Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Aprobación inicial do estudio de detalle dunha parcela de propiedade particular sita na rúa Manuel Antonio, San Cibrao-Cervo (Lugo), para vivenda unifamiliar.

Foi aprobado consonte o establecido nos artigos 21.1º j), 22.2º c) e 23 da Lei de bases de réxime local, segundo a redacción que lle dá a Lei 11/1999, do 21 de abril (BOE nº 96/1999), en concordancia co establecido na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O devandito estudio de detalle estará exposto ó público polo prazo dun mes, contando desde a publicación deste anuncio no DOG, conforme co sinalado no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo (DOG do 26 de marzo).

Cervo, 10 de abril de 2002.

José Manuel Balseiro Orol

Primeiro tenente alcalde