Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2002 Páx. 5.457

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002 pola que se convoca un curso sobre contratación administrativa local.

Dentro do Plan de actividades da EGAP para 2002, e ó amparo do convenio subscrito con data do 15 de xaneiro de 2002 para a creación do Centro de Estudios Locais de Galicia, conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso sobre contratación administrativa local que deberá desenvolverse de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Actualización de coñecementos en materia contractual, analizando desde o punto de vista práctico as diversas clases de contratos e os seus respectivos réximes xurídicos.

Segunda.-Destinatarios.

Funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional e técnicos de corporacións locais pertencentes ós grupos A e B ou asimilados.

Terceira.-Desenvolvemento.

3.1. Duración: 45 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela, Escola Galega de Administración Pública.

3.3. Datas: 14, 16, 21, 23, 28 e 30 de maio e 4, 6, 11, 13, 18, 20, 25, 26 e 27 de xuño de 2002.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 40.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programando, deberá solicitalo coa presentación da instancia que segundo modelo oficial figura como anexo I desta resolución, e cubrila en tódolos seus epígrafes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP, e presentaranse no Rexistro da Escola Galega de Administración Pública, r/ Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30, sen prexuízo da necesidade de remisión da solicitude orixinal por correo ordinario.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución.

Seguidamente, efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente ós admitidos e publicarase na páxina web: www.egap.xunta.es.

Quinta.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3-8-1994).

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de anulalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso, e é obrigatoria a asistencia a tódalas sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ó 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Oitava.-Valoración.

Para os efectos do establecido na resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril, e correción de erros, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administración Públicas do 10 de agosto de 1994, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,60 puntos.

Novena.-Contido.

A contratación nas administracións públicas. Introducción: a Lei 13/1995 e modificacións posteriores. O texto refundido da Lei de contratos (Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño). O novo regulamento da Lei de contratos aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro. Ámbito de aplicación. As directivas comunitarias en materia de contratación pública. Contratos administrativos e privados das administracións públicas. Os convenios de colaboración. Elementos do contrato. Órganos de contratación. Capacidade e solvencia das empresas. A xunta consultiva de contratación administrativa. A clasificación e o rexistro de empresas. As garantías esixidas para os contratos na Administración. Os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas. Os procedementos e formas de adxudicación. Perfección e formalización. A mesa de contratación. Execución e modificación dos contratos. Revisión de prezos nos contratos administrativos. A extinción dos contratos: cumprimento e

resolución. Os dictames do Consello Consultivo de Galicia en materia de resolución e modificación de contratos. O contrato de obras. O contrato de concesión de obra pública. O contrato de xestión de servicios públicos. O contrato de subministración. O contrato de consultoría, asistencia e servicios. Os contratos informáticos. Os contratos privados da Administración pública. Tipoloxías. A invalidez dos contratos. A impugnación xurisdiccional en materia de contratos administrativos. Endebedamento das entidades locais. Aspectos contractuais, orzamentarios e financeiros. Aspectos de fiscalización, contabilidade e orzamentarios da contratación administrativa. O control externo da contratación administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA