Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

O Pleno do concello, en sesión realizada o día 9 de marzo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para establece-lo sinalamento de aliñacións e rasantes e a ordenación de volumes para unha parcela sita na rúa do Faro-San Cibrao, de acordo coas especificacións das normas subsidiarias do planeamento en Cervo, mantendo as súas determinacións substantivas, sen altera-lo aproveitamento urbanístico, nin ocasionar prexuízos a terceiros, nin altera-las condicións da ordenación dos predios estremeiros, promovidos por José Rodríguez Fariñas.

Segundo.-Proceder á publicación deste acordo no DOG e no BOP.

Terceiro.-Comunicarlle ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado do expediente administrativo e dos dous exemplares do documento, en cumprimento do establecido no artigo 48.3º da LSG.

Contra o anterior acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes.

Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.

Cervo, 11 de marzo de 2002.

José Insua Pernas

Alcalde