Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2002 Páx. 5.352

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 8 de abril de 2002 pola que se dispón que o director xeral de Obras Públicas se encargue do despacho dos asuntos da Dirección Xeral de Transportes.

Producido o cesamento do titular da Dirección Xeral de Transportes, cómpre adopta-las medidas inmediatas para que, sen prexuízo do posterior nomeamento do novo titular do centro directivo, se asegure o correcto funcionamento do servicio e a resolución, se é o caso, dos asuntos encomendados á devandita dirección xeral.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-O desenvolvemento das accións e o exercicio das competencias propias da Dirección Xeral de Transportes, que figuran no decreto da estructura orgánica da consellería actualmente vixente e outras que lle fosen expresamente delegadas, quédanlle encomendadas temporalmente, e ata que se produza o nomeamento do seu titular, ó director xeral de Obras Públicas.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2002.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda