Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.A.T. 132 kV. Parque eólico Goia-Peñote-apoio número 6 da L.A.T. 132 kV. Parque eólico Lomba-parque eólico Ventoada, nos concellos de Xermade, Vilalba e Muras e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 011/2001 A.T.).

1. Autorización administrativa e estudio ambiental.

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación do impacto ambiental, para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285, do 28 de novembro) e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro), sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e estudio do impacto ambiental para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características técnicas que se relatan a continuación:

Peticionario: Gamesa Energía, S.A.

Finalidade: interconexión do parque eólico de Goia-Peñote coa liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, parque eólico Lomba-parque eólico Ventoada, para evacuación da enerxía xerada no primeiro parque eólico.

Características técnicas principais:

1. Liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, para interconexión do parque eólico Goia-Peñote coa liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, parque eólico Lomba-parque eólico Ventoada, de 7.707 metros de lonxitude, composta por un circuíto cun conductor por fase LA-180 e cable de terra OPGW sobre apoios metálicos de celosía.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto das instalacións nesta delegación provincial (Edificio Administrativo, Ronda da Muralla-70, Lugo), e formula-las alegacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, poderanse corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Así mesmo, o estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións da L.A.T. 132 kV. (Parque eólico Goia-Peñote)-(Apoio nº 6 da L.A.T. 132 kV. Parque eólico Lomba-Parque eólico Ventoada) poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e nos concellos de Xermade, Vilalba e Muras, podendo presentarse cantas

alegacións se consideren pertinentes ante esta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixancias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 27 de marzo de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO