Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2002 pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto, mediante tramitación urxente, para a contratación da consultoría/asistencia que se cita. (Expediente 303/2002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº do expediente: 303/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización dunha auditoría de regularidade das contas do ano 2001 da Universidade de Vigo.

b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 36.060 euros.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Oporto, 1, edificio anexo ó Rectorado, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) fax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

Enderezo: r/ Oporto, 1 planta baixa.

Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: r/ Areal, 46, 1ª planta.

c) localidade: Vigo-36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

Serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 27 de marzo de 2002.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Augusto Viso Alonso

Xerente