Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.905

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 5 de abril de 2002 pola que se anuncian subvencións para a creación, remodelación e recuperación de balnearios e centros de talasoterapia da Comunidade Autónoma de Galicia.

O establecemento balneario foi un dos primeiros elementos xeradores de actividade turística na nosa comunidade autónoma, sendo claro exemplo disto o gran número deste tipo de establecementos existentes en Galicia, pero é a mediados deste século cando este tipo de turismo cede terreo claramente ó turismo denominado de «sol e praia» producíndose nalgúns casos o peche de establecementos ou nos casos máis favorables unha existencia de mera supervivencia.

Pero desde non hai moitos anos estase a producir un rexurdimento desta modalidade de turismo e Galicia non é allea a este fenómeno, de feito, a nosa oferta turística balnearia está producindo uns máis que esperanzadores resultados aínda que os niveis de calidade deben ser mellorados para ser acordes coas demandas dos usuarios.

Por outro lado estase a producir, no eido da demanda turística, un auxe dos centros de talasoterapia, utilizando a auga do mar e o medio mariño con fins terapéuticos e preventivos para a saúde. Tendo en conta que esta demanda vai incidir, tal como xa o fai o balneario tradicional, no noso turismo e considerando que un dos principais obxectivos da política turística da Xunta de Galicia é o de potencia-la oferta de turismo de saúde en tódalas suas expresións é polo que, con cargo ós créditos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo asignados para esta finalidade e seguindo as determinacións da orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas do 27 de novembro de 2000 e 25 de outubro de 2001, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, así como os límites de intensidade establecidos no Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial da Comunidade

Autónoma de Galicia, e todo isto consonte o establecido sobre medidas de fomento no artigo 73 da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia en concordancia co sinalado no artigo 74 da dita lei e tendo en conta o determinado no Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, convócanse axudas destinadas á creación, remodelación e recuperación dos balnearios e centros de talasoterapia que pola súa conceptuación como actividade turística se considera incentivable ó abeiro do antedito Decreto 172/2001. Polo exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Destinatarios.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderá conceder subvencións, con cargo

á aplicación orzamentaria 10.05.751A.770.0, ás persoas físicas e xurídicas titulares (en calquera das formas de posesión que determina o Código Civil):

1. De establecementos de aloxamento e restauración con instalacións balnearias en funcionamento.

2. De establecementos de aloxamento e restauración con instalacións balnearias pechadas pola deterioración das súas instalacións sempre e cando, no proxecto que se sinala no artigo 5º.1.c).1º desta orde, se contemple a recuperación de todo o conxunto.

3. De instalacións balnearias que carezan de establecementos de aloxamento e restauración sempre e cando, no proxecto que se sinala no artigo 5º.1.c).1º desta orde, se contemple a creación, formando un conxunto co balneario, de establecementos de aloxamento e restauración.

4. Os promotores de centros de talasoterapia que carezan de establecementos de aloxamento e restauración sempre e cando, no proxecto que se sinala no artigo 5º.1.c).1º, se contemple a creación dun conxunto qua actúe como elemento dinamizador e impulsor da actividade turística da zona.

5. Os promotores de centros de talasoterapia que inclúa nas súas instalacións oferta de aloxamento e restauración sempre e cando, no proxecto que se sinala no artigo 5º.1.c).1º, se contemple a creación dun conxunto qua actúe como elemento dinamizador e impulsor da actividade turística da zona.

Ás ditas concesións, que se rexen polos principios de publicidade, concorrencia competitiva e obxectividade, imputaranse ós créditos para 2002 da aplicación orzamentaria 10.05.751A.770.0, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e a elas destínase un importe de 4.512.835,27 A, distribuídos en 5 anualidades, a saber, no ano 2002, 1.661.683,07 A, no 2003, 539.069,91 A, no 2004, 396.519,79 A. No 2005, 944.717,83 A no 2006, 970.844,67 A. Cando as subvencións concedidas teñan carácter plurianual, aplicarase o que dispoñen os artigos 16.2º e 17 do Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos do pagamento correspondente ás anualidades dos exercicios do 2002, 2003, 2004 e do 2005, sendo nestas axudas posible a concorrencia con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con

subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, superen a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente estea establecido no artigo 15 do Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Obxecto.

Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta orde, as accións encamiñadas á creación, modernización e posta en valor turística dos balnearios e centros de talasoterapia así como a substitución dos seus equipamentos obsoletos.

Artigo 3º.-Condicións particulares.

1. Os proxectos que se presenten na procura de subvención serán globais, é dicir, estarán contidos nunha única solicitude.

2. O investimento mínimo subvencionable non poderá ser inferior a cento cincuenta mil (150.000) euros non considerándose investimento subvencionable os gastos xerais nin o beneficio industrial; tampouco forma parte del a adquisición de terreos nin os honorarios de técnicos, así como tampouco ningún tipo de taxa ou imposto.

3. Os establecementos para os que se solicita subvención deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) da Xunta de Galicia, agás os que se atopen nalgún dos casos determinados nos apartados 2, 3, 4 e 5 do artigo 1º desta orde.

4. Os proxectos que se subvencionen terán que:

a) Comezarse durante o ano 2002 e estar rematados con tempo dabondo para xustifica-lo investimento subvencionado dentro dos prazos establecidos nesta orde, aínda que tamén poden ser subvencionados os proxectos iniciados con anterioridade, sempre e cando os solicitantes acheguen certificación valorada, asinada por técnico facultativo, das obras realizadas, as cales non computarán para os efectos de investimento subvencionable.

b) Facer constar na publicidade a colaboración da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo-Dirección Xeral de Turismo, tanto durante a realización das obras como posteriormente, mediante un cartel que se exhibirá en sitio ben visible. As características do dito cartel, así como a súa localización e contido serán indicados polos correspondentes servicios provinciais de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta do beneficiario da subvención.

c) Cumpri-lo disposto na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia así como nas suás normas de desenvolvemento.

5. Os beneficiarios das subvencións adquiren os seguintes compromisos:

a) Inicia-la súa actividade turística, incluídos tódolos servicios que se contemplaron no proxecto, provisto da correspondente autorización de apertura da Administración turística, nun prazo máximo de 6 meses, contados a partir da data da xustificación final do investimento.

b) Crea-los postos de traballo a que se compromete na declaración xurada reflectida no anexo II nun prazo de 5 anos contados desde a data da realización integra do investimento subvencionado e mantelos durante un período de 5 anos.

c) Mante-la súa actividade durante un período mínimo de quince anos, contados desde a data de xustificación total do investimento subvencionado.

d) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas.

e) Comunicarlle á Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou entes públicos nacionais ou internacionais.

f) A reintegrar, total ou parcialmente, o importe percibido da subvención concedida, así como os correspondentes xuros de demora devengados desde o momento do pagamento, nos seguintes casos:

-Por incumprimento dos compromisos e obrigas relacionados neste artigo

-Non ter acadado, en tempo e forma, a finalidade para a que foi concedida a subvención.

-Incumprimento da obriga de xustificación nos prazos e termos establecidos nesta orde.

-Ter obtida a subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

-Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

-Supera-la porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.

-Por revogación da subvención concedida por non se ter xustificado o investimento mínimo subvencionable.

g) Para o caso de que exista servicio de restaurante, no conxunto das instalacións, en ningún caso o seu funcionamento poderá altera-lo fin último do establecemento subvencionado ó abeiro da presente orde.

Artigo 4º.-Contía das subvencións.

Os proxectos que se contemplan nesta orde como accións subvencionables poderán acadar unha axuda económica de ata o 35% sobre o investimento subvencionable. Á dita cantidade engadiraánselle 6.000 A por posto de traballo que se creará con carácter indefinido e que supere a porcentaxe mínima de contratación estable que, para ser beneficiario de subvención, se esixe nesta orde. En todo caso, a porcentaxe máxima de axuda non poderá supera-lo 40% do investimento subvencionable.

Artigo 5º.-Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes, dirixidas á directora xeral de Turismo e a documentación que de seguido se especifica presentaranse, por duplicado exemplar, na Consellería de Industria e Comercio, de acordo co sinalado no Decreto 400/1996, do 31 de outubro, polo que se crea o portelo único para establecementos balnearios e explotacións de augas minerais, termais e de manancial (DOG nº 226, do 19 de novembro de 1996), en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo I.

b) Fotocopia cotexada do DNI e do NIF do solicitante ou do CIF cando corresponda.

c) 1º proxecto básico, asinado por técnico facultativo competente, cando o investimento se refira á realización de obras.

2º Memoria explicativa, asinada por técnico facultativo competente, cando o investimento se refira á adquisición de equipamento, á execución dun proxecto de decoración, a intervencións de remoción e pequenas reparacións.

En todo caso deberase achegar, tanto sexa coa memoria como co proxecto básico, orzamento pormenorizado por conceptos do investimento proxectado e planos a escala 1:50 cando o investimento afectase á distribución ou uso das instalacións existentes.

d) Licencia urbanística, se fose o caso, que posibilite a execución do investimento para o que se solicita subvención. No caso de carecer dela no momento de realiza-la solicitude de subvención, será dabondo a presentación dun informe urbanístico, emitido polo concello, no que se indique que o proxecto para o que se solicita subvención é conforme coa legalidade urbanística vixente no municipio ou, se é o caso, certificación do concello comprensiva de que o investimento proxectado non precisa licencia urbanística.

e) Para os proxectos promovidos por persoas xurídicas, achegarase escritura de constitución ou modificación, se é o caso, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil nos que se indicará, con dilixencia do seu secretario, que estes son os vixentes.

f) Anexo II asinado e debidamante cuberto.

g) Certificado de autorización de aproveitamento de augas outorgado pola Consellería de Industria e Comercio ou, se é o caso, de que se incoou o expediente que posibilite acada-la dita autorización e certificado de inscrición no rexistro de centros, servicios ou establecementos sanitarios da Consellería de Sanidade ou, se é o caso, de que se incoou o expediente que posibilite acada-la dita autoriza

ción. No caso dos centros de talasoterapia terá que acollerse ó disposto na lexislación vixente de aplicación.

h) Se é o caso, solicitude debidamente motivada para que, por circunstancias de estacionalidade da actividade ou de especiais dificultades do sector ou da empresa concreta, se lle solicite á Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos que autorice de xeito excepcional a non esixencia de porcentaxe mínima de emprego estable para obte-la consideración de beneficiario da axuda.

i) Declaración de conxunto de tódalas solicitudes de subvención efectuadas ou concedidas, para a actividade obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

k) No caso de que o investimento proxectado supoña a creación dunha empresa será preciso achegar declaración xurada do promotor ou do representante legal de que a nova empresa se vai axustar a tódalas condicións que se sinalan para os destinatarios.

1. Plan de calidade proxectado para o establecemento, normalizados e recoñocidos, nos mercados proxectados para o establecemento. Débese indicar expresamente se o dito plan está homologado polo Instituto da Calidade Turística Española.

2. Os interesados emendarán, por pedimento da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo os defectos dos expedientes de solicitudes de subvención que o precisen, segundo o sinalado no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 6º.-Selección das solicitudes e resolución.

As solicitudes, ás que se lles achegará un informe emitido polo respectivo xefe do Servicio Provincial de Turismo, por cada expediente, no que se deberá indica-la valoración desde un punto de vista turístico do proxecto presentado, se o establecemento para o que se solicita subvención está inscrito, se fose o caso, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) da Xunta de Galicia, así como se cumpre os demais requisitos administrativos esixibles para ser obxecto de subvención, serán estudiadas por unha comisión técnica constituída polo titular da Subdirección Xeral de Fomento e Cooperación, que a presidirá, actuando como vocais un representante de cada unha das delegacións provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os xefes dos servicios provinciais de Turismo e os xefes do Servicio de Fomento e Promoción, de Investimentos e Supervisión Técnico-Turística e de Ordenación do Turismo da Dirección Xeral de Turismo. Exercerá as funcións de secretario

da comisión o antedito xefe do Servicio de Fomento e Promoción.

1. Para a valoración das solicitudes, ordenados en función da súa importancia, teranse en conta os seguintes criterios:

1º A localización do investimento atendendo á súa situación e para isto terase en conta: a situación en áreas rurais con tendencia á despoboación; áreas termais con afloramentos susceptibles de explotación turística; zonas costeiras con elementos configuradores de producto turístico náutico ou pola súa fisonomía tradicional mariñeira; o interese do espacio en relación a figuras de protección ambiental ou a declaración oficial como turístico do municipio.

2º Analise do destino en relación coa calidade dos accesos, das infraestructuras básicas e da oferta de servicios de utilización turística.

3º O estado actual e as características da edificación conforme a parámetros arquitectónicos que permitan a súa utilización turística.

4º Número de postos de traballo que se van crear e o seu grao de estabilidade.

5º As características da rehabilitación atendendo fundamentalmente á recuperación do patrimonio arquitectónico tradicional.

6º A oferta de servicios proxectada para o establecemento que supere a esixida pola normativa reguladora do establecemento.

7º Incorporación a plans de calidade normalizados e recoñocidos nos mercados, en particular os homologados polo Instituto da Calidade Turística Española.

8º A relación entre a oferta de servicios proxectada para o establecemento que supere a esixida pola normativa reguladora do establecemento e o investimento proxectado.

9º Que o solicitante sexa beneficiario dun programa de novos emprendedores do Instituto Galego de Promoción Económica.

10º A incidencia que nos recursos turísticos ten na área do investimento consonte a estudios e análise aprobados pola Dirección Xeral de Turismo.

11º Non estar localizado o investimento nun municipio incluído en algún outro programa de axuda que persiga os mismos fins.

2. Esta comisión, á vista dos expedientes e dos informes emitidos polos servicios provinciais, analizarán e cualificarán os proxectos e, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias elevará, unha vez informados pola comisión creada ó abeiro do decreto da Xunta de Galicia 401/1996, do 31 de outubro, á directora xeral de Turismo, os acordos adoptados por ela. Dos acordos adoptados pola sinalada comisión redactarase a correspondente acta.

3. O conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo dictará as resolucións de concesión ou, se é o caso, de denegación de subvencións. Contra os ditos actos resolutivos, que esgotan a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso

contencioso-administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a recepción da notificación da resolución ou, potestativamente, interpoñer, no prazo dun mes desde a recepción da resolución, recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A resolución de concesión determinará o importe da subvención concedida, con cargo ás disposicións orzamentarias para os anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006 segundo corresponda, en función das disposicións orzamentarias ou, se fose o caso, das dificultades de índole técnica de execución do investimento subvencionado.

4. Entenderanse desestimadas as solicitudes sobre as que non recaese resolución expresa no prazo de seis meses contados desde a data de publicación da orde.

Artigo 7º.-Aceptación-renuncia das subvencións e condicións xerais para as concedidas.

A) Da aceptación-renuncia das subvencións.

Unha vez recibidas as notificacións de concesión de subvención polos beneficiarios, estes, no prazo de dez días naturais, comunicaranlle á Dirección Xeral de Turismo a aceptación (utiliza-lo modelo do anexo III da orde) ou renuncia a elas. Se transcorridos os sinalados dez días non se fixese manifestación en ningún sentido, tal feito entenderase como renuncia á subvención e procederase, sen máis trámite, a dictar resolución de anulación da subvención concedida por renuncia do beneficiario.

B) Das condicións xerais para as subvencións concedidas.

No prazo de dous meses desde a presentación da aceptación da subvención, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Turismo a seguinte documentación:

a) Proxecto definitivo da acción subvencionada visado polo correspondente colexio oficial, no que se incluirá programa de obras que determinará a previsión anual de execución do investimento, consonte a resolución de concesión.

Este proxecto e programa, que teñen que ser conformes co determinado na resolución de concesión da subvención, e para os efectos da súa validez para incorporar ó expediente, deberá ser informado favorablemente, polo xefe do Servicio de Investimentos e Supervisión Técnico-Turística da Dirección Xeral de Turismo.

b) Certificación bancaria onde se debe aboa-la subvención.

Se transcorrido o sinalado prazo de dous meses non se cumprise algunha das condicións anteriores, tal feito entenderase como renuncia á subvención e procederase, sen máis trámite, a dictar resolución de anulación da subvención concedida por renuncia do beneficiario.

3. Se por calquera motivo, e durante o exercicio económico, houbese máis crédito orzamentario para a concesión de subvencións obxecto desta orde vistos os acordos da comisión técnica e a proposta formulada pola directora xeral de Turismo, poderanse conceder subvencións ós expedientes que non a recibisen ou ben, de ser posible, poderase incrementa-los importes das xa concedidas ó abeiro desta orde.

Artigo 8º.-Xustificación e pagamento das subvencións.

1. Os beneficiarios de subvencións concedidas en virtude da presente orde e cando o seu importe se atribuíu en dúas ou máis anualidades terán como data límite, para a presentación de xustificación do investimento executado, que se deberá realizar de conformidade co programa de obras, as seguintes:

Fase de 2002: 1 de novembro de 2002.

Fase de 2003: 30 de xuño de 2003, se o importe da subvención se imputou a dúas anualidades. No caso de terse imputado a máis, 15 de outubro de 2003.

Fase de 2004: 30 de xuño de 2004, se o importe da subvención se imputou a tres anualidades. No caso de terse imputado a máis, 15 de outubro de 2004.

Fase de 2005: 30 de xuño de 2005, se o importe da subvención se imputou a catro anualidades. No caso de terse imputado a máis, 15 de outubro de 2005.

Fase de 2006: 30 de xuño de 2006.

Se a subvención soamente se imputou ó exercicio de 2002, a data límite de presentación será o 1 de novembro de 2002.

En todo caso, os beneficiarios de subvencións, unha vez executado o investimento, deberán xustificalo o antes posible e nunca con posterioridade ás datas indicadas, datas que son límite de presentación da xustificación.

2. O investimento xustificado deberá coincidir coa resolución de concesión da subvención ou coas modificacións autorizadas. Se o investimento xustificado fose menor, e sempre mantendo os fins para os que se concedeu a subvención, esta reducirase proporcionalmente ó investimento non xustificado.

3. Para percibi-la subvención os beneficiarios remitirán á Dirección Xeral de Turismo, por triplicado exemplar, a seguinte documentación:

3.1. Solicitude de cobro segundo o modelo do anexo IV.

3.2 Facturas e certificación por conceptos, asinada polo técnico director de obra relativa á obra executada coa súa valoración e, no caso de obra rematada, tamén se achegará certificado de fin de obra, no caso de que o investimento subvencionable se referise á realización das obras e/ou instalacións contempladas no artigo 5º.1.c)1º da presente orde.

Cando o investimento subvencionable se referise ás accións contempladas no artigo 5º.1.c).2º desta orde deberase remitir, ou ben a documentación que

se sinala no parágrafo anterior ou, no seu defecto, facturas orixinais, ou copia compulsada destas, relativas ó investimento executado.

En calquera dos casos, nas facturas o interesado deberá especificar a qué concepto do investimento que serviu de base á concesión de subvención corresponde cada unha delas.

3.3. Licencia urbanística que posibilitase a execución do investimento subvencionado, no caso de que se precisase. Poderase adia-la presentación deste documento ata a derradeira solicitude de pagamento sempre e cando se iniciasen os trámites para a súa concesión.

3.4. Certificados de estar ó día nas súas obrigas tributarias coas Facendas do Estado e da Comunidade Autónoma e nas obrigas coa Seguridade Social e que non se ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma.

3.5. Acta de manifestacións, en escritura pública, onde se recollan os compromisos ós que se fan referencia no artigo 3º.5 e anexo II da presente orde. Este documento será obrigatorio presentalo coa primeira solicitude de pagamento.

3.6. Antes do derradeiro aboamento os beneficiarios deberán achegar, xunto co resto da documentación, declaración de conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a actividade obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Por outra banda, no caso de que a subvención concedida fose plurianual e superase a cifra de 30.050,60 A, cando se solicite o pagamento da anualidade de 2002 ou, se é o caso, de 2003, 2004 ou 2005, ademais da documentación indicada no punto 3 do presente artigo, tamén se deberá remiti-la documentación á que se fai referencia no artigo 16.Dous do Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. En calquera caso os pagamentos parcias teranse que garantir consonte o determinado no artigo 17 do anteriormente sinalado Decreto 287/2000, do 21 de decembro.

Disposición transitoria

Tódolos actos dictados nos expedientes de gasto regulados ó abeiro desta orde entenderase condicionados a que, unha vez aprobada a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, subsistan as mesmas circuntancias de feito e de dereito existentes no momento en que se produciron aqueles. A concesión das subvención reguladas na presente orde estará sometida á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución.

Disposicións adicionais

Primeira.-A condición de beneficiario de subvención, sen prexuízo dos demais requisitos que nela

se establecen, só poderá adquirirse cando alomenos o 35% do cadro de persoal da empresa solicitante de axuda teña contratos por tempo indefinido.

No caso de empresas de nova creación, poderá adquirirse a condición de beneficiario de subvención, cando exista o compromiso de acadar como mínimo o 35% de estabilidade laboral o remate do prazo que se conceda para tal efecto (artigo 3º.e.4 desta orde).

A porcentaxe de estabilidade mínima laboral, no caso de empresas con menos de 10 traballadores e para os efectos de adquiri-la condición de beneficiario de subvención, será dun 33%.

Non será preciso dar cumprimento ós anteditos requistos de estabilidade laboral no caso de que a subvención solicitada ou, se é o caso, concedida sexa inferior a 60.101,21 euros.

En todo caso non será esixible o requisito de estabilidade mínima laboral en relación ós centros de traballo radicados fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda.-As modalidades de contratos aceptados na presente orde, para os efectos de creación de emprego, son:

-Autoemprego.

-Indefinidos.

-Fixos-descontinuos.

Todo isto con independencia de se a cotización á Seguridade Social se fai a través do réxime xeral ou especial de traballadores por conta allea ou polo de traballadores autónomos.

Se é o caso, e para o cálculo da equivalencia ó ano, procederase a dividi-la suma de horas traballadas, pola xornada anual de actividade, determinando este resultado o número de postos creados.

O cumprimento das condicións relativas á creación de emprego acreditarase mediante o oportuno certificado do organismo laboral competente.

Terceira.-De xeito excepcional, logo de petición do solicitante, e coa debida motivación, en casos de estacionalidade da actividade ou de especiais dificultades dun sector ou dunha empresa concreta, a Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos poderá autoriza-la non esixencia de porcentaxe mínima de emprego estable para obte-la consideración de beneficiario da axuda.

Cuarta.-Para os efectos desta orde entenderase como creación de emprego a reconversión de postos de traballo temporais en postos de traballo fixos.

Quinta.-A resolución de concesión poderase, consonte o procedemento e condicións sinaladas no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, modificar por alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión da subvención, ou en todo caso pola obtención concorrente de sub

vencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Sexta.-No caso de concesión de subvención trala resolución dun recurso administrativo as datas para a presentación da documentación a que fai referencia o artigo 7º desta orde así como os prazos establecidos no artigo 8º.1 terase que determinar no acto que resolva o dito recurso. Estas datas e prazos non poderán ser, en ningún caso, posteriores ó 30 de xuño do 2006. Será tamén de aplicación o disposto neste parágrafo cando se concedese unha subvención consonte o sinalado no artigo 7º.3 desta orde.

Sétima.-As subvencións que co mesmo obxecto que esta foron concedidas con anterioridade e aínda non lles rematese o prazo de xustificación da derradeira anualidade poderán solicitar, en escrito debidamente motivado asinado polo solicitante e polo técnico-director de obra, unha ampliación do prazo de xustificación e, se procedese, un reaxuste de anualidades, cando existisen causas técnicas derivadas da execución do investimento subvencionado que fagan imposible a execución deste nos prazos inicialmente previstos. En todo caso, o total de prazo de execución, non poderá ser superior ó determinado no artigo 58 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia aprobada polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Oitava.-No caso de que os proxectos presentados ó concurso de subvención obxecto desta orde fosen de tal importancia para os obxectivos turísticos e, tal feito determinase que se fixera preciso amplia-lo importe do crédito determinado no artigo 1º desta orde, a Dirección Xeral de Turismo fará a correspondente proposta nos termos establecidos na normativa orzamentaria.

Disposicións derradeiras

Primeira.-As unidades administrativas que actúen en calquera das fases do procedemento determinado na presente orde, poderán solicitar ó administrado a documentación que consideren precisa para un mellor estudio do expediente.

Segunda.-En todo o non recollido na presente orde aplicarase o disposto, para esta materia, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como no Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia e nas correspondentes leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo