Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2002 Páx. 5.128

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2002 pola que se convoca a contratación, mediante concurso en procedemento aberto, do servicio de vixilancia e seguridade das instalacións da sede da Academia Galega de Seguridade.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Academia Galega de Seguridade (AGS).

2. Obxecto do contrato: servicio de vixilancia e seguridade das instalacións da sede da AGS.

a) Lugar de execución: A Estrada (Pontevedra).

b) Prazo de execución do contrato: un (1) ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: douscentos mil cento once con vintenove (200.111,29) euros.

5. Garantías.

a) Provisional: catro mil dous con vintetrés (4.002,23) euros.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade.

b) Enderezo: avda. da Cultura, s/n.

c) Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

d) Teléfono: 986 59 00 21.

e) Fax: 986 59 09 88.

f) Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http//:www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares, no rexistro da AGS en horario das 9 ás 14 horas, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: avda. da Cultura, s/n.

Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade.

b) Enderezo: avda. da Cultura, s/n.

c) Localidade: A Estrada.

d) Data: décimo primeiro día natural contado desde o seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: trece trinta (13.30) horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

A Estrada, 5 de abril de 2002.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade