Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.460

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 61 grupo III (oficiais de laboratorio) de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se publica a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión do día 15 de abril de 2002, o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 61 grupo III (oficiais de laboratorio), convocado por Orde do 30 de xullo de 2001, de conformidade coa base II.3 da convocatoria, acordou a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o día 11 de maio de 2002, ás 9 horas, no recinto feiral de Silleda (Pontevedra), en cha

mamento único. As portas do lugar de acceso abriranse para a realización do exame ás 8 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

Jaime Bouzada Romero

Presidente do tribunal