Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 11 de marzo de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ó seu nome de servicios sanitarios prestados neste centro no caso de non achega-los datos necesarios para facturar ó terceiro obrigado ó pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo II do Real decreto 63/1995, do 20 de xaneiro, sobre ordenación de prestacións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e

na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ó terceiro obrigado ó pagamento a asistencia sanitaria que lles foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 70/2001, do 22 de marzo, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 68, do 5 de abril), polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ó seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que se vai achegar, deberán poñerse en contacto co Servicio de Facturación deste centro sanitario, teléfono 988 38 55 27.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Ourense, 11 de marzo de 2002.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense

Nome do pacienteNome pai/nai/titorDNI/NIF

Babarro Boo, Ramón34910045R
Batista Perdomo, Pili RosannaX3163903T
Barreiro Cadaval, Mercedes34950603X
Domínguez Jorge, Francisco76606287A
Gómez Heras, Juan Marcos25096371J
González Gil, María Teresa34414435H
González Peaguda, Germán76746550
Hinojosa Pazos, TamaraPazos Conde, Alicia38437848H
López Cadavid, Julio AlbertoLópez Balboa, José Manuel34931927X
López Fernández, Francisco Javier34918915Q
Maceda Rodríguez, Pascual44449461Y
Machado Pereira, Serafín36087186W
Payan Valentierra, ClaudiaX03685490Q
Rodríguez Alonso, Anxo CarlosAlonso Fernández, María Jacinta34974842F
Veiga Requejo, María Teresa34601253F