Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.665

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002 pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da consultoría/asistencia/servicio que se cita. (Expediente 302/2002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº do expediente: 302/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de modelos en vivo da Facultade de Belas Artes.

b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 47.850 euros.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Oporto, 1, edificio anexo ó Rectorado, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) fax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

Enderezo: r/ Oporto, 1 planta baixa.

Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: r/ Areal, 46, 1ª planta.

c) Localidade: Vigo-36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 2 de abril de 2002.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Augusto Viso Alonso

Xerente