Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 18-3-2002, o proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana no ámbito das unidades de actuación Norte-1 e Norte-2 (Garabolos), redactado polo arquitecto José Arias Jordán e solicitado pola CPTO-V da Xunta de Galicia.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, número 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 21 de marzo de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

P.D (Decreto alcaldía 60/1999)

Xosé Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área