Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2002 Páx. 4.675

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 121/2002, do 7 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de artes aplicadas da madeira, correspondente á familia profesional de artes aplicadas da escultura, así como o acceso ó dito ciclo formativo.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, determina no seu artigo cuarto que se entende por currículo o conxunto de capacidades terminais, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada un dos niveis, etapas, ciclos, graos e modalidades nos que se organiza a práctica educativa. Sobre esta base efectúa un dobre reparto competencial, polo que se atribúe por unha parte ó Goberno a fixa-los aspectos básicos do currículo que constituirán as ensinanzas mínimas en todo o Estado, coa finalidade de garantir unha formación común de tódolos alumnos e a validez dos títulos correspondentes e, por outra, ás administracións con competencia en materia educativa o establecemento do currículo do que formarán parte as ditas ensinanzas mínimas.

Polo tanto, unha vez publicado o Real decreto 676/1993, do 7 de maio, polo que se establecen as directrices xerais sobre os títulos e as correspondentes ensinanzas mínimas de formación profesional, definidas as ensinanzas mínimas correspondentes ó título de técnico superior de artes plásticas e deseño en artes aplicadas da madeira polo Real decreto 1843/1994, do 9 de setembro, e tendo en conta o establecido no Real decreto 389/1992, do 15 de abril, sobre os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, procede establece-lo currículo do dito ciclo formativo para o ámbito de competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cómpre asegurar no alumnado unha formación artística de calidade e garanti-la cualificación dos futuros profesionais das artes plásticas e deseño. Por iso o currículo inclúe ademais dos coñecementos académicos vinculados á ensinanza máis tradicional, outros aspectos inherentes á formación profesional e que permitan a incorporación dos mozos e mozas á vida activa, cun grao de formación que lles permita adaptarse ás modificacións que poidan producirse ó longo da súa vida e que contribúa á formación permanente dos cidadáns ó tempo que atende as demandas de cualificación do sistema productivo, e tendo en conta as necesidades de desenvolvemento económico e social da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa dimensión no fomento do noso patrimonio cultural.

As ensinanzas de artes plásticas e deseño están constituídas por un conxunto de ciclos formativos

cunha organización modular variable tanto na duración destes como na diversidade de áreas de coñecemento teórico-prácticas en función dos distintos campos profesionais. As capacidades terminais dos distintos módulos profesionais, definidos neste decreto, describen o comportamento conxunto do alumnado en termos de resultados avaliables que se requiren para acada-los aspectos básicos da competencia xeral. Estes aspectos básicos aseguran unha cualificación común do titulado, garantía do título en todo o Estado e de correspondencia europea das cualificacións outorgadas ós alumnos.

Os contidos curriculares non teñen que ser interpretados como unidades temáticas, nin por tanto, necesariamente organizados na mesma orde na que aparecen nesta norma, precisando, polo tanto, dunha ulterior concreción por parte do equipo de profesores que, coa necesaria flexibilidade, programarán interdisciplinarmente as secuencias de aprendizaxe, destacando nos ámbitos artísticos, técnicos e naqueles específicos do ámbito profesional do alumno, os contidos de maior significación cara ó desenvolvemento cualificado das actividades profesionais. Esta concreción ten que referirse principalmente ás liñas xerais de aplicación dos criterios de avaliación, á metodoloxía e as actividades de carácter didáctico. Finalmente, cada profesor, no marco deste proxecto, realizará a súa propia programación, recollendo os procesos educativos que se propón desenvolver na aula.

Os criterios de avaliación establecen o tipo e grao de aprendizaxe que se espera que acaden os alumnos nun momento determinado, respecto das capacidades indicadas nos obxectivos xerais e nos específicos de cada módulo. O nivel de cumprimento destes obxectivos, en relación cos criterios de avaliación fixados, deben ser medidos con flexibilidade, tendo en conta as características e posibilidades dos alumnos.

A incorporación ós ciclos formativos de fases de formación práctica e do proxecto final é un elemento fundamental na construcción deste modelo formativo. A colaboración de profesionais, entidades e institucións contribuirá á concreción de proxectos educativos que anticipen solucións reais no mundo laboral.

Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo, permitirán a súa adaptación tendo en conta as características do alumnado ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Asemade, o presente decreto regula o acceso a este ciclo formativo, por medio dunha proba específica que deberá avalia-los coñecementos e as aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes a este ciclo, ó tempo

que establece os requisitos de acceso a estes estudios.

En virtude de todo iso, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe do Consello Escolar de Galicia, e despois da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de marzo de dous mil dous,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. O presente decreto regula o currículo das ensinanzas do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao superior de artes aplicadas da madeira, pertencente á familia de artes aplicadas da escultura, correspondente ó título de técnico superior en artes plásticas e deseño en artes aplicadas da madeira, de acordo co establecido no punto 3º do artigo 4 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e integra o establecido no Real decreto 1843/1994, do 9 de setembro, polo que se regulan as ensinanzas mínimas do dito ciclo formativo.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración deste ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente decreto será de aplicación no ámbito territorial de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 3º.-Perfil profesional.

A competencia e as capacidades profesionais, as tarefas máis significativas e o campo profesional que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 4º.-Currículo do ciclo formativo.

1. Para os efectos do disposto neste decreto, enténdese por currículo do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao superior de artes aplicadas da madeira o conxunto de capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación que regularán a práctica docente neste ciclo formativo, as fases de formación práctica en empresas, estudios e talleres, así como o proxecto final.

2. Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao superior de artes aplicadas da madeira son os que se establecen no punto 3.1 do anexo deste decreto.

3. As capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos módulos correspondentes ó ciclo formativo a que se refire o presente decreto, a súa distribución en cursos e os tempos lectivos, así como o proxecto final e a fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres son os que se establecen nos puntos 3.2, 3.3 e 3.4 do anexo do presente decreto.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 5º.-Ordenación académica das ensinanzas.

1. As presentes ensinanzas organízanse en módulos, fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres e proxecto final.

2. Para os efectos do disposto no presente decreto, o concepto «módulo» considerarase equivalente ó termo «materia teórica», «materia teórico-práctica» e «clases prácticas» a que se refire o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas.

Artigo 6º.-Admisión do alumnado.

Os criterios de admisión do alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1. do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Avaliación.

1. A obtención do correspondente título requirirá a avaliación positiva das distintas capacidades nas que se estructura a ensinanza impartida no centro educativo: dos módulos, das fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, así como do proxecto final.

2. A organización e avaliación da fase de formación práctica en empresas e do proxecto final é a que se expresa no punto 4.2 e 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Profesorado.

As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.4 do anexo deste decreto.

Artigo 9º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.5 do anexo deste decreto.

Artigo 10º.-Relación numérica profesor/alumno.

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica profesor/alumno, que se determina no punto 4.6 do anexo deste decreto.

Artigo 11º.-Correspondencias.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá recoñece-la correspondencia coa práctica laboral dos módulos que se indican no punto 4.7 do anexo do presente decreto.

Así mesmo, poderán quedar total ou parcialmente exentos da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, os que acrediten experiencia laboral no campo profesional directamente relacionado con este ciclo formativo.

Artigo 12º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.8 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Artigo 13º.-Proxecto curricular.

1. Os centros docentes concretarán e complementarán o currículo do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao superior de artes aplicadas da madeira mediante a elaboración de proxectos curriculares para o dito ciclo.

2. O proxecto curricular de centro deberá conter unha adecuación dos obxectivos xerais deste ciclo ás características do alumnado, criterios metodolóxicos de carácter xeral en relación co proceso de avaliación, así como en materia de diversificación curricular.

3. O proxecto curricular do centro incluirá, así mesmo, a distribución das capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación do ciclo formativo, incluídos os programas de cada materia. A dita distribución non deberá variar para un mesmo grupo de alumnos ó longo do dito ciclo.

4. O proxecto curricular do centro formará parte da programación da súa actividade docente e incorporarase á programación xeral correspondente.

5. Os profesores desenvolverán programacións da súa actividade docente de acordo co currículo e co proxecto curricular do centro.

Disposición transitoria

Única.-Ata que se determinen as novas especialidades docentes, a competencia do profesorado pertencente ós corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño para a impartición de cada módulo, queda definida pola súa pertenza ás especialidades que se indican no punto 4.4 do anexo do presente decreto. Non obstante, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no seu ámbito de competencia e durante o mesmo período transitorio, poderá autoriza-la impartición de determinados módulos a aqueles docentes que, na promulgación deste decreto, se encontrasen impartindo materias equivalentes da anterior ordenación, sempre que acrediten preparación para isto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación e desenvolvemento do establecido no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete marzo de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: técnico superior de artes plásticas e deseño en artes aplicadas da madeira.

-Nivel: grao superior de artes plásticas e deseño.

-Duración: 1.875 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Concibir e interpretar esquemas proxectuais desenvolvidos desde calquera tendencia plástica (tanto tradicional como actual), manexando os elementos e útiles de medida e precisión con que poida captar, ampliar, reducir e reproduci-los modelos dados.

2.2. Capacidades profesionais:

* Actuar como interlocutor directo doutros titulados de rango superior.

* Utilizar adecuadamente a información técnica e plástica que se lle facilite.

* Valorar de forma idónea os aspectos plásticos, técnicos, organizativos e económicos do traballo que realiza.

* Adaptarse ás situacións plásticas, técnicas e culturais derivadas do avance tecnolóxico da sociedade.

* Investigar nas formas, nos materiais e nos procesos creativos da súa área, utilizando os recursos que lle subministra unha formación artística harmónica e ampla.

* Traballar en grupo con responsabilidades de coordinación nos procesos plásticos e técnicos correspondentes ó seu campo.

* Participar en programas diversos dentro de equipos profesionais pluridisciplinares.

* Analiza-los sistemas de creación, elaboración, reproducción e difusión de prototipos, tanto no referente a tendencias plásticas como ás técnicas de cada un dos oficios que se integran dentro do seu campo profesional.

* Analiza-lo fundamento e o alcance operativo das ferramentas e das máquinas que corresponden á súa directa responsabilidade ou á dos seus subordinados.

2.3. Tarefas máis significativas:

* Analiza cos usuarios e cos clientes as necesidades que converxen nunha proposta, para configura-las formulacións do proxecto e dicta-las especificacións plásticas e técnicas oportunas para conseguir un óptimo resultado.

* Colabora na planificación e no desenvolvemento das realizacións ou instalacións de todo tipo que lle sexan encomendadas ó seu equipo de traballo.

* Coordina e asesora grupos de traballo formados por especialistas naqueles oficios que se integran no seu campo profesional, e transmítelle-la información adecuada para conseguir un resultado idóneo, tanto no traballo de equipo, como en cada un dos seus aspectos parciais.

* Estudia con detalle as especificacións técnicas dos equipos e da maquinaria ó seu cargo e organiza as medidas para o seu mantemento periódico preventivo.

* Analiza a documentación técnica das formulacións plásticas e iconográficas dos proxectos que se realicen e establece os recursos necesarios para a súa execución.

* Asesora o persoal encargado da realización dos procesos técnicos do seu ámbito profesional, para obte-lo máximo rendemento do equipo técnico e humano do que dispoña.

* Asesora e participa nos anteproxectos e nas maquetas que se elaboran baixo a súa responsabilidade, con vistas á configuración do proxecto definitivo, para a realización do producto final a escala real.

* Organiza e dirixe un taller ou unha empresa que se relacionen coas artes aplicadas e os oficios artísticos da escultura.

2.4. Campo profesional:

O profesional deste nivel exercerá a súa actividade en empresas e en talleres de carácter artesanal e artístico, xa sexan públicos ou xa privados, relacionados con campos diversos, como son os relativos a:

* Ornamentación, renovación, mantemento e rehabilitación do medio arquitectónico.

* Obxectos de atrezo e de ornamentación corpórea para cine, teatro, televisión e outros medios efémeros, así como para instalacións estenográficas ou espacios diversos de representación e expresión.

* Equipamento do espacio vital, sexa nun medio natural ou nun urbano, tales como obxectos tridimensionais para parques infantís, garderías ou parques de atraccións, moblaxe urbana ou montaxes e instalacións para feiras, congresos, stands, actividades socio-culturais, etc.

* Xogos e xoguetes de diversa índole, así como elementos propios de festexos populares (máscaras, xigantes e cabezudos, títeres, monicreques, etc.).

* Obxectos corpóreos de uso cotián con significación artística e ornamental, xa sexan para unha finalidade relixiosa ou xa como trofeos deportivos, agasallos de empresa, medallas e placas conmemorativas, manequíns artesanais, etc.

* Reproducción e execución de pezas escultóricas en madeira.

* Realización de elementos modulares en diferentes materias para ornamentación, celosías ou usos diversos.

Ademais, pode desenvolve-la súa actividade naquelas empresas ou talleres, medianos ou pequenos, dedicados a sectores directamente relacionados con esta especialidade, así como exercer como profesional independente ou asociado en cooperativa.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Analizar e desenvolve-los procesos básicos de realización de obxectos volumétricos tales como pezas escultóricas, xogos e xoguetes, ornamentación arquitectónica, equipamento de espacio vital, celosías, elementos modulares para ornamentación, etc., relacionados co campo propio das artes aplicadas da madeira.

* Utiliza-los sistemas de creación, elaboración, reproducción e difusión de prototipos, tanto no referente a tendencias plásticas como ás técnicas de cada un dos oficios que se integran dentro deste campo profesional.

* Valorar de forma idónea as necesidades expostas na proposta de traballo, así como os aspectos plásticos, artísticos, técnicos, organizativos e económicos, para configura-lo proxecto e selecciona-las especificacións plásticas e técnicas oportunas para conseguir un óptimo resultado no seu traballo profesional.

* Resolve-los problemas artísticos e tecnolóxicos que se presenten durante o proceso de proxectación e realización.

* Describi-las especificacións técnicas dos equipos e da maquinaria que se utilizou, e organiza-las medidas para o seu mantemento periódico preventivo.

* Utiliza-las medidas preventivas necesarias para que os procesos de realización utilizados non incidan negativamente no ambiente.

* Investiga-las formas, os materiais, as técnicas e os procesos creativos e artísticos relacionados coas artes aplicadas da madeira.

* Coñecer e comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade profesional no campo das artes aplicadas da madeira.

* Analizar, adaptar e, de se-lo caso, xerar documentación artístico-técnica imprescindible na formación e no adestramento de profesionais do sector.

* Seleccionar e valorar criticamente as situacións plásticas, artísticas, técnicas e culturais derivadas do avance tecnolóxico e artístico da sociedade, de forma que lle permitan desenvolve-la súa capacidade de autoaprendizaxe, co fin de evolucionar adecuadamente na profesión.

3.2. Capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos diversos módulos:

3.2.1. Módulo 1: historia das artes aplicadas da escultura:

Capacidades terminais

* Desenvolve-la sensibilidade estética para interpretar esquemas proxectuais.

* Desenvolve-la percepción visual e conceptual da arte aplicada tridimensional, como punto de partida da realidade artística contemporánea, e doutras manifestacións estéticas, por distanciadas no tempo que se atopen.

* Describi-la xénese e a evolución da linguaxe plástica tridimensional e valora-las súas expresións, asociándoas cos conceptos estéticos de carácter xeral.

* Adquiri-las referencias concretas sobre o desenvolvemento histórico das artes aplicadas do ámbito da especialidade, para analiza-los factores culturais e históricos que contribuíron a producilas, así como as relacións espacio-temporais existentes entre elas e o resto e as linguaxes estéticas.

* Conexiona-lo coñecemento teórico da arte aplicada tridimensional coa súa realización práctica, mediante formulacións de traballos e actividades interdisciplinarias.

Contidos

* A linguaxe visual das artes do volume: as súas técnicas e significación histórica. Valor expresivo e terminoloxía básica da escultura e as súas diversas artes aplicadas.

* Figuración e abstracción no mundo prehistórico: o nacemento da forma plástica. Escultura e artes aplicadas nas concepcións plásticas dos imperios agrarios. Un novo concepto estético: beleza e busca de realidade nas linguaxes artísticas do Clasicismo.

* Iconografía e simboloxía cristiás e a súa transcendencia no mundo medieval. Programas ornamentais islámicos: repercusión sobre as artes aplicadas. O espírito relixioso como determinante da unidade estética europea. Sistemas visuais do Románico e do Gótico.

* A idade do Humanismo: conceptos de equilibrio, harmonía e proporción. Caracteres distintivos da plástica renacentista. O grutesco e a súa repercusión ornamental. Difusión do italianismo a través das versións escultóricas e de artes aplicadas europeas, con especial atención a España.

* O Barroco como expresión do triunfalismo relixioso e profano: a nova concepción do espacio

figurativo escultórico. O triunfo do «francés». Aspectos distintivos das artes aplicadas da escultura.

* O novo Clasicismo e a configuración da linguaxe moderna: a súa expresión nas artes aplicadas tridimensionais. Consecuencias dos cambios políticos e económicos para a nova era burguesa. O Romanticismo e a volta ós estilos históricos. Influencia da mecanización sobre as representacións de arte aplicada. Correntes renovadoras da fin do século.

* O Art Nouveau. Elementos estéticos que a configuran e versións nacionais. Primeiras vangardas e a súa nova visión da linguaxe plástica. Postulados da Bauhaus e a súa repercusión no panorama artístico europeo e americano.

* A Art Déco e as súas representacións de arte aplicada tridimensional. Tendencias plásticas posteriores á Segunda Guerra Mundial. O deseño e a linguaxe do obxecto: a súa relación con outras linguaxes.

Criterios de avaliación

* Grao de desenvolvemento da sensibilidade estética acadada.

* Capacidade de percepción visual razoada e científica das artes aplicadas da escultura, da súa evolución no tempo e do contexto histórico-social en que foron concibidas e realizadas.

* Comprensión razoada e crítica de calquera acontecemento ou manifestación artística, en especial a referida ó feito artístico contemporáneo e ás artes aplicadas da escultura.

* Capacidade de relacionar conceptos de índole plástica, adecuadamente interpretados, e sensibilidade manifestada ante eles.

* Uso habitual da terminoloxía e o vocabulario específicos con corrección.

3.2.2. Módulo 2: debuxo artístico e cor:

Capacidades terminais

* Representar no papel obxectos xeométricos tridimensionais por medio das vistas e perspectivas.

* Representar no papel obxectos tridimensionais do contorno.

* Aplicar correctamente as diferentes técnicas de expresión gráfica sobre distintos soportes propios do debuxo.

* Aplica-los principios de ergonomía, antropometría e biónica, no deseño de obxectos.

* Realizar deseños de obxectos propios da especialidade, en cor, tendo en conta os principios de composición, da teoría da cor, e o comportamento da cor sobre os distintos materiais cos que se vai fabrica-lo obxecto.

Contidos

* Concepto de proxectación e linguaxe gráfica bidimensional.

* A forma tridimensional. A súa estructura e representación sobre o plano.

* A composición. A súa expresividade na ordenación do espacio. Relacións das partes co todo.

* A cor. A súa aplicación informativa e expresiva.

* As formas da natureza. O mundo orgánico. Xénese e estructuras. Abstracción.

* A figura humana e a súa relación coas formas do seu contorno. Nocións de ergonomía, antropometría e biónica.

* O deseño do obxecto artístico-artesanal e a súa expresión gráfica.

Criterios de avaliación

* Comprensión de conceptos.

* O grao de achega persoal e de investigación desenvolvido no traballo proposto.

* Sensibilidade artística.

* Capacidade creativa.

* Solucións técnicas de representación gráfica.

* Presentación correcta do traballo.

3.2.3. Módulo 3: xeometría descritiva:

Capacidades terminais

* Seleccionar adecuadamente o sistema de representación para utilizar en función das características específicas do obxecto ou da especialidade.

* Representar obxectos tridimensionais nos distintos sistemas, coa precisión e a corrección suficientes.

* Interpretar correctamente calquera proxecto técnico relacionado coa profesión.

* Elaborar proxectos de obxectos planos e tridimensionais relacionados coa especialidade, utilizando os sistemas de representación máis adecuados e aplicando correctamente as técnicas gráfico-plásticas.

Contidos

* Elementos e linguaxe do espacio: os sistemas de representación e a súa aplicación práctica.

* Descrición da forma plástica: sistemas de representación (diédrico, axonométrico e cónico). Planos acotados.

* Proxectación.

-Incidencia dos conceptos da xeometría descritiva na expresión artístico-plástica.

-Presentación de traballos.

-Reproducción de planos e documentos.

-Normalización.

Criterios de avaliación

* Correcta concepción e visión espacial do obxecto.

* Claridade na realización gráfica: esbozo, acotación, rotulación, etc.

* Capacidade de representación espacial por medio da aplicación dos coñecementos adquiridos en tódolos sistemas de representación.

* Capacidade para interpretar ou executar calquera plano técnico, quedando co esencial deste para podelo traducir a relacións volumétricas ou tridimensionais e viceversa.

* Capacidade para desenvolver proxectos individualmente ou en colaboración con outras persoas utilizando as técnicas apropiadas.

* Idoneidade do sistema ou dos sistemas elixidos para a representación e o desenvolvemento do proxecto.

* Correcto desenvolvemento e presentación do proxecto interdisciplinar.

* Aplicación de técnicas gráficas na realización dos debuxos (tinta, cor, tramas, aerógrafo).

* Sensibilidade artística e creatividade demostradas no traballo.

3.2.4. Módulo 4: deseño asistido por ordenador:

Capacidades terminais

* Manexar correctamente o programa de debuxo CAD para elaborar proxectos de dúas dimensións relacionados coa especialidade.

* Manexa-las ferramentas informáticas de CAD-CAM para introduci-las correspondentes ordes de fabricación segundo os deseños realizados.

* Manexa-lo programa CAD para configurar obxectos ou espacios tridimensionais, segundo a especialidade, con aparencia real, utilizando os materiais, as texturas e a iluminación máis adecuados.

* Manexa-lo programa CAD para realizar animacións espaciais dos obxectos ou dos espacios creados, coas secuencias e movementos de cámara máis adecuados.

Contidos

* Introducción á informática.

* Sistemas operativos.

* Dispositivos de entrada e de saída.

* Introducción ó CAD/CAM.

* Automatización e control de procesos.

* Software de ilustración e deseño.

* Técnica de modelado 2D e 3D.

* Calidades de rénder. Imaxe informática. Iluminación. Cámara.

* Planificación de animación 3D.

* Ofimática.

Criterios de avaliación

* O coñecemento e a capacidade do alumno para utilizar correctamente o material e os equipos informáticos.

* A capacidade para selecciona-lo medio informático adecuado, os seus resultados, alcance e posibles combinacións con outros medios.

3.2.5. Módulo 5: materiais e tecnoloxía: artes aplicadas da escultura:

Capacidades terminais

* Describi-la materia e os procesos tecnolóxicos propios dos oficios artísticos que se integran neste ciclo formativo e aproveitar optimamente estes recursos técnicos.

* Desenvolve-la inquietude e a curiosidade científico-técnica do alumno.

* Rendibilizar ó máximo os materiais con que se debe desenvolve-lo profesional deste campo.

Contidos

* Introducción ó cálculo vectorial.

* Sistemas de forzas. Efecto. Momento total dun sistema.

* Condicións de equilibrio. Equilibrio estático e dinámico.

* Estudio de centros de gravidade.

* Materiais: propiedades xerais e específicas. Clasificación. Aplicacións e formas de emprego. Procesos de obtención, elaboración e transformación.

* Resistencia de materiais.

* Rendibilidade da materia en función da forma: máximos e mínimos.

Criterios de avaliación

* Uso correcto da linguaxe científico-técnica adecuada.

* Capacidade para relaciona-los conceptos específicos desta materia coas linguaxes plásticas e os talleres específicos das artes aplicadas da escultura.

* Grao de inquietude e de curiosidade científico-técnica.

* Uso correcto do razoamento deductivo, inductivo e analóxico.

* Grao de destreza na utilización dos diferentes sistemas de medición de magnitudes e dos procesos tecnolóxicos específicos.

3.2.6. Módulo 6: taller de talla artística en madeira:

Capacidades terminais

* Aplicar a supostos prácticos das artes aplicadas da escultura os proxectos, maquetas e prototipos concibidos desde a área artística, en aberta colaboración con cada taller específico, tendo en conta os seus medios de producción, para realiza-lo producto acabado a tamaño real.

* Describi-los materiais actuais e tradicionais que son propios da especialidade.

* Analiza-los comportamentos e as posibilidades plásticas dos materiais e os tratamentos técnicos que requiren.

* Utiliza-la ferramenta e a maquinaria necesarias para a realización dos ditos prototipos ou productos acabados.

* Determinar e saber utilizar métodos de traballo en equipo para o desenvolvemento dos proxectos interdisciplinarios que permitan visións conxuntas dun mesmo suposto práctico, en colaboración coas demais áreas docentes, potenciando así unha experiencia profesional participativa onde a creatividade e a tecnoloxía se coordinen no traballo de realización práctica.

Contidos

* Valor expresivo da talla artística da madeira.

* Características orgánicas das distintas madeiras, as súas tensións, os tratamentos técnicos e os procedementos artesanais.

* Cubicación, encolados e despezamentos espaciais.

* Incorporación das novas técnicas e dos novos materiais.

* Tecnoloxías interdisciplinarias para traballos en equipo.

Criterios de avaliación

* Habilidade e destreza no uso de ferramentas e de maquinaria, con aplicación das técnicas fundamentais a supostos reais das artes aplicadas da escultura.

* Utilización, con competencia profesional, dos materiais específicos do taller de talla en madeira, cun correcto aproveitamento dos resultados.

* Capacidade para representa-la forma en función dos soportes específicos, con amplo concepto estético e cultural.

* Actitude participativa e creativa na concepción e na elaboración de traballos e proxectos e capacidade para asumir calquera problema de tipo técnico dentro do marco dunha investigación razoada e lóxica.

* Desenvolvemento do sentido proxectual a través da práctica de métodos de traballo en equipo.

3.2.7. Módulo 7: taller de ebanistería artística:

Capacidades terminais

* Aplicar a supostos prácticos das artes aplicadas da escultura os proxectos, maquetas e prototipos, concibidos desde a área artística, en aberta colaboración con cada taller específico, tendo en conta os seus medios de producción, para realiza-lo producto acabado a tamaño real.

* Describi-los materiais actuais e tradicionais que son propios da especialidade.

* Analiza-lo comportamento e as posibilidades plásticas dos materiais e dos tratamentos técnicos que requiren.

* Utiliza-la ferramenta e a maquinaria necesarias para a realización dos ditos prototipos ou productos acabados.

* Determinar métodos de traballo en equipo para o desenvolvemento dos proxectos interdisciplinarios que permitan visións conxuntas dun mesmo suposto práctico, en colaboración coas demais áreas docentes, potenciando así unha experiencia profesional participativa onde a creatividade e a tecnoloxía se coordinen no traballo de realización práctica.

Contidos

* Traza do moble básico.

* Proxectos e maquetas.

* Escalas e patróns.

* Utilización da maquinaria artesanal e industrial para a obtención de mobles de estilo tradicional ou deseñados con carácter de pezas únicas, ou para pequenas tiradas, así como para a realización de pezas de calidade artística aptas para a súa producción industrial seriada.

* Técnicas de marquetería artesanal.

* Experiencias proxectuais en equipo cos demais talleres desta área.

Criterios de avaliación

* Habilidade e destreza no uso de ferramentas e de maquinaria, con aplicación das técnicas fundamentais a supostos reais das artes aplicadas da escultura.

* Utilización con competencia profesional dos materiais específicos do taller de ebanistería cun correcto aproveitamento dos resultados.

* Capacidade para representa-la forma en función dos soportes específicos, con amplo concepto estético e cultural.

* Actitude participativa e creativa na concepción e na elaboración de traballos e de proxectos e capacidade para asumir calquera problema de tipo técnico dentro do marco dunha investigación razoada e lóxica.

* Desenvolvemento do sentido proxectual a través da práctica de métodos de traballo en equipo.

3.2.8. Módulo 8: taller de dourado e policromía artísticos:

Capacidades terminais

* Aplicar a supostos prácticos das artes aplicadas da escultura os proxectos, as maquetas e os prototipos concibidos desde a área artística, en aberta colaboración con cada taller específico, tendo en conta os seus medios de producción, para realiza-lo producto acabado a tamaño real.

* Describi-los materiais actuais e tradicionais que son propios da especialidade.

* Analiza-lo comportamento e as posibilidades plásticas dos materiais e os tratamentos técnicos que requiren.

* Utiliza-la ferramenta e a maquinaria necesarias para a realización dos ditos prototipos ou productos acabados.

* Determinar e utilizar métodos de traballo en equipo para o desenvolvemento dos proxectos interdisciplinarios que permitan visións conxuntas dun mesmo suposto práctico, en colaboración coas demais áreas docentes, potenciando así unha experiencia profesional participativa onde a creatividade e a tecnoloxía se coordinen no traballo de realización práctica.

Contidos

* Concepto da policromía.

* Dourado, prateado e estufados.

* Pátinas en xeral.

* Técnicas específicas de artes aplicadas das técnicas do volume para os distintos soportes específicos, así como a súa aplicación ós oficios artísticos da escultura, o moble e os obxectos.

* Proxectos interdisciplinarios en equipo cos demais talleres do grupo.

Criterios de avaliación

* Habilidade e destreza no uso de ferramentas e de maquinaria, con aplicación das técnicas fundamentais a supostos reais das artes aplicadas da escultura.

* Utilización con competencia profesional dos materiais específicos do taller de dourado e policromía, cun correcto aproveitamento dos resultados.

* Capacidade para representa-la forma en función dos soportes específicos, con amplo concepto estético e cultural.

* Actitude participativa e creativa na concepción e na elaboración de traballos e de proxectos, e capacidade para asumir calquera problema de tipo técnico dentro do marco dunha investigación razoada e lóxica.

* Desenvolvemento do sentido proxectual a través da práctica de métodos de traballo en equipo.

3.2.9. Módulo 9: taller de repuxado artístico en coiro:

Capacidades terminais

* Aplicar a supostos prácticos das artes aplicadas da escultura os proxectos, as maquetas e os prototipos concibidos desde a área artística, en aberta colaboración con cada taller específico, tendo en conta os seus medios de producción, para realiza-lo producto acabado a tamaño real.

* Describi-los materiais actuais e tradicionais que son propios da especialidade.

* Analiza-lo comportamento e as posibilidades plásticas dos materiais e os tratamentos técnicos que requiren.

* Utiliza-la ferramenta e a maquinaria necesarias para a realización dos ditos prototipos ou productos acabados.

* Determinar e utilizar métodos de traballo en equipo para o desenvolvemento dos proxectos interdisciplinarios que permitan visións conxuntas dun mesmo suposto práctico, en colaboración coas demais áreas docentes, potenciando así unha experiencia profesional participativa onde a creatividade e a tecnoloxía se coordinen no traballo de realización práctica.

Contidos

* Técnicas e alcance artístico dos distintos tratamentos para o labrado e repuxado do coiro.

* Interpretación e realización de patróns, corte, despezamento e montaxe das peles.

* Tinturas e policromías.

* Artesanía tradicional do repuxado en coiro e investigación con novas técnicas e materiais, realizando traballos en equipo cos outros talleres.

Criterios de avaliación

* Habilidade e destreza no uso de ferramentas e de maquinaria, con aplicación das técnicas fundamentais a supostos reais das artes aplicadas da escultura.

* Utilización con competencia profesional dos materiais específicos do taller de repuxado en coiro cun correcto aproveitamento dos resultados.

* Capacidade para representa-la forma en función dos soportes específicos, con amplo concepto estético e cultural.

* Actitude participativa e creativa na concepción e na elaboración de traballos e proxectos e capacidade para asumir calquera problema de tipo técnico dentro do marco dunha investigación razoada e lóxica.

* Desenvolvemento do sentido proxectual a través da práctica de métodos de traballo en equipo.

3.2.10. Módulo 10: volume e proxectos:

Capacidades terminais

* Concibir obxectos artísticos tridimensionais e realiza-lo correspondente proxecto mediante maquetas, esbozos ou prototipos relacionados cos medios de producción artístico-artesanal e ornamental.

* Obter pezas escultóricas por copia, ampliación ou reducción do modelo.

* Realizar todo o proceso de baldeirado e moldeado de pezas a partir de modelos tridimensionais.

* Interpretar proxectos escultóricos para a execución das correspondentes pezas.

Contidos

* Elementos expresivos da linguaxe tridimensional.

* A realidade como motivo. A forma orgánica. Procesos de análise e abstracción.

* Forma, función e estructura: aspectos formais, funcionais e estructurais na concepción e no desenvolvemento de obxectos utilitarios de carácter artístico.

* A figura humana e a súa relación coas artes aplicadas.

* Concepto do espacio. Técnicas e materiais no proceso de configuración espacial.

* Sistemas de reproducción, ampliación, reducción e despezamento das masas. Coñecemento e posta en práctica dos fundamentos de baldeirado.

* Desenvolvemento histórico da evolución da linguaxe escultórica e a súa incidencia nas artes aplicadas da escultura do mundo contemporáneo. Incorporación das técnicas e dos materiais novos.

* Os procesos de proxección de formas tridimensionais e a súa interrelación cos distintos talleres e disciplinas. Traballos en equipo.

Criterios de avaliación

* Capacidade expresiva a través da forma sensible.

* Capacidade para concibir e desenvolver proxectos de carácter tridimensional.

* Capacidade para utilizar con axilidade a linguaxe escultórica aplicada a composicións de índole funcional, decorativa e ornamental.

* Capacidade para usar con competencia profesional as técnicas e os materiais indispensables para o desenvolvemento de proxectos escultóricos en xeral e das artes aplicadas da escultura en particular.

3.2.11. Módulo 11: formación e orientación laboral:

Capacidades terminais

* Describi-lo marco legal do traballo interpretando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Establecer no ámbito laboral as medidas de protección e de prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes e determina-las medidas sanitarias básicas e inmediatas no caso de accidente.

* Identifica-las formas e os procedementos de inserción, permanencia e promoción na realidade laboral como traballador por conta propia e por conta allea e localiza-las axudas que prestan á inserción laboral as institucións e organismos autonómicos, estatais e comunitarios.

* Adquiri-las habilidades necesarias para o fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica galega e española para poder coñece-la situación actual e as perspectivas do sector a nivel autonómico, estatal e comunitario.

* Explica-la organización e a xestión dunha pequena ou mediana empresa do sector e interpreta-los parámetros económicos que a determinan.

* Desenvolver actitudes de participación e de colaboración que favorezan o logro dos obxectivos da empresa.

* Describi-los instrumentos xurídicos, empresariais e profesionais propios da especialidade co obxecto de coñece-los dereitos e asumi-las obrigas que se derivan do labor profesional.

* Descubri-la realidade sociolaboral, cultural e técnica, desde a experiencia dos profesionais, co obxecto de adquiri-los coñecementos complementarios necesarios para a práctica da profesión.

Contidos

Comúns.

* Marco xurídico das relacións laborais: Estatuto dos traballadores e regulamentación específica do sector.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade, tanto para a empresa como para os traballadores

* Condicións de traballo e seguridade. Medidas de prevención e protección. Primeiros auxilios.

* O proceso de procura de emprego. O traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Organismos e institucións autonómicos, estatais e comunitarios que prestan asesoramento á inserción laboral. Axudas económicas á iniciativa empresarial.

* Conceptos básicos de economía e mercadotecnia.

* Iniciativas para o traballo por conta propia: plan de empresa, plan de viabilidade, tipos de empresas e constitución dunha empresa.

* A empresa: o seu funcionamento económico. Obtención de recursos. Organización da producción e comercialización dos seus productos. Interpretación do estado das contas anuais. Obrigacións xurídicas e fiscais.

Dereito específico.

* Protección ó deseño: propiedade intelectual. Rexistro da propiedade intelectual. Entidades de xestión. A propiedade industrial. Os modelos e debuxos industriais e artísticos. Rexistro e procedemento rexistral.

* A protección internacional das innovacións.

* Os signos distintivos: marca, rótulo e nome comercial.

* Información sobre normas técnicas. Centros e asociacións de investigación e desenvolvemento da industria.

Criterios de avaliación

* Verifica-la asimilación dos conceptos fundamentais que se inclúen nos bloques temáticos.

* Contrasta-lo interese pola materia.

* Respecta-la saúde persoal e colectiva.

* Conseguir actitudes axeitadas que faciliten a inserción, a permanencia e a promoción no mundo do traballo.

* Actitude emprendedora e creativa ante as propias necesidades e aspiracións.

* Verifica-la utilización correcta dunha terminoloxía específica arredor dos contidos económicos, laborais, de mercadotecnia, xurídicos e empresariais.

* Valoración razoada da normativa específica pola que se rexe este campo profesional.

3.3. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres:

Os seus obxectivos serán:

* Asumi-la realidade profesional para completa-la formación académica, realizando un cometido laboral de responsabilidade acorde co seu nivel.

* Tomar contacto co mundo do traballo e co seu sistema de relacións sociais, laborais e técnicas.

* Contrasta-los coñecementos adquiridos no centro educativo coa realidade empresarial e laboral.

* Adquirir coñecementos complementarios útiles para a práctica profesional, tanto sobre a organización e coordinación do traballo, propio da especialidade, como sobre a situación e as relacións do mercado laboral.

* Adquiri-los coñecementos técnicos sobre utensilios, ferramentas, aparellos e máquinas que, pola súa especialización, custo ou novidade, non están ó alcance do centro educativo.

* Participar de forma activa nas fases do proceso productivo, baixo a titoría ou dirección correspondente.

* Aplica-los coñecementos e as habilidades que se adquiriron na formación teórica e práctica do alumno ou alumna nos centros docentes.

* Integrarse no mundo laboral e no sistema técnico-social da empresa.

3.4. Proxecto final:

O proxecto final ten como obxectivo comprobar se o alumno asimilou e ten a capacidade de integrar, sincretizar e aplica-los coñecementos teórico-prácticos e artísticos das ensinanzas cursadas no centro e, en consecuencia, de desempeña-la actividade profesional no campo desta especialidade e nivel cursados.

Nesta familia profesional, o proxecto consistirá na creación dun ou de varios obxectos pertencentes ó campo das artes aplicadas da escultura, xa sexa como peza illada ou xa como conxunto.

O proxecto final terá o seguinte contido:

* Información e comunicación.

-Estudio histórico-artístico, que sitúe a obra obxecto do proxecto no contexto das artes aplicadas da madeira, que a relacione coas artes plásticas do seu tempo e cos seus antecedentes estéticos, que analice de xeito claro e preciso as técnicas nela empregadas para a súa confección e que destaque as achegas ou as peculiaridades que ofrece o traballo.

-Memoria, onde se realizará unha análise dos procesos e das fases de realización do obxecto, así como, polo menos, dos seguintes aspectos:

-Aspectos funcionais.

-Aspectos artísticos.

-Aspectos técnicos: materiais e procesos necesarios para a realización do producto final.

-Aspectos económicos: cálculo dos custos necesarios para a realización do producto final e rendibilidade e óptimo aproveitamento dos medios.

-Testemuño gráfico das diversas etapas do traballo cos debuxos e bosquexos realizados, así como, de se-lo caso, propostas de catálogo, montaxe e organización dunha exposición dos proxectos.

* Realización: realización da obra a que se refire o proxecto ou da maqueta a escala, en función da entidade do proxecto e das especificacións do tribunal.

-Representación gráfica: planos, detalles e instalacións. Incluirá unha memoria gráfica das diversas etapas da realización.

-Estudio económico: medicións e orzamentos.

-Programación e planificación da obra.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Admisión de alumnado:

4.1.1. Acceso con requisitos académicos:

Para acceder ó ciclo formativo de grao superior ó que se refire o presente decreto será preciso estar en posesión do título de bacharelato ou ter superados os estudios equivalentes a aquel título, segundo o establecido nos anexos I e II do Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación do novo sistema educativo, modificado polo Real decreto 173/1998, do 16 de febreiro, e superar unha proba de acceso específica.

4.1.2. Exencións da proba de acceso específica:

Estarán exentos de realiza-la proba de acceso prevista no artigo 6º do presente decreto:

* Aqueles aspirantes que cursasen, no bacharelato de artes, as materias de fundamentos do deseño, debuxo artístico II e volume I.

* Aqueles aspirantes que tivesen superados os estudios experimentais de bacharelato artístico definido na Orde do 21 de outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).

* Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título de graduado en artes aplicadas en especialidades do ámbito da escultura.

* Aqueles aspirantes que estiveran en posesión do título de técnico superior correspondente a outro ciclo formativo da mesma familia profesional.

4.1.3. Acceso sen requisitos académicos:

Non obstante o disposto nos puntos anteriores, será posible acceder ó ciclo formativo establecido no presente decreto sen estar en posesión do título de bacharelato, sempre que o aspirante teña cumpridos os vinte anos de idade e supere unha proba na que demostre tanto madureza intelectual, acreditada a través do dominio das capacidades lingüísticas, de razoamento e de coñecementos fundamentais da etapa educativa anterior relacionados coa ensinanza á que aspira, como as habilidades específicas necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

A dita proba será regulada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4.2. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres:

A fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres poderá consistir tanto na realización de prácticas en entidades de titularidade pública ou privada como en traballos profesionais academicamente dirixidos e integrados no currículo, así como aqueles efectuados no marco de programas de intercambio estatal ou de carácter internacional.

A fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres realizarase unha vez superada a totalidade dos módulos. Excepcionalmente, o equipo docente do ciclo poderá autoriza-la súa realización simultánea coas actividades de recuperación a aqueles alumnos e alumnas que teñan un máximo de dous módulos sen superar, sempre que quede garantido que non se produce mingua na capacidade das tarefas de recuperación.

A avaliación faraa o profesor titor ou a profesora titora do centro educativo, e nela colaborará a persoa responsable de formación do alumnado designada polo centro de traballo no período de estadía nel. A cualificación final estará expresada en termos de apto ou non apto. Será realizada polo titor do ciclo.

4.3. Proxecto final:

4.3.1. Fases de entrega e avaliación:

* Anteproxecto. Unha vez aprobados os módulos e a fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, o alumno presentará un proxecto da súa especialidade, dirixido por un profesor titor, ante un tribunal avaliador. O anteproxecto deberá reflectir a grandes trazos o contido do proxecto que se vaia realizar.

* Aceptación. Para a aceptación do anteproxecto, o tribunal avaliador terá en conta os seguintes aspectos:

-O seu interese global, tendo en conta a proposta estética, a orixinalidade da formulación e a súa adecuación á demanda real do producto de que se trate.

-A posibilidade de realización efectiva do proxecto, nos prazos establecidos e tendo en conta os medios e as instalacións con que se conta.

No suposto de non aceptación, o tribunal ofertará unha proposta alternativa ó alumno.

* Inscrición. Formalizarase unha vez aceptado o anteproxecto.

* Elaboración e prazo de execución. O proceso de realización do proxecto desenvolverase dentro do último trimestre do curso no que se superasen os módulos do ciclo formativo.

* Avaliación. O proxecto avaliarase globalmente. Cualificarase entre 0 e 10 puntos. Para a avaliación positiva requírese unha cualificación igual ou superior a cinco.

O número máximo de convocatorias para a superación do proxecto final é de dúas. No suposto de que se dera algunha circunstancia que impedise o normal desenvolvemento do proxecto, a dirección do centro, con carácter excepcional, poderá autorizar unha convocatoria extraordinaria.

Os tribunais considerarán na avaliación dos proxectos a súa capacidade ou o seu interese pedagóxico para servir como pauta ou referencia ós demais alumnos e alumnas. Para tal efecto, incluirán no seu calendario de actividades a organización de exposicións de proxectos finais.

4.3.2. Titoría e tribunal avaliador:

A titoría do proxecto final correrá a cargo do titor do ciclo formativo ou dun membro do equipo docente. Neste último caso actuará como relator o titor.

A aceptación da proposta do proxecto final e a súa avaliación, así como a determinación específica dos prazos, procesos e pautas para a realización, entrega e avaliación dos proxectos corresponderalle a un tribunal integrado por:

Presidente: o director do centro ou profesor en quen delegue.

Secretario: o do propio centro, que actuará con voz pero sen voto, levantará acta das sesións e encargarase de facilitar e coordina-la utilización dos medios que, de se-lo caso, o centro poña ó dispor dos alumnos para a realización dos proxectos, no período establecido para a súa execución.

Vocais: polo menos tres, nomeados polo director, dos que dous membros serán profesores do ciclo. A dirección poderá designar ademais un profesional de recoñecido prestixio no campo correspondente ó ciclo formativo e alleo ó centro educativo.

4.4. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais dos ciclos formativos de artes aplicadas da madeira:

Os funcionarios do corpo de profesores de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño impartirán con carácter preferente os módulos deste ciclo, de conformidade coa atribución de módulos a especialidades que figura na columna (A) do presente anexo.

Non obstante, co fin de lograr un óptimo aproveitamento dos recursos dispoñibles no centro, na súa organización, os devanditos módulos poderán ser impartidos por funcionarios e funcionarias doutras especialidades, de conformidade co que figura na columna (B), sen que iso derive efectos na adscrición de especialidade.

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

1Historia dasProfesor APD de:

artes aplicadas

da escultura

-Cultura xeral cerámica-Historia da arte-Historia da arte e da cerámica

2Debuxo artísticoProfesor APD de:Profesor APD de:

e cor-Debuxo artístico-Colorido e procedementos pictóricos-Colorido cerámico-Composición decorativa, pintura e escultura relixiosa-Decoración sobre pastas cerámicas-Análise de forma e cor-Procedementos pictóricos-Técnicas de colorido aplicado á cerámica-Debuxo publicitario-Composición ornamental e proxectos-Composición ornamental-Estilización artística e colorido-Decoración elemental cerámica-Deseño de figurinos

3XeometríaProfesor APD de:

descritiva-Debuxo lineal

4Volume eProfesor APD de:

proxectos-Modelado e baleirado-Imaxinería castelá-Moldeaxe de figuras-Moldes-Adorno e figura

5Formación eProfesor APD de:

orientación

laboral

-Dereito usual-Organización industrial

6Taller deMestre de taller APD de:

talla artística

en madeira

-Talla en pedra e madeira-Talla-Talla en madeira-Talla en pedra-Talla ornamental

7Taller deMestre de taller APD de:

ebanistería

artística

-Ebanistería artística-Ebanistería e maquetería-Ebanistería

8Taller de douradoMestre de taller APD de:

policromía

artísticos

-Dourado e policromía-Policromía-Imaxinería castelá

9Taller deMestre de taller APD de:

repuxado artístico

en coiro

-Labrado e repuxado en coiro-Coiro artístico-Repuxado en coiro e metal-Repuxado en coiro

10Deseño asistidoProfesor APD de:

por ordenador-Deseño asistido por ordenador

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

11Materiais eProfesor APD de:

tecnoloxía: artes

aplicadas da

escultura

-Matemáticas-Coñecemento de materiais

4.5. Espacios e instalacións:

As condicións de espacio e instalacións que deben reuni-los centros educativos son as que fixa o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas.

Para os efectos do disposto no artigo 40.1º, parágrafos k), l), m), do real decreto anteriormente citado, os módulos do presente ciclo formativo clasifícanse nos seguintes epígrafes:

* Teóricos:

-Historia das artes aplicadas da escultura.

-Materiais e tecnoloxía: artes aplicadas da escultura.

-Formación e orientación laboral.

* Teórico-prácticos:

-Debuxo artístico e cor.

-Xeometría descritiva.

-Volume e proxectos.

* Talleres específicos:

-Taller de talla artística en madeira.

-Taller de ebanistería artística.

-Taller de dourado e poliromía artísticos.

-Taller de repuxado artístico en coiro.

-Deseño asistido por ordenador.

Espacio formativoSuperficieGrao de utilización

Aula teórica45 m24%

Aula teórico-práctica80 m34%

Aula de informática30 m3%

Taller de talla artística en madeira80 m9%

Taller de ebanistería artística60 m9%

Taller de dourado e policromía artísticos60 m9%

Taller de repuxado artístico en coiro60 m9%

4.6. Relación numérica profesor/alumno:

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica entre profesor/profesora e alumno/alumna non superior a 1/15 no módulo seguinte: taller de talla artística en madeira, taller de ebanistería artística, taller de dourado e policromía artísticos, taller de repuxado artístico en coiro e deseño asistido por ordenador. Ó resto dos módulos aplicaráselle a ratio máxima 1/30.

En función da dispoñibilidade de cada centro e sempre que sexa posible, tenderase a aplica-la relación

1/15 nos módulos impartidos nas aulas teórico-prácticas.

4.7. Correspondencias:

Poderán ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral os seguintes módulos:

* Taller de talla artística en madeira.

* Taller de ebanistería artística.

* Taller de dourado e policromía artísticos.

* Taller de repuxado artístico en coiro.

* Formación e orientación laboral.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionado con este ciclo formativo.

4.8. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

95Materiais e tecnoloxías: artes aplicadas da escultura

95Historia das artes aplicadas da escultura

165Debuxo artístico e cor

95Xeometría descritiva

95Volume e proxectos

160Taller de dourado e policromía artísticos

190Taller de talla artística en madeira

65Horas de libre disposición

960Total

4º, 5º e 6º trimestre

190Taller de ebanistería artística

130Taller de repuxado artístico en coiro

240Volume e proxectos

65Deseño asistido por ordenador

65Formación e orientación laboral

690Total

120Proxecto final

105Formación práctica en empresas, estudios ou talleres

225Total