Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 5.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía nº 1324/2002, do 11 de marzo, aprobouse o expediente de expropiación forzosa, por taxación conxunta, dos terreos necesarios para o acondicionamento territorial e paisaxístico do parque forestal de Liáns, Oleiros (A Coruña).

De conformidade co artigo 219.2º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, o dito expediente estará exposto ó público na secretaría xeral do Concello de Oleiros, de 9 a 13 horas e polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que apareza publicado este anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de presentación das observacións e reclamacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 13 de marzo de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa