Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2002 Páx. 4.868

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de abril de 2002 pola que se corrixe a do 7 de decembro de 2000 pola que se aproban os temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso en diversas escalas dos corpos de Administración especial da Xunta de Galicia.

Por orde desta consellería do 7 de decembro de 2000 aprobáronse os temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso en diversas escalas

dos corpos de Administración especial da Xunta de Galicia (DOG nº 10, do 15 de xaneiro).

Detectado erro no programa correspondente á parte específica do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquivos, bibliotecas e museos, sección de arquivos, procede realiza-la oportuna corrección, de conformidade co establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Por todo iso, esta consellería no uso das competencias que lle atribúe a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, segundo a redacción que lle deu a Lei 3/1995, do 10 de abril (DOG nº 76, do 20 de abril), e demais normativa concordante,

DISPÓN:

Primeiro.-Proceder á emenda do erro material detectado no programa correspondente á parte específica do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquivos, bibliotecas e museos, sección de arquivos, e como consecuencia, o segundo dos temas nº 15, co seguinte contido literal: «A Lei do patrimonio cultural de Galicia», pasa a se-lo nº 15 bis.

Segundo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en relación co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública