Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de estatutos e bases para a constitución e funcionamento da Xunta de Compensación da Unidade de Actuación Pobo Galego (expediente 4264/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 21 de febreiro de 2002, acordou aprobar definitivamente o proxecto de estatutos e bases para a constitución e funcionamento da Xunta de Compensación da Unidade de Actuación Pobo Galego, conforme o texto publicado no DOG nº 214, do 6 de novembro de 2001, coas seguintes rectificacións respecto do texto inicialmente aprobado:

-Na base 5ª.2 suprímese a frase sen computar en ningún caso as expectativas da actuación.

Na base 8ª.1 substitúese o termo incompatible polo de compatible.

A base 18ª.2 queda redactada do seguinte xeito: para a determinación do valor das parcelas resultantes considerarase o básico de repercusión coas correccións, cando proceda, derivadas da situación e características da cada parcela no polígono ou unidade reparcelable, determinadas na forma que sinale a normativa sobre fixación de valores catastrais.

Se o valor básico de repercusión non estivese fixado pola Administración tributaria conforme as determinacións do plan en execución, calcularase coas mesmas regras que se utilizan para a súa fixación pola citada Administración tributaria. Todo isto sempre de conformidade co establecido no artigo 28.3º e 4º LSRV.

No artigo 16.2º, introdúcese a seguinte excepción: agás as sinaladas coas letras h) e i) do número ante

rior, quedando redactado o epígrafe como segue: o incumprimento das súas obrigas por calquera propietario ou propietarios, agás as sinaladas coas letras h) e i) do número anterior, lexitima a xunta para promove-la expropiación conforme a vixente normativa urbanística.

A base 22 modifícase na súa redacción, que será a seguinte: en tanto que a ordenación do polígono non prevé expresamente a situación da entrada e saída do aparcadoiro subterráneo que nel se proxecta, a eventual servidume de paso que se constitúa sobre parcelas privadas, con este fin, en favor daquel, terá o carácter de voluntaria e, xa que logo, a indemnización desta será a que libremente estipule o Concello de Vigo, logo dos informes técnicos e xurídicos procedentes que xustifiquen a constitución e a valoración da servidume, e a propiedade do predio privado gravado."

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminstracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos/sa propietarios/as afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un dos seguintes recursos:

A. Recurso potestativo de reposicion ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio.

B. Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

Vigo, 5 de marzo de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo