, as medidas preventivas aplicadas e as previsións a curto e medio prazo.

O director do presente plan especial activarao, definindo a situación correspondente.

4. Operatividade.

A operatividade constitúena o conxunto de procedementos previamente planificados que permiten a posta en marcha do plan de inundacións e aseguran a consecución dos seus obxectivos, diminuíndo os efectos adversos desta nunha elevada porcentaxe.

Se se concreta a actuación ante determinadas situacións, mellora a coordinación das accións en desenvolvemento da operatividade.

Para a activación do plan hai que considera-lo seguinte:

A planificación dos procedementos contempla:

* Avaliación das consecuencias.

* Situacións de alerta.

* Análise das zonas posiblemente afectadas.

* Niveis de actuación.

* Delimitación das zonas de operacións.

* Procedemento operativo (medidas de intervención, protección, socorro).

* Determina-los medios e recursos empregados.

As medidas que determinan a operatividade refírense a:

* Protección á poboación.

* Protección ós bens.

* Socorro e rescate.

* Intervención.

* Reparadoras.

4.1. Preemerxencia (alerta).

Polo xeral, a alerta comeza desde o momento en que no Cecop-Galicia (112) se recibe un aviso meteorolóxico con risco de precipitacións intensas. Por tanto, desde o momento en que se produce a recepción do aviso meteorolóxico, o plan especial actívase coa cadea de transmisións de alerta ós diversos organismos e servicios implicados.

Tal como se describiu anteriormente, a fase de alerta estructúrase en dúas situacións que obedecen á evolución habitual da xestión e control da situación:

-Alerta derivada de aviso meteorolóxico.

-Seguimento pluviohidrolóxico.

O sistema de predicción e vixilancia meteorolóxica para este plan está constituído polas redes de observación e as unidades de predicción e vixilancia do Centro Meteorolóxico Territorial da Coruña (pertencente o INM), as da Xunta de Galicia e as dos titulares dos encoros de Galicia, así como as doutros centros e institucións, en coordinación co Sistema de Protección Civil de Galicia.

O sistema de previsión e información hidrolóxica (seguimento hidrolóxico) está formado polos medios e recursos das Confederacións do Norte de España e do Douro, do organismo autónomo Augas de Galicia, dos titulares dos encoros de Galicia, destinados á obtención, transmisión e valoración de datos sobre caudais circundantes, niveis alcanzados por augas e outros relevantes para a estimación do perigo de enchentes e a presencia de áreas potencialmente afectadas en coordinación co Sistema de Protección Civil de Galicia.

4.1.1. Preemerxencia (alerta) derivada do aviso meteorolóxico.

A alerta realizarase cando o Instituto Nacional de Meteoroloxía, a través do Centro Meteorolóxico Territorial de Galicia, emita un boletín de aviso de fenómenos meteorolóxicos adversos, sobre a posibilidade de que se superen os limiares establecidos no plan rexional.

Estes limiares, así como o procedemento que hai que seguir indícanse no anexo XIII.

a) Tipos de boletíns:

-Boletíns de medio prazo: prazo de predicción superior a 48 horas. Son elaborados polo Centro Nacional de Predicción e difundidos polo CMT-Galicia. Sempre terán a súa continuidade nos boletíns a curto prazo, ben para a súa confirmación, ben para a súa anulación.

-Boletíns de curto e moi curto prazo: prazo de predicción inferior a 48 horas.

Cando a predicción a moi curto prazo sexa inferior a 6 horas, o CMT-Galicia, ademais de emiti-lo boletín, efectuará o aviso telefonicamente/radio ó Cecop-Galicia (112).

-Boletíns de fenómenos adversos observados: emitirase cando exista constancia da aparición de choivas intensas sen que se emitise boletín previo e, nalgúns casos, aínda que se emitise boletín, se o CMT-Galicia considera conveniente a súa emisión.

Neste caso, ó igual que na predicción a menos de 6 horas, o CMT-Galicia informará vía teléfono/radio ó Cecop-Galicia, ademais de realiza-la emisión do boletín.

-Boletíns de actualización e fin de episodio: ademais dos boletíns citados, o CMT-Galicia pode emitir boletíns de actualización nos que se modifica a situación prevista, e os boletíns de fin de episodio, cando este se dea por concluído.

En tódolos boletíns realízase unha aproximación ás características das precipitacións: probabilidade (posible, probable), intensidade (feble, moderada, forte, moi forte ou torrencial), a distribución espacial (illada, dispersa ou xeneralizada) e a súa evolución temporal (ocasional, persistente, frecuente ou intermitente).

b) Situacións que xeran alerta:

Emitiranse boletíns sempre que se prevexa que se van supera-los limiares establecidos no Plan Galego de Predicción e Vixilancia (anexo XIII).

-Choiva acumulada nunha hora: 30 l/m en Galicia, equivalente a intensidades moi fortes.

-Choiva acumulada en 6 horas: 60 l/m.

-Choiva acumulada en 12 horas: 130 l/m, para o sur da Coruña e toda a provincia de Pontevedra; 90 l/m para o resto de Galicia. Este limiar utilízase para precipitacións de tipo persistente e normalmente extensas, con intensidades ocasionalmente fortes.

De acordo con estes limiares, os boletíns de aviso de fenómenos meteorolóxicos adversos emitiranse ante as seguintes situacións:

-Intensidade moi forte de carácter persistente e/ou xeneralizado.

-Intensidade moi forte de carácter local.

-Intensidade forte de carácter persistente e/ou xeneralizado.

-Intensidade moderada e localmente forte de carácter persistente e/ou xeneralizado.

As situacións descritas son previsións meteorolóxicas que non implican automaticamente situacións de protección civil, posto que na ocorrencia de inundacións interveñen outros factores, tales como as precipitacións de datas anteriores, a situación dos encoros e o grao de saturación do terreo.

c) Notificación do aviso e alerta:

Boletíns de curto e moi curto prazo:

O CMT Galicia remitirá o aviso ó Cecop-Galicia (112), que unha vez avaliado e por orde do director do plan especial, ou persoa en quen delegue, o transmitirá vía fax e/ou radio/telefonía ós organismos e responsables das zonas de risco; estes establecerán a situación de alerta e informarán o Cecop-Galicia, que notificará a alerta ó director do plan especial.

Boletíns de moi curto prazo con predicción a menos de 6 horas:

O CMT Galicia efectuará o aviso telefonicamente/radio ó Cecop-Galicia, e seguirase o mesmo procedemento anterior.

Boletíns de actualización e de fin de episodio:

Serán transmitidos a tódolos organismos alertados.

Desde o momento en que se realiza a alerta, ponse en marcha o seguimento pluviohidrolóxico.

4.1.2. Seguimento pluviohidrolóxico.

Consiste no seguimento, cuantitativo e/ou cualitativo, das precipitacións e niveis de caudal en leitos, así como o suposto de alivio dun encoro.

Ten por obxecto confirmar ou non a previsión de choivas, a súa localización xeográfica e a súa evolución, para preve-las bacías que poden resultar afectadas.

Esta fase pode ser activada independentemente de que se realizase ou non a alerta derivada do aviso meteorolóxico, no caso de que se produzan choivas intensas sen aviso previo.

O seguimento pluviohidrolóxico efectúase cos medios e recursos que dispoñen os responsables das bacías hidrográficas e dos encoros de Galicia.

No Cecop-Galicia (112) disponse dunha base de datos coa información necesaria para efectua-lo seguimento: relación de municipios por bacías, encoros existentes e puntos de control pluviométricos e foronómicos (ver anexo XII).

4.2. Emerxencia.

Esta fase iníciase cando, da análise dos parámetros meteorolóxicos e hidrolóxicos, se conclúa que a inundación é inminente ou cando esta xa comezase.

4.2.1. Sistemática xeral de actuación no Cecop-Galicia (112).

Está previsto que a organización funcional do Cecop-Galicia varíe segundo a gravidade da situación, a extensión territorial afectada e a cantidade de recursos que hai que mobilizar. Este nivel de mobilizacións tamén se modificará dentro dunha mesma situación de emerxencia, polo que deixa aberta a posibilidade de ir aumentando o número de persoas que atenda a emerxencia segundo as características de cada emerxencia.

Desde o momento en que comeza a emerxencia, as mobilizacións de recursos solápanse coas actuacións para efectua-lo seguimento pluviohidrolóxico.

O persoal da Área do Servicio de Emerxencias do Cecop-Galicia (112), ademais da mobilización dos recursos e das intervencións correspondentes, efectuará un seguimento da situación, identificando os concellos, localizando a bacía da que se trate, co fin de coñece-la situación nos concellos do contorno, para comproba-lo alcance da situación (bacías afectadas e nivel de danos).

As actuacións do Cecop-Galicia descritas ata agora correspóndense fundamentalmente coas situacións de emerxencia 0 e 1. A situación de emerxencia 2 comporta a constitución de grupos de acción no terreo e, se a situación se agrava, a constitución do Cecopi.

4.2.2. Situación de emerxencia 0.

Son aquelas emerxencias nas que, por unha evolución desfavorable da situación meteorolóxica e hidrolóxica, se conclúe que a inundación é inminente ou xa comezou, con perigo para persoas e bens, dando lugar á alerta hidrolóxica e a unha serie de actuacións de emerxencia.

As situacións de emerxencia 0 son cualificadas polo director do plan especial.

Alerta hidrolóxica.

A alerta hidrolóxica é a acción de comunicar ós concellos e organismos implicados, o aviso sobre a posibilidade de que se produzan inundacións nalgunhas zonas con perigo para persoas e bens, xunto con mensaxes de prevención e protección.

A alerta ós concellos será transmitida directamente ó alcalde ou autoridade en quen delegue, así como á policía local, servicios de protección civil e de emerxencias municipais.

Esta situación de emerxencia (situación 0) derivará do seguimento pluviohidrolóxico, a través do que se observa que se están producindo precipitacións moi fortes ou torrenciais, aumento do caudal en ríos con posibles desbordamentos.

Alerta hidrolóxica en ríos:

O organismo autónomo Augas de Galicia (bacía Galicia-Costa), así como a CHN (Confederación Hidrográfica do Norte de España: bacía Miño-Sil, Eo, Navia e Limia), e a Confederación Hidrográfica do Douro (bacía do Mente e do Támega) afectado/a informará ó Cecop-Galicia do perigo de desbordamento. Tras informe e consulta co director do plan a través do Cecop-Galicia (112):

-Informará inmediatamente ó/s concello/s previsiblemente afectados, empregando a vía de comunicación máis rápida (radio rede troncal, telefonía, outras).

-Informará o máis rápido posible a: organismos, institucións públicas e privadas e asociacións implicadas.

Alerta hidrolóxica de previsión de enchentes:

En función dos niveis de alerta e perigo establecidos polas autoridades competentes no momento actual da aprobación deste plan dos caudais medios de previsión de enchentes de achega ós encoros situados na Comunidade Autónoma de Galicia, os titulares responsables dos encoros situados en Galicia deben informa-lo director do plan especial, a través da Central de Emerxencias 112, das variacións hidrolóxicas que teñen lugar antes de que se acaden os valores de alerta e de perigo, ou se supoña que poidan acadarse.

As autoridades competentes en materia de administración hidráulica, en coordinación coas autoridades competentes de Protección Civil da Administración autonómica de Galicia, revisarán, actualizarán e, se é o caso, establecerán os niveis de alerta e de perigo na totalidade dos caudais medios de previsión de enchentes no ámbito territorial de Galicia, coa colaboración da Comisión Galega para os Riscos de Inundacións e Situacións de Seca.

4.2.3. Situación de emerxencia 1.

É unha situación na que se produciron inundacións en zonas localizadas, nas que a atención pode quedar asegurada cos recursos locais ou certos recursos de ámbito superior, en primeira intervención (bombeiros, servicios de emerxencia, UPA, Garda Civil, Corpo Nacional de Policía, policías locais, recursos sanitarios,...).

A cualificación e dirección de situacións de emerxencia 1 correspóndelle ó director do plan especial.

A través do director do Cecopal canalizaranse as comunicacións co Cecop-Galicia e coordinaranse as actuacións dos medios locais, así como a recepción dos medios e recursos solicitados.

O Cecopal seguirá as actuacións concretas previstas no plan de actuación municipal, encamiñadas á protección de persoas e bens.

Desde o Cecop-Galicia efectuaranse as mobilizacións solicitadas, continuando co seguimento pluviohidrolóxico na bacía/s afectada/s, de acordo coa sistemática xeral descrita no presente plan especial.

4.2.4. Situación de emerxencia 2.

Son aquelas en que se produciron inundacións que superan a capacidade de atención dos medios e recursos locais ou, aínda sen producirse esta última circunstancia, os datos pluviométricos e hidrolóxicos e as prediccións meteorolóxicas permiten prever unha extensión ou agravamento significativo daquelas. Estas situacións poderán comporta-la constitución do Cecopi.

As emerxencias 0 ou 1 que para o seu control requiran a constitución do Cecopi, sempre serán declaradas como emerxencias de situación 2, así como as que se definan como escenario 2 e 3, con constitución do Cecopi.

A cualificación e dirección da situación de emerxencia 2 correspóndelle ó director do plan especial. O responsable do Cecop-Galicia (112) dirixirá estas ata a incorporación do director do plan especial ou os seus substitutos de acordo coas previsións antes enunciadas. A constitución do Cecopi será decidida polo director do plan especial cando, pola gravidade da emerxencia, se considere necesario.

O Cecopi constituírase sempre que a evolución da situación prevexa a posibilidade de acada-la declaración de interese nacional.

4.3. Grupos de acción.

4.3.1. Notificación.

a) Notificación da situación de alerta:

A alerta derivada de aviso meteorolóxico levarase a cabo nas situacións meteorolóxicas definidas no presente plan especial. Serán transmitidas vía fax dende o Cecop-Galicia (112), complementándose coa alerta telefónica/radio ós coordinadores dos grupos de acción e responsable do Gabinete de Prensa. Estes deberán permanecer localizables mentres permaneza a situación de risco e ter coñecemento da evolución da mesma.

Os responsables dos grupos de acción deberán alertar a súa vez ós compoñentes do seu grupo.

b) Notificación de situación de emerxencia:

O Cecop-Galicia dispón dun protocolo para a notificación da situación de emerxencia vía fax completado con alerta teléfono/radio a tódolos servicios actuantes implicados, así como para a notificación da fin da emerxencia.

4.3.2. Mobilización.

Nas situacións de emerxencia 0 e 1 mobilízanse os servicios necesarios, que serán xestionados desde os seus respectivos servicios (bombeiros, emerxencias, urxencias sanitarias...), e coordinados no terreo polo Cecop-Galicia a través do/s Cecopal.

Cando se declare a situación de emerxencia 2, constituiranse os grupos de acción que requira o director do plan especial. No momento en que así o decida o director do plan especial, constituirase o Cecopi, debendo integrarse nel os responsables de cada grupo.

Desde a constitución do Cecopi, tódalas mobilizacións de medios serán ordenadas dende o comité de dirección, co apoio do comité asesor.

En caso de constituírse un ou varios PMA, a súa dirección recaerá sobre o coordinador do grupo de intervención na zona. O director do plan especial poderá decidir que a dirección do PMA sexa asumida por un técnico de emerxencias da Xunta de Galicia.

4.3.3. Integración dos recursos municipais.

Desde o Cecopal coordinaranse os recursos municipais, que se integrarán nos grupos de acción:

-A policía local integrarase no grupo de seguridade.

-O persoal con funcións de abastecemento, reparacións e obras, integrarase no grupo de apoio loxístico.

-O persoal voluntario integrarase nos grupos de acción que designe o director do plan de actuación municipal, fundamentalmente no apoio loxístico para colaborar en tarefas de avituallamento e nas de albergue e asistencia nos centros de recepción de evacuados.

4.4. Emerxencias por incidencias en encoros.

4.4.1. Interfase entre o Plan de Emerxencia de Encoros e o plan especial.

Segundo o escenario que se presente de entre os definidos no presente plan especial, o Plan de Emerxencia de Encoros establecerá as actuacións e as comunicacións co plan especial, establecidas na directriz básica de planificación de protección civil ante o risco de inundacións.

Establécese a sistemática de actuación no caso de que se produza algunha das emerxencias descritas nos escenarios.

Desde o momento en que as circunstancias existentes no encoro requiran a aplicación de medidas correctoras (escenario 1), o director do Plan de Emerxencia de Encoros comunicaralle ó Cecop-Galicia (112) o tipo de emerxencia, as medidas adoptadas e as previsións.

Nos casos en que deban producirse desaugamentos de encoros, comunicaráselle ó Cecop-Galicia (112) coa suficiente antelación para que este alerte os concellos afectados augas abaixo do encoro.

Obviamente os diferentes escenarios previstos poden producirse independentemente de que exista unha situación de precipitacións intensas, xa que poden darse situacións de risco producidas por diferentes causas.

4.4.2. Escenario 0.

É aquel no que as condicións existentes e as previsións aconsellan unha intensificación da vixilancia e o control do encoro, non requiríndose a posta en

práctica de medidas de intervención para a reducción do risco.

4.4.3. Escenario 1.

Producíronse acontecementos que, de non aplicarse medidas de corrección (técnicas, de explotación, desaugamento do encoro ou outras manobras), poderían ocasionar perigo de avaría grave ou de rotura do encoro, se ben a situación pode resolverse con seguridade mediante a aplicación das medidas previstas e os medios dispoñibles.

4.4.4. Escenario 2.

Existe perigo de rotura ou avaría grave do encoro e non pode asegurarse con certeza que poida ser controlado mediante a aplicación das medidas e medios dispoñibles.

O director do Plan de Emerxencia de Encoros comunicarallo inmediatamente ó Cecop-Galicia, que actuará igual que na situación de emerxencia 2, procedendo a convoca-lo Cecopi, logo de notificación ó director do plan especial.

No Cecopi integrarase un representante do organismo de bacía que asesorará o comité de dirección e actuará de interlocutor co director do Plan de Emerxencia de Encoros.

4.4.5. Escenario 3.

A probabilidade de rotura do encoro é elevada ou esta xa comezou, resultando practicamente inevitable que se produza a onda de enchente xerada pola dita rotura.

O director do Plan de Emerxencia de Encoros comunicaralle inmediatamente a situación ó Cecop-Galicia, que actuará como no escenario 2.

Nesta situación o Cecop-Galicia deberá alerta-las autoridades dos concellos afectados.

A directriz básica de planificación de protección civil ante o risco de inundacións prevé que no Plan de Emerxencia de Encoros se estableza un sistema de alarma (acústica ou outros sistemas de aviso), co fin de que a poboación que poida verse afectada pola inundación producida nun intervalo non superior a 30 minutos reciba a alarma inmediatamente. Os sistemas de alarma, tanto na súa instalación como no seu mantemento, serán obriga do titular do encoro, que tamén deberá informar e divulgar entre a poboación previsiblemente afectada por un risco das medidas que deberá adoptar no momento que se active o sistema.

Os sistemas de alerta deberán dispoñer dun sistema redundante de aviso á poboación. Para iso deberán contar cos mecanismos axeitados que permitan a súa conexión e intercomunicación co Cecop-Galicia (112) e, se é o caso, co/s Cecopal/s correspondente/s.

Os sistemas de alarma que deban adoptarse en cada plan especial de encoros serán informados pola Comisión Galega para os Riscos de Inundacións e Situacións de Seca, e se é o caso homologados pola Comisión Galega de Protección Civil.

Ata que se implanten os ditos sistemas de alarma, esta será levada a cabo cos recursos municipais, recibida a notificación correspondente.

4.5. Reposición de servicios básicos ou esenciais e volta á normalidade.

4.5.1. Reposición de servicios básicos ou esenciais.

Como se indica no Plan Territorial de Protección Civil de Galicia (Platerga), enténdese por servicios básicos ou esenciais aqueles nos que a súa carencia afecta notablemente á calidade de vida dos cidadáns e ó recomezo dos servicios e actividades industriais, podendo provocar en ocasións problemas de seguridade.

Principalmente inclúense neste tipo de servicios os seguintes:

-Subministración de auga potable.

-Subministración eléctrica.

-Servicio telefónico.

-Subministración de gas.

En situacións de emerxencia preséntanse problemas no restablecemento e normalización dos servicios básicos nos concellos afectados, agravados polo progresivo esgotamento dos recursos municipais e a frecuente inexistencia no termo municipal de materiais e maquinaria especial para estas funcións.

Por tanto, corresponderá ó Cecop-Galicia (112), seguindo as directrices do director do plan especial, coordina-los labores e actuacións tendentes ó apoio ós recursos municipais na reposición dos servicios que son básicos ou esenciais para a poboación.

Actuacións:

-De acordo cos protocolos existentes, o Cecop-Galicia establecerá os contactos pertinentes coas persoas encargadas en cada un dos servicios de efectua-los labores de restauración/recomezo da subministración.

-De acordo coas dispoñibilidades operativas e técnicas das respectivas compañías abastecedoras, o Cecop-Galicia establecerá as prioridades na cadencia de restauración/recomezo dos abastecementos.

-Manterase informados os concellos, a través do seu alcalde ou persoa en quen delegue, das actuacións que desenvolvan as distintas compañías abastecedoras, co fin de proporciona-la máxima información posible á poboación afectada pola emerxencia. Ó mesmo tempo solicitarase dos concellos afectados a información do estado dos abastecementos dos diversos servicios co propósito de servir de información de retorno ós responsables do seu recomezo.

-Transmitiranse ó comité asesor as peticións de recursos humanos e materiais dos servicios operativos dependentes das diversas administracións que poidan necesita-las compañías abastecedoras.

-En caso necesario coordinaranse e arbitraranse as solucións para prover de servicios alternativos.

4.5.2. Volta á normalidade.

Tras unha situación de emerxencia, a fase de volta á normalidade comprende a reconstrucción de infraestructuras, a reparación de danos, a limpeza de zonas afectadas (desentullamento, enterramento de animais...), e a reposición de servicios non esenciais.

4.6. Medidas de protección.

Considéranse medidas de protección os procedementos, actuacións e medios previstos no presente plan especial, co fin de evitar ou atenua-las consecuencias das inundacións, inmediatas e diferidas, para a poboación e o persoal interveniente no terreo.

Considéranse como medidas de protección as accións que tenden a impedir ou diminuí-los danos a persoas e bens materiais que puideran producirse, ou que se producen na emerxencia; contémplanse as seguintes, sen excluí-la posibilidade de adoptar outras diferentes que cada situación concreta puidera requirir:

Medidas de protección á poboación:

* Avisos á poboación afectada.

* Evacuación.

* Asistencia sanitaria.

* Confinamento en lugares de seguridade.

* Control de estradas.

Medidas de protección dos bens:

* Previndo as consecuencias dos riscos.

* Evitando riscos asociados.

Medidas de socorro e rescate:

* Busca, rescate e salvamento de persoas.

* Primeiros auxilios.

* Triaxe sanitaria.

* Albergue de emerxencia.

* Abastecemento (roupa, alimentos, auga).

Medidas de intervención:

* Accións tendentes a combate-los sucesos.

* Habilitar accesos.

* Regulación de tráfico.

* Conducción de medios á zona de intervención.

Medidas reparadoras:

* Establecer sistemas alternativos de: electricidade, auga e comunicacións.

* Restablece-los servicios públicos afectados.

* Accións específicas para a volta á normalidade.

As medidas de protección dirixidas á salvagarda das persoas, estableceranse con carácter prioritario a través dos procedementos operativos que racionalmente se poidan utilizar, en función dos medios dispoñibles e que mellor se adecuen ás circunstancias.

Servicio de salvamento:

Os equipos de salvamento son os primeiros en acudir á zona, contribuíndo á rehabilitación doutros servicios públicos esenciais afectados. Xeralmente, os integrantes destes equipos son os corpos de bombeiros, os servicios de emerxencias e os de salvamento pola súa preparación e medios dos que dispoñen.

Tamén se contará coas forzas de seguridade e grupos de submarinismo, dependendo do ámbito de actuación.

Se estes equipos fosen afectados pola catástrofe e tardasen en chegar á zona sinistrada ou fosen insuficientes polo tamaño da demanda, sería necesario preparar outros equipos alternativos neste cometido.

Servicio de sanidade:

Encargaranse estes servicios sanitarios de asegurar, no posible, a boa condición sanitaria das persoas, garantindo ademais o abastecemento de medicinas, servicios mínimos de hixiene e selección de afectados pola súa gravidade.

Este servicio encargarase de informa-la dirección do plan especial sobre o uso da auga e medidas que se tomarán no caso de que estea contaminada.

Encargarase tamén de dar solución, planificar e coordina-las doazóns de sangue, se fose necesario, para os hospitais que a necesiten.

Servicio de asistencia e albergue:

Nas emerxencias que supoñan evacuación da poboación dos lugares de residencia, os servicios de asistencia e albergue encargaranse de proporciona-los aloxamentos alternativos necesarios en hoteis, residencias, albergues, escolas, igrexas, naves industriais e recintos deportivos, entre outros.

Nestes albergues, os equipos de asistencia encargaranse de ter previsto, na medida necesaria:

-Servicios de primeiros auxilios.

-Alimentos e auga.

-Servicios sanitarios.

-Mantas, abrigos e calefacción.

-Servicio de información ó público.

-Servicio de comunicacións.

Esta situación de provisionalidade en lugares de emerxencia prolongarase o menos posible e unha vez restablecida a normalidade, pasarán ós seus domicilios.

Medidas operativas.

Control de accesos:

Realizarase o control de accesos ás zonas sinistradas ou ameazadas, tanto de persoas como de vehículos, de maneira que non se entorpezan os traballos dos distintos grupos que actúan na zona ou zonas afectadas e naquelas consideradas de risco. Tamén será necesario, se é o caso, o control e reordenación do tráfico nas zonas adxacentes, co obxecto de facilita-la chegada de novos medios de apoio mentres se manteña a situación de emerxencia.

Con carácter xeral, este control farano os efectivos das policías locais e os corpos de seguridade do Estado asignados ó plan, podendo ser encomendadas algunhas funcións a membros da AVPC.

Avisos á poboación:

Nas distintas fases da emerxencia daranse avisos periódicos á poboación, e aqueles outros puntuais que considere conveniente a dirección do plan especial, que permitan mantela informada da situación e a súa evolución; poderán levarse a cabo tamén a través de medios de transmisión, mensaxes, instruccións e recomendacións que contribúan á colaboración das persoas e a súa autoprotección, e a evitar situacións de pánico e comportamentos ou actuacións negativas.

Utilizaranse os medios de difusión públicos ou privados máis convenientes en cada caso para os comunicados de ámbito xeral. En zonas reducidas esta función poderá efectuala a Policía Local a través de megafonía manual ou instalada en vehículos.

Lugares de refuxio ou illamento:

Ante determinadas situacións que ameacen a súa integridade física ou a saúde da poboación, poderá dispoñerse o seu traslado a lugares de seguridade nos que permanecerán ata que se restitúan as condicións normais.

Preferentemente manteranse nas súas casas, se se consideran seguras cumprindo normas apropiadas ou adoptando medidas específicas que lle serían transmitidas no momento oportuno.

En calquera caso, manteríase un sistema de vixilancia que permitirá o seguimento da evolución da súa situación e a prestación dos apoios que necesitasen.

Evacuación:

Acción fundamental, como medida de protección eficaz.

Consiste no traslado, previo desaloxo de se-lo caso, dun grupo de persoas realizado dun modo ordenado e controlado a lugares considerados seguros.

Toda evacuación precisa dunha planificación.

Previamente ó desenvolvemento desta acción é necesario facer unha valoración baseada no coñecemento

dos feitos e proceder despois á activación dos medios e recursos dispoñibles na proporción que se estime axeitada.

Para desenvolve-la acción propiamente dita de evacuar, habilitaranse unha ou máis vías para uso exclusivo dos medios que interveñan na evacuación; dispoñeranse medios de transporte axeitados para persoas e aparellos de primeira necesidade, feridos, inválidos, etc., e designarase o persoal encargado do movemento das persoas. Tamén poderá ser necesario dispor ou habilitar dependencias médicas e administrativas para o control das persoas que son desprazadas a outros lugares.

Protección de bens:

De modo simultáneo, se é posible, tomaranse as medidas protectoras de bens que poidan ser afectados pola inundación. Evidentemente a primeira preocupación dirixirase á protección das persoas.

Trátase de rescatar ou salvagarda-los bens de maior valor ou importancia, tanto material como cultural.

Ás veces será necesario aplicar medidas protectoras a bens que non teñan un interese especial, pero que a súa deterioración poida ser orixe de novos riscos que contribúan a aumenta-los danos xa producidos.

Medidas reparadoras:

Para a determinación das medidas reparadoras que proceda contemplar en cada caso, previamente realizarase unha valoración dos danos producidos durante a inundación.

A valoración destes danos levarase a cabo por parte dos técnicos correspondentes dos distintos grupos operativos ou de acción intervenientes na emerxencia, que informarán o director do plan especial, despois do recoñecemento da zona de operacións.

Nos informes reflectiranse os distintos danos producidos ou os que puideran producirse de continua-la emerxencia, especificando, dun lado os danos humanos e, por outro, os bens materiais afectados.

A análise dos informes dos grupos de acción permitirá, ademais, avalia-los riscos asociados, tales como instalacións de gas, electricidade, auga potable, entre outros.

Da valoración dos danos ocasionados na zona afectada pola catástrofe, determinarase o seu nivel de gravidade e, polo tanto, fixarase que medios e en que cantidade son necesarios para atende-lo incidente. Do mesmo xeito, sinalaranse os grupos de acción que é necesario que interveñan e o número de membros de cada un deles.

Así mesmo, delimitarase a zona danada pola inundación, sinalando os seus límites ou extensión e características topográficas do terreo (zona urbana ou rural). Ademais, reflectirase o tipo de poboación afectada, número, idades, actividade, entre outros parámetros que hai que considerar.

Determinarase tamén se se viron implicadas instalacións industriais que poidan, pola súa vez, alterar nalgunha medida o ambiente da zona.

Con esta valoración tense en conta o principio de proporcionalidade entre a necesidade que se pretende atender e os medios que se consideran axeitados para atendela.

Da análise, por parte do director do plan especial, dos informes técnicos realizados polos distintos grupos de acción, determinaranse as medidas de enxeñería civil necesarias para facer fronte á rehabilitación dos servicios esenciais afectados, tales como: auga, gas, electricidade, teléfonos, transporte, sanidade.

Outorgarase prioridade ós recursos de titularidade pública fronte ós de titularidade privada.

Tódalas accións que se indican a continuación coordinaranse a través do Cecop-Galicia 112 SOS-Galicia.

Os servicios e abastecementos esenciais ou básicos que hai que considerar son:

Abastecementos:

* Auga.

* Alimentos.

* Enerxía:

-Electricidade.

-Combustible.

Servicios:

* Salvamento.

* Asistencia e albergue.

* Sanidade e hixiene:

-Hospitais.

-Saneamento.

* Información.

Dada a interrelación existente entre algún dos abastecementos e servicios é necesario establecer prioridades.

Abastecemento de auga:

As autoridades competentes, tanto municipais como da Administración autonómica, garantirán o abastecemento e potabilidade da auga para o seu consumo. En caso necesario, procederase ó abastecemento de auga potable mediante vehículos cisterna. As autoridades sanitarias subministrarán á poboación aquelas normas hixiénicas necesarias para evitar todo tipo de enfermidades.

Abastecemento de alimentos:

En situacións de inundación de curta duración o abastecemento de alimentación é difícil que se corte, pero se a situación se prolonga pode supoñer un problema, polo que se procederá a avalia-la situación, determinando a zona de poboación afectada, tendo

en conta o número de persoas, idades e outros parámetros.

Para a subministración de alimentos á poboación afectada serán mobilizados estes, desde os centros de aprovisionamento polo grupo loxístico, mediante voluntarios.

Abastecemento de enerxía:

Mentres as operacións de reparación non rematen, procederase á utilización de xeradores, grupos de electróxenos e calquera outro sistema que permita subministrar enerxía, sobre todo a centros sanitarios, equipos de rescate, albergues, etc.

As empresas subministradoras de fluído eléctrico e combustible e os servicios municipais encargaranse, mediante os seus equipos técnicos, de restablece-la normalidade. Estes traballos serán coordinados pola autoridade competente.

Servicio de transporte:

Os servicios de transporte encargaranse de proporciona-los sistemas necesarios de locomoción e transporte, tanto para os afectados, empregando vehículos de emerxencia, como para o transporte de materiais de socorro e abastecemento á poboación.

Contarase cos servicios públicos e privados de autobuses, camións, transportes sanitarios, etc.

Terase presente:

-Mobilizar soamente os vehículos necesarios.

-Elixir unha vía de entrada e outra de saída cara a zona inundada.

-Establecer unha comunicación entre vehículos de transporte de feridos e os centros de recepción.

En caso de graves dificultades de circulación, determinaranse zonas de aterraxe de helicópteros como medios alternativos de transporte.

Servicio de comunicacións e información:

Estes servicios danados serán restablecidos coa maior brevidade posible polos servicios de avarías das respectivas empresas públicas e privadas, os que se lles prestará o máximo apoio desde a dirección do plan especial para cumpri-lo seu cometido o antes posible.

4.6.1. Medidas de protección á poboación.

As medidas de protección para a poboación concrétanse na preparación previa desta mediante información sobre medidas de autoprotección, ou ben, o seu aviso ou posta en marcha no caso de que preventivamente se decida o confinamento ou evacuación ante unha posible evolución negativa da emerxencia.

A práctica totalidade das accións anteriores teñen carácter inmediato e só poden ser levadas a cabo en primeira instancia cos recursos locais, é dicir, situados no concello, apoiados por un primeiro nivel de recursos externos.

O Plan de Actuación Municipal deberá, polo tanto, conter un punto que prevexa as medidas que se adoptarán en tales supostos.

A coordinación da actuación corresponderá ó Cecopal, colaborando nela as forzas da orde pública no concello (UPA, Policía Local, Garda Civil ou Corpo Nacional de Policía).

As medidas de protección á poboación, tal como detalla o Plan Territorial de Protección Civil (Platerga), comprenden:

-Medidas de autoprotección persoal: son aquelas medidas sinxelas que poden ser levadas a cabo pola propia poboación. Deberán divulgarse durante a fase de implantación do Plan de Actuación Municipal.

-Confinamento: esta medida consiste no refuxio da poboación nos seus propios domicilios, recintos ou habitáculos próximos no momento de anunciarse a adopción da medida.

Deben complementarse coas medidas de autoprotección persoal.

-Aloxamento: consiste no traslado da poboación desde posicións expostas a lugares seguros, xeralmente pouco distantes, utilizando os seus propios medios.

-Evacuación: consiste no traslado da poboación que se atopa na zona de maior risco a zonas afastadas dela. Trátase dunha medida definitiva, que se xustifica unicamente se o perigo ó que está exposta a poboación e grande.

Se non existe un perigo inminente, o alcalde do concello proporá a evacuación ó director do plan especial a través do Cecop-Galicia. Neste caso, a decisión de da-la orde de evacuación correspóndelle ó director do presente plan especial. En tódolos casos, o alcalde coordinará e dirixirá a evacuación no seu concello.

Ante a situación de perigo inminente, a orde para que se efectúe unha evacuación poderá se dada polo alcalde do concello ou polo director do plan especial.

Obviamente, gran parte das medidas de protección á poboación serán levadas a cabo polos distintos grupos de acción, tales como: control de accesos polo grupo de seguridade e o control de alimentos, auga e a asistencia sanitaria polo grupo sanitario.

Os sistemas de aviso á poboación teñen por finalidade alerta-la poboación e informala sobre a actuación máis conveniente en cada caso e sobre a aplicación das medidas de protección antes enunciadas: autoprotección, confinamento, afastamento e evacuación.

Nun primeiro nivel, os avisos á poboación efectuaranse mediante os sistemas de megafonía, cos que se poderá informa-la poboación das medidas de protección de aplicación inminente.

Estes sistemas de megafonía deberán estar previstos no plan de actuación municipal, e dotar deles ás forzas e corpos de seguridade no municipio.

Nun segundo nivel, a información á poboación sobre a evolución da situación realizarase a través dos medios de comunicación social (radio, televisión), concretamente Radio-Galega, RNE, TVG, TVE-1, e se é o caso, as emisoras de radio ou de TV que considere oportuno o director do plan especial, sendo facilitadas

as mensaxes que hai que difundir polo gabinete de información adscrito ó Cecop-Galicia, ou no seu caso polo comité de dirección de Cecopi.

Informarase das emisoras de radio e de TV á poboación a través das campañas de divulgación previstas na implantación.

Para facilitar información utilizarase o teléfono de emerxencia do 112.

O número telefónico asignado ó Centro de Información de Tráfico establecido polo Ministerio do Interior e a rede de postes SOS, tamén poderán ser utilizados para os efectos anteriormente aludidos.

Este centro de información colaborará na difusión das medidas que debe adoptar en cada caso a poboación, de acordo coas instruccións que se establezan desde o Cecop-Galicia, ou de se-lo caso, desde o Cecopi.

4.6.2. Medidas de protección para os grupos de acción.

Estas medidas serán facilitadas polo Cecop-Galicia (112) e os diferentes organismos implicados ós responsables dos grupos de acción.

Durante a fase de implantación deberá dotarse ós grupos de acción dos medios de protección axeitados.

4.7. Plan de transmisións.

O Centro de Transmisións está instalado na sala de comunicacións do Cecop-Galicia. Está encargado de centralizar e garantir, durante a activación do plan especial, a comunicación permanente con:

-Os Cecop-provinciais da Xunta de Galicia e os Cecopal.

-Os grupos de acción no terreo e, se é o caso, o PMA.

-As deputacións provinciais.

-Os concellos/policías locais.

-Os medios de comunicación social.

-Organismos, entidades, autoridades directamente implicadas no plan.

O Cecop-Galicia dispón dun protocolo de transmisións no que figuran os medios de comunicación existentes con tódolos organismos e servicios alertables e/ou mobilizables en situacións de emerxencia no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, no que se atopan incluídos os organismos relacionados anteriormente.

Dito protocolo de transmisións utiliza como ferramenta de traballo unha aplicación informática na que figura cada organismo/servicio, contendo os medios de comunicación dispoñibles (teléfono/s, fax, radio, correo electrónico), con tódolos datos necesarios para o seu funcionamento e especificándose ó medio de comunicación prioritario.

As notificacións de previsión de situacións de risco de inundacións dirixiranse o Cecop-Galicia vía fax/teléfono/radio.

Desde ó Cecop-Galicia realizaranse as notificacións ós diferentes organismos, de acordo co presente plan especial.

Para o mantemento da operatividade do plan de transmisións, unha vez cada trimestre comprobaranse as comunicacións por tódolos medios cos diferentes organismos implicados no presente plan especial.

As probas rexistraranse e conservaranse. Notificaránselle ó director do plan especial as anomalías detectadas co fin de que sexan corrixidas.

4.8. Catálogo de medios e recursos.

Hai que diferenciar entre os medios e recursos existentes para o seguimento pluviohidrolóxico e os medios e recursos mobilizables en caso de emerxencia.

Medios e recursos para o seguimento pluviohidrolóxico:

Son os diferentes puntos de control de choivas e caudais distribuídos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, de diferente titularidade, incluídos na base de datos para xestión de inundacións do Cecop-Galicia.

Medios e recursos mobilizables en situación de emerxencia:

-Os recursos de tipo xeral (guindastres, vehículos especiais, recursos de albergue e outros) atópanse incluídos no catálogo de medios e recursos do Plan Territorial de Protección Civil de Galicia (Platerga).

-Os recursos municipais, públicos e privados, incluíranse nos plans de actuación municipal.

-O Cecop-Galicia dispón dunha lista de empresas de maquinaria do sector privado cos datos necesarios para a súa localización.

As normas para a asignación de medios e recursos de titularidade estatal a este plan son as aprobadas polo acordo do Consello de Ministros do 6 de maio de 1994 para os plans territoriais.

4.9. Directorio.

O Plan de Transmisións do Cecop-Galicia (112) contén os medios de comunicación con tódolos organismos e servicios implicados no presente plan especial. Este directorio de organismos e servicios corresponde á fase preventiva (preemerxencia) e á fase operativa (emerxencia), e abarca aqueles dos que se precisa recibir/solicitar información (fundamentalmente pluviométrica e hidrolóxica) e ós que se debe informar ou requiri-la súa intervención.

O directorio de organismos e servicios está constituído por organismos e servicios de titularidade pública e privada con responsabilidade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia en: meteoroloxía, hidroloxía, concellos, concesionarios de obras hidráulicas, concesionarios de abastecemento de augas e obras públicas.

Así mesmo, no dito plan de transmisións está incluído o directorio das persoas responsables implicadas neste plan especial. Este directorio constitúeno tódalas persoas físicas que se contemplan no presente plan

especial. Desígnase un titular e un suplente sempre para cada un dos postos.

A bases de datos do directorio, ó estar constituída principalmente por persoas físicas sofre unha variación importante no tempo, polo que cunha periodicidade semestral se revisará e se actualizará o directorio do plan especial.

5. Implantación e mantemento da operatividade.

5.1. Introducción.

Unha vez aprobado o Plan Especial ante o Risco de Inundacións en Galicia e homologado pola Comisión Nacional de Protección Civil, o órgano competente da Xunta de Galicia promoverá as actuacións necesarias para a súa implantación e o mantemento da súa operatividade. Este compromiso esténdese ós organismos responsables implicados.

Para isto serán nomeados os membros do Consello Asesor, do Gabinete de Información e dos grupos operativos.

Estes nomeamentos supoñen a designación dun titular e un suplente, así como os medios e/ou sistemas necesarios para a súa localización.

En concreto, despois da entrada en vigor do presente plan especial establecerase unha planificación anual das actividades que deban desenvolverse, tanto no que se refire á dotación de medios, á divulgación e ós simulacros, como á súa actualización e revisión periódica.

Elaboraranse informes sobre calquera episodio de choivas intensas ocorrido na comunidade, e posteriormente serán revisados e actualizados pola Comisión Galega para os Riscos de Inundacións e Situacións de Seca que participou na elaboración deste plan especial, co fin de incorporar posibles melloras a este.

Outras accións que deben levarse a cabo son:

-Realización e sinatura de convenios necesarios cos organismos e entidades que sexa preciso que participen na operatividade do plan.

-Establece-los sistemas de mobilización de medios e recursos.

-Elaboración de manuais operativos específicos de cada grupo de acción (realizados polos integrantes do propio grupo).

-Comprobación da dispoñibilidade efectiva de tódolos medios e recursos asignados ó plan especial.

-Confirmar e asegura-lo coñecemento do plan especial por tódolos intervenientes nel.

-Establecer un programa anual das actividades de implantación que se desenvolverá como ampliación

de dotación de infraestructuras, divulgación do plan especial, etc., e actualización desta información.

-Información á poboación.

5.2. Implantación.

5.2.1. Verificación da infraestructura do plan especial.

A Xunta de Galicia verificará a existencia e idoneidade de funcionalidade dos medios necesarios para o seu funcionamento, e en especial:

-Rede de transmisións: sistemas de comunicación entre servicios.

-Dotación de medios necesarios ó Cecop-Galicia e Gabinete de Información.

-Sistemas de avisos á poboación (dotación ó Grupo de Seguridade, e en especial Policía Local). Os sistemas de avisos á poboación serán comprobados a medida que se elaboren os plans de actuación municipal.

5.2.2. Formación do persoal dos servicios implicados no plan especial.

Unha vez entre en vigor o plan especial desenvolveranse as súas fases de implantación entre ó persoal implicado:

-Persoal do Cecop-Galicia, e, se é o caso, do Cecopi (Comité de Dirección, Comité Asesor, Gabinete de Información).

-Persoal dos grupos de acción.

-Outros organismos implicados.

A implantación do plan especial entre o dito persoal implicado seguirá as seguintes fases:

1. Remisión de copia do plan especial ó persoal anteriormente indicado e reunións informativas co fin de aclarar posibles dúbidas.

2. Difusión do plan especial ós compoñentes dos grupos de acción por parte dos xefes dos ditos grupos. Previamente, os responsables dos grupos de acción confeccionarán os protocolos internos de funcionamento destes, segundo o establecido no presente plan especial.

3. Cursos de formación e adestramento para os diferentes servicios implicados. A organización dos ditos cursos será realizada conxuntamente polo órgano competente en materia de protección civil da Xunta de Galicia e a Academia Galega de Seguridade.

Os cursos de formación para os servicios de protección civil, de emerxencia, de bombeiros, da UPA e de policías locais serán coordinados a través da Academia Galega de Seguridade (AGS).

4. Realización de exercicios e simulacros (parciais e globais).

5.2.3. Información á poboación.

Dentro da fase de implantación deberá seguirse unha política informativa de cara á divulgación do plan especial entre a poboación, co fin de facilita-la familiarización desta coas medidas de protección contempladas no presente plan especial.

A dita política informativa irá orientada a dar información:

a) Sobre o risco de inundacións:

Será unha información de tipo preventivo e na liña de conseguir unha concienciación da poboación.

Deberá informarse á poboación sobre as medidas de autoprotección e protección necesarias nos casos de emerxencia.

Así mesmo, informarase a través dos medios polos que se transmitirá a información en caso de que ocorrese a emerxencia.

Orientarase en forma de campañas periódicas dirixidas a diferentes grupos de poboación. Aproveitaranse os períodos con maior probabilidade de que se produza o dito risco para informar sobre el.

b) Sobre a emerxencia cando xa se produciu:

Esta información facilitarase cando xa se produciu o fenómeno e sexa necesario actuar de forma inmediata. Transmitirase información á poboación e ós medios de comunicación social, todo isto a través do Gabinete de Información adscrito ó director do plan especial, e se é o caso ó Comité de Dirección, mediante os sistemas de avisos á poboación previstos no presente plan especial.

A poboación debe recibir unha información clara sobre o que debe facer e hai que evitar en todo momento as informacións contradictorias que poidan provocar reacciones negativas.

Darase información sobre:

-Situación real da emerxencia en cada momento.

-Medidas de protección.

-Previsións sobre a evolución.

-En caso de evacuación, informar sobre como se vai efectuar, lugar de reunión e recomendacións que hai que seguir.

-Ó decidirse a emisión dunha mensaxe de alerta terase en conta:

-A quen vai dirixida.

-Sobre que perigo en concreto.

-De que forma se difunde.

-Cando se cancela.

As mensaxes de alerta, para seren máis efectivas, deberán ser asequibles e concretas, coherentes, apremiantes, fiables e reiteradas.

O director do plan especial, e no seu caso o Comité de Dirección, decretará a fin da emerxencia que se

lle comunicará á poboación polos medios utilizados durante a fase de emerxencia.

5.3. Mantemento da operatividade.

5.3.1. Actualización. Revisión.

Calquera alteración que afecte a organización do plan especial deberá ser comunicada coa suficiente antelación á dirección xeral con competencias en materia de protección civil da Xunta de Galicia, co fin de mante-la súa vixencia e operatividade, por parte do órgano competente.

Así mesmo, este compromiso estenderase ós organismos responsables con incidencia no plan especial e, en especial, no referente á revisión periódica do directorio, a fin de manter sempre actualizado o plan de transmisións.

A dirección xeral con competencias na materia de protección civil da Xunta de Galicia, polo menos unha vez ó ano, efectuará unha comprobación da dita operatividade.

O plan especial será revisado anualmente mediante a realización, como mínimo, dun simulacro de alerta e/ou emerxencia e sempre que se realicen modificacións que supoñan variacións importantes del.

Aqueles aspectos do plan especial que, trala realización dos simulacros, se demostren non eficaces serán modificados, incorporándose as ditas variacións ó seu texto. Así mesmo, incorporaranse ó plan especial as ensinanzas xurdidas da actuación fronte a emerxencias.

A incorporación de novos estudios e/ou variacións sobre os datos de risco existentes realizarase logo de consenso da Comisión Galega para os Riscos de Inundacións e Situacións de Seca e posterior informe á Comisión Galega de Protección Civil.

5.3.2. Formación permanente.

A formación do persoal implicado contemplada na fase de implantación debe ser un labor continuado, xa que se trata dun documento vivo suxeito a constantes revisións e actualizacións. A responsabilidade da dita formación recae sobre os responsables dos grupos de acción, coa colaboración do órgano competente.

Así mesmo, a posta en marcha de simulacros periódicos formará parte da dita labor de formación permanente.

5.3.3. Información: divulgación periódica á poboación.

O mesmo que no caso da formación, a información á poboación programarase dunha forma periódica anual e desenvolverase por medio de campañas.

5.3.4. Información: divulgación periódica ós concellos.

Cada ano, con anterioridade a época de maior risco, difundirase entre os concellos a información básica necesaria para o mantemento da operatividade.

ANEXO I

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia

que teñen risco de inundacións

ProvinciaRisco altoRisco medioRisco baixo

A CoruñaAmes

Brión

Cambre

Padrón

Rois

Santiago de Compostela

Teo

Val do Dubra

Vedra

Betanzos

Carballo

Frades

Negreira

Oroso

Ponteceso

Trazo

Arzúa

Baña, A

Boiro

Boqueixón

Carnota

Cedeira

Cerdido

Coristanco

Curtis

Dumbría

Ferrol

Mazaricos

Melide

Muros

Narón

Noia

Ortigueira

Ponteceso

Pobra do Caramiñal, A

Rianxo

Ribeira

Santa Comba

Santiso

Serra de Outes

Somozas, As

Toques

LugoLugo

Monforte

Begonte

Cospeito

Pantón

Pontenova, A

Ribas de Sil

Samos

Sarria

Vilalba

Viveiro

Abadín

Baralla

Barreiros

Bóveda

Carballedo

Castro de Rei

Cervo

Chantada

Friol

Guitiriz

Guntín

Monterroso

Outeiro de Rei

Pastoriza, A

Pobra de Brollón, A

Pol

Quiroga

Rábade

Sober

OurenseLeiro

Ourense

Ribadavia

Verín

Xinzo de Limia

Allariz

Baños de Molgas

Barco de Valdeorras

Carballiño, O

Celanova

Castrelo de Val

Laza

Monterrei

Oímbra

Piñor

Rúa, A

Rubiá

Vilar de Barrio

Arnoia

Beade

Carballeda de Valdeorras

Castro Caldelas

Coles

Cortegada

Lobios

Porqueira

Rairiz de Veiga

Sandiás

Toén

Trasmiras

Viana do Bolo

Vilamartín de Valdeorras

PontevedraCaldas de Reis

Estrada, A

Gondomar

Mos

Ponteareas

Porriño, O

Salvaterra

Tui

Campo Lameiro

Cuntis

Ponte Caldelas

Pontevedra

Portas

Redondela

Ribadumia

Silleda

Soutomaior

Tomiño

Vigo

Agolada

Arbo

Baiona

Barro

Crecente

Lalín

Lama, A

Meaño

Meis

Moraña

Neves, As

Nigrán

Ribadumia

Sanxenxo

Valga

Vila de Cruces

Vilaboa

Vilagarcía de Arousa

Vilanova de Arousa

ANEXO II

Directrices para a planificación a nivel local

Co fin de permiti-la integración dos plans locais de inundacións no plan da Comunidade Autónoma,

establécense as seguintes normas para a súa elaboración:

-Preverase a estructura organizativa e procedementos de intervención ante calquera emerxencia por inundacións que teña lugar dentro do seu ámbito de competencias. (Conforme o Platerga a zonificación territorial poderá ser de ámbito municipal ou comarcal).

-Deberán cataloga-los elementos vulnerables e zonifica-lo territorio competencia do concello en función do risco, así como delimitar áreas de actuación.

-Especificar procedementos de alerta e información á poboación.

-Determinar medidas de actuación.

-Realiza-lo catálogo de medios e recursos de titularidade de ámbito local, que poidan asignarse ó plan.

-Designa-lo director do plan.

-Establece-la operatividade do plan.

-Coordina-lo procedemento de integración no Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia.

Obxecto e funcións básicas do plan de actuación municipal/comarcal.

O obxecto dos plans municipais/comarcais por Risco de Inundacións é que tanto a Administración local como a poboación dispoñan dunha guía de actuación e dun dispositivo permanente de información, prevención, alerta e intervención ante as emerxencias por inundacións, co fin de protexe-la poboación afectada e evitar ou minora-los danos que poidan ocasionarse, non só ás persoas senón tamén os seus bens e servicios esenciais, considerando os medios de titularidade municipal/comarcal e os recursos locais.

Ámbito xeográfico.

Delimita-lo territorio de competencias e describir:

-Situación e topografía.

-Climatoloxía.

-Vexetación.

-Demografía.

-Outros elementos de vulnerabilidade.

Estructura, organización e funcións

Defínese:

-Director do plan.

-Comité asesor.

-Grupos de acción.

Deberá preverse tamén a operatividade do plan cun programa de formación de intervenientes e de realización de simulacros. Tamén se disporá de manuais operativos, realizados polos propios intervenientes. Así mesmo, realizarase a catalogación dos medios e recursos.

Ó plan municipal/comarcal por inundacións deberá xuntárselle a cartografía do concello/comarca.

ANEXO IV

Información detallada das bacías hidrográficas de Galicia

Bacía Cantábrica

Río: Navia.

Extensión: 2.572 km.

Concellos que atravesa: Pedrafita, Becerreá, As Nogais, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e A Fonsagrada.

Afluentes/regatos: Boullón, Valdeparada, Cervantes, Vara, Brego, Noceda, Toural, Casas, Cancelada, Narón, Ferreiros, Quindós, Ser, Vilarpandín, Cantocia, río de Moia, río de Rao, Valouta, Donsal, Bullán, Queizán, Mosteiro (en territorio galego).

Estacións de aforo: Salime (1.767 km) e Doiras (2.289 km).

Máximo caudal: febreiro e marzo. Salime (96,2 m/seg.) e Doiras (139,9 m/seg.).

Río: Eo.

Extensión: 819 km (supera os 50 km de lonxitude).

Concellos que atravesa: Baleira, A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, A Pontenova, Riotorto, Trabada e Ribadeo.

Afluentes/regatos: Cadorra-Leñeira, Castiñeira, Abrairas, Regueira-Candal, Rego do Castelo, Rego de Bonxe, Rego das Veigas, Medán, Piñeira, Martín, Rodiz, Rego do Pousadoiro, Survial, Areais, A Chousa, O Louridal, Bidueiro, Xudán, Riotorto, Carreira Chá, Vilaformán, Trabada, Ferrería.

Estacións de aforo: A Pontenova (575 km) e San Tirso de Abres (712 km).

Máximo caudal: xaneiro, febreiro e marzo. A Pontenova (32,86 m/seg.) e San Tirso de Abres (39,6 m/seg.).

Río: Masma.

Extensión: 211 km.

Concellos que atravesa: Abadín, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz.

Afluentes/regatos: Batán, Carballeira, Castelo, Costal, Rañeda, Polvoreiro, Baus, Valiñares, Cesuras, Tronceda e Fraga Vella.

Estacións de aforo: Masma (145 km).

Máximo caudal: xaneiro, febreiro e marzo. Masma (7,58 m/seg.).

Río: Ouro.

Extensión: 188 km.

Concellos que atravesa: O Valadouro, Alfoz e Foz.

Afluentes/regatos: Furna, Beloi, Bao e Ferreira.

Estacións de aforo: San Acisclo (163 km).

Máximo caudal: xaneiro, febreiro e marzo. San Acisclo (9 m/seg.).

Río: Landro.

Extensión: 268 km.

Concellos que atravesa: Muras, Ourol e Viveiro.

Afluentes/regatos: Eirexa, Ribeira, Torres Vellas, Bacoras, Besteburiz, Balsadas, Grandal, Boimente, Louro, Loureiro e Balsa/Fontecova.

Estacións de aforo: Viveiro (198 km).

Máximo caudal: novembro. Viveiro (8,6 m/seg.).

Río: Sor.

Extensión: 189 km.

Concellos que atravesa: Muras, As Pontes de García Rodríguez, Ortigueira e O Vicedo.

Afluentes/regatos: Foxo, Tras da Serra, Bauza, Santar, Batán, Sonoso, Rediz, Insua, Casadeite, Arganza, Os Castros, San Roque e Barral.

Estacións de aforo: Ribeiras do Sor (169 km).

Máximo caudal: xaneiro e febreiro. Ribeiras do Sor (9,29 m/seg.).

Río: Baleo.

Concellos que atravesa: Ortigueira.

Afluentes/regatos: Reboredo, Castrillón e Foxo.

Río: Mera.

Extensión: 120 km.

Concellos que atravesa: Ortigueira, Somozas e Cedeira.

Afluentes/regatos: Merlán, Caseta, Seixo, Borrallas, Pulgueira e Loureiro.

Estacións de aforo: Santa María de Mera (102 km).

Máximo caudal: xaneiro. Santa María de Mera (9,13 m/seg.).

Outras pequenas bacías.

Moreira, Xunco e Cabo/Regueira (entre as bacías do Ouro e Landro).

Esteiro/Callobae (entre as bacías do Lor e Baleo).

Lourida/Landoi (Serra da Capelada).

Bacía costa atlántica

Río: río Grande de Xubia.

Extensión: 187 km.

Concellos que atravesa: Moeche e San Sadurniño.

Afluentes/regatos: Castro.

Estacións de aforo: San Sadurniño (108 km).

Máximo caudal: xaneiro e febreiro. San Saduriño (9,01 m/seg.).

Río: Eume.

Concellos que atravesa: Muras, Xermade, As Pontes, A Capela, Monfero, Pontedeume e Cabanas.

Afluentes/regatos: Ferradal, Pieles, Rebordelos, Bo, Cebollín, Casal, Castro, Loba, Queixeiro, Labrada/Trimaz, Vilariño, Lambre, Montouto, Reboiras, Sarrión, Ferreiras, Ponte da Pedra, Maciñeira, Pena de Traste, Cibeiro, Panceira, Calvella, Rebordille, Frai Bermuz, Brea e San Bartolomé.

Río: Lambre.

Concellos que atravesa: Monfero, Vilarmaior, Paderne e Miño.

Afluentes/regatos: Orballeira, Rioseco, Cal do Seixo e Veiga.

Río: Mandeo.

Extensión: 448 km.

Concellos que atravesa: Aranga, Curtis, Oza dos Ríos, Irixoa, Coirós, Paderne e Betanzos.

Afluentes/regatos: Deo, Porto, Lombaos, Dombrete, Ramalleiro, Lentemil e Portabenzos.

Estacións de aforo: Irixoa (248 km).

Máximo caudal: febreiro. Irixoa (23,88 m/seg.).

Río: Mendo.

Concellos que atravesa: Curtis, Cesuras, Oza dos Ríos, Coirós e Betanzos.

Afluentes/regatos: Mundín/Porto, Minatos e Toraron.

Río: Mero.

Extensión: 346 km.

Concellos que atravesa: Cesuras, Oza dos Ríos, Abegondo, Cambre, Betanzos, Oleiros e Culleredo.

Afluentes/regatos: Torres, Brates, Vilarensal, Pedra, Corbeira, Gafa, Mourelos, Fontao, Govia, Barcés, Brexa e Valiñas.

Estacións de aforo: Cambre (277 km).

Máximo caudal: febreiro. Cambre (20,95 m/seg.).

Río: Anllóns.

Extensión: 519 km.

Concellos que atravesa: Laracha, Carballo, Coristanco e Cabana.

Afluentes/regatos: Grande, Graña, Quenxe, Acheiro, Abaixo, Queo, Bertón, Gándara, Bandeira, Vao, Galvar, Portecelo, Batán, Lourido, Ponteceso, Prados, Bouzas e Cundíns/Barcia.

Máximo caudal: xaneiro e febreiro. Estación de aforos (22,26 m/seg.).

Río: Grande.

Concellos que atravesa: Coristanco, Santa Comba, Zas, Cabana de Bergantiños, Vimianzo e Camariñas.

Afluentes/regatos: Sixto, Mira, Teixidón, Baio, Zas, Riotorto, Ozón, S. Martiño, Moraime, Castro, Brens e Miñóns.

Río: Xallas.

Concellos que atravesa: Coristanco, Santa Comba, A Baña, Zas, Mazaricos e Dumbría.

Afluentes/regatos: Bazar, Castiñeira, Regueira, Mira, Esternande, Ancha, Dornas, Guisande, Vilar García e O Ézaro.

Río: Tambre.

Extensión: 1.531 km.

Concellos que atravesa: Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame.

Afluentes/regatos: Caxide, Canizos, Cabanas, Rodelo, Cabalar, Seixo, Muíños, Gándaras, Maruzo, Gaiteiro, Samo, Cabeceiro, Noa, Mera, Lenguelle, Portaferreiro/Sionlla, Dubra, Fontao/Tarruco, Pazo, Nandón, Barcala, Pequeno, Corzán e Donas.

Estacións de aforo: unha no río Dubra, en Portomouro, e outra no propio río Tambre, tamén en Portomouro.

Máximo caudal: no Dubra, xaneiro, decembro e febreiro (2,8 m/seg.). No Tambre, xaneiro e febreiro (79,24 m/seg.).

Río: Ulla.

Extensión: 2.764 km.

Concellos que atravesa: Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Dozón, Lalín, Forcarei, Rodeiro, Silleda, Agolada, Santiso, Melide, Toques, Arzúa, Touro, Vila de Cruces, A Estrada, Vedra, Boqueixón, Teo, Padrón, Santiago de Compostela, Ames, Valga, Dodro, Catoira e Rianxo.

Afluentes/regatos: Rial, Ribeiro, Ponte Vilela, Caragón, Barreiro, Peizal, Pambre, Furelos, Beseña, Muíño, Arnego, Fontao, Lamarzas, Rión, Devesas, Leiras,

Rodeiro, Santa Mariña, Seixedo, Cantelle, Vilafría, Alemparte, Pedroso, Curgueiro, Parada, Cadrón, Vilariño, Carmoega/Brántega, Deza, Trigueiro, Asneiro, Toxa, Marque, Busos, Liñares, Bugueiras, Santa Lucía, Sar, Valga e Louro.

Estacións de aforo: Ponte Barzón (150 km); Ponte Cira (545 km) e Santiso (517 km).

Máximo caudal: xaneiro, febreiro e marzo. Ponte Barzón (11,06 m/seg.); Ponte Cira (24,56 m/seg.) e Santiso (36 m/seg.).

Río: Umia.

Extensión: 404 km.

Concellos que atravesa: Forcarei, Cerdedo, A Estrada, Cuntis, Campo Lameiro, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Barro, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Meis.

Afluentes/regatos: Raigosa, Filloi, Alende, Grela, Gallo, Bendaña, Chaín, Saiar, Candorra, Carballo e Maneiro Vello.

Estacións de aforo: Caldas de Reis.

Máximo caudal: xaneiro e febreiro. Caldas de Reis (20,07 m/seg.).

Río: Lérez.

Extensión: 409 km.

Concellos que atravesa: Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cotobade, Barro e Pontevedra.

Afluentes/regatos: Ponte Freixeira, Seixo, Porto das Cubas, Grande, Castro, Maneses, Verducido e Fomeza.

Estacións de aforo: Campo Lameiro (248 km).

Máximo caudal: xaneiro e febreiro. Campo Lameiro (31,85 m/seg.).

Río: Verdugo e Oitavén.

Extensión: 176 km.

Concellos que atravesa: A Lama, Fornelos de Montes, Ponte Caldelas, Pazos de Borbén e Soutomaior.

Afluentes/regatos: As Ermitas, Xesta e Parada.

Estacións de aforo: Soutomaior.

Máximo caudal: xaneiro e febreiro. Soutomaior (26,64 m/seg.).

Outras pequenas bacías.

Condomiñas; río das Mestas; Porto do Cabo e Forcada (ría de Cedeira e Ferrol).

Belelle (Neda e Fene).

Vilariño (Miño).

Seixedo (Arteixo).

Rego de Traba.

Ozón; S. Martiño e Moirame (ría de Camariñas).

Brens (ría de Corcubión).

Vadebois, Arindos (Carnota).

Valdexería; A Rateira; Maior; Cernadas e Bendimán (marxe dereita ría de Muros e Noia).

Soñora; Porqueira; Fállara; Ornanda; Caus; Quintáns; Maior (marxe esquerda ría de Muros e Noia).

Arlés (Corrubedo).

Cabeiro; Lagares (ría de Vigo).

Bacía río Miño

Río: Miño.

Extensión: 17.026 km (Miño e Sil).

Subbacías do Miño: Lacha, Narla, Parga, Fereira, Támega, Tordea, Neira, Sarria, Lor, Sil, Bibei, Camba, Navea, Arnoia, Avia, Tea, ...

Grandes áreas do Miño:

* Alto curso do Miño (ata Portomarín).

* Curso medio alto do Miño (Portomarín ós Peares).

* Curso medio baixo do Miño (Os Peares ata Ribeiro).

* Baixo curso do Miño (Ribeiro ata desembocadura).

Alto curso do Miño (ata Portomarín).

Concellos que atravesa: Xermade, Vilalba, Abadín, A Pastoriza, Meira, Guitiriz, Cospeito, Castro de Rei, Pol, Castroverde, Lugo, Outeiro de Rei, Begonte, Friol, Guntín, O Corgo, Baralla, Láncara e Sarria.

Afluentes/regatos: Rego de Porto da Pena, Xirómeno, Riolouxe, Madanela, Miñotelo, Rigueira, Pequeno, Azúmara, Aullo, Támega, Rozas e Ladra.

Ladra: Madanela e Labrada.

Parga.

Narla.

Lagoa de Cospeito.

Ferreira: Lavadoira.

Neira: Sarria e Tórdea.

Curso medio alto do Miño (Portomarín a Peares).

Concellos que atravesa: Taboada, O Saviñao, Chantada, Carballeda e Pantón.

Afluentes: Asma.

Bubal.

Sardiñeira.

Bacía do Sil (en Galicia).

Concellos que atravesa: O Barco de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras, Petín, A Rúa, Larouco, A Pobra de Brollón, Quiroga, O Bolo, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Manzaneda, Carballeda, Rubián.

Afluentes/regatos: Entoma, Mariñán, Xulián, Leira, Pincheira, Casaio, Candíns e Valado.

Bibei: Camba, Ribeira Grande e Ribeira Pequena.

Conso: Xares e Navea.

Soldón.

Quiroga.

Lor.

Cabe.

Mao.

Curso medio baixo do Miño (Os Peares-Ribeiro)

Concellos que atravesa: Ourense, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Maceda,

Baños de Molgas, Allariz, Paderne de Allariz, A Bola, Celanova, Ramirás, Gomesende, Cortegada, Arnoia, Castrelo de Miño, Toén, Barbadás, A Merca, Taboadela, San Cibrao das Viñas, Coles, A Peroxa, Vilamarín, Amoeiro, Punxín, Maside, San Amaro, O Carballiño, Cea, O Irixo, Boborás, Leiro, Carballeda de Avia, Cenlle, Beade, Melón e Ribadumia.

Subbacías: Arnoia.

Barbantiño.

Avia.

Arnoia: Niñodaguia, Tioira, Ambía, Vilaboa, Toubes e Soia.

Barbantiño: Formigueiro.

Avia: Cartelle, Doado, Viñao e Arenteiro.

Outros: Armental-Barra, Loña, Barbaña, Porto, Val, Puga, Xestosa, Fragosa...

Baixo curso do Miño (Ribeiro a desembocadura).

Concellos que atravesa: Quintela de Leirado, Padrenda, Pontedeva, Crecente, A Cañiza, Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, As Neves, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, O Porriño, Mos, Gondomar, Tomiño, Tui, Oia e O Rosal.

Afluentes: Deva, Termes, Tea, Louro e Tamuxe.

Cea, Crillana e Lavoeira/Caselas.

Estacións do aforo: 13 (Galicia):

Miño (4)
Lacha (1)Extensión:889 kmAforo(Begonte):840 km
Parga (1)"331 km""301 km
Sarria (1)"309 km"(Sarria)129 km
Avia (1)"670 km"(Pazos de Arenteiro)348 km
Tea (1)"411 km"(Ponteareas)286 km
Louro (1)"156 km"(Tui)150 km
Sil (3)"7.983 km"(Sequeiros)6.243 km
"(Santo Estevo)7.216 km
"(San Pedro)7.982 km
Bibei (2)"1.569 km"(Montefurado)1.569 km
"(As Ermitas)794 km
Xares (1)"329 km"(A Portela)306 km
Navea (1)"255 km"(Pechazas)216 km
Lor (1)"370 km"(A Ponte)337 km
Cabe (1)"734 km"(Monforte-

Ribas Altas)

353 km

Máximo caudal: xaneiro, febreiro e marzo, aínda que nalgúns casos tamén en abril e maio.

Rábade (40,57 m/seg.), Lugo (98,75 m/seg.), Os Peares (155,35 m/seg.), Ourense (428 m/seg.), río Ladra en Begonte (50,36 m/seg.), río Parga en Begonte (15,79 m/seg.), Sarria (8,19 m/seg.), Pazos de Arenteiro (45,2 m/seg.), Ponteareas (30,49 m/seg.), Tui (8,85 m/seg.), Quilos (*) (16,32 m/seg.), Toral de los Vados (*) (26,18 m/seg.), Ponte de Domínguez Flórez (*) (17,59 m/seg.), Sequeiros (229,9 m/seg.), Santo Estevo (314,88 m/seg.), San Pedro (324,48 m/seg.), Montefurado (78,05 m/seg.), As Ermitas (43,85 m/seg.), A Portela (11,87 m/seg.), Pedrazas (15,18 m/seg.), A Ponte (33,60 m/seg.) e Ribas Altas (13,40 m/seg.).

(*) Pertencen ó Sil na provincia de León preto de Galicia.

Bacía do Limia.

Río: Limia.

Extensión: 2.387 km (Galicia-Portugal).

Concellos que atravesa: Sarreaus, Xunqueira de Ambía, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Porqueira, Xinzo de Limia, Trasmiras, Cualedro, Os Blancos, Baltar, Calvos de Randín, Os Muíños, Bande, Lobeira, Entrimo e Lobios.

Afluentes/regatos: Sas, Freixo, Lodoselo, Trasmiras, Faramontaos, Veiga, río da Lagoa de Antela, Lamelas, Grande/Bidueiro, Salas, Bara, Ponte Nova, Mao, Cabaleiros, Vilameá, Caldo, Currelo, Cadós, Sta. Cristina, Grou da Montaña/Agro.

Estacións de aforo: A Ponte Liñares (684 km).

Máximo caudal: xaneiro, febreiro e maio. A Ponte Liñares (18,8 m/seg.).

Bacía do Douro.

Ríos: Támega, Mente e Moas.

Extensión: sector importante da Galicia do sueste.

Concellos que atravesa: Laza, Verín, A Gudiña e A Mezquita.

Afluentes/regatos: Alvarellos, Vilaza, Arbaiguitos, Parada, Marcelín, Serranova, Regosende/Arzoa, Rigueiriña, Ribeira, Pereira, As Veigas e Azureira.

ANEXO V

Información de encoros de Galicia

ENCORO

RÍO

CAPACIDADE

DO ENCORO

(Hm)

OBSERVACIÓNS

BACÍA MIÑO-SIL

ALBARELLOSAVIA, VIÑAO90,730000000UNIÓN FENOSA

BAO-BIBEIBIBEI238,096598000IBERDROLA

BELESARMIÑO654,560000000UNIÓN FENOSA

CACHAMUÍÑALOÑA2,075000000ABTO. OURENSE

CASOIOCASOIO0,290000000IBERDROLA

CASTADÓNLOÑA0,220000000ABTO. OURENSE

CASTRELOMIÑO60,200000000UNIÓN FENOSA

CENZACENZA40,230335000IBERDROLA

CHANDREXANAVEA60,606999400IBERDROLA

EDRADACONSO0,195000000IBERDROLA

EDRADAEDRADA/MAO10,670000000UNIÓN FENOSA

FARAMONTAOSFARAMONTAOS0,400000000ABTO. XINZO DE LIMIA

FRIEIRAMIÑO44,410000000UNIÓN FENOSA

GUÍSTOLASNAVEA4,732985000IBERDROLA

LEBOREIROMAO3,670000000UNIÓN FENOSA

MONTEFURADOBIBEI10,471675000IBERDROLA

OS PEARESMIÑO182,000000000UNIÓN FENOSA

PENARRUBIASIL12,540000000ENDESA

PORTAS-CONSOCAMBA535,711178000IBERDROLA

PRADAXARES122,000000000ENDESA

PUMARES-SOBRADELOSIL3,812467000IBERDROLA

S. SEBASTIÁN/PÍAS (S. AGUSTÍN)BIBEI65,530000000ENDESA

SANTO ESTEVOSIL213,232025000IBERDROLA

SAN MARTIÑOSIL10,048000000IBERDROLA

SAN PEDROSIL5,737538000IBERDROLA

SANTIAGO SILSIL1,730500000IBERDROLA

SEQUEIROSSIL10,600000000IBERDROLA

STA. BAIAXARES10,082827000IBERDROLA

VELLEMIÑO16,990000000UNIÓN FENOSA

ENCORO

RÍO

CAPACIDADE

DO ENCORO

(Hm)

OBSERVACIÓNS

TOTAIS2411,573130000

BACÍA DO LIMIA

AS CONCHASLIMIA78,330000000UNIÓN FENOSA

SALASSALAS86,870000000UNIÓN FENOSA

TOTAIS165,200000000

BACÍA DO NAVIA

SALIMENAVIA265,63000000

TOTAIS265,63000000

BACÍA GALICIA-COSTA

BAIONABAÍÑA0,480000000ABASTEC. BAIONA

BARRIÉ DE LA MAZATAMBRE30,200000000UNIÓN FENOSA

CALDAS DE REISUMIA6,150000000XUNTA DE GALICIA

CARANTOÑAGRANDE1,400000000FERROATLÁNTICA

CASTRELOXALLAS0,100000000FERROATLÁNTICA

CECEBREMERO21,690000000ABASTEC. A CORUÑA

CONCON0,280000000ABAS. VILAGARCÍA

EIRASOITAVÉN22,000000000ABASTEC. VIGO

EUMEEUME123,000000000ENDESA

FERVENZAXALLAS104,000000000FERROATLÁNTICA

FORCADASFORCADAS7,650000000ABASTEC. FERROL

LAVANDEIRALAVANDEIRA0,300000000CAOLÍN. VIMIANZO

MEICENDEPASTORIZA0,500000000ALUMINI.GALICIA

ENCORO

RÍO

CAPACIDADE

DO ENCORO

(Hm)

OBSERVACIÓNS

PONTE OLVEIRAXALLAS0,700000000FERROATLÁNTICA

PONTILLÓN CASTROLOURAL1,400000000ABTO. PONTEVEDRA

PORTODEMOUROSULLA297,000000000UNIÓN FENOSA

RIBEIRAEUME32,800000000ENDESA

RÍO COVOCOVO5,680000000ALUMN. ESPAÑOLA

ROSADOIROSEIXEDO1,870000000DEPUT. A CORUÑA

SAN COSMADE POTIGA DE VILASENIN 1,400000000UNIÓN FENOSA

STA. UXÍAXALLAS13,600000000FERROATLÁNTICA

VILAGUDÍNBIDUÍDO18,380000000MEIRAMA

ZAMÁNSZAMÁNS0,020000000ABASTEC. VIGO

TOTAIS690,600000000

Resumo por bacías

BACÍA

CAPACIDADE ENCORO

(Hm)

GALICIA-COSTA690,600000000

MIÑO-SIL2411,573130000

LIMIA165,200000000

NAVIA265,630000000

TOTAIS3533,003130000

ANEXO VI

Minicentrais da bacía Galicia-Costa

Relación de minicentrais de Galicia-Costa

TITULAR DO APROVEITAMENTORÍOCONCELLODENOMINACIÓNALTURA

AZUDE (m)

HIDROELÉCTRICA DA FREIXA, S.L.VERDUGOPONTECALDELASC.H. FEIXA I2,00

UNIÓN ELÉCTRICA FENOSA, S.A.VERDUGOPONTECALDELAS E SOUTOMAIORC. H. DE PONTE INFERNO10,00

HIDROELÉCTRICA DA FREIXA, S.L.VERDUGOPONTECALDELASC.H. FEIXA II5,50

FERNÁNDEZ VILAR, JOSÉLAGARESVIGOSALTO LA CRISTINA3,00

UNIÓN ELÉCTRICA FENOSA, S.A.LÉREZCOTOBADESALTO DE DORNA2,00

HIDROELÉCTRICA DO FORCADAS, S.ALÉREZCERDEDOC.H. DE CERDEDO3,50

UNIÓN ELÉCTRICA FENOSA, S.A.ALMOFREICOTOBADEC.H. DE ALMOFREI (FREIXA)2,00

HIDROELÉCTRICA DE LUMYMEY, S.L.FURELOSMELIDEC. H. DE PORTODIZ10,00

FOMENTO HISPANIA, S.L.TOXASILLEDAC. H. DE MERZA1,50

UNIÓN ELÉCTRICA FENOSA, S.A.DEZAVILA DE CRUCES, SILLEDAC.H. DE CARBOEIRO3,50

HIDROELÉCTRICA DE PONTEVILARIÑOARNEGOAGOLADAC. H. DEL ARNEGO4,58

TABOADA FERNÁNDEZ, MANUELPAMBREPALAS DE REIC.H. DEL PAMBRE1,00

HIDROELÉCTRICA DE LALÍN, S.L.ABELLALALÍNC.H. CASTELO2,10

MADRIÑÁN MADRIÑÁN, EDUARDODEZASILLEDA, LALÍNC.H. PONTE TABOADA3,75

FERRADÁS GÓMEZ, HORACIORODEIRORODEIROC.H. DE PORTA-RÍOS1,00

HIDROELÉCTRICA LUMYMEY, S.L.FURELOSMELIDEC. H. DE PORTOCHAO4,00

UNIÓN ELÉCTRICA FENOSA, S.A.TAMBREVILASANTAR, BOIMORTOSAN PEDRO MEZONZO5,00

UNIÓN ELÉCTRICA FENOSA, S.A.TAMBRETRAZO, SANTIAGO DE COMPOSTELAC. H. DE FECHA7,10

BOTANA SUÁREZ, JOSÉ MARÍASAMOMESÍASALTO DE SAMO0,90

SALTOS DE VILACOBAVILACOBALOUSAMESALTO DE VILACOBA1,07

SOUSA PÉREZ, ROSA E OUTROSGRANDEVIMIANZOC.H. DE FOXO2,50

FERROATLÁNTICA, S.L.GRANDEVIMIANZOSALTO DE CARANTOÑA6,8

UNIÓN FENOSA GENERACIÓN, S.A.ANLLÓNSPONTECESOC.H. DE ANLLÓNS2,00

VALLE PAZ, SERGIOCALVAR OU REGO A BORDESECACORISTANCOC.H. DO BATÁN4,00

UNIÓN FENOSA GENERACIÓN, S.A.ANLLÓNSPONTECESO E CABANAC.H. DE CORCOESTO4,90

UNIÓN FENOSA GENERACIÓN, S.A.LAMBREVILAMAIOR E IRIXOAC.H. DE GÜIMIL1,50

HIDROENER, S.A.GAMBAS REGOARANGAMINICENTRAL DE BARREIRO12,00

UNIÓN FENOSA GENERACIÓN, S.A.VEXOCOIRÓSC.H. DE FERVENZAS2,00

UNIÓN ELÉCTRICA FENOSA, S.A.MANDEO, ZARZOIRIXOA, PADERNE, ARANGAC.H. MANDEO-ZARZO2,00

UNIÓN FENOSA GENERACIÓN, S.A.MANDEOARANGA, CURTISC.H. LA CASTELLANA7,00

HIDROELÉCTRICA DO ZARZO, S.A.SAN BARTOLOMÉMONFEROC.H. DE SAN BARTOLOMÉ2,00

HIDROELÉCTRICA DE FORCADAS, S.AFORCADASVALDOVIÑOC.H. DE FERRERÍAS2,00

LOUREIRO SECO, LUISCASTRO OU NARAHÍOSAN SADURNIÑOC.H. DEL NARAHÍO6,00

UNIÓN FENOSA GENERACIÓN, S.A.BELELLEFENEC.H. DE FERVENZA3,63

BOUZA PENA, VICTORINOPOMBEIROCERDIDOC.H. DO POMBEIRO2,00

UNIÓN FENOSA GENERACIÓN, S.A.CONDOMINASCEDEIRAC.H. DE CHIMPARRA6,00

TITULAR DO APROVEITAMENTORÍOCONCELLODENOMINACIÓNALTURA

AZUDE (m)

DURÁN VILLARNOVO, ÁNGELLANDROVIVEIROC.H. DE CHAVÍN5,00

BARRO POLO, JOSÉLANDROOUROLC.H. DE XERDIZ4,00

AUXIME, S.A.BALSADASOUROLC.H. DE SANTA MARIÑA8,70

BARRAS ELÉCTRICAS GALAICO-ASTURIANAS, S.ATRONCEDAMONDOÑEDOC.H. DE TRONCEDA2,00

ANEXO VII

Minicentrais da bacía Miño-Sil

Relación de minicentrais da bacía Miño-Sil

TITULAR DO APROVEITAMENTORÍOCONCELLOPROVINCIA

ALUMINIOS CORTIZOENVIANDECHANTADALUGO

ELECTRA DE VIESGOEOTRABADALUGO

FENOSANAVIABECERREÁ (ORTA)LUGO

FENOSANAVIABECERREÁ (CASTRO)LUGO

FENOSAASMACHANTADALUGO

HORTENSIO DÍAZ BECERRA CHAONAVIANAVIA DE SUARNALUGO

ALUMINIOS CORTIZOCOVASTABOADALUGO

MONASTERIO DE SAMOSSAMOSSAMOSLUGO

CONCELLO DE GUITIRIZCANLE ESCURAGUITIRIZLUGO

ESTADO (RIBASALTAS)CABEMONFORTE DE LEMOSLUGO

ALUMINIA ESPAÑOLA (COLLADO)COVOCERVOLUGO

ESTADO (TUIMIL)MAOBÓVEDA, O INCIOLUGO

HIDROELÉCTRICA SAN MIGUELDEVAQUINTELA DE LEIRADOOURENSE

IBERDROLAS. MIGUELMANZANEDAOURENSE

PROMOTORA DE RECURSO HIDROELÉCTRICO, S.A.EDOCASTRO CALDELASOURENSE

ENERGÍA DE GALICIA, S.A.BARBANTIÑOMASIDE E AMOEIROOURENSE

TITULAR DO APROVEITAMENTORÍOCONCELLOPROVINCIA

ENERGÍA DE ORENSANA, S.A.LIMIABANDEOURENSE

CADOS 99, S.A.CADÓSBANDEOURENSE

APROVECHAMIENTOS HIDRÁULICOS GALLEGOS (ALDEMOURÁN)TUÑOCELANOVA E RAMIRÁNSOURENSE

FENOSALOÑAPEREIRO DE AGUIAROURENSE

FENOSAARNOIAARNOIA E GOMESENDEOURENSE

FENOSACIERVESMELÓN E RIBADAVIAOURENSE

HIDROELÉCTRICA DEL LEIRA, S.A.LEIRAVILAMARTÍN DE VALDEORRASOURENSE

FENOSA (CABANELAS)ARENTEIRO (AVIA)BOBORÁS/CARBALLIÑOOURENSE

FENOSA (CAMEIXA, VIÑAO)VEÑAOBOBORÁSOURENSE

IBERDROLACEAMANZANEDAOURENSE

IBERDROLACENZAVILARIÑO DE CONSOOURENSE

IBERDROLAEDRADAVILARIÑO DE CONSOOURENSE

ENDESAEIROSRUBIÁOURENSE

IBERDROLAFRAGASA GUDIÑAOURENSE

FENOSA (VILL)MAOMONTEDERRAMO E PARADA DO SILOURENSE

SESTELOTEAPONTEAREASPONTEVEDRA

ENERGÍA DE GALICIA, S.A.TEACOVELOPONTEVEDRA

HIDROTIDEVILACHÁNOIAPONTEVEDRA

HIDROMEDIADEVAA CAÑIZAPONTEVEDRA

Mes de decembro do ano 2000

Precipitacións

Estación

meteorolóxica

Total

mensual

Datas de

precipitación

Máxima en

24 horas

Datas de

máxima

precipitación

Montefaro333,82750,77; 1; 26

A Coruña245,33034,53; 7; 28

A Coruña

(Aeroporto)

294,52844,83; 7; 28

Santiago

(Aeroporto)

635,33065,35; 7; 31

Pontevedra560,43075,15; 7

Vigo

(Aeroporto)

625,93075,15; 7

Ourense319,62951,05; 7; 18

Lugo

(Aeródromo)

342,03058,95; 7

Os valores acumulados durante os dous últimos meses do ano 2000 (novembro e decembro), así como o primeiro mes do ano 2001 (xaneiro), figuran entre os máis altos das series correspondentes a cada observatorio. Os valores maiores de precipitacións sitúanse na metade sur occidental da provincia da Coruña, provincia de Pontevedra, e bisbarras montañosas das provincias de Ourense e de Lugo. Destácase como zona onde máis choveu o extremo sur occidental de Pontevedra, e unha área que se estende desde a península do Barbanza, polo Val do Dubra, ata Ponteceso.

ANEXO IX

Datos históricos das inundacións

* Inverno 1584: unha enchente no río Mandeo producíu inundacións na zona de Betanzos. As inundacións afectaron principalmente ás comunicacións.

* 1595: unha grande enchente do río Eume destruíu a ponte romana de Pontedeume (A Coruña).

* 1656: o Miño rompeu o seu curso e inundou a veiga de Ventosela (Ourense), deixándoa convertida nun areal á súa retirada. Ventosela e Castrelo foron as poboacións máis afectadas, sendo os danos materiais cuantiosos.

* Marzo 1683: unha grande enchente do Eume anegou a cidade de Pontedeume e causou serios danos na súa ponte.

* Novembro 1684: unha marea de elevación extraordinaria inundou parcialmente a cidade da Coruña, destruíndo varios inmobles e causando serios danos materiais.

* 1724: un gran temporal de mar, cunha elevación extraordinaria do nivel durante a preamar, fixo que a auga penetrase na cidade da Coruña, anegando amplas zonas, destruíndo casas e camiños e causando graves danos materiais. Non houbo que lamentar desgracias persoais.

* 1728: unha enchente do río Eume provocou o derrubamento de nove arcos da ponte de Pontedeume.

* 1804: unha grande enchente do río Eume causou graves danos na ponte de Pontedeume. A auga desbordada do río inundou toda a zona próxima á súa desembocadura.

* 1841: unha forte enchente do río Anllóns obstruíu varias pontes provocando un desbordamento que inundou o val do Rus causando graves danos materiais. San Xiés de Entrecruces foi o núcleo máis afectado polas augas.

* 1870: unha enchente do Eume inundou a zona de Pontedeume levando dous arcos da ponte.

* 1875: unha enchente do río Umia derribou a ponte de Baión na actual estrada C-531, inundando a zona. O pobo de Vilanoviña foi o que máis sufriu os efectos da inundación.

* Decembro 1909: un forte temporal, con choivas e ventos furacanados azoutou, a partir de Portugal, case toda Europa. As abondosas choivas provocaron o desbordamento de moitos ríos.

A bacía norte foi en Galicia a zona máis castigada: o Miño e o Sil saíron do seu leito en varios tramos.

O caudal estimado do Sil en Sobradelo foi de 2.720 m/seg.

En Lugo as augas do Miño inundaron unha zona duns 60 km derrubando 30 casas na cidade e cortando a vía férrea Vigo-Monforte.

Na provincia de Pontevedra as veigas de Tui quedaron totalmente inundadas, chegando a auga ós segundos andares das casas.

Na provincia de Ourense o Sil desbordou na zona de Sobradelo inundando as súas augas as casas e campos próximos.

Na provincia da Coruña os danos foron cuantiosos; o Mero e afluentes anegaron a cidade e pobos próximos destruíndo camiños e pontes e deixando a zona illada.

O Ulla, desbordado, inundou Padrón e a súa veiga, destruíndo moitas das súas casas e causando graves danos no campo.

* Decembro 1914: unha gran borrasca penetrou polo norte de Galicia, varréndoa de norte a sur e provocando, ó seu paso, abundantes choivas que se fixeron sentir en toda a rexión.

En Vigo inundáronse fábricas por deficiencias na drenaxe e o río Lagares desbordou, penetrando as súas augas na cidade pola rúa do Areal; outros ríos da bisbarra desbordaron tamén, inundando as partes baixas e deixando os camiños intransitables.

Na provincia da Coruña desbordáronse os ríos Sar e Ulla, inundando Padrón, nas súas rúas a auga acadou os 3 m de altura.

Na provincia de Pontevedra o río Tea desbordouse inundando unha extensa zona, principalmente Ponteareas, onde os danos foron cuantiosos; ademais, as súas embravecidas augas arrastraron unha ponte, perecendo no accidente dous anciáns.

En moitos outros puntos de Galicia sufriuse o rigor do temporal; houbo desprendementos de terras e afundimentos de edificacións; o máis grave ocorreu en Feba onde ó derrubarse unha corte pereceron esmagadas tres persoas.

* Febreiro 1935: unha grande enchente do Sil produciu unha inundación na zona de Sobradelo que causou danos nas casas e campos adxacentes.

* Xaneiro 1939: fortes temporais, de choiva e vento, provocaron inundacións en moitos puntos de Galicia.

En Pontevedra o río Lérez desbordouse no Burgo inundando unha ampla zona; o nivel da auga chegou a ser de 1 m nas rúas tendo os habitantes que se por a salvo nos tellados. Outros ríos das proximidades saíronse dos seus leitos provocando considerables danos.

O Alvedosa tamén se desbordou, inundou Redondela, nas súas rúas a auga chegou a acadar 1 m de altura. A forza da auga foi tal que esnaquizou o cruzamento coa estrada de Vigo e arrastrou árbores, aparellos e animais.

O Miño desbordouse en Tui inundando por completo a zona e formando "o que pareceu máis ben unha baía".

En Vigo o Lagares desbordouse inundando unha gran parte da cidade e causando graves desperfectos.

O río Ulla desbordouse á altura de Padrón e as súas augas inundaron a cidade e a veiga.

* Febreiro 1947: durante os días 20 e 21 un temporal de choivas abateuse sobre Galicia causando inundacións en varias zonas.

O volume total de auga caído foi da orde de 135 Hm. En Ourense caeron 52 l/m2 en 24 horas.

O Miño desbordouse en varios lugares sendo Castadón a zona máis afectada.

O Sil inundou a bisbarra de Sobradelo causando graves danos en casas e campos.

En Santiago de Compostela a cidade inundouse debido á choiva sendo os danos cuantiosos.

O Ulla desbordouse en Padrón e Pontevea, acadando entre 2 e 3 m de altura na primeira vila, esnaquizando casas e aparellos e causando gran mortandade na cabana. As augas cortaron estradas e ferrocarril e a zona quedou illada.

* Xullo 1952: un temporal de choivas, que afectou a zona norte da península, causou inundacións en puntos de Guipúscoa e Galicia.

En Ourense o Sil e o seu afluente o Casaio desbordáronse inundando as parroquias de Casaio, Sobradelo, Riodolas e Lardeiras causando danos de consideración en vivendas e agricultura.

* Decembro 1959: grandes enchentes produciron inundacións en Asturias e principalmente en Galicia, onde varios ríos se desbordaron, anegando campos, casas e industrias e producindo cuantiosas perdas.

O Sil ó seu paso por Ponferrada ía moi crecido, as súas augas comezaron a enche-lo encoro de Bárcenas, que se atopaba en construcción e a pesar de te-los seus órganos de desaugamento abertos, cortaron a vía férrea á altura de Santa Mariña; máis abaixo nas obras do encoro de Penarrubia a auga cortou a estrada a Ourense.

Un desprendemento no P.K. 205 da vía de Palencia á Coruña fixo descarrilar unha máquina eléctrica e interceptou o tráfico ferroviario. No barrio antigo da vila de Páramo del Sil a auga produciu afundimentos na igrexa.

O Sil e o Miño desbordáronse na zona dos Peares, preto da súa unión.

O caudal estimado do Sil en Boca de Monte foi de 2.400 m/seg.

O Miño inundou Salvaterra e Porto.

O Sar inundou Padrón e a súa veiga; a riada comezou ás 2 da madrugada do día 25, durou ata as 8 da mañá do 26 chegando a auga a alcanzar 1 m de altura nalgunhas rúas. O Ulla tamén se desbordou inundando Pontecesures. O Mazuzo, afluente do Ulla, desbordouse preto de Arzúa causando a morte dunha persoa.

En Pontevedra o Verdugo causou a morte a dúas persoas en Ponte Caldelas.

* Marzo 1962: o río Sil, que presentou unha grande enchente, desbordouse ó seu paso por Sobradelo, inundando as súas augas os baixos das casas ribeirás.

A crecida, que persistiu toda a noite do 30 e case todo o día 31, inundou amplas zonas próximas ó leito do río, causando graves danos materiais aínda que non desgracias persoais.

O caudal estimado do Sil en Sobradelo foi de 2.400 m/seg.

Ademais de Sobradelo, tamén sufriron os efectos da inundación Casaio e Lardeiras.

* Novembro 1966: unha grande enchente do Casaio fixo que as súas augas e as do Sil, na zona posterior á súa confluencia, desbordaran o leito anegando as zonas próximas.

Sobradelo, Casaio e Lardeiras foron as zonas que máis sufriron as consecuencias da inundación que causou danos en casas e campos.

* Setembro 1969: un temporal de choivas que afectou a zona noroccidental da Península os días 11 a 15 produciu importantes inundacións que se viron agravadas por unha marea de extraordinaria carreira.

O val de Viveiro sufriu tamén unha importante inundación ó desbordarse os ríos Balcaria, Xunqueira, Loita, Cantarrana e Galdo. As augas chegaron a acadar 2 m de altura no val. Inundáronse pobos e campos, a ponte romana de Gomadoiro levouna a auga, así como varios postes de teléfono e electricidade.

O Miño desbordouse na zona próxima á súa desembocadura inundando amplas zonas próximas ó seu leito.

* Xaneiro 1970: un temporal de choivas descargou o día 13 unha gran cantidade de auga sobre Galicia facendo que os seus ríos presentasen grandes enchentes.

O Tea en Ponteareas acadou 4 m sobre o nivel normal.

O Miño sufriu tamén unha importante enchente.

En Vigo as drenaxes foron insuficientes para evacua-la auga caída producíndose inundacións en moitas das súas rúas.

O Ulla desbordou inundando Padrón e a súa veiga, así como varias bisbarras da súa ribeira.

* Febreiro 1972: un forte temporal de ventos furacanados e choiva desatouse o día 5 sobre Galicia causando graves danos.

O río Louro, afluente do Miño, desbordouse á altura do Porriño inundando as veigas ribeirás e causando considerables danos materiais.

* Febreiro 1972: os 50 l/m2 que caeron na bisbarra de Vigo o día 11, fixeron que o Lagares se desbordase inundando a zona que vai de Balaídos a Santo André de Comesaña e Sárdoma, incluídos os accesos da estrada de Baiona ós arredores da cidade.

O río Tea experimentou unha considerable crecida, ocasionando numerosos desperfectos, en leiras e vivendas de planta baixa, ó seu paso por Ponteareas.

* Decembro 1976: unha precipitación próxima ós 60 l/m foi a causa de que o río Lagares se desbordase, provocando diversas inundacións en Vigo, que afectaron a numerosas vivendas, empresas e estradas.

A auga afectou o estadio municipal de Balaídos, cortou as estradas Baiona-Vigo e A Coruña-Vigo e inundou diversas zonas da cidade, onde a auga chegou a acadar 1 m de altura. Tamén foron numerosas as empresas afectadas.

Non houbo que lamentar desgracias persoais.

* Decembro 1978: un forte temporal, que se abateu sobre Galicia os días 26 e 27, causou graves inundacións ó se desbordaren varios ríos como consecuencia das choivas.

Foron numerosas as estradas que quedaron cortadas e grandes zonas quedaron illadas. Dúas persoas resultaron afogadas, ó seren arrastradas polas augas os vehículos nos que viaxaban, nas pontes dos concellos de Fornelos de Montes, sobre o río Parada, e Portas, sobre o río Chaín, ámbalas dúas de Pontevedra.

En Vigo producíronse anegamentos e cortes na circulación polo desbordamento do río Lagares.

En Lugo as augas do Miño inundaron os barrios periféricos da cidade. O mal funcionamento das drenaxes converteu nun lago o barrio de Paradai na mesma cidade.

Os ríos Sarria e Cateiro inundaron varias rúas de Sarria e as terras do contorno.

Leiro, San Cristóvo e Ribadavia sufriron os danos da riada que causou graves estragos en casas e campos, interceptando estradas e destruíndo pontes, especialmente na zona próxima a Ribadavia, cidade que ademais de sufrir considerables danos en edificios e industrias, quedou illada polas augas. Os danos foron cuantiosos no Ribeiro, así como no Carballiño.

En Padrón máis de 500 hectáreas quedaron inundadas polo desbordamento dos ríos Sar e Ulla. Foron elevados os danos ocasionados. A auga acadou máis dun metro no núcleo urbano de Padrón. Cortadas varias estradas.

* Decembro de 1989: fortes choivas e ventos que afectaron principalmente ás provincias da Coruña, Pontevedra e zona norte da de Lugo. As inundacións máis importantes rexistráronse en Padrón e en Caldas de Reis, quedando tamén afectados outros concellos como Noia, varios da Costa da Morte, Betanzos, Cambre, Vigo e os da Mariña Lucense. Suspendéronse as actividades escolares.

As precipitacións acadaron en Santiago os 200 litros por metro cadrado. Foron numerosos os ríos que desbordaron.

* Novembro de 1994: unha gota fría de duración a penas superior a unha hora afectou os concellos de Muros e Carnota principalmente. Foron importantes os danos en vivendas, así como na rede viaria, quedando estragada unha ponte en Muros.

* Decembro do 1995: producíronse inundacións en diversas zonas de Galicia, sendo as máis afectadas: Terra Chá en Lugo; comarca do Barbanza, comarca de Santiago de Compostela. Na provincia de Ourense experimentaron fortes crecidas os ríos Miño, Támega e Arnoia. Na provincia de Pontevedra os ríos desbordáronse en varias zonas destacando os da bisbarra do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes, así como o Miño ó seu paso por Tui e o Umia en Caldas de Reis.

* Novembro, decembro de 2000, e xaneiro de 2001: continuas e persistentes precipitacións en toda Galicia, afectando principalmente a fachada atlántica. Durante estes tres meses, en cada un deles rexistráronse precipitacións en 28 días. Os peores días foron en decembro 6 e 7, e en xaneiro 5, con persistentes precipitacións e ventos fortes, practicamente xeneralizados en toda Galicia. As precipitacións foron semellantes ás dos anos 1978/79 e do ano 1959.

Os efectos foron de tres mortos producidos polas choivas, numerosas estradas cortadas (superior a 45), gran número de concellos afectados (superior a 50), máis de 15 ríos importantes desbordados; altos niveis de auga en case tódolos encoros (con situacións de achegas excepcionais de entrada a eles); innumerables anegamentos en baixos; importantes perdas no sector agrícola, piscícola, acuicultura así como no industrial.

ANEXO X

Criterios e coeficientes de risco por bacía

Os criterios que se seguen para asignar coeficientes de risco, nos distintos ríos e tramos de ríos, baséanse en:

-Ríos nos que existen encoros que regulan o seu caudal e as posibilidades de enchentes.

-Resto dos ríos (onde non existen encoros de regulación).

Curso medio do Eo.

Non se atopou nas referencias históricas que se producisen nunca desgracias persoais.

Vías de comunicación: existen numerosas vías de comunicación e dous eixes Norte-Sur, polo que sería doado restituí-lo servicio (C-640 e Feve: Ferrocarril Vía Estreita).

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: poderían producirse danos importantes (A Pontenova).

Infraestructura urbana: a infraestructura urbana non se vería afectada.

Infraestructura da subministración de enerxía: son de pouca importancia as liñas eléctricas existentes.

Redes de rega e drenaxe: non existe unha infraestructura hidráulica importante.

Infraestructura de telecomunicación: de pouca importancia.

Industrias: non existen industrias importantes.

Áreas agropecuarias: os danos agropecuarios serían de relativa consideración.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,5.

Curso do Masma.

Nos documentos consultados non existen referencias de desgracias persoais.

Vías de comunicación: se ben non hai noticias de interrupcións, a estrada que percorre o leito podería inundarse, aínda que en xeral habería enlaces alternativos (C-642).

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: a infraestructura afectada é só a dos núcleos de poboación (Lourenzá e Foz).

Infraestructura urbana: hai edificacións xunto o leito con risco de inundacións.

Infraestructura da subministración de enerxía: existen na zona liñas eléctricas en servicio de 110-132 KV e unha central hidroeléctrica nas inmediacións.

Redes de rega e drenaxe: son de escasa importancia na zona.

Infraestructura de telecomunicación: non afectarían.

Industrias: non é zona industrial.

Áreas agropecuarias: inundaríanse os prados anexos, principalmente nun tramo de 2 quilómetros entre Viloalle, Masma e Seara.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,5.

Curso do Covo: encoro de río Covo.

Nunca se rexistraron accidentes neste encoro, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

A rotura do encoro podería producir desgracias persoais.

Vías de comunicación: o ferrocarril de vía estreita (Feve) e a comarcal C-642 non teñen fácil reposición e son moi importantes para o servicio turístico e industrial.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: ademais do abastecemento a Lieiro e San Cibrao interromperíase o abastecemento industrial (ALCOA).

Infraestructura urbana: os núcleos de poboación augas abaixo da presa serían gravemente danados.

Infraestructura da subministración de enerxía: ademais dun circuíto de 110-132 kV, que atravesa a zona, parten dunha subestación no interior da zona, dous circuítos de 380 kV.

Redes de rega e drenaxe: son de escasa importancia.

Infraestructura de telecomunicación: importantes.

Industrias: existen industrias de importancia (ALCOA e auxiliares).

Áreas agropecuarias: os danos serían relativamente importantes, ó se-lo cultivo o uso dominante do solo.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Curso do Landro.

Non se encontraron referencias históricas con perdas de vidas humanas.

Vías de comunicación: poderían quedar afectados Feve e as comarcais C-640 e C-642.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: redúcense ás redes de abastecemento e saneamento locais (Landrove; Magazos; Viveiro).

Infraestructura urbana: poderían quedar afectadas as poboacións.

Infraestructura de enerxía: non hai liñas de alta tensión importantes que crucen a zona.

Redes de rega e drenaxe: a rede de rega é inexistente.

Infraestructura de telecomunicación: pouco importante.

Industrias: non hai industrias de relevancia.

Áreas agropecuarias: non se producirían perdas agropecuarias importantes.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,5.

Curso do Sor.

Non se detectaron referencias históricas de perdas de vidas humanas.

Vías de comunicación: soamente podería quedar afectada a estrada local de Muras a Ourol.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: redúcese ás redes de abastecemento e saneamento locais.

Infraestructura urbana: non se detectarían danos nas poboacións.

Infraestructura da subministración de enerxía: non hai liñas de alta tensión.

Redes de rega e drenaxe: non hai redes de rega.

Infraestructura de telecomunicación: pouco importante.

Industrias: non hai industrias.

Áreas agropecuarias: non se producirían perdas agropecuarias importantes.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,5.

As Forcadas.

Nunca se rexistraron accidentes neste encoro, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: unicamente podería quedar afectada a comarcal C-646.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: evidentemente quedarían afectados tódolos núcleos que se abastecen do encoro, e produciríanse danos cuantiosos.

Infraestructura urbana: aínda que non é probable, un accidente no encoro produciría danos cuantiosos.

Infraestructura da subministración de enerxía: non hai redes de alta tensión na zona.

Redes de rega e drenaxe: a rede de rega é inexistente.

Infraestructura de telecomunicación: non é importante.

Industrias: non hai industrias na zona.

Áreas agropecuarias: non se producirían perdas agropecuarias importantes na zona.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Ría de Ferrol.

Vías de comunicación: as vías de comunicación veríanse seriamente afectadas.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: este tipo de infraestructuras veríase afectada cunha relativa importancia.

Infraestructura urbana: dada a morfoloxía da zona nos bordos da ría, a infraestructura urbana, que é abundante, veríase afectada.

Infraestructura da subministración de enerxía: existe unha ampla rede de transporte de enerxía ás zonas industriais.

Redes de rega e drenaxe: pódense presentar problemas de drenaxe, pois parte da zona é chá.

Infraestructura de telecomunicacións: quedaría seriamente danada.

Industrias: poderían verse afectadas as numerosas industrias.

Áreas agropecuarias: unha gran parte da zona está dedicada a cultivos.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 1,0.

Curso medio do Eume.

Nunca se rexistraron accidentes neste encoro, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: o nó de estradas das Pontes de García Rodríguez sufriría importantes danos se se producise un accidente no encoro.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: quedarían afectadas as redes de abastecemento e saneamento locais.

Infraestructura urbana: aínda que non é probable, un accidente no encoro produciría danos importantes.

Infraestructura da subministración de enerxía: poderían quedar afectadas ás centrais eléctricas e a importante rede de alta tensión da zona.

Redes de rega e drenaxe: non existe rede de rega.

Infraestructura de telecomunicación: quedaría moi danada.

Industrias: existen importantes xacigos mineiros e industrias.

Áreas agropecuarias: non se producirían perdas agropecuarias importantes.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Curso baixo do Eume.

Nunca se rexistraron accidentes neste encoro, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: a estrada nacional N-VI, así como a autoestrada do Atlántico e outras estradas da rede secundaria sufrirían importantes danos de producirse algún accidente nos encoros situados augas arriba.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: quedarían afectadas as redes de abastecemento e saneamento locais.

Infraestructura urbana: un accidente no encoro podería producir danos importantes.

Infraestructura da subministración de enerxía: podería quedar afectada a central do Eume.

Redes de rega e drenaxe: non existe rede de rega.

Infraestructura de telecomunicación: quedaría afectada.

Industrias: repercutiría nas da zona.

Áreas agropecuarias: non se producirían perdas en agricultura, pero si nos bancos marisqueiros da ría de Pontedeume.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Curso baixo do Mandeo.

Vías de comunicación: Betanzos é un nó de comunicacións moi importante. Veríanse afectadas estradas da rede principal e secundaria. Posiblemente tamén o ferrocarril da Coruña a Monforte de Lemos.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: este tipo de infraestructura veríase seriamente afectada.

Infraestructura urbana: dada a situación da cidade de Betanzos veríase seriamente afectada a infraestructura urbana no caso de desbordamento.

Infraestructura da subministración de enerxía: non se aprecian liñas importantes de transporte de enerxía eléctrica.

Redes de rega e drenaxe: na desembocadura poderían presentarse problemas de drenaxe.

Infraestructura de telecomunicación: quedaría afectada.

Industrias: afectadas algunhas industrias.

Áreas agropecuarias: a actividade agropecuaria da zona quedaría afectada.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 1,0.

Curso baixo do Mero.

Nunca se rexistraron accidentes neste encoro, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: as vías de comunicación son moi importantes para a zona.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: veríase seriamente afectada.

Infraestructura urbana: a infraestructura urbana, o se-la densidade de poboación moi alta, sufriría danos importantes. Quedan inundadas as zonas próximas ó río despois do encoro de Cecebre.

Infraestructura da subministración de enerxía: as liñas eléctricas son de relativa importancia.

Redes de rega e drenaxe: as redes de rega son moi reducidas.

Infraestructura de telecomunicación: quedaría afectada.

Industrias: zona industrializada.

Áreas agropecuarias: son moi poucas as zonas destinadas ó cultivo.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Curso do Seixedo.

Non se rexistraron historicamente perdas de vidas humanas na zona.

Vías de comunicación: son relativamente importantes os danos que poderían producirse.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: non existe infraestructura deste tipo facilmente danable.

Infraestructura urbana: as poboacións non se encontran moi próximas ós leitos.

Infraestructura da subministración de enerxía: é de certa importancia.

Redes de rega e drenaxe: non teñen importancia.

Infraestructura de telecomunicación: de pouca importancia.

Industrias: é de escasa importancia a industria nesta zona.

Áreas agropecuarias: non hai explotacións agropecuarias que puideran sufrir danos.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Curso do Anllóns.

Non hai ningunha referencia histórica que indique a perda de vidas humanas.

Vías de comunicación: tanto a estrada C-552 como as estradas secundarias e locais son de fácil reposición.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: a rede de abastecemento e saneamento é de ámbito local.

Infraestructura urbana: os danos na infraestructura urbana son de pouca importancia.

Infraestructura da subministración de enerxía: o problema que se crearía sería local.

Redes de rega e drenaxe: a infraestructura de regas está pouco desenvolvida.

Infraestructura de telecomunicación: pouco importante.

Industrias: non existen industrias importantes.

Áreas agropecuarias: non se producirían danos de consideración.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Curso do Xallas.

Nunca se rexistraron accidentes neste encoro, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: poderíase ver afectada a estrada local que cruza o río Xallas pola cola do encoro de Ponte Olveira, e a ponte da comarcal que existe na desembocadura.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: os danos serían de ámbito local e de mínima importancia.

Infraestructura urbana: dada a mínima infraestructura urbana, os danos neste punto serían mínimos.

Infraestructura da subministración de enerxía: existen varias liñas de subministro de enerxía.

Redes de rega e drenaxe: practicamente teñen pouca importancia.

Infraestructura de telecomunicación: de pouca importancia.

Industrias: só existen as de producción de enerxía eléctrica.

Áreas agropecuarias: dada a estructura da zona é posible a existencia de pequenas explotacións agropecuarias que puidesen quedar afectadas.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Cursos baixos do Tines e Donas.

Vías de comunicación: no caso dunha enchente orixinaríanse incomunicacións ó longo dos cursos dos ríos.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: serían danos de repercusión local e de escasa importancia.

Infraestructura urbana: non existe excesiva densidade urbana, ademais está moi diseminada.

Infraestructura da subministración de enerxía: independentemente da subministración de enerxía á poboación existe liña de 45-100 kV.

Redes de rega e drenaxe: na desembocadura podería presentar problemas o sumidoiro dos colectores de Serra de Outes.

Infraestructura de telecomunicación: de pouca importancia.

Industrias: pouca actividade industrial.

Áreas agropecuarias: a parte da zona dedicada a actividades agropecuarias é pequena.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,5.

Curso medio do Tambre.

Vías de comunicación: vense afectadas numerosas vías tanto da rede principal como da secundaria.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: os danos serían importantes, podendo afectar a Santiago de Compostela.

Infraestructura urbana: hai una infraestructura urbana importante. Os danos serían importantes (principalmente nos concellos de Oroso e Val do Dubra).

Infraestructura da subministración de enerxía: liñas de alta tensión veríanse afectadas.

Redes de rega e drenaxe: importantes problemas.

Infraestructura de telecomunicación: non moi importantes.

Industrias: hai industrias en zonas próximas do curso do río.

Áreas agropecuarias: puidera verse afectada a da zona.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 1,5.

Curso baixo do Tambre.

Nunca se rexistraron accidentes neste encoro, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: podería verse afectada a comarcal C-550 e algunhas estradas locais e outras da rede secundaria.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: os danos serían de mínima importancia.

Infraestructura urbana: non existe a penas infraestructura urbana, os danos serían mínimos.

Infraestructura da subministración de enerxía: a central eléctrica do Tambre veríase afectada.

Redes de rega e drenaxe: as pendentes do terreo minimizan os problemas de drenaxe.

Infraestructura de telecomunicación: de pouca importancia.

Industrias: non hai industrias relevantes na zona agás as eléctricas.

Áreas agropecuarias: puidera verse afectada a da zona.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Curso do Sar.

As inundacións prodúcense frecuentemente e son históricas.

Vías de comunicación: veríanse afectadas varias vías de comunicación, tanto da rede principal como secundaria (como máis importante a comarcal C-543 Noia-Santiago e a N-543 Vigo-Santiago).

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: os danos poderían ser importantes. Colectores de Santiago, Ames e Padrón.

Infraestructura urbana: importante a infraestructura en determinadas zonas de Santiago, o concello de Ames (Bertamiráns) e parroquias de Padrón (na Escravitude). O núcleo urbano de Padrón non se vería afectado (debido á posta en servicio da canle de derivación que o une co río Ulla).

Infraestructura da subministración de enerxía: afectaría liñas de alta tensión.

Redes de rega e drenaxe: mínima pendente. Pode provocar problemas. Historicamente a falta de drenaxe produciu accidentes de consideración, unido ás mareas altas.

Infraestructura de telecomunicación: importantes.

Industrias: hai industrias ó longo do curso do río desde Santiago ata Padrón.

Áreas agropecuarias: puidera verse afectada a da zona.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 1,5.

Curso medio-baixo do Ulla.

Nunca se rexistraron accidentes neste encoro, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: ademais dos cortes en comunicacións locais quedarían cortadas a nacional N-525 e o ferrocarril que enlaza Santiago de Compostela e Ourense.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: os danos serían de relativa importancia.

Infraestructura urbana: a estructura urbana, aínda que diseminada, é de intensidade media. Afectaría principalmente a Pontevea e zonas limítrofes, así como ás zonas próximas á desembocadura en Padrón e Pontecesures, incrementándose cando se produza unha enchente do río ou coincidindo con mareas altas.

Infraestructura da subministración de enerxía: a central augas abaixo do encoro veríase moi afectada, así como as redes de transporte.

Redes de rega e drenaxe: a tipoloxía do terreo non fai prever problemas deste tipo.

Infraestructura de telecomunicación: de pouca importancia.

Industrias: non se aprecia, agás a de producción de enerxía, industria doutro tipo.

Áreas agropecuarias: área rural con agricultura e gandería media.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco é de 0,05.

Curso medio-baixo do Umia.

Próximo a entrar en servicio un encoro achegado a Caldas de Reis.

Vías de comunicación: quedarían afectadas numerosas estradas, tanto da rede principal como secundaria, incluída a N-525 ó seu paso por Caldas de Reis. Problemas tamén na rede ferroviaria (normalmente ó seu paso por Portas: desprendementos de terras).

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: presentaríanse elevados danos en abastecemento e saneamentos.

Infraestructura urbana: son de esperar danos de relativa importancia en infraestructura urbana. Moi afectados núcleos urbanos de Cuntis e de Caldas de Reis

Infraestructura da subministración de enerxía: unha posible interrupción na central de Tibo, así como nos seus numerosos enlaces, causaría grandes dificultades.

Redes de rega e drenaxe: a zona ribeirá do río Umia é chá, tanto as redes de rega como a drenaxe presentarían serios problemas. Problemas secundarios coas mareas.

Infraestructura de telecomunicación: quedaría afectada.

Industrias: na zona baixa hai industrias importantes.

Áreas agropecuarias: produciríanse notables perdas.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 1,5.

Cursos altos do Verdugo e Oitavén.

Segundo as publicacións analizadas detectáronse perdas de vidas humanas na enchente de decembro de 1959. Desde ese ano ata a data actual son mínimas as inundacións.

Vías de comunicación: veríanse afectadas vías secundarias principalmente. A comarcal C-531 en Ponte Caldelas e algunhas estradas locais.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: o abastecemento dos núcleos non sufriría danos importantes.

Infraestructura urbana: prodúcense inundacións en Ponte Caldelas bañada polo río Verdugo.

Infraestructura da subministración de enerxía: non hai liñas nin subestacións importantes na zona.

Redes de rega e drenaxe: non existe unha rede de rega desenvolvida.

Infraestructura de telecomunicación: pouca incidencia.

Industrias: non é moi importante a actividade industrial.

Áreas agropecuarias: as perdas agropecuarias son pouco significativas.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,5.

Curso baixo do Oitavén. Encoro de Eiras.

Nunca se rexistraron accidentes neste encoro, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: aínda que existen vías de comunicación importantes, os eventuais cortes no servicio serían emendadas por medio de desvíos.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: a infraestructura afectada é soamente a dos núcleos da zona.

Infraestructura urbana: non se produciron nunca danos deste tipo pero un hipotético accidente no encoro podería ocasionar danos de moita consideración.

Infraestructura da subministración de enerxía: existen liñas eléctricas de 45 a 100 kV e 220 kV.

Redes de rega e drenaxe: a infraestructura de rega non é importante.

Infraestructura de telecomunicación: non é importante.

Industrias: a industria na zona non é moi importante.

Áreas agropecuarias: os danos agropecuarios non serían importantes.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Vigo (ríos Lagares, Barxa, Eifonso, Gandariña e outros).

Non hai referencia histórica que indique a perda de vidas humanas.

Vías de comunicación: poderían verse afectadas as estradas C-550, N-120, N-550 e a liña do ferrocarril, que causarían importantes problemas nas comunicacións. Un número importante da rede secundaria e local. Tamén vías de comunicación da rede do núcleo urbano de Vigo e zonas de acceso.

Infraestructura de abastecemento e saneamento da auga: os danos que puideran ocasiona-las enchentes corresponden a captacións dos núcleos habitados da zona.

Infraestructura urbana: os danos que as inundacións ocasionarían na área de influencia de Vigo serían importantes.

Infraestructura da subministración de enerxía: cruzan a zona varias liñas eléctricas, pero non quedarían afectadas facilmente.

Redes de rega e drenaxe: a infraestructura de rega non é moi importante. Problemas de mareas.

Infraestructura de telecomunicación: seriamente afectada.

Industrias: a industria nesta zona é moi importante.

Áreas agropecuarias: produciríanse danos importantes en gandería e agricultura.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 1.

Encoro de Zamáns. Curso do Zamáns.

Nunca se rexistraron accidentes neste encoro, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: quedaría afectada toda a rede troncal de Gondomar, e probablemente a autoestrada de Vigo-Baiona, ademais da rede local e secundaria.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: evidentemente quedarían afectados tódolos núcleos que se abastecen do encoro. Produciría danos importantes.

Infraestructura urbana: aínda que non é probable, un accidente no encoro, se produciría danos importantes, principalmente en Gondomar.

Infraestructura da subministración de enerxía: as redes de alta tensión na zona.

Redes de rega e drenaxe: a rede de rega é practicamente inexistente.

Infraestructura de telecomunicación: quedaría afectada.

Industrias: hai industrias na zona, concentradas en Gondomar e na comarca do Val Miñor.

Áreas agropecuarias: produciríanse perdas agropecuarias importantes na zona.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Curso do Miño: Lugo.

Non hai ningunha referencia histórica que indique a perda de vidas humanas.

Vías de comunicación: o corte nas estradas N-VI e N-540 e no ferrocarril procedente de Monforte de Lemos é grave, así coma pontes sobre vías de comunicación da rede secundaria.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: o abastecemento ó núcleo de poboación podería sufrir danos (estación de bombeo e depuradora de Lugo).

Infraestructura urbana: segundo a documentación analizada, as augas, en Lugo capital, destruíron casas e inundaron barrios periféricos. Quedarían anegadas as edificacións achegadas á marxe do río. Tamén se producen anegamentos nos concellos de Outeiro de Rei e Rábade.

Infraestructura do abastecemento de enerxía: non se verían afectadas as liñas eléctricas da zona.

Redes de rega e drenaxe: a infraestructura de rega é de pouca importancia.

Infraestructura de telecomunicación: podería quedar afectada (antenas de telefonía móbil).

Industrias: as industrias da zona non se verían seriamente afectadas, agás das situadas nas zonas achegadas as marxes do río.

Áreas agropecuarias: os danos agropecuarios serían considerables.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 1.

Curso do Sarria.

Non existen datos históricos de perdas de vidas humanas.

Vías de comunicación: infraestructura viaria e ferroviaria de tipo medio (FFCC de Lugo a Monforte); C-546 (Lugo a Monforte).

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: os danos serían de relativa importancia.

Infraestructura urbana: a infraestructura urbana agrúpase en pequenos núcleos de poboación, co que os danos serían de tipo medio. Núcleo urbano de Sarria, incluíndo centro sanitario e áreas recreativas.

Infraestructura do abastecemento de enerxía: a infraestructura de abastecemento de enerxía non é importante.

Redes de rega e drenaxe: as redes de rega son importantes.

Infraestructura de telecomunicación: de pouca ou escasa importancia.

Industrias: relacionadas coa madeira (mobles).

Áreas agropecuarias: a agricultura da zona e moi importante.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,5.

Curso do Ladra: Terra Chá.

Non existen datos históricos de perdas de vidas humanas.

Vías de comunicación: infraestructura viaria importante de tipo medio. Numerosa rede secundaria e local moi afectada.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: os danos serían de relativa importancia.

Infraestructura urbana: a infraestructura urbana agrúpase en pequenos núcleos de poboación, co que os danos serían de tipo medio. Anegamentos nos concellos de Outeiro de Rei e Begonte.

Infraestructura do abastecemento de enerxía: a infraestructura da subministración de enerxía non é importante.

Redes de rega e drenaxe: as redes de rega son de tipo medio.

Infraestructura de telecomunicación: de pouca ou escasa importancia.

Industrias: non é zona industrial.

Áreas agropecuarias: a agricultura da zona é moi importante.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 1,0.

Curso do Neira.

Non existen datos históricos de perdas de vidas humanas.

Vías de comunicación: infraestructura viaria de tipo medio. Importante rede secundaria e local e N-VI.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: os danos serían de relativa importancia.

Infraestructura urbana: a infraestructura urbana agrúpase en pequenos núcleos de poboación, co que os danos serían de tipo medio. Anegamento nos concellos de Baralla e Láncara.

Infraestructura da subministración de enerxía: a infraestructura de abastecemento de enerxía non é importante.

Redes de rega e drenaxe: as redes de rega son pouco importantes.

Infraestructura de telecomunicación: de pouca ou escasa importancia.

Industrias: non é zona industrial.

Áreas agropecuarias: a agricultura da zona é moi importante.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,5.

Curso do Miño: entre os encoros de Belesar e Velle.

Nunca se rexistraron accidentes no encoro de Belesar, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: veríanse afectadas a N-120, a C-535 e a liña de ferrocarril, así como un número importante da rede local e secundaria.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: a infraestructura afectada é soamente a dos núcleos da zona.

Infraestructura urbana: non se produciron danos deste tipo, pero un accidente no encoro podería producir perdas de consideración.

Infraestructura da subministración de enerxía: existen liñas eléctricas importantes que se verían afectadas, así como as propias centrais eléctricas.

Redes de rega e drenaxe: a infraestructura de rega da zona veríase seriamente afectada no caso de accidente.

Infraestructura de telecomunicación: de escasa importancia na zona.

Industrias: non existen industrias importantes.

Áreas agropecuarias: ó ser unha zona de cultivo os danos serían moi importantes (viñedos).

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Curso do Sil: encoros de Penarrubia e Pumares.

Nunca se rexistraron accidentes no encoro de Penarrubia, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: a infraestructura viaria e ferroviaria é importante.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: a infraestructura de abastecemento e saneamento é moi reducida.

Infraestructura urbana: os núcleos de poboación son de escasa entidade.

Infraestructura da subministración de enerxía: a infraestructura é de pequena importancia.

Redes de rega e drenaxe: practicamente inexistente.

Infraestructura de telecomunicación: de escasa importancia.

Industrias: practicamente non existen.

Áreas agropecuarias: a explotación agropecuaria é moi reducida.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Curso do Casoio.

Non se teñen referencias de perdas de vidas humanas.

Vías de comunicación: escasos danos en infraestructuras viarias.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: dada a baixa densidade de poboación os danos non serían de grande importancia.

Infraestructura urbana: as perdas serían de mínima importancia.

Infraestructura da subministración de enerxía: non existen liñas importantes que crucen a zona.

Redes de rega e drenaxe: a infraestructura de rega non é importante.

Infraestructura de telecomunicación: de escasa importancia.

Industrias: non existen industrias de gran importancia.

Áreas agropecuarias: os danos agropecuarios puideran ser significativos.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Curso do Sil: entre os encoros de Pumares e Santiago.

Nunca se rexistraron accidentes no encoro de Pumares, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: as infraestructuras viaria e de ferrocarril son importantes. N-120; C-536.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: a densidade de poboación é de tipo medio.

Infraestructura urbana: os danos serían de relativa importancia.

Infraestructura da subministración de enerxía: a zona está cruzada por liñas eléctricas importantes.

Redes de rega e drenaxe: existen áreas de cultivo e explotación agropecuaria.

Infraestructura de telecomunicación: de escasa importancia.

Industrias: hai industrias importantes do sector da lousa, de carburos e agroalimentación.

Áreas agropecuarias: existen explotacións agropecuarias de tipo medio.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Curso do Sil: entre os encoros de Santiago e Santo Estevo.

Nunca se rexistraron accidentes no encoro de Santiago, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: as infraestructuras viaria e de ferrocarril son importantes. N-120.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: as perdas serían de relativa importancia.

Infraestructura urbana: existen importantes núcleos de poboación na zona, aínda que ben protexidos. A Rúa, Quiroga e San Clodio.

Infraestructura da subministración de enerxía: son importantes as liñas de enerxía da zona.

Redes de rega e drenaxe: non son excesivamente importantes as redes de rega.

Infraestructura de telecomunicación: de media importancia.

Industrias: as industrias extractivas e de transformación son importantes (louseiras).

Áreas agropecuarias: as áreas agropecuarias son relativamente importantes.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Curso do Cabe: Monforte de Lemos.

Vías de comunicación: a zona encóntrase densamente poboada e a infraestructura viaria é moi importante. C-546; FFCC de Lugo a Monforte.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: os danos na infraestructura de saneamento e abastecemento serían importantes.

Infraestructura urbana: zona densamente poboada, os danos serían graves. Concellos de Bóveda e Monforte.

Infraestructura da subministración de enerxía: as liñas eléctricas que cruzan a zona non son moi importantes.

Redes de rega e drenaxe: existen numerosas explotacións agrarias e gran cantidade de obras de drenaxe e rego (quenllas).

Infraestructura de telecomunicación: de relativa importancia.

Industrias: as industrias na área de Monforte de Lemos son de importancia.

Áreas agropecuarias: existe gran cantidade de explotacións agropecuarias que poderían verse danadas.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 1,0.

Curso do Edo: San Martiño, Castro Caldelas.

Non hai antecedentes históricos de perdas de vidas humanas na zona.

Vías de comunicación: a infraestructura viaria non é de grande importancia.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: os danos serían de mínima importancia.

Infraestructura urbana: existe unha baixa densidade de poboación.

Infraestructura da subministración de enerxía: existen liñas eléctricas de certa importancia.

Redes de rega e drenaxe: non existen explotacións agropecuarias.

Infraestructura de telecomunicación: de pouca importancia.

Industrias: practicamente non existe industria na zona.

Áreas agropecuarias: as explotacións agropecuarias da zona son practicamente insignificantes.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,5.

Curso do Sil: encoros de Sequeiros a Santo Estevo de Ribas de Sil.

Nunca se rexistraron accidentes nestes encoros, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: as infraestructuras viarias afectadas serían a N-120 e FFCC (Monforte-Ponferrada).

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: as perdas serían de relativa importancia.

Infraestructura urbana: non existen importantes núcleos de poboación na zona. Concello de San Clodio.

Infraestructura da subministración de enerxía: son importantes as liñas de enerxía da zona.

Redes de rega e drenaxe: non son excesivamente importantes as redes de rega.

Infraestructura de telecomunicación: de escasa importancia.

Industrias: non hai industrias na zona.

Áreas agropecuarias: as áreas agropecuarias non son importantes.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Curso do Miño: encoros dos Peares a San Pedro.

Nunca se rexistraron accidentes nestes encoros, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: as infraestructuras viarias e de ferrocarril son pouco importantes.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: as perdas serían de relativa importancia.

Infraestructura urbana: non existen importantes núcleos de poboación na zona.

Infraestructura da subministración de enerxía: son importantes as liñas de enerxía da zona.

Redes de rega e drenaxe: non son excesivamente importantes as redes de rega.

Infraestructura de telecomunicación: de escasa importancia.

Industrias: non hai industrias na zona.

Áreas agropecuarias: as áreas agropecuarias que quedarían afectadas son de escasa importancia.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,05.

Curso do Miño, Ourense: encoros de Velle a Castrelo de Miño.

Nunca se rexistraron accidentes nestes encoros, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: as infraestructuras viaria e de ferrocarril son importantes, incluído o núcleo urbano de Ourense nas zonas próximas ó río. N-120, C-531, OR-211, OR-402.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: as perdas serían moi importantes.

Infraestructura urbana: quedarían afectadas as zonas urbanas próximas ó río.

Infraestructura da subministración de enerxía: serían importantes.

Redes de rega e drenaxe: non son excesivamente importantes as redes de rega.

Infraestructura de telecomunicación: de grande importancia.

Industrias: quedarían afectadas as industrias próximas as marxes do río ó seu paso pola capital de Ourense.

Áreas agropecuarias: as áreas agropecuarias quedarían afectadas.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 1,0.

Curso do Arnoia: Vilar de Barrio, Arnoia.

Non se teñen novas de desgracias persoais.

Vías de comunicación: soamente se verían afectadas estradas locais de fácil reposición.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: a rede de abastecemento e saneamento é de repercusión local.

Infraestructura urbana: inúndase parte do núcleo urbano de Baños de Molgas, Allariz, Armuíde, Porto e A Arnoia.

Infraestructura da subministración de enerxía: non existen liñas de transporte de enerxía que poidan verse afectadas.

Redes de rega e drenaxe: a infraestructura de rega está pouco desenvolvida.

Infraestructura de telecomunicación: de escasa importancia.

Industrias: non existen industrias importantes.

Áreas agropecuarias: non se rexistraron danos de consideración.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,5.

Curso do Miño: entre os encoros de Castrelo de Miño e A Frieira.

Nunca se rexistraron accidentes nestes encoros, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: produciríanse cortes nas vías de comunicación na comarca do Ribeiro.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: a infraestructura potencialmente afectada é soamente a propia dos núcleos de poboación.

Infraestructura urbana: produciríanse danos nos núcleos urbanos, aínda que non de demasiada importancia. Ribadavia e Francelos.

Infraestructura da subministración de enerxía: cruzan a zona varias liñas eléctricas, pero non se ven afectadas polas inundacións facilmente.

Redes de rega e drenaxe: existe unha infraestructura de rega pouco desenvolvida.

Infraestructura de telecomunicación: de media importancia.

Industrias: pouco afectadas.

Áreas agropecuarias: producíronse perdas moi importantes nos viñedos da zona.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,5.

Curso medio do Avia: encoro de Albarellos.

Nunca se rexistraron accidentes neste encoro, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: tanto o ferrocarril coma a estrada OUR-211 poderían quedar afectadas e a súa reposición sería dificultosa. Tamén quedarían afectadas redes locais e secundarias.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: a rede de abastecemento e saneamento é de repercusión local.

Infraestructura urbana: danos na infraestructura urbana de importancia, principalmente nas marxes do río Avia no seu curso baixo (Leiro, Beade e parroquias de Ribadavia).

Infraestructura da subministración de enerxía: o problema que se crearía sería local.

Redes de rega e drenaxe: a infraestructura de rega está pouco desenvolvida.

Infraestructura de telecomunicación: de media importancia.

Industrias: quedarían afectadas as próximas ás marxes do río Avia.

Áreas agropecuarias: producíronse danos importantes en colleitas.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 1,0.

Curso baixo do Miño: entre o encoro da Frieira e a súa desembocadura.

Nunca se rexistraron accidentes neste encoro, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: as principais vías da zona son a N-550, A-9 e a C-550, esta última transcorre paralela á canle do río; no caso de ser afectadas polas inundacións poderíase dar servicio por outras estradas locais.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: os danos por inundacións non presentarían problemas especiais.

Infraestructura urbana: os danos a inmobles durante decembro de 1909 e xaneiro de 1939 foron de consideración.

Infraestructura da subministración de enerxía: existen liñas de pouca importancia que non sufriron danos.

Redes de rega e drenaxe: non hai unha rede de rego desenvolvida.

Infraestructura de telecomunicación: non é destacable.

Industrias: é destacable a actividade industrial.

Áreas agropecuarias: os danos deste tipo poderían ser de relevancia.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 1.

Curso do Tea, Ponteareas.

Perda de vidas humanas: durante a enchente de decembro de 1914 dúas persoas pereceron ó ser arrastrada unha ponte en Ponteareas.

Vías de comunicación: a estrada nacional N-120 que une as cidades de Vigo e Ourense podería verse afectada e orixinaría importantes problemas de comunicación.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: non son de esperar danos importantes.

Infraestructura urbana: a infraestructura urbana afectada en varias ocasións foi considerable, inundando a auga vivendas de planta baixa.

Infraestructura da subministración de enerxía: non existen centrais eléctricas e as liñas non se verían afectadas.

Redes de rega e drenaxe: non hai redes de rega importantes.

Infraestructura de telecomunicación: non se vería afectada.

Industrias: non existen industrias importantes.

Áreas agropecuarias: as perdas agropecuarias serían considerables.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 1.

Curso do Louro, O Porriño.

Perda de vidas humanas: non hai referencias de perdas de vidas humanas.

Vías de comunicación: existe unha rede viaria tal como a N-120, N-550, estradas comarcais e liña de ferrocarril que pode sufrir danos considerables.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: a infraestructura potencialmente afectada non é moi importante.

Infraestructura urbana: non se teñen referencias históricas de infraestructura urbana afectada, pero non se descarta esta posibilidade.

Infraestructura da subministración de enerxía: existe unha liña de 132 kV que non sufriu danos.

Redes de rega e drenaxe: a infraestructura de rega non é importante.

Infraestructura de telecomunicación: poderían producirse problemas aínda que non importantes.

Industrias: existe unha industria relativamente importante.

Áreas agropecuarias: producíronse danos de certa consideración.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 1,0.

Curso do Limia, Xinzo de Limia.

Perda de vidas humanas: historicamente non se produciron nunca perdas de vidas humanas.

Vías de comunicación: a infraestructura viaria é importante; podería verse afectada. OUR-301; OUR-304.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: os danos serían de tipo medio.

Infraestructura urbana: a densidade de poboación é media. Xinzo de Limia e parroquias de Faramontaos, Paredes e Rebordachau.

Infraestructura da subministración de enerxía: non cruza a zona ningunha liña eléctrica de gran importancia.

Redes de rega e drenaxe: non se aprecian obras de rega, pero a zona está dedicada por completo ó cultivo.

Infraestructura de telecomunicación: non é de importancia.

Industrias: a industria da zona é de escasa importancia.

Áreas agropecuarias: toda a zona está dedicada ó cultivo e os danos poderían ser importantes.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 0,5.

Cursos do Limia e Salas, augas abaixo dos encoros das Conchas e Salas.

Nunca se rexistraron accidentes nestes encoros, pero no suposto pouco probable de que se produza un accidente podería desencadear desgracias persoais.

Vías de comunicación: a infraestructura viaria é importante e podería ser afectada localmente.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: os danos serían de tipo medio.

Infraestructura urbana: a densidade de poboación é de tipo medio e os danos poderían ser considerables. Núcleos urbanos do Concello de Lobios.

Infraestructura da subministración de enerxía: existen liñas eléctricas importantes.

Redes de rega e drenaxe: non existe rede de rega.

Infraestructura de telecomunicación: non é de im-

portancia.

Industrias: practicamente non existen industrias na zona.

Áreas agropecuarias: non existen explotacións agropecuarias destacables que puideran quedar danadas.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 1,0.

Curso do Támega, Verín.

Perda de vidas humanas: non hai datos históricos que recollan perdas de vidas humanas.

Vías de comunicación: a infraestructura viaria é importante e podería verse afectada.

Infraestructura de abastecemento e saneamento de auga: os danos serían de tipo medio.

Infraestructura urbana: a densidade de poboación é de tipo medio.

Infraestructura da subministración de enerxía: as liñas de enerxía eléctrica que cruzan a zona non son importantes.

Redes de rega e drenaxe: danos de importancia en cultivos.

Infraestructura de telecomunicación: non son importantes.

Industrias: na zona hai industrias de extracción de areas, fábricas de bloques, industria de madeira.

Áreas agropecuarias: non existen explotacións agropecuarias.

Considerando os parámetros expresados:

O coeficiente de risco que se asigna é de 1,0.

ANEXO XI

Información meteorolóxica de Galicia

Dos datos de máis de 200 estacións de Galicia de rexistro de precipitacións nos últimos trinta anos,

repartidas nas catro provincias galegas, obtéñense os seguintes resultados de precipitacións (expresadas en mm).

ProvinciaNúmero de

estacións

Valor

mínimo

Valor

medio

Valor

máximo

A Coruña569001.4002.200

Lugo577001.0001.480

Ourense687501.0001.550

Pontevedra339001.3001.850

O valor medio anual de precipitación en Galicia é de aproximadamente 1.200 mm.

A porcentaxe da distribución aproximada de precipitacións nas catro provincias e nas catro estacións é de:

Primavera: 20%; verán: 11%; outono: 37%; inverno: 32%.

ANEXO XII

Estacións de medida de leitos de ríos en Galicia

Rede Saica do Ministerio de Medio Ambiente en Galicia

Río Eo (San Tirso de Abres).

Miño-Sil.

Río Cabe (azude de Ribasaltas).

Río Ladra (Begonte).

Río Neira (O Corgo).

Río Miño (Lugo).

Río Sil (O Barco de Valdeorras).

Río Miño (Ourense).

Río Avia (Ribadavia).

Río Tea (Ponteareas).

Bacía do Limia.

Río Limia (A Ponte Liñares).

Organismo autónomo Augas de Galicia.

Galicia-Costa.

Río Sar (Santiago de Compostela e Padrón).

Río Umia (Cuntis e Caldas de Reis).

Titulares dos encoros e minicentrais de Galicia.

ANEXO XIII

Limiares e procedemento que se deben seguir ante un aviso de fenómenos meteorolóxicos adversos

Cando se recibe o boletín de fenómenos meteorolóxicos adversos por precipitacións intensas, enviado desde o Centro Meteorolóxico Territorial da Coruña segundo o Sistema de Previsión e Alerta por Inundacións, procederase como se describe a continuación:

1. Recepción do primeiro boletín de alerta de precipitacións intensas.

2. Comunicación e información.

2.1. Comunicación a organismos e institucións (vía fax, teléfono ou radio).

2.2. Información: avisos á poboación (medios de comunicación social, prensa, radio, televisión).

3. Activación do Plan de Inundacións nos seus distintos niveis.

4. Recepción de novos boletíns da evolución do episodio.

5. Boletíns de información de protección civil.

6. Fin do episodio.

Ó recibir no 112 SOS-Galicia o primeiro boletín de fenómenos meteorolóxicos adversos por precipitacións intensas, procederase ó seu estudio e análise: tipoloxía do fenómeno, definición das zonas previsibles que poden quedar afectadas e alcance da previsión.

Unha vez confirmada toda esta información, e logo de autorización do director do plan especial, a persoa responsable fai a previsión de centros, organismos e institucións a quen debe alertarse, vía fax, telefonicamente, se é o caso, por vía radio.

E procede a actuar como segue:

-Ordena-lo envío de alerta ás institucións previstas.

-Ordena-la información do boletín meteorolóxico á poboación segundo a evolución do episodio; á recepción dos seguintes boletíns o responsable alertará ó director do plan especial, para que decida a súa activación e se proceda, segundo queda especificado, convocando o Cecop, Comité Asesor, Gabinete de Información e os grupos operativos necesarios.

Da mesma maneira e a criterio do director do plan especial, nomearase o xefe do posto de mando avanzado (PMA). Se é o caso, e segundo a intensidade e distribución territorial das inundacións, poderíanse nomear varios xefes do PMA.

Cando a evolución do episodio é desfavorable e segundo varíe a gravidade da situación, a extensión territorial afectada e a cantidade e características dos recursos que se van mobilizar, está previsto na organización funcional da Central de Emerxencias 112 SOS-Galicia a posibilidade de ir aumentando o número de persoas e técnicos que atendan a emerxencia.

A mobilización de recursos está en función da evolución da predicción meteorolóxica adversa e do seguimento e vixilancia pluvihidrolóxica.

Para efectuar este seguimento desde o 112 SOS-Galicia faise un seguimento da situación e alcance desta nos concellos afectados, en coordinación co xefe local de protección civil (alcalde). Da mesma maneira, o seguimento faise mantendo unha liña aberta co predictor de garda do Centro Meteorolóxico Territorial da Coruña, e cos órganos responsables da predicción meteorolóxica dependentes da Xunta de Galicia.

ANEXO XIV

Treitos inundables da rede de estradas de Galicia

ESTRADAP.K.LUGAR

A CORUÑA

C-54026,800PRÉSARAS

C-54045,400TRASANDELOS

C-54058,300AS CASCAS

C-5421,300INFESTA

C-5423,000MONTELLOS

C-5425,800BELDOÑA-RÍO MERO

C-54211,000ABEGONDO

C-5439,300/9,600TRAVESÍA DE BERTAMIRÁNS

C-54334,000/34,200TRAVESÍA DE NOIA

C-5528,000MANANCIAL-OSEIRO

C-5529,000REGO DE SEIXEDO-SABÓN

C-55211,400RÍO ARTEIXO-ARTEIXO

C-55215,200LAMAS

C-55217,800PAIOSACO

C-55223,000A LARACHA

ESTRADAP.K.LUGAR

C-55224,700CANCELO-CABO VILANO

C-55225,300REGO DE QUENXE-CABO VILANO

C-55228,200ENTREIROS-REGO

C-55230,800BERTUA-REGO

C-55233,300RÍO ANLLÓNS-CARBALLO

C-641475,500LUGAR DO PARAÑO

C-641487,500LUGAR DE ESPIÑEREDO

C-641488,200PENA DE EIRIZ

C-641495,200IGREXAFEITA

C-641495,600IGREXAFEITA

C-642619,900ZONA PONTE DE SUBÍA

C-642622,092PONTO

C-642623,340FREIXEIRO

C-642625,200PONTE DAS CABRAS

C-6460,150CANIDO

C-6466,700SAN MATEO

C-64610,300RIOBÓ (VAL)

C-64612,700MEIRAS

C-64620,800MANEIRA

AC-1004,200VARES

ESTRADAP.K.LUGAR

AC-115617,200NEDA (LAVADOIRO)

AC-1210,500FILGUEIRAS

AC-1211,500SANDE

AC-1212,500SANDE

AC-1214,000GRAÑAS

AC-1214,900GRAÑAS

AC-1226,600RILO

AC-1227,100RILO

AC-1243,200/3,500REDES

AC-1300,700ARES

AC-1303,400MUGARDOS

AC-14219,600GOENTE

AC-14221,600PIÑEIRAS

AC-1441,300HOMBRE

AC-1443,700CABRIA

AC-15011,400PONTE DA PEDRA

AC-15112,700VILACHÁ

AC-15113,200VILACHÁ

AC-15113,900VILACHÁ

AC-15115,000CASALVITO

AC-15116,000REBORDELO

AC-15220,900IRIXOA

AC-15221,100IRIXOA

AC-15323,500IRIXOA

AC-1603,800BEMANTES

AC-1606,400TRES

AC-16010,000VILAMATEO

AC-16122,100PONTÓN «MIUDELO»

AC-1646,900POLÍGONO DE BERGONDO

AC-1706,000SANTA MARTA

AC-1731,900BASTIAGUEIRO-PASARELA

AC-1900,200O CARBALLO

AC-1901,300OS REGOS

AC-1902,000CORUXO

AC-211600,100ACEA DA MA

AC-2130,600TANATORIO «O BURGO»

AC-2132,200RÍO «LA TELVA»

AC-22018,200RÍO MERO, A TELVA

AC-2213,100REGO DE S. PEDRO

AC-2217,200REGO DA GÁNDARA

AC-2219,200APEADOIRO DE CECEBRE

AC-2221,900REGO DE VEIRA

AC-2222,800PEGO PALACIO SARANDÓNS

AC-2233,100REGO DE VIZOÑO

AC-2238,000VISANTOÑA

AC-22315,100XANCEDA

AC-22316,200FARMACIA (XANCEDA)

AC-2242,800XANCEDA RÍO BAITEIRO

AC-2244,800REGO XANCEDA

AC-22412,200RÍO SAMO, ABELLÁ

AC-22413,600RÍO BUXÁN-PEÑASCO

AC-22418,500RÍO CABRÓN-POULO

AC-22419,300ORDES

AC-23114,300VILAR DE MACEIRA

AC-2331,000LAGOA DE SOBRADO

AC-2334,620CANTEIRA AS PÍAS

AC-40020,200PAZO-SIGRÁS

AC-40021,000LUGAR DE VALIÑAS

AC-40021,900O CASAL

AC-40024,200VINSEIRA PEQUENA. LAVADOIRO

AC-40025,000CELAS

AC-40025,600RÍO VAÍÑAS-CELAS

AC-40026,000PEIRO

AC-40030,800RÍO ALLÓNS-SUANDRES

AC-40033,100REIO MEIRAMA

AC-40138,800RÍO COTOVIL-CERCEDA

AC-40143,900FONTE-CERCEDA

AC-40146,100LUGAR DE GOSENDE-REGO

AC-40147,300A SILVA-REGO

AC-40147,700LAVADOIRO-A SILVA

AC-40380,300/80,700M.D. RÍO XALLAS NA PEDREIRA

ESTRADAP.K.LUGAR

AC-4103,800A GRELA

AC-4107,000A MACEIRA

AC-41111,300PONTE DUBA-ARTEIXO

AC-4131,700REGO-VERTEDOIRO LIXO-ORDES

AC-4136,700LUGAR DE LESTA-REGO

AC-4138,700RÍO BOICALVO-XESTEDA

AC-41310,900RÍO CABALAR-XESTEDA

AC-41316,500A SILVA-REGO

AC-44129,400/29,700ENCORO DA FERVENZA

AC-4610,200SIGÜEIRO (N-550-ESTACIÓN DE OROSO)

CRG-117,400ZONA PASO DE FEVE

CRG-110,000GLORIETA DE CATABOIS

N-55078,5A ESCRAVITUDE (PADRÓN)

CP-201; CP-205AMES (PONTE MACEIRA)

CP-1914VAL DO DUBRA

LC-242PADRÓN

CP-192; CP-2904CORISTANCO

LUGO

C-64042,250/42,800VIVEIRO-BETANZOS

C-64049,600/49,650

C-64112,800/13,000LUGO A FERROL POR VILALBA

C-64128,950/29,050

C-64131,850/32,000

C-64138,600/38,900

C-64140,200/40,400

LU-1116,200/6,350RAMAL DA C-641 A COSPEITO

LU-11213,800/14,100CAMIÑO DE COSPEITO A TUMBO

LU-1201,400/1,600CAMIÑO DE VILALBA A PARAXES

LU-1207,700/8,150

LU-1209,750/9,900

LU-12012,900/13,000

LU-12014,050/14,300

LU-12018,500/18,700

LU-12019,700/20,200

LU-12118,700/20,100CAMIÑO DE TUMBO A MONCELOS

LU-12412,100/12,300CAMIÑO DE MONDOÑEDO A VILAMEÁ

LU-12422,600/22,700

LU-12423,500/23,700

LU-1500,350/0,400ENLACE DA N-634 CON N-642 EN BARREIROS

LU-1529,700/9,800CAMIÑO DE FOZ A FERREIRA DO VALADOURO

LU-1610,050/0,250CAMIÑO LANDROVE A FERREIRA DO VALADOURO

LU-1610,900/1,400

LU-1701,500/1,600RAMAL DA N-VI A MOMÁN

LU-1708,150/8,300

LU-17015,600/15,700

LU-7042,900/2,950CAMIÑO DE VILAOUDRIZ A TARAMUNDI

LU-7105,450/5,600CAMIÑO DE BARALLA A BALEIRA

LU-7107,100/7,200

LU-7109,860/9,900

LU-71010,600/10,700

LU-7505,700/5,800CAMIÑO DE MEIRA A BALEIRA

LU-7508,800/8,900

LU-75016,600/16,800

LU-75017,050/17,150

LU-6010,300/0,600NÚCLEO URBANO DE CHANTADA

LU-6228,800/7,000PONTE RÍO MEIRA

LU-6331,100/1,800NÚCLEO URBANO SARRIA

LU-6350,000/1,000SARRIA

C-533143,300/143,500NÚCLEO URBANO CHANTADA

C-533117,000/118,000NÚCLEO URBANO MONFORTE

C-53528,500/30,000VILAR DE SARRIA

C-53530,250/30,400VILAR DE SARRIA

C-54610,500/11,500MACEDA CORGO

C-54612,000/12,500A POBRA DE SAN XIAO

MALECÓN MONFORTE EN NÚCLEO URBANO TOTAL

N-VI525,00PACIOS (BAAMONDE)

LU-P-1803CHANTADA

LU-P-0104ABADÍN

LU-P-1704COSPEITO

OURENSE

OU-1103,600/3,900VILAR DE BARRIO-LAZA

OU-11312,200/12,700VERÍN-LAZA

OU-2105,100/4,800RIBADAVIA-O CARBALLIÑO

OU-3017,100GANADE (XINZO-BANDE)

OU-2109,700

N-120557 a 564,8ENTRE VELLE E OURENSE

ESTRADAP.K.LUGAR

PONTEVEDRA

C-53115,000RÍO RONS (VILAGARCÍA-PONTEVEDRA)

C-541PONTEVEA, SOBRE RÍO ULLA, (SANTIAGO-A ESTRADA)

C-5501,500PONTECESURES (PONTECESURES-VILAGARCÍA)

PO-412PONTE SOBRE RÍO TEA (SALCEDA DE CASELAS-SALVATERRA)

PO-300PONTE ARNELAS SOBRE RÍO UMIA (NOGUEIRA-CAMBADOS)

C-550180,400A GUARDA-TUI (AS PATAS)

PO-4042,800GUILLAREI-A RAÑADA (PÁRAMOS)

PO-3245,000SAMIL-CANIDO (O VAO)

N-640225,5 a 226,8CALDAS DE REIS

EP-701A ESTRADA

EP-2401; EP-8201O PORRIÑO

EP-8004PORTAS

EP-9403MEIS

EP-7020A ESTRADA

EP-9302PONTEVEDRA

ANEXO XV

Clasificación de encoros de Galicia conforme

a directriz básica de risco de inundacións

PRESATITULARPROVINCIARESOLUCIÓNCATEGORÍA

BACÍA MIÑO-SIL

ALBARELLOSU. FENOSAOURENSE17/7/1998A

O VAOIBERDROLAOURENSE17/7/1998A

BELESARU. FENOSALUGO17/7/1998A

CACHAMUÍÑACONC. OURENSEOURENSE17/7/1998A

CASTADÓNCONC. OURENSEOURENSE17/7/1998A

CASTRELOU. FENOSAOURENSE17/7/1998A

CENZAIBERDROLAOURENSE17/7/1998A

CHANDREXAIBERDROLAOURENSE17/7/1998A

CONCHAS (As)U. FENOSAOURENSE17/7/1998A

FRIEIRAU. FENOSAOUR e PONTV17/7/1998A

AS GUÍSTOLASIBERDROLAOURENSE17/7/1998A

MONTEFURADOIBERDROLALUGO17/7/1998A

PEARES (Os)U. FENOSALUGO17/7/1998A

PENARRUBIAENDESAOURENSE17/7/1998A

PORTAS (As)IBERDROLAOURENSE17/7/1998A

PRADAENDESAOURENSE17/7/1998A

PUMARESIBERDROLAOURENSE17/7/1998A

SALASU. FENOSAOURENSE17/7/1998A

SANTO ESTEVOIBERDROLAOUR/LUGO17/7/1998A

SAN MARTÍNIBERDROLALUGO17/7/1998A

STA BAIAIBERDROLAOURENSE17/7/1998A

VELLEU. FENOSAOURENSE17/7/1998A

VILASOUTOCH. NORTELUGO03/9/1998A

GALICIA-COSTA

CALDAS REISXUNTA GALICIAPONTEVEDRA11/2/1999A

PONTILLÓN DE CASTROCONCELLO DE PONTEVEDRAPONTEVEDRA27/11/2001A

PORTODEMOUROSUNIÓN FENOSACORUÑA/PONTEVEDRA27/11/2001A

AZUDE DE MEZONZOUNIÓN FENOSAA CORUÑA27/11/2001C

SAN COSMADEUNIÓN FENOSA27/11/2001A

VILAGUDÍNUNIÓN FENOSAA CORUÑA27/11/2001A

BARRIÉ DE LA MAZAUNIÓN FENOSAA CORUÑA27/11/2001A

AZUDE DE GÜIMILUNIÓN FENOSAA CORUÑA27/11/2001C

FERVENZAFERROATLÁNTICAA CORUÑA27/11/2001A

PONTE OLIVEIRAFERROATLÁNTICAA CORUÑA27/11/2001C

CASTRELOFERROATLÁNTICAA CORUÑA27/11/2001C

RIBEIRAENDESAA CORUÑA27/11/2001A

PENAPURREIRA

(FANGOS)

ENDESAA CORUÑA27/11/2001C

AZUDE C.T. DAS PONTESENDESAA CORUÑA27/11/2001C

EUMEENDESAA CORUÑA27/11/2001A

MEICENDEINESPAL METALA CORUÑA27/11/2001A

RÍO COVOALÚMINA ALUMINIOA CORUÑA27/11/2001A

BACÍA MIÑO-SIL

MINICENTRAL (azude)

RIBAS ALTAS (azude)CH NORTELUGO17/2/2000C

PRESATITULARPROVINCIARESOLUCIÓNCATEGORÍA

TUIMIL (azude)CH NORTELUGO17/2/2000C

CAMEIXAU. FENOSAOURENSE17/2/2000C

EDRADAU. FENOSAOURENSE17/2/2000C

CEBOREIRO/MAOU. FENOSAOURENSE17/2/2000C

VILL (azude)U. FENOSAOURENSE17/2/2000C

CABANELASU. FENOSAOURENSE23/4/2001C

ANEXO XVI

Catálogo de medios e recursos

Para os efectos de catalogación enténdese por.

* Medios.-Son tódolos elementos humanos e materiais, de carácter esencialmente móbil, que se incorporan ós grupos de actuación fronte a unha emerxencia, que permitan afrontar cunha maior eficacia as tarefas consideradas nos plans de protección civil previstos en cada caso.

* Recursos.-Son tódolos elementos naturais e artificiais, de carácter esencialmente estático, nos que a súa dispoñibilidade fai posible ou mellora os labores desenvolvidos polos servicios de protección civil ante situacións de emerxencia.

No presente Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia encóntranse inventariados a seguinte relación de medios e recursos repartidos en puntos para a súa mellor clasificación.

1. Seguimento pluviohidrolóxico.

* Centro Meteorolóxico Territorial da Coruña. (CMT A Coruña).

* Sistema de Información Ambiental de Galicia (SIAM) Consellería de Medio Ambiente - Grupo de Predicción Meteorolóxica da Universidade de Santiago de Compostela.

* Organismo autónomo de augas da Xunta de Galicia.- Augas Galicia.

* Confederación Hidrográfica do Norte (CHN).

* Confederación Hidrográfica do Douro .

* Centros de control operativo e de xestión de emerxencias de empresas hidroeléctricas e de encoros.

2. Encoros de Galicia.

* Responsables dos encoros de Galicia que se inclúen no Plan Especial de Protección Civil.

A continuación indícanse soamente os máis significativos polo número e capacidade de encoramento.

* Fenosa.

* Iberdrola.

* Endesa.

* Ferroatlántica.

3. Grupos de intervención.

-Bombeiros municipais de:

* A Coruña.

* Lugo.

* Ourense.

* Pontevedra.

* Vigo.

* Santiago de Compostela.

* Ferrol.

-Bombeiros comarcais de:

* Deza-Tabeirós.

* Terra de Montes.

* Valdeorras-Lemos.

* Todos aqueles que entren a prestar servicio a partir da data.

-Servicios de emerxencias de Galicia.

* Grupos municipais de intervención rápida.

* Agrupacións de voluntarios de Protección Civil.

-Brigadas de obras dos concellos.

-Responsables de empresas subministradoras de auga de abastecemento público.

-Responsables de empresas de subministración eléctrica:

* Fenosa.

* Barras Eléctricas do Noroeste.

-Responsables de empresas de telefonía fixa e móbil.

* Telefónica.

* Airtel.

* Amena.

* R.

-Responsables de conservación e mantemento de estradas de Galicia. Rede de estradas das deputacións, autonómica e do Estado.

-Deputacións provinciais de:

* A Coruña.

* Lugo.

* Ourense.

* Pontevedra.

-Xunta de Galicia:

* Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

* Dirección Xeral de Obras Públicas.

* Subdirección Xeral de Estradas.

* Delegacións provinciais.

* Servicios provinciais de estradas.

-Ministerio de Fomento.

* Demarcación de Estradas do Estado.

* Autopistas do Atlántico.

-Responsables de Protección Civil e seguridade de ferrocarril.

* Renfe.

* Feve.

-Responsables municipais.

* Alcaldes.

* Concelleiros de:

* Protección Civil.

* Seguridade.

* Tráfico.

* Obras.

4. Grupo de Seguridade.

* Garda Civil.

* Policía Autonómica.

* Policía Nacional.

* Policía Local.

5. Grupo de intervención.

* Grupos de submarinistas de Protección Civil.

* Grupo acuático da Garda Civil .

* Lanchas de salvamento do plan SAPRAGA.

* Medios das Forzas Armadas.

* Motobombas de incendios forestais dos Municipios de Galicia.

6. Grupo de evacuación.

* Empresas de autobuses.

* Hoteis.

* Hostais.

* Escolas.

* Polideportivos.

7. Grupo de rehabilitación.

* Empresas de subministración de auga potable.

* Empresas de cisternas para o transporte de auga potable.

* Empresas subministradoras de racións alimentarias de emerxencia.

8. Grupo sanitario.

* Urxencias sanitarias 061.

* Servicios hospitalarios dependentes do Servicio Galego de Saúde (Sergas) .

* Servicios asistenciais dependentes do Sergas.

* Medios e recursos da Consellería de Sanidade.

* Medios asistenciais públicos e privados.

9. Grupo loxístico.

* Medios propios dos concellos.

* Medios propios das deputacións.

* Medios propios da Xunta de Galicia.

* Empresas de construcción e obras públicas privadas.

10. Outros medios ou recursos que pola súa especial importancia sexa necesario catalogar e que no estean incluídos dentro dos puntos ou subpuntos anteriores.

ANEXO XVI bis

Abreviaturas

AVPC: Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

CMT-Galicia: Centro Meteorolóxico Territorial de Galicia (A Coruña).

DOG: Diario Oficial de Galicia.

INM: Instituto Nacional de Meteoroloxía.

PMA: Posto de Mando Avanzado.

Platerga: Plan Territorial de Protección Civil de Galicia.

UPA: Unidade adscrita do Corpo Nacional de Policía na Comunidade Autónoma de Galicia.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL