Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2002 Páx. 5.285

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ás categorías 35 (auxiliar de arquivos e bibliotecas) e 36 (auxiliar de museos), correspondentes ó grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 8 de abril de 2002, o tribunal IV-F designado pola Orde do 24 de decembro de 2001 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ás categorías 35 (auxiliar de arquivos e bibliotecas) e 36 (auxiliar de museos), correspondentes ó grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta

de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición para a categoría 36 se realizará o día 9 de maio de 2002, na Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, s/n), salón de actos, e para a categoría 35 o día 10 de maio de 2002, no recinto feiral internacional de Galicia (Silleda), en chamamento único para ámbalas dúas categorías.

Para a categoría 35 (auxiliar de arquivos e bibliotecas), a realización do exercicio comezará ás 9 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 8 horas.

Para a categoría 36 (auxiliar de museos), a realización do exercicio comezará ás 10.30 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 10 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2002.

Antonio Rodríguez Álvarez

Presidente do tribunal