Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 1 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 19 de decembro de 2001 dictada no expediente sancionador LU-32/2001, por infraccións leves en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ó interesado que a seguir se relaciona, a resolución da delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Lugo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número LU-32/2001, incoado ó titular do establecemento de café bar denominado Ondine, situado na rúa Enxeñeiro Schultz, nº 3 do concello de Ribadeo (Lugo), xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: LU-32/2001.

Denunciado: Gabriel Prieto González.

Establecemento: café bar Ondine.

Enderezo: rúa Enxeñeiro Schultz nº 3.

Localidade: Ribadeo.

Precepto infrinxido: artigo 86 epígrafes 2º e 3º da Lei 9/1997.

Resolución: 19 de decembro de 2001.

Sanción: dúas multas de trinta mil (30.000) pesetas (180,30 A) cada unha.

Lugo, 1 de marzo de 2002.

Antonio Calvo Varela

Delegado provincial de Lugo