Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.774

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2002 pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de prestación de servicios para o Instituto Galego de Estatística.

De acordo co previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva dun contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

Nº de expediente: 227.01/02.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicio.

b) Descrición do obxecto: seguridade privada para as dependencias do Instituto Galego de Estatística.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 8, do 11 de xaneiro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación: 114.192,30 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 22 de febreiro de 2002.

b) Empresa adxudicataria: Grupo Cetssa Seguridad, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe: 112.888,04 euros.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2002.

José Antonio Campo Andino

Director do Instituto Galego de Estatística