Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.894

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 3 de abril de 2002 pola que se convoca o Premio Elías Valiña 2002 ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago.

O Camiño de Santiago constitúe desde o século IX, unha importante vía de comunicación e intercambio cultural entre os pobos de Europa que se mantén ata ós nosos días.

Gracias á adopción dunha serie de medidas encamiñadas á conservación, revitalización e promoción do Camiño de Santiago, asistimos na última década do século XX a un novo renacemento da Ruta Xacobea.

Neste sentido, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no marco das súas competencias, co informe favorable do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e o parecer da Federación das Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e outras entidades relacionadas co Camiño, creou por Orde do 27 de agosto de 1996 o Premio Elías Valiña ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago co fin de estimula-lo labor de persoas que, como Elías Valiña, considerado hoxe como un dos maiores revitalizadores do Camiño de Santiago, dedicaron gran parte da súa actividade á recuperación e promoción do Camiño de Santiago, levando a cabo tarefas de sinalización, limpeza, enumeración quilométrica e incluso fomentando a creación de asociacións de Amigos do Camiño que velen pola conservación das respectivas parcelas ó longo da Ruta Xacobea.

O artigo 2 da mencionada orde establece que o premio terá carácter anual e que se realizará por orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. No cumprimento deste mandado, a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, en uso das competencias conferidas polo Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, que regula o desenvolvemento da estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, estima de grande interese a creación deste premio para potencia-lo labor de numerosas entidades na revitalización e promoción dos Camiños de Santiago.

Para tal fin,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo convoca o Premio Elías Valiña 2002 ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago co fin de recoñecer e recompensa-los méritos de todas aquelas institucións, asociacións ou entidades culturais que dediquen unha parte significativa da súa actividade á revitalización e promoción do Camiño de Santiago, contribuíndo así ó coñecemento e divulgación do significado histórico, relixioso e cultural da Ruta Xacobea.

Artigo 2º

O cobramento da contía deste premio, que será de 6.100 euros, farase con cargo á aplicación orza

mentaria 10.01. 353-D.480.0 dos orzamentos prorrogados da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2002.

Artigo 3º

1. Poderán ser candidatos ó premio as institucións, asociacións culturais, padroados ou fundacións que desenvolvan a súa actividade revitalizadora ou promocional tanto dentro como fóra de Galicia.

2. As candidaturas poderán ser presentadas mediante escrito dirixido á Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 15771, Santiago de Compostela. O prazo de presentación de candidaturas rematará o 30 de setembro de 2002. Deberase enviar un orixinal e dúas copias do traballo presentado e irán acompañadas dunha memoria que exporá a importancia e relevancia que a candidatura proposta tivo e/ou ten no desenvolvemento do labor revitalizador e promocional da Ruta Xacobea.

Tamén poderán presentar candidaturas con acompañamento de igual memoria as entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

No caso de existir documentación suficiente presentada polas devanditas entidades nas dependencias da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, bastará a remisión da solicitude de aceptación da candidatura para ser válida esta, pero deberán especificar en virtude de qué actividades ou proxectos se consideran merecedores do premio.

3. O escrito de presentación da candidatura e a memoria á que fai referencia o parágrafo anterior ou, de se-lo caso, a proposta razoada ou a solicitude, serán presentadas no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ou en calquera dos centros previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nas condicións establecidas no devandito artigo.

Artigo 4º

O premio será outorgado por un xurado presidido polo Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo ou persoa en quen delegue e estará integrado polos seguintes membros:

-O presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago.

-Dous membros nomeados polo Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago.

-As institucións, asociacións culturais, padroados ou fundacións que resultaran gañadores en anteriores convocatorias.

-Os presidentes das entidades inscritas no Rexistro de Entidades do Camiño de Santiago cos números

21, 22, 23 e 24, que serán substituídos o vindeiro ano polos catro seguintes e así sucesivamente ata que rotasen todos.

As decisións do xurado, mesmo as que se adopten sobre calquera incidente, serán inapelables, e daranse a coñecer mediante publicación no DOG e por comunicación directa ó galardoado.

Artigo 5º

O premio poderá outorgarse de maneira individual ou compartida ou declararse deserto.

A institución ou asociación premiada recibirá unha placa e o importe do premio que lle será aboado mediante transferencia bancaria por valor da súa contía total. No caso de que o premio sexa compartido, repartirase equitativamente entre os galardoados.

Artigo 6º

A documentación da candidatura premiada ó abeiro desta convocatoria quedará en poder, para o seu axeitado arquivo, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, reservándose a esta o dereito de divulgación da devandita documentación por calquera medio de reproducción.

A documentación das restantes candidaturas seralles devolta ós interesados no caso de que estes o soliciten expresamente.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo