Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncian as contratacións, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, do servicio de limpeza en diversos centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 19 de decembro de 2001 sobre delegación de competencias en órganos contrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais, esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-las seguintes contratacións:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratos dos servicios de limpeza.

b) Lugar de execución:

-Expte. 1/02: Casa do Mar de Corrubedo (praza do Torreiro nº 22-P. baixa e 1ª).

-Expte. 2/02: Casa do Mar de Cabo de Cruz (Porto nº 217-1ª e 2ª).

-Expte. 3/02: Casa do Mar de Palmeira (Cruceiro de Cruces nº 2-soto, baixa e 1ª).

-Expte. 4/02: Centro Social da Pobra (rúa Castelao nº 5).

-Expte. 5/02: R.T.I. de Oleiros (lugar de Pousada s/n).

-Expte. 6/02: R.T.I. de Ferrol (rúa Pardo Bazán s/n-Caranza).

-Expte. 7/02: R.T.I. de Santiago de Compostela (rúa Rodas nº 2).

3. Prazo de execución: dous anos, a partir da formalización do contrato (exptes.: 1/02, 2/02, 3/02, 4/02, 6/02 e 7/02) e dun ano a partir da formalización do contrato (expte.: 5/02).

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

5. Orzamento base de licitación:

Expte. 1/02: Casa do Mar de Corrubedo: 15.937,69 euros (quince mil novecentos trinta e sete euros con sesenta e nove céntimos).

Expte. 2/02: Casa do Mar de Cabo de Cruz: 22.954,24 euros (vintedous mil novecentos cincuenta e catro euros con vintecatro céntimos).

Expte. 3/02: Casa do Mar de Palmeira: 30.751,87 euros (trinta mil setecentos cincuenta e un euros con oitenta e sete céntimos).

Expte. 4/02: Centro Social da Pobra: 21.045,91 euros (vinteún mil corenta e cinco euros con noventa e un céntimos).

Expte. 5/02: Resid. da 3ª I. de Oleiros: 200.395,76 euros (douscentos mil trescentos noventa e cinco euros con setenta e seis céntimos).

Expte: 6/02: Resid. da 3ª I. de Ferrol: 127.429,52 euros (cento vintesete mil catrocentos vintenove euros con cincuenta e dous céntimos).

Expte: 7/02: Resid. da 3ª I. de Santiago de Compostela: 127.587,03 euros (cento vintesete mil cincocentos oitenta e sete euros con tres céntimos).

6. Garantía provisional: 2% do orzamento.

Expte. 1/02: Casa do Mar de Corrubedo: 318,75 euros (trescentos dezaoito euros con setenta e cinco céntimos).

Expte. 2/02: Casa do Mar de Cabo de Cruz: 459,08 euros (catrocentos cincuenta e nove euros con oito céntimos).

Expte. 3/02: Casa do Mar de Palmeira: 615,04 euros (seiscentos quince euros con catro céntimos).

Expte. 4/02: Centro Social da Poboa: 420,92 euros (catrocentos vinte euros con noventa e dous céntimos).

Expte. 5/02: Residencia da 3ª I. Oleiros: 4.007,92 euros (catro mil sete euros con noventa e dous céntimos).

Expte: 6/02: Residencia da 3ª I. Ferrol: 2.548,59 euros (dous mil cincocentos corenta e oito euros con cincuenta e nove céntimos).

Expte: 7/02: Residencia da 3ª I. Santiago de Compostela: 2.551,74 euros (dous mil cincocentos cincuenta e un euros con setenta e catro céntimos).

7. Garantía definitiva: 4% sobre os importes de adxudicación.

8. Admisión de variantes: non se admiten.

9. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 1º.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15011.

d) Teléfono: 981 18 58 03/06.

e) Telefax: 981 18 58 01.

f) Internet: www.xunta.es/contratación

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles, excepto sábados, nas catro delegacións provinciais da consellería así como na Dirección Xeral de Asuntos Sociais en Santiago de Compostela.

10. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: será de oito días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Forma de presentación: a documentación que integrará as ofertas deberá presentarse en sobres pechados e é a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais da Coruña; rúa Gregorio Hernández, 2-4, 1º. Sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Se as proposicións se cursan por correo, terá que xustificarse a data de presentación e comunicárselle no mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax (enderezo indicado no punto 9).

11. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

12. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais (Servicio de Xestión Económica).

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Se cadrase en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

13. Gastos do anuncio: o pagamento deste anuncio será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

A Coruña, 8 de abril de 2002.

Mª José Ares Casal

Delegada provincial da Coruña