Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEADE

ANUNCIO.

O Pleno da Mancomunidade, na súa sesión do 21 de marzo de 2002, acordou aproba-lo prego de condicións que rexerá o concurso para a concesión administrativa da xestión do servicio público do matadoiro comarcal do Ribeiro sito en Fondal de Beade (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, queda exposto ó público polo espacio de 4 días, co obxecto de presentación das reclamacións que se consideren oportunas.

Sen prexuízo do que resulte da devandita exposición e do aprazamento que proceda cando resulte necesario, anúnciase a seguinte licitación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Mancomunidade I.V. do Ribeiro.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concurso para a concesión administrativa da xestión do servicio público do matadoiro comarcal do Ribeiro sito en Fondal de Beade (Ourense).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantía.

a) Provisional: 6.000 A.

b) Definitiva: 48.000 A.

5. Prazo de concesión.

20 años.

6. Obtención de información e documentación.

a) Entidade: Mancomunidade I.V. do Ribeiro.

b) Enderezo: Fondal de Beade.

c) Localidade, código postal e provincia: Beade, 32431 Ourense.

d) Teléfono e fax: 988 48 47 00 e 988 48 47 01.

e) Data límite de obtención de documentos e información: desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata as 13 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou BOP, segundo sexa o último publicado, rematando ás 13 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que consta no prego de condicións administrativas xerais.

c) Lugar de presentación: Mancomunidade I.V. do Ribeiro.

Fondal de Beade

32431 Beade

Ourense

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Mancomunidade I.V. do Ribeiro.

b) Enderezo: Fondal de Beade.

c) Localidade: Beade.

d) Data: o día seguinte hábil á finalización do prazo de licitación; pasará a luns de coincidir en sábado.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Beade, 25 de marzo de 2002.

O presidente

Rubricado