Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.460

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 8 de abril de 2002 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan.

O nomeamento de rexistradores da propiedade e mercantís que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes en virtude de concurso ordinario convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 29 de xaneiro de 2002 (BOE do 8 de febreiro) e, de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do regulamento para a súa execución, o Decreto 161/2000, do 29 de xuño, modificado polo Decreto 120/2001, do 10 de maio, e 306/2001, do 15 de decembro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los rexistradores da propiedade que a seguir se relacionan, para prove-los rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Germán Gallego del Campo, rexistrador da Coruña nº 1, para o Rexistro de Lugo nº 1.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais