Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2002 Páx. 5.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2002 pola que se declara deserto un contrato de consultoría e asistencia. (Expediente 7/2001 DXI).

Vistas as actas das reunións da mesa de contratación nomeada para eleva-la proposta de adxudicación do contrato de consultoría e asistencia para a realización do plan de competitividade da lousa ornamental, que foi convocado por Resolución do 30 de outubro de 2001 (DOG número 214, do 6 de novembro de 2001), e segundo o establecido nos artigos 88 e 89 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE número 148, do 21 de xuño), polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas

RESOLVO

Declarar deserto o citado concurso de acordo coa proposta realizada pola mesa de contratación, na que se conclúe que ningunha das empresas licitadoras acada a puntuación mínima esixida.

Contra a citada resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso potestativo de reposición, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, nos termos que establece a Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE número 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e na Lei 29/1998, do

13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2002.

P.D. (Orden 20-12-2001, DOG 250)

Jesús Vázquez San Luís

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio