Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 15 de marzo de 2002, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de denegación de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para ser notificados por comparecencia (Maria Otero Sieiro e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de denegación de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucions de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 ent., Ourense en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida

desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 15 de marzo de 2002.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

María Otero Sieiro

DNI 34978400T

Lg. Feas-Boborás-Ourense

Acordo denegación devolución ingresos indebidos. Patrimonio dev. nº 175/99

Nilo López Conde

DNI 34954511P

San Paio, 16-3º C, O Irixo-Ourense

Acordo denegación devolución ingresos indebidos. Vehículos dev. 74/98. Exp. 1758/98

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA