Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.710

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras.

Con data do 20 de marzo o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 25 entidades financeiras asinaron un convenio coa finalidade de establecer liñas de financiamento subsidiadas para as pequenas e medianas empresas, someténdose ó establecido no Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, ás normas específicas contidas no citado convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

Polo que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape

RESOLVO:

Facer público o texto do convenio coas entidades financeiras que figura como anexo I e a relación de entidades que subscribiron este que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO I

Convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Igape e a entidade financeira.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2002.

Antecedentes

O presente convenio, asinado dunha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Xosé Antonio Orza Fernández e, doutra parte, por..., (en adiante, a entidade financeira) representado por... con poder suficiente, inscríbese dentro do marco da política de apoio á pequena e mediana empresa emprendida pola Xunta de Galicia ó abeiro do Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Conscientes do importante papel que para o relanzamento da actividade económica desempeñan as pequenas e medianas empresas, faise preciso desenvolver un conxunto de accións integradas tendentes

ó reforzamento da súa actividade, coa finalidade de conseguir un crecemento equilibrado e sostido.

Arbítranse, desta maneira, dentro do programa de investimentos en activos fixos, tres tipos de operacións específicas de axuda:

1. Operacións de préstamo destinadas ó financiamento directo de investimentos (en adiante, operacións tipo A).

2. Operacións de préstamo destinadas á cancelación de pasivos financeiros a curto prazo que foran concertados para a adquisición de investimentos (en adiante, operacións tipo B).

3. Operacións de préstamo destinadas á ampliación de capital de sociedades mercantís que destinen os seus fondos, pola sociedade emisora, á adquisición de investimentos ou á cancelación de pasivos financeiros a curto prazo que foran concertados para ese fin (en adiante, operacións tipo C).

Consistindo a axuda en todos eles na subsidiación ó tipo de xuro dos préstamos que se concerten coas entidades financeiras asinantes e acollidos ó presente convenio.

Os devanditos préstamos poderán ser subsidiados polo Igape, con suxeición ás seguintes

Cláusulas

Cláusula 1ª.-Obxecto, volume global de préstamos que se van subsidiar e dotación orzamentaria.

O presente convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre a entidade financeira e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coa finalidade de establecer liñas de financiamento subsidiado para as pequenas e medianas empresas, someténdose as partes na totalidade ó establecido no mencionado Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, ás normas específicas contidas no presente convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

O volume global de préstamos que se van subsidiar para o ano 2002 non poderá superar 132 millóns de euros. Para o ano 2003, o Igape determinará e publicará no Diario Oficial de Galicia o importe global de préstamos que se van subsidiar.

As axudas reguladas neste convenio financiaranse con cargo ós orzamentos do Igape para os anos 2002 y 2003, e a súa concesión estará supeditada á existencia de crédito orzamentario suficiente. Para o ano 2002, as axudas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.01.01/01/01.656700, cun crédito plurianual (2002-2004) de 13.671.288 euros e 02.01.01/02/01.656700, cun crédito plurianual (2002-2004) de 570.000 euros.

Para o ano 2003, o Igape publicará no Diario Oficial de Galicia o límite de crédito dispoñible para a concesión de axudas e as partidas orzamentarias asignadas ó seu financiamento, condicionándose á dita publicación a concesión das axudas.

As axudas financeiras que se concedan ó abeiro deste convenio poderán estar cofinanciadas con fondos FEDER.

Cláusula 2ª.-Beneficiarios.

1. Os beneficiarios das axudas previstas no presente convenio deberán te-la consideración de pequenas e medianas empresas (Pemes) conforme a definición adoptada pola Comisión da Unión Europea do 3 de abril de 1996. Para estes efectos, entenderase por PEME a unidade económica con personalidade, física ou xurídica, que reúna os seguintes requisitos:

-Que empregue a menos de 250 persoas,

-Que o seu volume de negocios anual non exceda de 40 millóns de euros ou que o seu balance xeral anual que non exceda de 27 millóns de euros,

-E que cumpra o criterio de independencia tal como se define no epígrafe 3.

2. Dentro da definición de PEME anterior, entenderase por «pequena empresa» a que:

-Empregue a menos de 50 persoas,

-Que o seu volume de negocios anual non exceda de 7 millóns de euros ou que o seu balance xeral anual que non exceda de 5 millóns de euros,

-E que cumpra o criterio de independencia tal como se define no epígrafe 3.

3. Consideraranse empresas independentes as empresas nas que o 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenza a outra empresa, ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME ou de pequena empresa, segundo o caso. Este límite poderá superarse nos dous casos seguintes:

-Se a empresa pertence a sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco ou a investidores institucionais, sempre que estes non exerzan, individual ou conxuntamente, ningún control sobre a empresa;

-Se o capital está distribuído de tal forma que non é posible determinar quén o posúe e se a empresa declara que pode lexitimamente presumir que o 25% ou máis do seu capital non pertence a outra empresa ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME ou de pequena empresa, segundo o caso.

4. Para o cálculo dos límites considerados nos epígrafes 1 e 2 engadiranse as cifras correspondentes da empresa beneficiaria e de tódalas empresas nas que posúa directa ou indirectamente o 25% ou máis do seu capital ou dos dereitos de voto.

Os solicitantes deberán acredita-la condición de pequena ou mediana empresa segundo o formulario establecido no anexo VI a este convenio.

5. As empresas que presenten solicitudes de axuda para préstamos iguais ou superiores a 600.000 euros deberán cumprir, ademais, as seguintes condicións

de estabilidade laboral en relación ós centros de traballo radicados en Galicia:

a) Empresas existentes: alomenos o 35% do seu cadro de persoal, o 31 de decembro do ano anterior ó da presentación da solicitude no Igape, teña contratos por tempo indefinido.

Igualmente, deberán comprometerse a acadar, como mínimo, a mesma porcentaxe de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, se deriven do proxecto.

b) Empresas de nova creación: deberán comprometerse a acadar e manter, como mínimo, o 35% de estabilidade laboral, nos prazos establecidos na cláusula 7ª, segundo o tipo de operación á que se acollan.

No caso de empresas con menos de dez traballadores, a porcentaxe de estabilidade laboral esixida se reducirá ó 33%.

Para os efectos deste convenio enténdese por empresa de nova creación, aquela que fora constituída con posterioridade ó 1 de xaneiro do ano anterior ó da presentación da solicitude no Igape ou, para o caso de empresarios individuais, que iniciaran a súa actividade empresarial con posterioridade a tal data.

6. Os beneficiarios das axudas para operacións de tipo B da cláusula 7.2 deste convenio, deberán ser sociedades mercantís.

7. Os beneficiarios das axudas para operacións de tipo C da cláusula 7.3 deste convenio serán tanto os socios, actuais ou futuros, de sociedades mercantís que subscriban a ampliación de capital, como a sociedade mercantil emisora da ampliación. Os socios poderán ser persoas físicas ou xurídicas que cumpran a condición de PEME, non resultando necesario que desenvolvan as actividades incentivables establecidas na cláusula 4ª. A sociedade mercantil emisora deberá desenvolver algunha das actividades incentivables establecidas na cláusula 4ª, ademais de cumpri-la condición de PEME.

Cláusula 3ª.-Ámbito territorial.

As empresas beneficiarias deberán realizar ou ter realizado o proxecto investidor en Galicia. Nembargantes, tamén poderán acollerse a estas axudas as empresas radicadas en Galicia que realicen investimentos no resto de España destinadas ó establecemento ou ampliación de redes comerciais ou de distribución propias, sempre que, a xuízo do Igape, teñan individual ou sectorialmente un interese estratéxico.

Cláusula 4ª.-Actividades incentivables.

Considéranse incentivables, as actividades económicas relacionadas no anexo I.

As axudas ás actividades reguladas por normas sectoriais específicas da Unión Europea sométense expresamente ós límites e condicións establecidos nestas.

Cláusula 5ª.-Modalidade da axuda.

A axuda consistirá na subsidiación ós tipos de xuro dos préstamos concertados ó amparo do presente convenio.

Cláusula 6ª.-Entrada en vigor e prazo de presentación de solicitudes.

O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo para a presentación de solicitudes de préstamo e subsidiación na entidade financeira será o seguinte:

-Para o ano 2002, desde a data de entrada en vigor ata o 30 de novembro dese ano.

-Para o ano 2003, desde o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro dese ano.

Cláusula 7ª.-Obxecto e condicións do programa de axudas.

7.1. Operacións tipo A.

7.1.1. Obxecto: as axudas para operacións de préstamos destinadas ó financiamento directo de investimentos teñen por obxecto a subsidiación ós tipos de xuro daquelas operacións de préstamos que financien proxectos de novo investimento, consistentes na instalación, ampliación ou renovación de activos fixos adquiridos a terceiros, dirixidos á mellora da competitividade das Pemes.

7.1.2. Condicións:

1. Condicións de creación de emprego:

O proxecto investidor deberá levar consigo a creación de emprego e o emprego efectivo comprometido deberá manterse durante o prazo de dous anos nos seguintes casos:

-Para pequenas empresas que presenten solicitudes de axuda para préstamos iguais ou superiores a 600.000 euros e,

-Para medianas empresas calquera que sexa o importe do préstamo solicitado.

Para o resto dos casos non será requisito a creación de emprego, aínda que se o proxecto supón a creación de emprego aplicaránselle os beneficios establecidos por este concepto neste convenio.

Para os efectos da determinación da creación de emprego teranse en conta os seguintes criterios:

a) Partirase do número de postos de traballo existentes ó 31 de decembro do ano anterior ó da presentación da solicitude da axuda no Igape, a partir do cal se computará a creación de emprego.

b) A creación de emprego terase que realizar ou contratar entre o período que media desde o 1 de xaneiro do ano da presentación da solicitude de axuda no Igape e ata «4 meses despois da data de execución do proxecto» («data inicial de cómputo»). Enténdese por data de execución do proxecto a do último xustificante de pago do investimento.

c) O emprego efectivo comprometido manterase durante dous anos desde a «data inicial de cómputo».

d) Para os efectos deste convenio computaranse para a creación e mantemento de emprego os traballadores por conta allea. Así mesmo poderanse admitir, independentemente do réxime aplicable da Seguridade Social de acordo coa lexislación laboral vixente, aqueles traballadores por conta propia que sexan os titulares da actividade ou socios ou administradores da empresa titular, considerando o emprego por conta propia como emprego fixo.

2. Conceptos de investimento subvencionable:

Os conceptos de investimento subvencionable serán, exclusivamente, os que se materialicen en:

* Inmobilizado material novo:

-Adquisición de terreos para a implantación do proxecto.

-Traídas e acometidas de servicios.

-Urbanización e obras exteriores necesarias para o proxecto.

-Obra civil.

-Bens de equipo e unidades funcionais de explotación independente, excepto plantas de coxeración de enerxía.

-Elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais. Para as empresas que teñan por actividade principal a de transporte público de mercadorías ou de viaxeiros, só será subvencionable a renovación da flota.

-Honorarios facultativos de proxecto e dirección de obra.

-Outros investimentos en activos fixos materiais.

* Bens usados: unicamente en inmobles e barcos de pesca.

* Inmobilizado inmaterial: unicamente en aplicacións informáticas, propiedade industrial e propiedade intelectual, incluídos os gastos de investigación e desenvolvemento (I+D).

Respecto dos activos anteriores, aplicaranse os seguintes límites:

-Se o proxecto presentado inclúe investimento inmaterial, este non será superior ó 25% do importe do investimento total subvencionable.

-Se o proxecto presentado inclúe barcos de pesca usados, o importe destes non será superior ó 95% do investimento total subvencionable.

3. Contía mínima, determinación e cómputo do investimento subvencionable: a contía do investimento subvencionable será como mínimo de 35.800 euros e determinarase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

Serán investimentos subvencionables os que se realicen con posterioridade ó 1 de xaneiro do ano correspondente ó da presentación da solicitude da axuda no Igape.

7.2. Operacións tipo B.

7.2.1. Obxecto: as axudas para operacións de préstamos destinadas á cancelación de pasivos finan

ceiros teñen por obxecto a subsidiación ós tipos de xuro daquelas operacións de préstamos a longo prazo destinados á cancelación de pasivos financeiros a curto prazo que foran concertados para a adquisición de investimentos.

7.2.2. Condicións:

1. Que o importe do investimento realizado e pagado, adquirido a terceiros, durante o ano anterior ó da presentación da solicitude de axude no Igape, excluído o IVE e outros tributos do custo de adquisición, foran, como mínimo, de 35.800 euros, e se materialice nos conceptos subvencionables establecidos na cláusula 7.1.2.2.

2. Que dos estados financeiros correspondentes o ano anterior ó da presentación da solicitude da axuda no Igape se deduza, a xuízo do Igape, que existe unha inadecuada correlación entre o inmobilizado neto da empresa e os seus recursos permanentes.

7.3. Operacións tipo C.

7.3.1. Obxecto: as axudas para operacións de préstamo destinadas a ampliacións de capital teñen por obxecto a subsidiación ós tipos de xuro daquelas operacións de préstamos a longo prazo que financien a toma de participacións en ampliacións de capital de sociedades mercantís, con fondos que destine, a sociedade emisora: a) á cancelación de pasivos financeiros a curto prazo que foran concertados para financiar investimentos (operacións tipo Ca)) ou, b) á realización de novos investimentos (operacións tipo Cb)).

7.3.2. Condicións:

1. Para as operacións de préstamo descritas no epígrafe anterior, epígrafe a), deberanse cumpri-las condicións establecidas na cláusula 7.2.2. aplicadas á sociedade emisora.

2. Para as operacións de préstamo descritas no epígrafe anterior, epígrafe b), deberanse cumpri-las condicións establecidas na cláusula 7.1.2. aplicadas á sociedade emisora.

3. As obrigas económicas derivadas destes préstamos (garantías, xuros, amortizacións e outras calquera), serán por conta exclusiva do socio, sen que en modo ningún poidan repercutir ou subrogarse na sociedade emisora da ampliación.

7.4. Para os efectos deste convenio, entenderase por pasivos financeiros a curto prazo aquelas pólizas de crédito ou préstamo formalizadas con entidades financeiras no exercicio anterior ó da presentación da solicitude da axuda no Igape, ou meras renovacións delas, con vencemento non superior a 1 ano.

7.5. Os beneficiarios das axudas establecidas neste convenio deberán mante-los investimentos obxecto de financiamento durante un prazo mínimo de cinco anos desde a súa adquisición. Considerarase cumprida esta condición no caso de que os bens nos que se materialice o investimento sexan substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda financeira do Igape.

Cláusula 8ª.-Características das operacións de préstamo.

8.1. Importe dos préstamos e porcentaxe de financiamento.

O importe máximo conxunto de préstamo ou préstamos subsidiables durante a vixencia deste convenio por beneficiario será de 3 millóns de euros.

Segundo o tipo de operación ó que se acollan os solicitantes destas axudas, o importe dos préstamos que se vaian subsidiar determinarase de acordo co establecido a continuación:

a) Operacións tipo A.

O importe do préstamo con dereito a subsidiación será superior a 25.000 euros e non poderá supera-lo 70% do investimento subvencionable.

O importe do préstamo que se vaia subsidiar non poderá supera-lo importe do investimento subvencionable pendente de pagamento á data de presentación da solicitude no Igape. Se a partir desta data fora necesario efectuar novos pagos por importe superior á parte non financiada co préstamo que se vaia subsidiar, estes deberán facerse seguindo a operativa establecida na cláusula 9.10.1 deste convenio.

b) Operacións tipo B.

O importe do préstamo con dereito a subsidiación determinarao o Igape e será o menor que resulte dos seguintes:

-Da análise dos estados financeiros da sociedade en función da correlación existente entre o inmobilizado neto da empresa e os seus recursos permanentes,

-Do importe dos pasivos financeiros reestructurables, e

-Da contía que resulte de aplica-la porcentaxe de financiamento do 70%, establecido no epígrafe a) anterior, ó importe dos investimentos subvencionables realizados.

c) Operacións tipo C.

O importe do préstamo con dereito a subsidiación para operacións de préstamo destinadas á ampliación de capital de sociedades mercantís, con fondos que se utilicen pola sociedade emisora para a cancelación de pasivos financeiros a curto prazo que financiaran investimentos xa realizados, será determinado polo Igape do mesmo modo que o establecido no epígrafe b) anterior.

No caso de que o préstamo que se vaia subsidiar destinado á ampliación de capital fora utilizado pola sociedade emisora para a realización de novos investimentos, o importe deste será o que resulte de aplica-los criterios establecidos no epígrafe a) anterior.

O importe do préstamo con dereito a subsidiación entenderase para o conxunto dos socios que soliciten a axuda. No caso de que fora necesario, o dito importe ratearase entre os socios que soliciten axuda en función da porcentaxe de capital que se vaia subscribir.

8.2. Prazos de amortización e subsidiación, sistema de amortización e liquidación de xuros.

8.2.1. Prazos de amortización e subsidiación.

Para operacións tipo A: o prazo máximo de vixencia do préstamo será, con carácter xeral, de 7 anos, incluídos 2 anos, como máximo, de carencia.

Excepcionalmente, para proxectos de investimento en barcos de pesca e naqueles nos que o investimento inmobiliario represente unha porcentaxe igual ou superior ó 80% do total do investimento subvencionable, poderá admitirse que os prazos de vixencia e carencia da operación sexan superiores ós ditos límites, se ben neste caso, a subsidiación do Igape non excederá dos 7 primeiros anos de vixencia desta e será calculada coma se o préstamo fora a 7 anos de vixencia, incluídos 2 anos, como máximo, de carencia.

Para operacións tipo B e C: o prazo máximo de vixencia do préstamo será de 7 anos, incluído 1 ano, como máximo, de carencia.

Os períodos de amortización comezarán a computarse a partir do primeiro día do trimestre natural inmediato á data de formalización, polo que a vixencia do préstamo poderá ser superior polos días que se engaden no período irregular inicial e que se incluirán no período de carencia.

8.2.2. Sistema de amortización: as amortizacións serán realizadas polo prestameiro en cotas de amortización de capital trimestrais iguais, con vencemento o último día do trimestre natural, debendo recollela póliza ou escritura o número de cotas e as datas nas que se producirán a primeira e a última.

8.2.3. Liquidación de xuros: a liquidación de xuros, ó igual que as amortizacións, será por trimestres naturais vencidos, percibíndose o último día do trimestre natural, calculándose os xuros en función do capital vivo, agás para o período de carencia no que a cota de xuros se determinará en función do préstamo efectivamente disposto.

Os trimestres serán sempre de 90 días e tódolos meses de 30 días, computándose estes para a liquidación desde a data de disposición, incluída esta.

8.3. Tipo de xuro, comisións, intervención das Sociedades de Garantía Recíproca (SGR), axuda financeira e tipo de xuro resultante para o beneficiario.

8.3.1. Tipo de xuro:

O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas ó presente convenio e o seu sistema de variación establécense do seguinte modo:

Primeiro: o tipo de xuro nominal dos préstamos que se formalicen no primeiro semestre do ano 2002 fíxase no 4,55%.

Segundo: para os próximos períodos o tipo de xuro variará por semestres naturais e determinarase de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: para o primeiro semestre de cada ano calcularase como a media aritmética simple dos tipos diarios do euribor a prazo de 6 meses correspondentes ó mes de novembro do ano anterior. Para o segundo semestre será a media arit

mética simple dos tipos diarios do euribor a prazo de 6 meses correspondentes ó mes de maio do mesmo ano.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 1,15 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ó tipo de referencia, o tipo adicional que pacten as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a más próxima vixésima parte do punto.

Para os efectos deste convenio, enténdese por euribor (Euro Interbank Offered Rate = tipo interbancario ofrecido en euros) a prazo de 6 meses, como o tipo de xuro de oferta, para depósitos interbancarios en euros a prazo de 6 meses, publicado pola Federación Bancaria Europea ou pola entidade pública ou privada, española ou da Unión Europea, designada para iso.

No caso de que desaparecera o euribor, o tipo de xuro variará por semestres naturais de acordo coa seguinte norma:

Tipo de referencia: para o primeiro semestre de cada ano será o tipo de rendemento interno no mercado secundario da débeda pública de prazo entre dous e seis anos, publicado polo Banco de España, correspondente ó mes de novembro do ano anterior. Para o segundo semestre de cada ano, será o tipo de rendemento interno no mercado secundario da débeda pública, de prazo entre dous e seis anos, publicado polo Banco de España, correspondente ó mes de maio do mesmo ano.

Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 0,65 puntos.

O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ó tipo de referencia, o tipo adicional que pacten as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a más próxima vixésima parte do punto.

O tipo de xuro de referencia para cada semestre será comunicado polo Igape ás entidades financeiras e publicado no Diario Oficial de Galicia.

8.3.2. Comisións:

As entidades financeiras prestamistas destas operacións poderán percibir por tódolos conceptos e dunha soa vez, unha comisión máxima dun 1%. A dita comisión non será subvencionable.

8.3.3. Intervención das SGR:

No caso de que a operación de préstamo estea avalada por unha SGR que subscriba este convenio, o tipo de xuro nominal indicado na cláusula 8.3.1 rebaixarase en 0,55 puntos. Estas sociedades poderán percibir polo importe do aval que presten unha comisión máxima anual do 1% sobre os saldos máximos garantidos cada ano; a dita comisión será subvencionada polo Igape.

8.3.4. Puntos de subsidiación ó tipo de xuro:

A subsidiación do tipo de xuro das operacións de préstamos acollidas a este convenio non excederá os 4 puntos e os criterios utilizados para a súa determinación serán:

Partirase dunha subsidiación mínima de 1,50 puntos, á que poderanse engadi-los puntos establecidos a continuación e polos seguintes conceptos:

-Por actividade considerada como preferente no anexo I: 0,50 puntos

-Por localización preferente: 0,50 puntos. Consideraranse zonas preferentes as provincias de Lugo e Ourense, as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal na provincia da Coruña e os parques empresariais de promoción pública.

-Por creación de emprego: 1 punto.

-Por empresa de nova creación: 1,50 puntos.

Os puntos por creación de emprego só se aplicarán naqueles casos nos que non sexa obrigatoria esta condición.

Ás empresas de nova creación non se lles aplicarán os puntos por creación de emprego.

8.3.5. Tipo de xuro resultante para o beneficiario e puntos de subsidiación efectivos:

Para os efectos do cálculo do importe da subsidiación, o tipo de xuro menos os puntos de subsidiación que lle correspondan segundo os criterios establecidos no apartado anterior, non poderá ser inferior ó 3%, agás para empresas de nova creación ou que creen emprego, nas que non poderá ser inferior ó 2%. No caso de que esa diferencia sexa inferior ó límite que lle corresponda, reducirase a subsidiación nos puntos correspondentes (puntos de subsidiación efectivos).

8.3.6. As referencias que se fan neste convenio ó tipo de xuro, entenderanse sempre ó tipo de xuro nominal anual.

8.3.7. Cálculo da axuda financeira:

A axuda financeira que se conceda, tanto a subsidiación ó tipo de xuro como, no seu caso, a subvención da comisión de aval da SGR, pagarase dunha soa vez e para o seu cálculo procederase do seguinte xeito:

a) Calcularanse os valores absolutos das subvencións a percibir durante o período de vixencia do préstamo, incluído, no seu caso, o período de carencia. Para os efectos deste cálculo, non se terá en conta o establecido no último parágrafo da cláusula 8.2.1.

b) Actualizaranse os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro correspondente ó ano da presentación da solicitude no Igape.

c) Para o caso da subsidiación ó tipo de xuro, o dito cálculo axustarase ó establecido na cláusula 8.3.5 e tomando coma tipo de xuro nominal o que corresponda para o primeiro semestre do ano da presentación da solicitude no Igape.

d) O importe resultante da liquidación anticipada destinarase á amortización anticipada do principal do préstamo, non podendo a entidade financeira cobrar comisión ningunha pola dita amortización.

Cláusula 9ª.-Tramitación.

9.1. Solicitudes e documentación.

As solicitudes de subsidiación presentaranse nas entidades financeiras no modelo normalizado establecido no anexo VIII, que se distribuirá a través destas e será publicado no Diario Oficial de Galicia. Para as operacións avaladas por unha SGR, a solicitude de subsidiación poderá presentarse así mesmo na SGR.

A solicitude acompañarase da documentación que se relaciona no anexo II, por duplicado exemplar. A documentación deberá achegarse en orixinal ou en copia cotexada cos orixinais pola entidade financeira ou SGR.

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberán tramitarse a nome dos titulares que formalizarán o préstamo, seguido da denominación da sociedade civil ou comunidade de bens.

As solicitudes de subsidiación de operacións tipo C deberán ser subscritas tanto polos socios como pola sociedade mercantil emisora da ampliación de capital.

9.2. Coa presentación da instancia de solicitude, as empresas que se acollan ás axudas consideradas no presente convenio apoderan á entidade financeira/SGR para a realización ante o Igape de todos aqueles trámites que se prevexan no presente convenio. A este respecto, o Igape considerará a actuación da entidade financeira/SGR como se fora propia da empresa solicitante.

9.3. A entidade financeira/SGR datará e selará os cinco exemplares do impreso de solicitude, entregando ó solicitante a súa correspondente copia. A entidade financeira/SGR deberá centraliza-la recepción de solicitudes unha vez seladas polas distintas sucursais, tendo un prazo de 30 días para resolve-la petición de préstamo, ou se e ó caso, a concesión do aval. O prazo para a presentación de solicitudes na entidade financeira/SGR será o seguinte:

-Para o ano 2002, desde a data de entrada en vigor do convenio ata o 30 de novembro dese ano.

-Para o ano 2003, desde o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro dese ano.

A entidade financeira/SGR remitirá ó Igape as solicitudes coa documentación anexa, acompañada da comunicación de concesión do préstamo segundo modelo establecido en anexo III e, se é o caso, de certificado de concesión de aval de SGR. Así mesmo, remitirá á consellería sectorial correspondente por razón de actividade un exemplar do expediente, ós enderezos sinalados no anexo I.

O último día hábil para a presentación das solicitudes pola entidade financeira no Igape será:

-O 30 de decembro de 2002, para as operacións concedidas con cargo á cantidade asignada á entidade financeira para ese ano.

-O 30 de decembro de 2003, para as operacións concedidas con cargo á cantidade asignada á entidade financeira para ese ano.

As solicitudes presentadas fóra deste prazo serán obxecto de arquivo, asumindo a entidade financeira/SGR toda a responsabilidade polos prexuízos que isto poida supor á empresa solicitante.

9.4. Dentro dos dez días seguintes á recepción das solicitudes, o Igape comunicará ós solicitantes a data na que as solicitudes foron recibidas polo Igape, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento e os efectos do silencio administrativo.

Se a solicitude non reúne os datos esixidos neste convenio ou non está acompañada da documentación esixida, requirirase ó solicitante e á entidade financeira/SGR, para que no prazo de dez días hábiles desde o seguinte ó requirimento se emende a falta ou se presenten os documentos preceptivos, con indicación de que en caso contrario considerarase desistido da solicitude, logo de resolución declarativa de tal circunstancia. O requirimento á entidade financeira e SGR, se é o caso, realizarase vía fax.

9.5. Informes:

Nos casos nos que o Igape o considere necesario, e para efectos da resolución da solicitude, solicitarase informe á consellería sectorial correspondente, en relación ó cumprimento por parte dos proxectos da normativa específica que resulte aplicable.

9.6. Trámite de audiencia:

Instruído o procedemento pola Área de Financiamento do Igape e inmediatamente antes de redactar proposta de resolución, porase de manifesto ós interesados, para que no prazo de 10 días poidan alegar e presenta-los documentos e xustificacións pertinentes. Nembargantes, poderá prescindirse do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

9.7. Concesión:

Pola Dirección da Área de Financiamento e pola Dirección Xeral do Igape elevarase proposta de resolución ó presidente do Igape, que incluirá os termos que se expresan a continuación:

O importe do investimento subvencionable, o importe do préstamo subsidiable, o prazo de vixencia e carencia deste, o tipo de xuro resultante para o beneficiario, os puntos de subsidiación efectivos e o importe da subsidiación e, se é o caso, o emprego que se vaia crear e manter, o importe da comisión de aval subvencionada das operacións avaladas por unha SGR, a porcentaxe de financiamento proposto e o plan de cancelación de pasivos. As propostas

de denegación de solicitudes deberán detalla-la causa.

Para as operacións de tipo C consideraranse beneficiarios da axuda o socio e a sociedade mercantil emisora da ampliación, resultando ámbolos dous solidariamente obrigados ó cumprimento das condicións establecidas na resolución de concesión de axuda.

As solicitudes de axuda resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas no Igape, e ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas.

9.8. Notificación, silencio administrativo e recursos:

O Igape notificaralle ó solicitante e comunicaralle á entidade financeira e á SGR, se é o caso, a concesión ou denegación da subsidiación. As resolucións de concesión deberán ser aceptadas por escrito polo beneficiario no prazo de 15 días hábiles a partir do seguinte ó da súa notificación. En caso contrario entenderase que o beneficiario renuncia a ela, dictándose resolución neste sentido. A aceptación por parte do interesado suporá a obriga de cumpri-las condicións establecidas na resolución, neste convenio e demais disposicións aplicables. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión e que deberá ser devolta ó Igape debidamente formalizada.

A resolución de concesión de axuda para operacións de tipo C deberá ser aceptada tanto polo socio como pola sociedade mercantil emisora da ampliación.

Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a súa notificación. Potestativamente, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape no prazo de un mes desde a súa notificación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas.

O prazo máximo para notifica-la resolución do procedemento será de 6 meses desde a data de presentación da solicitude da axuda. O dito prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 42.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido tal prazo sen que se notificara resolución expresa, poderá entenderse desestimada.

9.9. Publicación:

As axudas concedidas ó amparo do presente convenio relativas a proxectos que superen os 300.506,05 euros de investimento subvencionable serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, nos termos establecidos no artigo 11 do Regulamento 287/2000, de desenvolvemento do réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

9.10. Formalización:

A entidade financeira e o solicitante deberán formaliza-lo préstamo mediante escritura pública ou póliza intervida por fedatario público, de acordo coas seguintes condicións:

9.10.1. Formalización anticipada: a partir da entrada en vigor deste convenio e respectando as condicións e requisitos establecidos neste, a entidade financeira, unha vez presentado o expediente de solicitude no Igape, poderá formaliza-los préstamos cos seus clientes. Para isto, deberá remitir escrito, segundo modelo establecido no anexo IV, manifestando a intención de acollerse a esta opción co obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este Instituto analice o expediente e cuantifique o importe do préstamo que vaia subsidiar. O Igape comunicará por fax á entidade financeira e, se é o caso, á SGR, a autorización, se procede, da dita formalización anticipada. A empresa solicitante requiriralle á entidade financeira copia da autorización do Igape antes de proceder á formalización anticipada do préstamo.

A autorización da formalización do préstamo antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto da concesión da subsidiación solicitada.

No contrato de préstamo formalizado anticipadamente de acordo co previsto no epígrafe anterior, deberanse mencionar, alomenos, os seguintes extremos: que se presentou solicitude de axuda financeira no Igape, con indicación da data de rexistro de entrada neste instituto; que o Igape autorizou a formalización anticipada do préstamo, indicando a data e as condicións establecidas nela; e que o préstamo quedará acollido ás axudas establecidas no presente convenio nos termos e condicións establecidas na resolución de concesión da axuda que, no seu día, se dicte, así coma o compromiso de destina-lo importe da axuda no momento no que se reciba á amortización anticipada do principal do préstamo.

No suposto de que a resolución de concesión da axuda que, se é o caso, se dicte, considere unhas condicións diferentes das indicadas na autorización de formalización anticipada, deberá incluírse un anexo ó documento de préstamo, intervido por fedatario público, no que se fagan consta-las características establecidas na dita resolución.

9.10.2. Se o préstamo se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, a correspondente escritura ou póliza de préstamo deberá recolle-la mención de estar acollido ás axudas previstas neste convenio e o compromiso de destina-lo importe da axuda no momento no que se reciba á amortización anticipada do principal do préstamo.

9.10.3. O prazo máximo para a formalización do préstamo, ou, se é o caso, adaptación da póliza ás condiciones da resolución de concesión do Igape será de 5 meses, contados desde o día seguinte á data de notificación da concesión ó beneficiario. Para

as operacións de tipo C tal prazo computarase desde a data da última notificación ós beneficiarios.

Finalizado o dito prazo sen que se formalizara ou adaptara o préstamo, dictarase resolución tendo ó solicitante por renunciado e ordenando o arquivo do expediente, salvo que, logo de solicitude razoada de prórroga deste, presentada no Igape dentro do prazo e acreditando a conformidade da entidade financeira, o Igape autorice a dita prórroga.

9.10.4. A entidade financeira remitirá ó Igape, coa maior brevidade, copia cotexada da póliza ou escritura de préstamo e, se é o caso, o correspondente anexo, antes de presenta-la solicitude de cobro da subvención.

9.11. Disposición:

Os beneficiarios deberán xustificar á entidade financeira a aplicación dos fondos da operación financeira ás finalidades para as que foi concedida, de acordo co establecido a continuación:

9.11.1. Operacións tipo A.

9.11.1.1. Período de disposición do préstamo e de realización dos investimentos.

O período de disposición do préstamo e de realización dos investimentos non poderá supera-la data pactada no contrato de préstamo para o aboamento da primeira amortización de principal.

9.11.1.2. Disposición dos fondos do préstamo:

As disposicións realizaranse a través dunha conta específica na que se reflectirán única e exclusivamente os movementos habidos na operación de préstamo.

Á formalización do préstamo ou, en todo caso, previamente á utilización dos fondos, a entidade financeira requirirá dos beneficiarios a documentación (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) que acredite a execución do investimento subvencionable para o seu pagamento. A disposición dos fondos irá destinada ós pagamentos pendentes do investimento.

9.11.2. Operacións tipo B:

O período de disposición non poderá ser superior a un mes a partir da data de formalización do préstamo.

As disposicións realizaranse a través dunha conta específica asociada ó préstamo subsidiado, na que se reflectirán única e exclusivamente os movementos habidos neste.

A entidade financeira unicamente permitirá a disposición dos fondos para a cancelación ou modificación dos pasivos financeiros a curto prazo incluídos no plan de cancelación aprobado polo Igape.

9.11.3. Operacións tipo C:

O período de disposición non poderá ser superior a un mes a partir da data de formalización do préstamo. A disposición do préstamo, que se realizará a través dunha conta específica, efectuarase dunha soa vez no momento do outorgamento de escritura pública de ampliación de capital. O importe íntegro

da disposición aboarase nunha conta específica que a sociedade emisora habilitará para tal efecto nunha das entidades financeiras que concederan o préstamo/s para a ampliación de capital.

A entidade financeira unicamente permitirá a utilización dos fondos da conta específica da sociedade emisora para a cancelación ou modificación dos pasivos financeiros a curto prazo incluídos no plan de cancelación aprobado polo Igape ou, se é o caso, para o pagamento dos investimentos subvencionables aprobados, debendo requirir en tal suposto dos beneficiarios a documentación que acredite a execución do investimento subvencionable para o seu pagamento (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.).

Para operacións tipo Ca), o prazo para a cancelación ou modificación dos pasivos financeiros a curto prazo incluídos no plan de cancelación aprobado polo Igape non poderá ser superior a un mes contado desde a data de outorgamento da escritura pública de ampliación de capital.

Para operacións tipo Cb), o prazo para a execución do investimento non poderá ser superior a dous anos contados desde a data de outorgamento da escritura pública de ampliación de capital.

Cláusula 10ª.-Xustificación de cumprimento de condicións e liquidación da subsidiación.

10.1. Operacións tipo A.

10.1.1. Xustificación do proxecto e, se é o caso, da creación e mantemento de emprego:

A xustificación do investimento realizarase a través da «certificación de xustificación de investimentos» emitida pola entidade financeira. A «certificación de xustificación de investimentos» que vaia formaliza-la entidade financeira axustarase ó modelo establecido no anexo V, debendo conte-los datos do importe do investimento subvencionable xustificado e a porcentaxe que representa respecto da totalidade do investimento aprobado; a parte do préstamo disposto utilizada para o pago do investimento xustificado e a porcentaxe que representa respecto do préstamo aprobado; así como a data de inicio e remate da execución do proxecto.

No caso de que na «certificación de xustificación de investimentos» non se acade o 100% do investimento subvencionable aprobado na resolución, a entidade financeira deberá acompañar unha solicitude de modificación da resolución de concesión, asinada polo empresario, para adaptala ó proxecto xustificado.

Unha vez realizado e pagado o investimento, e no prazo máximo de dous meses contados desde a «data inicial de cómputo» as entidades financeiras remitiranlle ó Igape, acompañada da solicitude de cobramento da subvención, a seguinte documentación:

-«Certificación de xustificación de investimentos», acompañada das copias cotexadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento sub

vencionable e os pagamentos realizados así como do extracto da conta específica do préstamo.

-Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o mesmo proxecto, segundo modelo do anexo VII.

-E para aqueles proxectos que leven creación e mantemento de emprego: TC1 y TC2 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes á «data inicial de cómputo».

O cumprimento da condición de mantemento de emprego durante dous anos contados desde a «data inicial de cómputo» será verificada polo Igape a través das actuacións de control e inspección.

10.1.2. Liquidación da axuda financeira:

A liquidación da subsidiación e, se é o caso, da comisión de aval da SGR, realizarase de acordo co establecido na cláusula 8.3.7.

10.2. Operacións tipo B e C.

10.2.1. Xustificación das operacións tipo B:

Unha vez realizado o plan de cancelación de pasivos e no prazo máximo de dous meses contados desde la data da última disposición do préstamo, as entidades financeiras remitirán ó Igape, acompañada da solicitude de cobramento da subvención, a seguinte documentación:

-Copias cotexadas cos orixinais dos documentos que xustifiquen as disposicións e as paralelas cancelacións ou modificacións dos pasivos financeiros incluídos no plan de cancelación de pasivos, acompañados do extracto da conta específica.

-Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o mesmo proxecto, segundo modelo do anexo VII.

10.2.2. Xustificación das operacións tipo C:

Operacións tipo Ca): unha vez realizado o plan de cancelación de pasivos e no prazo máximo de dous meses a contar desde a data da última cancelación, as entidades financeiras remitirán ó Igape, acompañada da solicitude de cobro da subvención, a seguinte documentación:

-Copias cotexadas cos orixinais dos documentos xustificantes das disposicións e paralelo aboamento na conta específica de ampliación de capital da sociedade emisora e copia da escritura de ampliación de capital, acompañados do extracto da conta específica.

-Copias cotexadas cos orixinais dos documentos que xustifiquen as disposicións e as paralelas cancelacións ou modificacións dos pasivos financeiros incluídos no plan de cancelación de pasivos, acompañados do extracto da conta específica da sociedade emisora.

-Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o mesmo proxecto, segundo modelo do anexo VII.

Operacións tipo Cb): unha vez realizado e pagado o investimento, e no prazo máximo de dous meses a contar desde a «data inicial de cómputo», as enti

dades financeiras remitirán ó Igape, acompañada da solicitude de cobro da subvención, a seguinte documentación:

-Copias cotexadas cos orixinais dos documentos xustificantes das disposicións e paralelo aboamento na conta específica de ampliación de capital da sociedade emisora e copia da escritura de ampliación de capital, acompañados do extracto da conta específica.

-Copias cotexadas cos orixinais dos documentos xustificantes da realización e pago dos investimentos subvencionables aprobados, acompañadas do extracto da conta específica da sociedade emisora.

-Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o mesmo proxecto, segundo modelo do anexo VII.

-E para aqueles proxectos que supoñan a creación e mantemento de emprego: TC1 e TC2 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes á «data inicial de cómputo».

O cumprimento da condición de mantemento de emprego durante dous anos contados desde a «data inicial de cómputo» será verificado polo Igape a través das actuacións de control e inspección.

10.2.3. Liquidación da subsidiación das operacións tipo B e C:

A liquidación da subsidiación e, se é o caso, da comisión de aval da SGR realizarase de acordo co establecido na cláusula 8.3.7.

10.3. Proxectos correspondentes a préstamos por importe igual ou superior a 600.000 euros:

De acordo co establecido no artigo 15.3º do Decreto 287/2000, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, a comprobación material do investimento aprobado para préstamos por importe superior a 600.000 euros substitúese pola documentación xustificativa establecida nos anteriores epígrafes desta cláusula para cada tipo de operación. Iso sen prexuízo da posibilidade de realización polo Igape de calquera outras actuacións de control e inspección.

O cumprimento das condicións de estabilidade laboral establecidas na cláusula 2.5 será verificada polo Igape con base na documentación acreditativa da creación e mantemento de emprego sinalada nos epígrafes anteriores e, se é o caso, de calquera outras actuacións de control e inspección.

Cláusula 11ª.-Pago da subsidiación e da comisión de aval.

Os beneficiarios destas axudas, unha vez executado o proxecto e nos prazos establecidos na cláusula anterior, solicitarán, a través da entidade financeira, o cobramento da subvención concedida segundo modelo que figura como anexo IX. A entidade finan

ceira remitirá ó Igape a dita solicitude acompañada da seguinte documentación:

-Documentación acreditativa da realización do proxecto e, se é o caso, da creación de emprego de acordo co establecido na cláusula anterior, segundo o tipo de operación que corresponda.

-Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o mesmo proxecto, segundo modelo do anexo VII.

-Para o caso de resolucións de concesión de axudas condicionadas ó achegamento de determinada documentación, fotocopia cotexada desta.

-Acreditación actualizada de non ter pendentes de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia e de estar ó corrente de obrigas tributarias e coa Seguridade Social, emitidas polos órganos competentes.

O Igape revisará a documentación xustificativa, podendo solicitar á entidade financeira, á SGR ou ó beneficiario calquera documentación e información adicional que considere oportuno para os efectos dunha correcta análise da xustificación da realización do proxecto.

Unha vez verificada a documentación achegada, o Igape procederá ó pagamento da subsidiación e, se é o caso, da subvención da comisión de aval, dunha soa vez, a través da entidade financeira prestamista. A subvención haberá de destinarse á amortización anticipada do principal do préstamo, polo que, unha vez aplicada, a entidade financeira deberá presentar no Igape, no prazo de 30 días desde a data de pago da subvención, certificación acreditativa da amortización de principal do préstamo na contía subvencionada.

Cláusula 12ª.-Prórroga de prazos.

En atención ó disposto polo artigo 49 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, as prórrogas dos prazos establecidos neste convenio solicitaranse ó Igape cunha antelación mínima de 10 días hábiles ó vencemento do prazo a ampliar, co obxecto de que o instituto poida resolver esta con anterioridade á súa expiración.

Cláusula 13ª.-Modificacións.

13.1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda, e en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

13.2. O presidente do Igape poderá acorda-la modificación da resolución de concesión a instancias do beneficiario, sempre que a modificación do proxecto non desvirtúe a finalidade da axuda, non exista prexuízo a terceiros, e os novos elementos ou circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda.

As solicitudes de modificación, acompañadas de memoria xustificativa, presentaranse ó Igape a través da entidade financeira.

13.3. A resolución de modificación establecerá as novas condicións da concesión e, se é o caso, decretará o reintegro do indebidamente percibido. En ningún caso a resolución de modificación implicará aumenta-la contía do préstamo subsidiable inicialmente aprobado.

13.4. O cambio de beneficiario da axuda poderá ser autorizado polo presidente do Igape nos supostos de sucesión de empresa e de transformación da forma xurídica do beneficiario, sempre que se acredite documentalmente a subrogación na totalidade dos dereitos e obrigas derivados do proxecto subvencionado, e especificamente do préstamo subsidiado, así como o cumprimento dos requisitos establecidos no epígrafe 13.2.

13.5. Poderá ser autorizado polo presidente do Igape a instancias do beneficiario, a formalización do préstamo cunha entidade financeira distinta da que tramitou a solicitude. Para tales efectos, solicitarase o cambio a través da nova entidade financeira prestamista, acompañando nova comunicación de concesión de préstamo e declaración xurada da inexistencia de variación na restante documentación do expediente.

Cláusula 14ª.-Pérda da subvención.

1. Procederá ó reintegro total ou parcial das cantidades percibidas, xunto cos xuros de demora devengados desde o pago, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-los requisitos requiridos para iso.

c) Incumpri-la finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumpri-las condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

e) Cando o importe da axuda, illadamente ou en concorrencia con outras, supere o custo do proxecto ou o límite de intensidade de axuda establecido pola normativa comunitaria.

2. O alcance do incumprimento determinarase en función do grao e entidade da condición incumprida. A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á súa apreciación conxunta.

Se o incumprimento superara o 50% do investimento subvencionable aprobado, considerarase total, sendo causa de revogación da axuda e de reintegro da totalidade das cantidades percibidas.

Para as operacións de tipo C, o incumprimento de calquera dos beneficiarios das obrigas asumidas pola concesión da axuda poderá supor, se é o caso, a revogación da axuda concedida e o reintegro das cantidades indebidamente percibidas por parte do socio beneficiario.

As cantidades que se van reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando

de aplicación para o seu recobro, se é o caso, a vía de constrinximento.

3. O procedemento para declara-lo incumprimento e reintegro de cantidades axustarase ó disposto no artigo 20 do Decreto 287/2000, de desenvolvemento do réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Sen prexuízo do establecido nos epígrafes anteriores, os beneficiarios e entidades financeiras e SGR colaboradoras sométense ó réxime de infraccións e sancións establecido no artigo 79 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, desenvolvido no capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Cláusula 15ª.-Compatibilidade.

Non se poderán acoller ás axudas establecidas neste convenio aquelas empresas que promovan proxectos que se financien, en todo ou en parte, mediante créditos, préstamos ou contratos de leasing que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellora-las condicións financeiras respecto das normais de mercado. Son incompatibles entre si as operacións tipo A e Cb) e as operacións tipo B e Ca). Así mesmo, son incompatibles con calquera outra axuda para a mesma finalidade das reguladas polo Igape.

A concesión das axudas deste convenio queda supeditada ó cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas - salvo as referidas no parágrafo anterior-, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán supera-los límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.

Para o cálculo da intensidade da axuda de subvención ó tipo de xuro procederase da seguinte forma:

-Calcularanse os valores absolutos das subvencións que se vaian percibir.

-Actualizaranse, ó ano da concesión das axudas, os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Cláusula 16ª.-Control.

Os beneficiarios quedan obrigados a someterse ás actuacións de control que efectúe o Igape para verifica-la aplicación das axudas ás finalidades aprobadas e o cumprimento dos requisitos e condicións establecidos, así como ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, debendo facilitar toda a información requirida polos citados organismos.

Cláusula 17ª.-Obrigas das entidades financeiras.

1. A entidade financeira asinante comprométese a:

a) Mobilizar en préstamos ás pequenas e medianas empresas nos termos e condicións establecidos neste convenio, para o ano 2002, unha cantidade anual de... euros.

O Igape comunicará, no mes de decembro do ano 2002, ás entidades financeiras o importe de préstamos que se van conceder no ano 2003.

O importe asignado para cada ano poderá ser modificado no mes outubro de cada ano polo Igape en función da súa utilización por parte das entidades financeiras e da dispoñibilidade global da liña.

b) Para os efectos do seguimento e control da execución do convenio e modificación do importe asignado, a entidade financeira remitirá por escrito ó Igape, antes do día 5 de outubro de cada ano e referida ó último día hábil do mes de setembro, unha relación de peticionarios, por cada tipo de operación, que lles solicitaran préstamos, indicando nome/razón social, importe e trámite no que se encontra o expediente. Unha relación similar deberá enviarse ó Igape antes do 5 de decembro de cada ano referida ó 30 de novembro.

c) Colaborar na tramitación dos expedientes de axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidas no presente convenio.

d) Mante-la disposición do Igape a documentación relativa á personalidade xurídica das sociedades (escritura de constitución e estatutos) e a capacidade do asinante da solicitude (poder de representación).

e) Acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo dicte o Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas neste convenio.

f) Remitir ó Igape as aclaracións que solicite respecto da documentación relativa á xustificación, liquidación e aboamento das subsidiacións, así como someterse ás actuacións de comprobación que respecto á xestión dos fondos poda efectua-lo Igape ou calquera dos organismos referidos na cláusula 16ª.

2. A entidade financeira asinante comprométese, así mesmo, a responder subsidiariamente co beneficiario, do reintegro das axudas indebidamente percibidas por este, cando por neglixencia grave ou dolo da entidade financeira, se permitira dispor indebidamente dos fondos da conta restrinxida do préstamo para finalidades distintas das aprobadas, e iso dera lugar a resolución administrativa firme declarativa da obriga de reintegro de cantidades indebidamente percibidas.

Non se considerarán no suposto anterior os simples erros materiais ou aritméticos nos que non interveña neglixencia grave nin dolo.

Cláusula 18ª.-Obrigas das SGR.

A SGR asinante comprométese a:

a) Colaborar na tramitación dos expedientes de axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidas no presente convenio.

b) Manter a disposición do Igape a documentación relativa á personalidade xurídica das sociedades (escritura de constitución e estatutos) e a capacidade do asinante da solicitude (poder de representación).

c) Acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo se dicten polo Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas neste convenio.

d) Remitirlle ó Igape as aclaracións que solicite respecto da documentación acreditativa das operacións avaladas pola SGR.

e) Remitirlle ó Igape, nos prazos establecidos na cláusula anterior, unha relación de peticionarios, por cada tipo de operación, que lles solicitaran aval, indicando nome/razón social, importe, entidade financeira prestamista e trámite no que se encontra o expediente.

Cláusula 19ª.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a resolución do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas, logo de denuncia da outra cun mínimo de 30 días de aviso previo.

A resolución suporá en todo caso deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Cláusula 20ª.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada polas entidades financeiras, as SGR e representantes do Igape que terán reunións con periodicidade trimestral ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

O Igape fará públicos os resultados do convenio de forma periódica.

Cláusula 21ª.-Publicidade.

As entidades financeiras asinantes comprométense a mostrar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaborar na correcta difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de lograr maior coordinación, os proxectos e campañas publicitarias que, se é o caso, realicen as entidades financeiras sobre este convenio, deberán contar coa autorización previa do Igape.

Cláusula 22ª.-Natureza.

O presente convenio ten natureza administrativa correspondendo ó Igape a interpretación do seu contido.

En Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2002.

Pola entidade financeira.

...

Asdo.: ...

DNI: ...

Polo Igape.

Asdo.: José Antonio Orza Fernández.

Presidente do Igape.

ANEXO II

RELACIÓN DE ENTIDADES FINANCEIRAS COLABORADORAS

Caixas:

Caixa Catalunya.

Caixa Galicia.

Caixanova.

Caixa Rural Galega.

Caja España.

Caja Madrid.

La Caixa.

Bancos:

Banco Atlántico.

Banco Bilbao Vizcaya Argentaria.

Banco de Galicia.

Banco Español de Crédito.

Banco EspÍrito Santo.

Banco Etcheverría.

Banco Gallego.

Banco Herrero.

Banco Pastor.

Banco Popular.

Banco Sabadell.

Banco Santander Central Hispano.

Banco Simeón.

Banco Urquijo.

Banco Zaragozano.

Bankinter.

SGR:

Afigal.

Sogarpo.