Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2002 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O presidente, actuando en nome e representación do ente público Portos de Galicia, segundo o previsto no artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolveu adxudica-las seguintes obras.

1. Dragaxe, recrecemento de rampla e ordenación do porto de Portonovo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Número de expediente: PO-13-10-02-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

Descrición do obxecto: dragaxe, recrecemento de rampla e ordenación do porto de Portonovo.

b) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, número 22, do 30 de xaneiro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 747.563,42 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 14-3-2002.

b) Contratista: Oys Noroeste, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: 672.800 euros.

2. Instalación de embarcadoiro aboiante no porto de Bueu.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Número de expediente: PO-13-17-02-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: instalación de embarcadoiro aboiante no porto de Bueu.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, número 242, do 17 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 68.947,48 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 12-2-2002.

b) Contratista: Obras y Construcciones Dios, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: 64.566,73 euros.

3. Instalacións para atraque de embarcacións menores en Perbes. Miño.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Número de expediente: CO-12-11-02-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: instalacións para atraque de embarcacións menores en Perbes. Miño.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, número 242, do 17 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 600.849,19 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 12-2-2002.

b) Contratista: Obras y Construcciones Dios-Aopil (UTE).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: 540.183,67 euros.

6. Outras informacións.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro notifícase, advertindo que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia