Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da organización sindical Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da organización sindical Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita organización sindical tódolos traballadores e traballadoras con independencia da súa idade, sexo, nacionalidade, orixe, raza, estado civil, relixión, ideoloxía, situación de actividade ou inactividade laboral e relación de emprego pública ou privada.

Asinan a acta de constitución: Tomás Casal Pita e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE