Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (DPO 2/2002).

A Alcaldía Presidencia, con data do 20 de marzo de 2002, dictou a seguinte resolución:

Primeiro: aprobar inicialmente a delimitación poligonal que se vai practicar no sector de solo urbanizable S-3 Penamoa.

Segundo: darlle publicidade a esta resolución.

Terceiro: someter a información pública, polo prazo de vinte días, contados desde o día seguinte hábil ó da publicación desta resolución, o expediente que recolle esta delimitación poligonal.

Cuarto: notificarlles ós propietarios afectados.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio Municipal de Urbanismo, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

A presente publicación producirá os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para aqueles supostos de interesados ós que non poida serlles practicada a notificación persoal.

A Coruña, 9 de abril de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo