Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador en materia de caza C-25/2001, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción á Lei 4/1997, de caza de Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xullo).

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince días (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto), e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 14 de febreiro de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: C-25/2001.

Denunciado: Nilo López Conde.

DNI: 34954511-P.

Enderezo: r/ San Paio, nº18-3º c, Ourense.

Feito denunciado: cazar tendo caducado o seguro obrigatorio do cazador de data 19-9-2001. Feitos constatados el día 30-9-2001, ás 13.15 h no couto LU-10.044 «A Caixegueira». Arxiz. Taboada. Lugo.

Precepto sancionador: artigo 58.31º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Cualificación: grave.

Sanción: 601,02 euros.

Inhabilitación para obte-la licencia de caza e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.