Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da canteira Monte Redondo, da provincia de Lugo e promovida por José Sanjurjo Construcciones, S.L.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación desta resolución, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da canteira Monte Redondo, situada en terreos do concello de Vilalba, provincia de Lugo, e solicitado por José Sanjurjo Construcciones, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio correspondente, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas