Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Acondicionamento da nova estrada PO-400. Treito: variante de Salvaterra.

Adxudicatario: UTE Obras y Viais Bascuas, S.L., Comsa, S.A.

Orzamento: 5.959.163,07 euros (991.521.307 ptas.).

Urbanización das rúas Ramón Aller e Matemático Rodriguez no concello de Lalín.

Adxudicatario: Ovisa.

Orzamento: 1332.119,29 euros. (221.646.000 ptas.).

Mellora da seguridade vial na estrada C-550 O Grove, Pontevedra.

Adxudicatario: Indeza, S.L.

Orzamento: 901.164,00 euros. (149.941.074 ptas.).

Enlace desde a C-543 ata a N-550. Paso a distinto nivel no nó de Vidán.

Adxudicatario: Puentes y Calzadas Empresa Constructora, S.A.

Orzamento: 1.521.270,23 euros. (253.118.069 ptas.).

Nova ponte entre Baión e Paradela sobre o río Umia. Convenio CPTOPV-Concello de Meis-Concello de Vilanova de Arousa 18-7-2001.

Adxudicatario: Ovisa.

Orzamento: 515.055,35 euros. (85.698.000 ptas.).

Acondicionamento da ronda de Mondoñedo treito II (rúa Julia Pardo). Reposición de servicios e pavimentacións. Convenio CPTOPV-Concello de Mondoñedo.

Adxudicatario: UTE Ovisa-Probisa Tecnología y Construcciones, S.A.

Orzamento: 265.196,59 euros. (44.125.000 ptas.).

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de 26 de novembro de 1992, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2002.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda