Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.691

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais.

Vista a acta da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de limpeza de edificios e locais, con nº de código 3600895, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-2-2002, subscrita en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Limpeza de Edificios e Locais, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 19-2-2002. De conformidade co disposto no artigo 5 do convenio colectivo e no arti

go 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de febreiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de limpeza

de edificios e locais da provincia de Pontevedra

Asistentes:

CC.OO.: Carmen Segura Bedrina.

UGT: Rosa Mª Acuña.

CIG: Carmen Veiga.

Representación empresarial: Adolfo González González, Alfonso Regueiro Costas.

Secretario de actas: Pablo Búa Burgos.

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día dezanove de febreiro de dous mil dous, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra co obxecto de aplica-la cláusula de revisión salarial establecida para este exercicio. Asisten as persoas indicadas anteriormente.

A continuación procédese a aplica-lo 2,7% de incremento sobre as táboas salariais, complemento de transporte, complemento de asistencia, axudas de custo e horas extraordinarias, que quedan como segue con efectos do 1-1-2002:

-Táboa salarial: ver anexo.

-Complemento de transporte: 66,56 euros (11.075 pesetas) mensuais. Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 2,99 euros (497 pesetas).

-Complemento de asistencia: 47,37 euros (7.881 pesetas). Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 2,13 euros (353 pesetas).

-Axudas de custo:

a) Media axuda de custos: 12,93 euros/día (2.152 pesetas).

b) Axuda de custos completa: 22,97 euros/día (3.822 pesetas).

c) Con pernoita: 38,60 euros/día (6.373 pesetas).

-Horas extraordinarias:

a) Hora extra: 5,25 euros (873 pesetas).

b) Hora en domingo e festivo: 6,17 euros (1.027 pesetas).

Ámbalas partes acordan a súa remisión á autoridade laboral para efectos do seu rexistro e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as dezaoito horas do día arriba indicado.

ANEXO

Táboas de salarios 2002 do sector

de limpeza de edificios e locais

CategoríasEurosPesetas

* Grupo I. Persoal directivo e técnico
-Subgrupo I. Persoal directivo
Director1.486,59247.349
Director comercial1.349,86224.598
Director administrativo1.349,86224.598
Xefe de persoal1.349,86224.598
Xefe de compras1.349,86224.598
Xefe de servicios1.349,86224.598

* Subgrupo II. Persoal titulado
Titulado grao superior1.070,37178.094
Titulado grao medio950,87158.211
Titulado laboral ou profesional808,67134.551

* Grupo II. Persoal administrativo
Xefe administrativo de 1ª1.010,89168.197
Xefe administrativo de 2ª945,48157.315
Caixeiro856,28142.474
Oficial de 1ª808,68134.553
Oficial de 2ª719,53119.719
Auxiliar629,26104.871
Telefonista624,03103.829

* Grupo III. Mandos intermedios
Encargado xeral945,65157.343
Supervisor ou encargado de zona856,29142.475
Supervisor ou encargado de sector785,00130.612
Encargado de grupo ou edificio679,11112.995
Responsable de equipo651,85108.458

* Grupo IV. Persoal subalterno
Ordenanza624,03103.830
Almaceneiro624,03103.870
Listeiro624,03103.870

* Grupo V. Persoal obreiro
Especialistas688,04114.480
Peón especialista630,51104.908
Limpador623,89103.806
Conductor-limpador741,12123.313

* Grupo VI. Persoal oficios varios
Oficial687,98114.469
Axudante630,51104.908
Peón623,89103.806