Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU 11/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 5 de abril de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro: aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da actuación que se vai desenvolver no ámbito da Área de Planeamento Específico H3.01, promovido pola Xunta de Compensación da Área de Planeamento Específico H3.01, coa condición de que, con anterioridade á aprobación definitiva do documento, presente un texto refundido del, no que se emenden as deficiencias detectadas no informe do enxeñeiro de camiños municipal, achegándose dúas copias del.

Segundo: ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na Oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación correrán por conta do promotor.

A Coruña, 10 de abril de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo