Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de mobiliario xeral e de oficina con destino a varios hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia (SCS.-11/2002) (11 lotes).

1. Nombre e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde/Sergas-Servicio de Equipamentos (División Xeral de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta en Santiago de Compostela. Teléfonos 981 54 27 66, 981 54 27 68, 981 54 73 87. Fax 981 54 27 62. Enderezo Internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.

3. a) Lugar de entrega da subministración: varios hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Naturaleza e cantidade dos productos que se deben subministrar: adquisición de mobiliario xeral e de oficina. (11 lotes).

-Orzamento total: un millón cento oito mil oitocentos trinta e catro euros, IVE incluído (1.108.834 euros); que se desagrega en dúas anualidades, para o ano:

2002: 878.194 A.

2003: 230.640 A.

Lote

Descrición

Anualidade

2002

Anualidade

2003

1Mesas e armarios estándar298.269 A77.080 A

2Cadeiras estándar143.940 A36.360 A

3Accesorios estándar28.365 A7.440 A

4Audiovisuais50.350 A18.900 A

5Cadeiras para aulas41.580 A10.500 A

6Salas estar e espera147.360 A37.020 A

7Accesorios para salas comúns7.200 A2.160 A

8Dotación dormitorios1.800 A600 A

9Vestiarios e almacén104.430 A26.430 A

10Electrodomésticos9.900 A2.750 A

11Arquivo historias clínicas45.000 A11.400 A

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes).

4. Prazo de entrega desde a petición: máximo 30 días.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 10 de maio de 2002.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 20 de maio de 2002.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade/Sergas edificio administrativo San Lázaro, 2º andar, a partir das 9 horas do undécimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver punto 18 da folla de especificacións do prego de tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obligado a mante-la súa oferta: ata o 31 de decembro de 2003.

13. Criterios que seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición de las variantes: admítense variantes.

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 11 de febreiro de 2002.

17. Data de envío do anuncio: 12 de abril de 2002.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos