Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2002 Páx. 4.808

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de febreiro de 2002 pola que se convocan as axudas correspondentes ás accións descentralizadas da segunda fase do Programa Sócrates da Unión Europea: Comenius 1: Asociacións escolares transnacionais: 1.1. Proxectos escolares, 1.2. Proxectos lingüísticos, 1.3. Proxectos de desenvolvemento escolar. Acollida de axudantes lingüísticos. Visitas preparatorias. Comenius 2.2.: Bolsas individuais de formación: 2.2.A. Futuros profesores, 2.2.B. Axudantes lingüísticos, 2.2.C. Cursos de prácticas (formación continua do profesorado). Grundtvig: Grundtvig 2. Asociacións de aprendizaxe e Grundtvig 3. Mobilidade para a formación do persoal docente. Visitas preparatorias. Observación e innovación: visitas de estudio Arión para responsables na toma de decisións en materia de educación.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG número 32, do mércores 13 de febreiro de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 1.709, no artigo 19º, onde di: «para os cursos fóra de catálogo o prazo de presentación de solicitudes finaliza o 1 de maio de 2002», debe dicir: «Os cursos fóra de catálogo solicitaranse dous meses antes das datas previstas para a súa realización e concederanse ata a distribución total do orzamento».

Na páxina 1.713, no artigo 5º, onde di: «No caso das restantes actividades o prazo rematará o maio de 2002», debe dicir: «as restantes actividades solicitaranse dous meses antes das datas previstas para a súa realización e concederanse ata a distribución total do orzamento».

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO