Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUDIÑA

EDICTO.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar con data do 28 de xaneiro de 2002, acordou delegar

na Deputación Provincial de Ourense as facultades de xestión tributaria e recadación de impostos sobre bens inmobles, actividades económicas, circulación de vehículos e taxa pola recollida do lixo.

Unha vez aceptadas as devanditas delegacións acordadas polo concello, faise público para os efectos oportunos, a teor do que dispón o artigo 7.2º da Lei 39/1988.

A Gudiña, 28 de febreiro de 2002.

Guillermo Lago Pérez

Alcalde