Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.884

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 3 de abril de 2002 pola que se anuncian subvencións para a reforma, adaptación e mellora de establecementos de turismo rural.

Tendo en conta a situación da actividade primaria existente no noso espacio rural que xeraba unhas grandes fluctuacións económicas e provocaba o éxodo da poboación, a Xunta de Galicia decidiu desde os últimos anos incentivar e fomentar alternativas de investimento co fin de corrixir esta circunstancia. A liña de actuación, desde o plano turístico, pasou por fomentar que os cidadáns do medio rural dedicaran as súas vivendas á nova modalidade de turismo rural.

Este novo concepto de turismo enmarcábase en catro liñas básicas. Por unha parte, creaba para os cidadáns unha nova alternativa de ocio. Outra liña era a potenciación e comercialización, mediante restauración e rehabilitación do noso patrimonio arquitectónico rural. En terceiro lugar, isto levaba consigo unha dinamización económica da zona na que se situaban. Finalmente, e desde a perspectiva turística, pretendíase con esta actuación incidir nunha desestacionalización e diversificación do noso turismo, xerando con isto un turismo sustentable.

Desde a Xunta de Galicia, e malia a valoración positiva do conseguido ata o momento, entendemos que debemos mellorar esta oferta de turismo rural incidindo, fundamentalmente, na calidade.

Esta orde busca esta finalidade para os establecementos xa abertos, que se concreta nunha mellora das súas instalacións así como, de se-lo caso, a súa adaptación ó determinado na Orde do 2 de xaneiro de 1995 pola que se establece a ordenación dos establecementos de turismo rural. Polo tanto, con esta orde preténdense pequenos investimentos nas casas para mellora-la súa calidade e para, se é o caso, adaptalas á referida normativa de 1995.

En consecuencia, con cargo ós créditos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo asignados para esta finalidade, e seguindo as determinacións da orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas do 27 de novembro de 2000 e 25 de outubro de 2001, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, así como os límites de intensidade establecidos no Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia e todo isto consonte o establecido sobre medidas de fomento no artigo 73 da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, en concordancia co sinalado no artigo 74 da dita lei, e tendo en conta o determinado no Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, convócanse axudas destinadas á reforma, adaptación e mellora de

establecementos de turismo rural que, pola súa conceptuación como

actividade turística, se considera incentivable ó abeiro do antedito Decreto 172/2001 e, polo tanto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Destinatarios.

Poderán ser beneficiarios da subvención, de conformidade co sinalado nesta orde, as persoas físicas e xurídicas propietarias de inmobles dedicados a turismo rural ou as persoas que, sen seren propietarias, xestionen o establecemento coa debida autorización da Administración turística.

Artigo 2º.-Determinacións orzamentarias.

Ás ditas concesións, que se imputarán á aplicación orzamentaria 10.05.751A.770.0, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, destínase un crédito de 259.139,21 A, distribuídos en 3 anualidades, a saber, no ano 2002, 147.336,41 A, no 2003, 61.258,86 A e no 2004, 50.543,94 A. Cando as subvencións concedidas teñan carácter plurianual, observarase o que dispoñen os artigos 16.2º e 17 do Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos do pagamento correspondente ás anualidades dos exercicios de 2002 e de 2003, sendo nestas axudas posible a concorrencia con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, superen a porcentaxe máxima do investimento

subvencionable que legalmente estea establecido no artigo 15 do Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3º.-Finalidade.

Poderán ser obxecto de subvención, de acordo co establecido nesta orde, os investimentos relativos a:

1º Adaptación e reforma das instalacións e servicios dos establecementos de turismo rural, abertos con anterioridade á entrada en vigor da orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 2 de xaneiro de 1995, pola que se establece a ordenación dos establecementos de turismo rural, modificada pola Orde do 7 de maio de 1996, coa finalidade de que estes establecementos axusten as súas instalacións e servicios ás esixencias que para estes se sinalan nos artigos 10 e 11 da referida orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

2º Mellora-la oferta turística que están dando os establecementos de turismo rural abertos con anterioridade á entrada en vigor desta orde, no caso de que non precisasen axusta-las súas instalacións e servicios ás esixencias da antedita orde da Conse

llería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 2 de xaneiro de 1995.

En todo caso, e para os efectos de valoración das solicitudes, a prioridade para a concesión de subvencións, sempre e cando o expediente cumpra tódolos requisitos que se determinen nesta orde, será a seguinte:

1º Obras de adaptación e de reforma.

2º Obras de mellora.

Considerarase investimento subvencionable tanto a execución material do investimento como a redacción dos proxectos e a dirección de obra e non será subvencionable o equipamento, coa excepción do telefónico, nin as taxas e impostos legalmente esixibles.

Artigo 4º.-Condicións particulares.

Ademais do establecido na antedita orde de ordenación, os investimentos que se subvencionen deberán cumpri-las seguintes condicións:

a) Os proxectos subvencionados que impliquen obras serán de rehabilitación ou restauración, mantendo e recuperando a memoria histórica do inmoble e o seu contorno. Deberán ser respectuosos coa estructura da edificación nas súas relacións co lugar; así mesmo, respectaranse os seus usos tradicionais e a sectorización segundo as plantas. Manteranse os volumes e formas preexistentes e proporanse materiais e acabamentos propios da zona e das condicións do inmoble. Recuperaranse as estructuras tradicionais cos requirimentos técnicos esixibles. Terase especial coidado na resolución da cuberta, lucernarios e elementos auxiliares, así como o tratamento de fachadas. O proxecto deberá presentar solucións en canto á potabilidade da auga, a evacuación dos residuos e o seu tratamento. As construccións ex novo que se presenten serán subvencionables sempre que estean relacionadas con servicios complementarios do establecemento ou de mellora dos existentes.

b) A superficie pechada destinada a cuartos (e os seus baños), non poderá ser maior que a destinada a espacios comúns (salóns, comedor, biblioteca, cociña, etc.) sen contar espacios de circulación, salvo que un informe técnico determine que o investimento que posibilite o esixido neste punto sexa de tal magnitude que resulte antieconómico.

c) Comeza-la súa execución durante o ano 2002 e estar rematados con tempo abondo para xustifica-lo investimento subvencionado dentro dos prazos establecidos nesta orde, aínda que tamén poden ser subvencionados os proxectos iniciados con anterioridade, sempre e cando os solicitantes acheguen certificación valorada, asinada por técnico facultativo, das obras realizadas, as cales non computarán para os efectos de investimento subvencionable.

d) O establecemento obxecto de subvención deberá contar coa documentación preceptiva para o seu funcionamento á que se refire a orde da Consellería

da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 2 de xaneiro de 1995, pola que se establece a ordenación dos establecementos de turismo rural, modificada pola Orde do 7 de maio de 1996.

e) Os titulares dos establecementos de turismo rural subvencionados adquiren os seguintes compromisos e obrigas:

1. Mante-la súa actividade durante un período mínimo de quince anos, contados desde a data en que lle concedeu por vez primeira a Administración turística a autorización provisional para o funcionamento do establecemento.

2. Oferta-los seus servicios mediante prezos semellantes ós que operan no mercado desta Comunidade Autónoma para os establecementos análogos, sen prexuízo do disposto na lexislación vixente sobre prezos.

3. Mante-lo establecemento aberto e en funcionamento durante 11 meses ó ano e adscribirse á Central de Reservas de Turgalicia.

4. Crea-los postos de traballo a que se compromete na declaración xurada reflectida no anexo II nun prazo de 5 anos contados desde a data da realización íntegra do investimento subvencionado e mantelos durante un período de 5 anos.

5. Someterse ás actuacións de comprobación para efectuar pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas.

6. Comunicar á delegación provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo onde se sitúa o investimento obxecto de subvención a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou entes públicos nacionais ou internacionais.

7. Reintegrar, total ou parcialmente, o importe percibido da subvención concedida así como os correspondentes xuros de demora devengados desde o momento do pagamento, nos seguintes casos:

-Incumprimento dos compromisos e obrigas relacionados neste artigo.

-Non ter acadado, en tempo e forma, a finalidade para a que foi concedida a subvención.

-Incumprimento da obriga de xustificación nos prazos e termos establecidos nesta orde.

-Ter obtida a subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

-Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

-Supera-la porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.

f) Os proxectos que se subvencionen terán que publicita-la colaboración da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo-Dirección Xeral de Turismo, tanto durante a realización das obras como posteriormente, mediante un cartel que se exhibirá en sitio ben visible. As características do dito cartel, así como a súa localización e contido, serán indicados polos correspondentes servicios provinciais de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta do beneficiario da subvención.

g) Se é o caso, os proxectos que se subvencionen terán que cumpri-lo disposto na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia e as súas normas de desenvolvemento.

Artigo 5º.-Contía das subvencións.

Os proxectos que se recollen nesta orde como accións subvencionables poderán acadar un máximo de axuda de ata o 35% do orzamento do investimento subvencionable; a porcentaxe da subvención concedida, con respecto ó investimento subvencionable, incrementarase en 5 puntos porcentuais se o proxecto comporta a creación de comedor para o establecemento. No caso de que exista comedor no establecemento, a porcentaxe de subvención poderá acadar un máximo de axuda de ata o 40% do orzamento do investimento subvencionable. En ningún caso o importe da subvención concedida, con cargo ós referidos créditos desta consellería, poderá supera-lo 40% do investimento subvencionable.

Artigo 6º.-Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes, dirixidas ó delegado provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, correspondente á provincia de localización do investimento, e a documentación que a continuación se especifica presentarase, por duplicado exemplar, no Servicio Provincial de Turismo da respectiva delegación provincial, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo I.

b) Declaración segundo o modelo do anexo II.

c) Fotocopia cotexada do DNI e do NIF do solicitante ou do CIF cando corresponda.

d) Informe urbanístico emitido polo concello onde especificamente se determine se a execución do proxecto para o que se solicita subvención é conforme coa legalidade urbanística vixente.

1º Proxecto básico asinado por técnico facultativo competente, no que se faga consta-lo seu número de colexiado, cando o investimento se refira á realización das obras. Así mesmo, será preceptivo remi

ti-lo dito proxecto, coas condicións sinaladas neste parágrafo, cando o investimento proxectado se refira a instalacións do establecemento que estean relacionadas coa seguridade del ou a dos seus usuarios.

2º Memoria explicativa, asinada, así mesmo, por técnico facultativo competente, cando o investimento se refira á adquisición de equipamento telefónico, a execución dun proxecto de decoración, a intervencións de remoción e pequenas reparacións, sempre e cando estes investimentos non se encontren vinculados coa seguridade do establecemento ou a dos seus usuarios. Á dita memoria achegaránselle os correspondentes certificados de idoneidade técnica.

En calquera de ámbolos casos, é dicir, tanto co proxecto como coa memoria explicativa, farase constar no expediente, obrigatoriamente, o seguinte:

-Memoria histórica do edificio, facendo referencia á súa catalogación ou inventariado cando a edificación para a que se solicita a subvención non a percibira con anterioridade da Administración turística da Xunta de Galicia.

-Fotografías actuais do inmoble, exteriores, interiores e do contorno.

-Memoria explicativa do investimento e xustificación das solucións adoptadas.

-Orzamento do investimento no que se incluirá, segundo corresponda, e especificándose o importe detallado de cada un deles, os elementos ou os capítulos que conforman o investimento, así como, de se-lo caso, o custo da redacción do proxecto e da dirección de obra.

-Planos do estado actual e do proxectado, a escala mínima 1:50, cando o investimento afectase a distribución ou uso das instalacións existentes.

-Cita dos materiais e acabamentos propostos.

-Características técnicas do investimento.

-Prazo previsto para a execución.

f) Declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para a actividade obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

g) Documentos acreditativos, se é o caso, de asistencia a cursos de formación en materia de servicios turísticos do titular ou do persoal ó servicio do establecemento. Neste caso terá que se achega-lo TC1 correspondente.

h) Declaración xurada, se é o caso, na que se determine que, despois de remata-las obras que se subvencionen ó abeiro desta orde, o interesado solicitará o cambio da clasificación do establecemento da modalidade de residencia á de pousada.

i) Anexo III asinado e debidamente cuberto.

k) Se é o caso, solicitude debidamente motivada para que, por circunstancias de estacionalidade da actividade ou de especiais dificultades do sector ou da empresa concreta, se solicite á Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos que autorice de xeito excepcional a non esixencia de porcentaxe mínima de emprego estable para obte-la consideración de beneficiario da axuda.

2. Os interesados emendarán os defectos dos expedientes de solicitudes de subvención que o precisen, segundo o sinalado no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procedéndose ó arquivo, sen máis trámite e logo de resolución, daqueles que non se cubrisen en tempo e forma.

3. As compulsas que procedan para toda a documentación que se especifica nesta orde faranse nos correspondentes servicios centrais ou provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Artigo 7º.-Selección das solicitudes e resolución.

As solicitudes, ás que se lles achegará un informe emitido polo respectivo xefe do Servicio Provincial de Turismo e no que se deberán indica-las faltas de adaptación do establecemento para o que se solicita subvención á normativa de ordenación, a súa data de autorización, así como un informe de valoración da prestación do servicio de turismo rural, serán estudiadas por unha comisión técnica constituída polo titular da Subdirección Xeral de Fomento e Cooperación, que a presidirá, actuando como vocais un representante de cada unha das delegacións provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os xefes dos servicios provinciais de Turismo, os xefes de servicio de Fomento e Promoción, de Investimentos e Supervisión Técnico-Turística e de Ordenación do Turismo da Dirección Xeral de Turismo, e o xefe da Área de Turismo Rural de Turgalicia. Exercerá as funcións de secretario da comisión o antedito xefe do servicio de Fomento e Promoción.

1. Para a valoración das solicitudes teranse en conta os seguintes criterios:

1º O estado actual e as características da edificación conforme parámetros arquitectónicos que permitan a súa utilización turística.

2º O estado actual da edificación e a oferta de servicios así como as sancións firmes impostas ó establecemento por un funcionamento defectuoso na calidade dos servicios ofertados.

3º Número de postos de traballo que se van crear e o seu grao de estabilidade.

4º As características da rehabilitación atendendo fundamentalmente á recuperación do patrimonio arquitectónico tradicional.

5º A oferta de servicios proxectada para o establecemento que supere a esixida pola normativa reguladora do establecemento.

6º Incorporación a plans de calidade normalizados e recoñecidos nos mercados, en particular os homologados polo Instituto da Calidade Turística Española.

7º A relación entre a oferta de servicios proxectada para o establecemento que supere a esixida pola normativa reguladora do establecemento e o investimento proxectado.

8º Que o solicitante sexa beneficiario dun programa de novos emprendedores do Instituto Galego de Promoción Económica.

9º A incidencia que nos recursos turísticos ten na área do investimento consonte estudios e análise aprobados pola Dirección Xeral de Turismo.

10º Non estar localizado o investimento nun municipio incluído nalgún outro programa de axuda que persiga os mesmos fins.

2. Esta comisión, á vista dos expedientes e dos informes emitidos polos servicios provinciais, analizará e cualificará os proxectos e, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias, elevará proposta de concesión ou denegación de subvención. Dos acordos adoptados pola sinalada comisión redactarase a correspondente acta.

3. No ámbito territorial da súa competencia e vistos os acordos adoptados pola referida comisión técnica, os delegados provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo dictarán, ó abeiro das competencias que lles atribúe o Decreto 88/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias para a concesión de axudas e subvencións nos delegados provinciais ou territoriais da Xunta de Galicia, dictarán as resolucións de concesión ou, se é o caso, de denegación de subvencións. Contra os ditos actos resolutivos, que non esgotan a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer, no prazo dun mes desde a recepción da resolución, recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A resolución de concesión determinará o importe da subvención concedida, con cargo ás disposicións orzamentarias para os anos 2002, 2003 e 2004, segundo corresponda, en función das disposicións orzamentarias ou, se fose o caso, das dificultades de índole técnica de execución do investimento subvencionado. Se por calquera motivo, e durante o exercicio económico, houbese máis crédito orzamentario para a concesión de subvencións obxecto desta orde vistos os acordos da comisión técnica e a proposta formulada polas correspondentes delegacións provinciais, poderanse conceder subvencións ós expedientes que non a recibiran ou ben, de ser posible, poderanse incrementa-los importes das xa concedidas ó abeiro desta orde.

4. Entenderanse desestimadas as solicitudes sobre as que non recaese resolución expresa no prazo de seis meses contados desde a data de publicación da orde.

Artigo 8º.-Aceptación e renuncia das subvencións.

1. Unha vez recibidas as notificacións de concesión de subvención polos beneficiarios, estes, no prazo de dez días naturais, comunicaranlle á correspondente delegación provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a aceptación ou renuncia a elas segundo o modelo do anexo IV. Se transcorridos os sinalados dez días non se fixese manifestación en ningún sentido, tal feito entenderase como renuncia á subvención e procederase, sen máis trámite, a dictar resolución de anulación da subvención concedida por renuncia do beneficiario.

2. No prazo dun mes, contado desde a presentación da aceptación da subvención, os beneficiarios remitirán á correspondente delegación provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a seguinte documentación:

a) Certificación bancaria actualizada da conta onde se debe aboa-la subvención.

b) Cando o investimento fose un dos determinados no artigo 6º.1 e).1º desta orde, achegarase proxecto definitivo da acción subvencionada.

O dito proxecto e para os efectos da súa validez para incorporar ó expediente deberá recibir informe favorable do xefe do Servicio de Investimentos e Supervisión Técnico-Turística da Dirección Xeral de Turismo.

Se transcorrido o sinalado prazo dun mes e, tralo oportuno requirimento, non se achegase algunha da documentación anteriormente referida, tal feito entenderase como renuncia á subvención e procederase, sen máis trámite, a dictar resolución de anulación da subvención concedida por renuncia do beneficiario.

Artigo 9º.-Xustificación e pagamento das subvencións.

1. Os beneficiarios de subvencións concedidas en virtude desta orde e cando o seu importe se atribuíu en dúas ou máis anualidades, terán como data límite, para a presentación de xustificación do investimento executado, que se deberá realizar de conformidade co programa de obras, as seguintes:

Fase de 2002: 1 de novembro de 2002.

Fase de 2003: 30 de xuño de 2003, se o importe da subvención se imputou a dúas anualidades. No caso de terse imputado a máis, 15 de outubro de 2003.

Fase de 2004: 30 de xuño de 2004.

Se a subvención soamente se imputou ó exercicio de 2002, a data límite de presentación será o 1 de novembro de 2002.

En todo caso, os beneficiarios de subvencións, unha vez executado o investimento, deberán xustificalo o antes posible e nunca con posterioridade ás datas indicadas, datas que son límite de presentación da xustificación.

2. A xustificación do investimento executado deberá coincidir coa resolución de concesión da sub

vención ou coas modificacións autorizadas. Se o investimento xustificado fose menor, e sempre mantendo os fins para os que se concedeu a subvención, esta reducirase proporcionalmente ó investimento non xustificado.

3. Para percibi-la subvención, os beneficiarios remitirán á correspondente delegación provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, por triplicado exemplar, a seguinte documentación:

3.1. Solicitude de cobramento segundo o modelo do anexo V.

3.2. Facturas e certificación por conceptos, asinada polo técnico director de obra, relativa á obra executada coa súa valoración e, no caso de obra rematada, tamén se achegará certificado de fin de obra, no caso de que o investimento subvencionable se referise á realización dos investimentos recollidos no artigo 6º.1 e)1º desta orde.

Cando o investimento subvencionable se referise ás accións recollidas no artigo 6º.1 e).2º desta orde deberase remitir ou ben a documentación que se sinala no parágrafo anterior ou, no seu defecto, facturas orixinais, ou copia compulsada delas, relativas ó investimento executado.

En calquera dos casos, nas facturas, o interesado deberá especificar a qué concepto do investimento que serviu de base á concesión de subvención corresponde cada unha delas.

3.3. Certificados de estar ó día nas súas obrigas tributarias coas facendas do Estado e da Comunidade Autónoma e nas obrigas coa Seguridade Social e que non se ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma.

3.4. Licencia urbanística de obras, expedida polo concello e con referencia explícita ó proxecto subvencionado. Poderase pospoñe-la presentación deste documento ata o derradeiro pagamento, sempre e cando se iniciasen os trámites para a súa concesión.

3.5. Acta de manifestacións, en escritura pública, onde se recollan os compromisos ós que se fai referencia no artigo 4º d) e, se fose o caso, no anexo III desta orde. Este documento será obrigatorio presentalo coa primeira solicitude de pagamento.

3.6. Antes do derradeiro aboamento, os beneficiarios deberán achegar, xunto co resto da documentación, declaración de conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a actividade obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Por outra banda, no caso de que a subvención concedida fose plurianual e superase a cifra de 30.050,60 A, cando se solicite o pagamento da anualidade de 2002 ou, se é o caso, de 2003, ademais da documentación indicada no punto 3 deste artigo, tamén se deberá remiti-la documentación á que se

fai referencia no artigo 16.2º do Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. En calquera caso, os pagamentos parciais teranse que garantir consonte o determinado no artigo 17 do anteriormente sinalado Decreto 287/2000, do 21 de decembro.

Disposición transitoria

Tódolos actos dictados nos expedientes de gasto regulados ó abeiro desta orde entenderanse condicionados a que, unha vez aprobado o orzamento, subsistan as mesmas circuntancias de feito e de dereito existentes no momento en que se produciron aqueles. A concesión das subvención reguladas nesta orde estará sometida á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución.

Disposición adicional

Primeira.-A condición de beneficiario de subvención, sen prexuízo dos demais requisitos que nela se establecen, só poderá adquirirse cando alomenos o 35% do cadro de persoal da empresa solicitante de axuda teña contratos por tempo indefinido.

No caso de empresas de nova creación, poderá adquirirse a condición de beneficiario de subvención cando exista o compromiso de acadar como mínimo o 35% de estabilidade laboral ó remate do prazo que se conceda para tal efecto (artigo 3º e 4º desta orde).

A porcentaxe de estabilidade mínima laboral, no caso de empresas con menos de 10 traballadores e para os efectos de adquiri-la condición de beneficiario de subvención, será dun 33%.

Non será preciso dar cumprimento ós anteditos requisitos de estabilidade laboral no caso de que a subvención solicitada ou, se é o caso, concedida, sexa inferior a 60.101 A.

En todo caso, non será esixible o requisito de estabilidade mínima laboral en relación ós centros de traballo radicados fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda.-As modalidades de contratos aceptados nesta orde, para os efectos de creación de emprego, son:

-Autoemprego.

-Indefinidos.

-Fixos-descontinuos.

Todo isto con independencia de se a cotización á Seguridade Social se fai a través do réxime xeral ou especial de traballadores por conta allea ou polo de traballadores autónomos.

Se é o caso, e para o cálculo da equivalencia ó ano, procederase a dividi-la suma de horas traballadas, pola xornada anual de actividade, determinando este resultado o número de postos creados.

O cumprimento das condicións relativas á creación de emprego acreditarase mediante o oportuno certificado do organismo laboral competente.

Terceira.-De xeito excepcional, logo de petición do solicitante, e coa debida motivación, en casos de estacionalidade da actividade ou de especiais dificultades dun sector ou dunha empresa concreta, a Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos poderá autoriza-la non esixencia de porcentaxe mínima de emprego estable para obte-la consideración de beneficiario da axuda.

Cuarta.-Para os efectos desta orde entenderase como creación de emprego a reconversión de postos de traballo temporais en postos de traballo fixos.

Quinta.-Poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda obxecto desta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Sexta.-No caso de concesión de subvención trala resolución dun recurso administrativo, as datas para a presentación da documentación ás que fai referencia o artigo 8º desta orde, así como os prazos establecidos no artigo 9º.1, teranse que determinar no acto que resolva o dito recurso. As ditas datas e prazos non poderán ser, en ningún caso, posteriores ó 30 de xuño de 2004. Será tamén de aplicación o disposto neste parágrafo cando se concedese unha subvención consonte o sinalado no artigo 7º.3 desta orde.

Sétima.-No caso de que os proxectos presentados ó concurso de subvención obxecto desta orde fosen de tal importancia para os obxectivos turísticos e tal feito determinase que se fixese preciso amplia-lo importe do crédito determinado no artigo 2º desta orde, a Dirección Xeral de Turismo fará a correspondente proposta nos termos establecidos na normativa orzamentaria.

Disposicións derradeiras

Primeira.-As unidades administrativas que actúen en calquera das fases do procedemento determinado nesta orde poderanlle solicitar ó administrado a documentación que consideren precisa para un mellor estudio do expediente.

Segunda.-En todo o non recollido nesta orde aplicarase o disposto, para esta materia, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como na Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais, orzamentarias, de función pública e actuación administrativa, e nas correspondentes leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo